Sign in

Jorge

@jorgeghaita.bsky.social
4 followers 12 following 16 posts

Toco algún instrumento, escribo algún texto, son mestre nos meus ratos ocupados.

PostsRepliesMedia
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 10/01/2025
Solo os leo por aquí
020
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 19/12/2024
O fume é un resto do que un día ardeu e do que un día fostes, do que un día rematou e, antes de marchar definitivamente co vento, decidiu deixar mínimo rastro do que un día foi. #poesía #poesíaengalego #poesíagalega
000
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 17/12/2024
Que fai aquí? Por que está aquí? Mira a foto, mira a cara. É realmente maior. É tan maior que non enfoca é tan pero que tan maior que estou triste. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
000
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 13/12/2024
Digamos que Madrid fecunda estes pensamentos, pero nunca os pariría. E alí estaba eu, no mesmo punto de partida, disposto a reconstruírme, a ser outro.
000
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 13/12/2024
Madrid tamén son moitas. Portais, edificios, rúas e barrios conectados por túneis de asfalto. Cada lugar distinto aos demais, todos os sentidos do estremo presentes deseñando un carácter indescritible se non se explica dende a distancia espazo temporal do eixiliado.
100
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 13/12/2024
Sexa como sexa, as palabras xorden dun punto que non atopo, que non domino, e, se aparecen en primeira persoa, como mero intérprete, non son quen para cambialas.
100
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 13/12/2024
Nunca quixen que as frases me denudasen, moito menos que me definiran, pero tampouco estou tan tolo como para falarme dende fora, para dirixirme coma se fose outro, como para desdobrarme e admitir por escrito que eu son moitos.
100
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 13/12/2024
Sería covarde pola miña parte narrar en terceira persoa o acontecer seguinte, mais tamén pode ser visto como acto presuntuoso contar como propios uns feitos que, de tan íntimos, son alleos a min. #relatos #relatosengalego #relatosgalegos
100
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 12/12/2024
A bravura é amarga para aqueles humanos que, desmarcándonos, asumimos a verdade da pel. Non é sinxelo espirse ante un mesmo sen perderse nos recunchos profundos do cranio, mais, aos poucos, un aprende a vivir consigo. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
020
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 12/12/2024
Ela era o preludio dos días e a fuga das noites. Unha melodía preciosa de clarinete. Quizais agora sexa electrón noutro átomo. Pero tamén podería ser un deses ID que trata de memorizar. Por iso aínda debuxa o seu nome no arco do silvido. Por iso. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
010
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 26/11/2024
Disfruta de los añitos que te quedan llorando, facha 😂😂😂 (qué risas)
000
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 26/11/2024
Que me financie un dinero repartido entre todos y no Airbnb, los grandes bancos, empresas de alarmas, etc 😂😂 (autocracia de autocar)
000
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 26/11/2024
¡Claro! ¡Es mucho mejor depender de la agenda de cuatro multimillonarios que gestionan las empresas que de un Gobierno votado en democracia! ¡Dónde va a parar! (Espabila)
000
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 25/11/2024
Que examinen outros os datos interminables de Funes. Non ti, non eu, nós somos imaxinación. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
010
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 25/11/2024
Marchou, desfixo a cama e pechou a xanela, mais o peor dela, é que ademais de pálpitos, creaba ideas. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
010
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 25/11/2024
Esas nubes, nubes, nubes, infiltradas deste ceo, que se agota e se comprime, torpemente, agochando o seu azul, azul gastado. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
010