Sign in

Jorge

@jorgeghaita.bsky.social
4 followers 12 following 16 posts

Toco algún instrumento, escribo algún texto, son mestre nos meus ratos ocupados.

PostsRepliesMedia
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 19/12/2024
O fume é un resto do que un día ardeu e do que un día fostes, do que un día rematou e, antes de marchar definitivamente co vento, decidiu deixar mínimo rastro do que un día foi. #poesía #poesíaengalego #poesíagalega
000
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 17/12/2024
Que fai aquí? Por que está aquí? Mira a foto, mira a cara. É realmente maior. É tan maior que non enfoca é tan pero que tan maior que estou triste. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
000
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 13/12/2024
Sería covarde pola miña parte narrar en terceira persoa o acontecer seguinte, mais tamén pode ser visto como acto presuntuoso contar como propios uns feitos que, de tan íntimos, son alleos a min. #relatos #relatosengalego #relatosgalegos
100
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 12/12/2024
A bravura é amarga para aqueles humanos que, desmarcándonos, asumimos a verdade da pel. Non é sinxelo espirse ante un mesmo sen perderse nos recunchos profundos do cranio, mais, aos poucos, un aprende a vivir consigo. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
020
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 12/12/2024
Ela era o preludio dos días e a fuga das noites. Unha melodía preciosa de clarinete. Quizais agora sexa electrón noutro átomo. Pero tamén podería ser un deses ID que trata de memorizar. Por iso aínda debuxa o seu nome no arco do silvido. Por iso. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
010
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 25/11/2024
Que examinen outros os datos interminables de Funes. Non ti, non eu, nós somos imaxinación. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
010
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 25/11/2024
Marchou, desfixo a cama e pechou a xanela, mais o peor dela, é que ademais de pálpitos, creaba ideas. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
010
Jorge @jorgeghaita.bsky.social · 25/11/2024
Esas nubes, nubes, nubes, infiltradas deste ceo, que se agota e se comprime, torpemente, agochando o seu azul, azul gastado. #poesía #poesíagalega #poesíaengalego
010