Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 13/08/2026A prosa de Krasznahorkai é algo así coma unha magdalena de Proust de longos períodos oracionais, puntos e á parte case ausentes, capas para os seus extravagantes personaxes, precisión milimétrica na descrición das paisaxes físicas e emocionais, abraiantes imaxes e un humor elegante e sutil. 100
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 16/07/2026A etapa de pasar por unha perda persoal devastadora e poñerte a ver “Cinco Lobitos” e “Amor” uns meses despois recomendo saltala ata ao meu peor inimigo. 000
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 09/07/2026Hai tempo que os obituarios da peña famosa xa non se choran nesta santa casa, mais hoxe entrou no alén Bonnie Tyler, quen foi a cantora favorita da persoa máis importante da miña vida (con quen xa comparte eternidade), e hoxe a morte anunciada en titulares doe algo máis. youtu.be/rJOo67DtZAY?...youtu.beBonnie Tyler - If You Were A Woman (And I Was A Man)YouTube video by bonnietylerVEVO 010
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 14/10/2025Por cousas da vida (que nun inicio non busquei) acabei de ensinante (non me atrevo a chamarme docente) no ensino medio, coa obvia frustración provocada polas circunstancias nas que hai que exercer o oficio mais coa irónica satisfacción de poder poñer (boa) comida na mesa ao final do mes.media.tenor.comAlanis Morissette And Isnt It Ironic Dont You Think GIFALT: Alanis Morissette And Isnt It Ironic Dont You Think GIF 141
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 10/08/2025Se algho aprendín do teatro de Manuel Lourenzo (ademais de que toda a traxedia grega podía coller nunha privilexiada e talentosa cabeza, a súa) foi que hai que ter coidado coas degustacións de filloas de sangue. Porque nunca se sabe que (ou a quen) podes estar dixerindo despois duns bocados. 160
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 08/07/2025Pois efectivamente non só palmei na primeira partida do xogho da lura da función pública, senón que fun incapaz de desatascar a tubaxe do lavabo a base de vinaghre e bicarbonato mentres me laiaba polo porvir precario que teima en atraparme nas súas poutas.media.tenor.coma man with glasses says i am probably in front of a sign that says i love pALT: a man with glasses says i am probably in front of a sign that says i love p 120
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 20/06/2025Mañá a estas horas estarei saíndo do meu enterramento nos cascallos, sen épica algunha, intentando reunir a dose xusta de amor propio para non pensar que son unha fraude absoluta e tratando de recompoñer a miña vontade para seguir adiante. Non (só) é mala poesía, non, son as condanadas oposicións 😅.media.tenor.coma cartoon woman with red hair is smiling in front of a set of stairsALT: a cartoon woman with red hair is smiling in front of a set of stairs 230
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 07/06/2025Leo por aí que a recepción do novo disco de Miley está sendo morna tirando a indiferente, pero eu levo unha semana querendo vivir para sempre en “Every girl you’ve ever loved” e sen ninghunha intención de baixar da burra de que este é o seu mellor traballo. Aghora si, preparen a munición 😅.media.tenor.coma woman is sitting on a motorcycle with a purple backgroundALT: a woman is sitting on a motorcycle with a purple background 220
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 27/05/2025O vídeo en redes das xuventudes dese partido político que perverteu o selo de calidade dun coñecido dicionario sinalando algúns pequenos negocios como non autóctonos cospe tanta violencia que só lle faltan encapuchados, bates e unha reprodución daquela desagradable escena de “American History X”.media.tenor.coma south park cartoon character says what you did is totally stupid and racistALT: a south park cartoon character says what you did is totally stupid and racist 100
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 22/05/2025Pois esta é a cara que che queda cando ves que te presentaches a un proceso de selección de PDI máis amañado có televoto eurovisivo e, ao mesmo tempo, te decatas de que paghaches un quilo e medio de plátanos a 6,47 euros. E así vai aló un día máis de camiño cara á morte 😅.media.tenor.coma man with long hair and a beard is holding a cup and the word dude is on the bottomALT: a man with long hair and a beard is holding a cup and the word dude is on the bottom 010
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 19/05/2025Nun momento do canto VI da “Ilíada”, Menelao compadécese do troiano Adresto ata o punto de perdoarlle a vida e retelo á espera dun rescate, mais axiña aparece Agamenón para lembrarlle que o odio é unha emoción de máximos capaz de abranguer a quen non pode defenderse ou a quen aínda non naceu. 240
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 08/05/2025A min, máis que a “futbolización” e estetización do conclave, preocúpame que non quede neste mundo latinista que nos salve da perda do “m” do acusativo na sentencia “Habemus papam”.media.tenor.coma man with a mustache says oh in a roomALT: a man with a mustache says oh in a room 130
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 05/05/2025Pois resulta que o meu libro de Historia da filosofía de segundo de bacharelato viña con “pullita” para calquera que sentise a tentación de mirar por riba do ombreiro aos presocráticos e a racionalidade das súas explicacións… #TalesTheBoss 020
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 21/04/2025Despois dos últimos doce anos de servizo divino, eu o que teño claro é que no próximo cónclave han ter coidado de “votar ben” (e xa se sabe o que iso significa 😅).media.tenor.coma man in a red shirt and tie is scratching his headALT: a man in a red shirt and tie is scratching his head 130
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 16/04/2025Aristóteles dedicou parágrafos enteiros de pioneiras teorizacións literarias á traxedia e unha non pode evitar pensar no que chegaría a escribir se tivese na vella Grecia un Marvel ou “remakes” de acción real de Disney (adubados coas incendiarias opinións que sempre provocan en ágoras virtuais). 120
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 13/04/2025Hoxe é un bo día para admitir publicamente que eu pensaba que o “hit” de Benson Boone era, en realidade, unha canción de Aerosmith/Steven Tyler que non coñecía e que se volvera viralizar grazas a calquera tendencia aleatoria en redes da que tampouco tiña constancia como boa “velloza” que son 😅.media.tenor.coma man in a striped sweater is asking whatALT: a man in a striped sweater is asking what 100
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 08/04/2025Este é Pericles. Pericles adoita ser reclamado para colaborar nas “cutre-promocións” virtuais das cousas que asina a súa dona. Pericles estombállase na herba á raiola e pasa de todo. Sé como Pericles. 010
Reposted by Iria Pedreira SanjurjoRinoceronte Editora @rinoceronteeditora.bsky.social · 08/04/2025Este xoves presentamos 'Medea. Heracles' traducido por @iriapedreira.bsky.social na Libraría Couceiro. Vémonos? 021
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 07/04/2025Teño que deixar o feo costume de poñerme ao día coas filmografías da xente xusto cando palma, pero antes de rehabilitarme veño aquí para dicir que á película dos Doors de Oliver Stone lle sobra mínimo hora e media de éxtase báquica “rockandroleira” (e si, mea culpa por reincidir no biopic musical).media.tenor.coma man is singing into a microphone with a blue light behind himALT: a man is singing into a microphone with a blue light behind him 110
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 03/04/2025É tentador pensar que Virxilio foi quen de facer poesía cun manual propagandístico da vida no agro porque nunca tivo que dobrar o lombo para sachar e apañar unhas patacas. Con todo, mola. Sempre paga a pena volver a Virxilio. 173
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 31/03/2025Que si, que nada de contido promocional na rede da bolboreta (Iria e as súas leis autoimpostas), pero este cartel tan totalísimo que me fixo #LauraRomero para a presentación de “Medea” e “Heracles” en Compostela ben vale o incumprimento dunha norma non escrita 🤗. @rinoceronteeditora.bsky.social 151
Reposted by Iria Pedreira SanjurjoEdicións Laiovento @laiovento.bsky.social · 27/03/2025Como cada 27 de marzo celebramos o #DíadoTeatro, por esta razón queremos lembrar as nosas últimas publicacións vencelladas ao teatro; xa sexa como creación, investigación ou tradución. O teatro sempre ocupou un lugar importante no catálogo de #Laiovento, lugar que seguirá o ocupar no futuro 082
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 27/03/2025Estaba eu facendo cousas para esas outras redes nas que intento vender os meus méritos literarios dun xeito non demasiado eficaz e sentín unha leve satisfacción ao ver que este mini-canon teatral en galego foi posible grazas ás miñas traducións 🤗. Ás veces hai que quererse e dicilo un pouco máis 😅. 060
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 26/03/2025Creo que non se vía tan revalorizada a achega literaria de Capote dende que Philip Seymour Hoffman (Q.E.P.D.) ghañou o Oscar por interpretalo (e moi ben) nunha peli.media.tenor.coma man in a suit and tie is talking to another man in a room .ALT: a man in a suit and tie is talking to another man in a room . 010
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 21/03/2025Citar a Kavafis no día da poesía xa é un estereotipo case definitivo da pretensión de sensibilidade lírica, pero non é menos certo que “mola” recoñecer e recrearse unha e outra vez no seu universo de referencias míticas e literarias. (A edición en galego é de @airaeditorial.bsky.social) 140
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 18/03/2025Confirmo que o meu día xa pagou un pouquiño a pena só con ver unha publicidade de Apple e o primeiro avance de “Materialists”? Confirmo. Polo que sexa, eh 😅🫠.media.tenor.coma man with a beard is wearing a white shirtALT: a man with a beard is wearing a white shirt 000
Reposted by Iria Pedreira SanjurjoXabi Queiruga @xabiqueiruga.eurosky.social · 17/03/2025temos Lisístrata en galego con tradución de @iriapedreira.bsky.social e editada por @sushibooks.bsky.social 1184
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 17/03/2025Ignoro se o día traerá consigo ἀρετή algunha, mais erguerse co espectáculo dunha homérica aurora rododáctila sempre está ben 😊. 040
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 12/03/2025O imperio seghe prendendo lumes de difícil extinción e seghe deseñando accidentalmente as portadas dos discos de mañá. Hoxe estaba eu tan inspirada que mesmo lle espetei o clásico (e americanísimo) aviso de contido explícito, se cadra para a próxima xa se me ocorren títulos e todo! #RirPorNonChorar 130
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 25/02/2025O meu martes foi tan martes que incluíu un gholpe no carro, un abondoso sanghrado de enxivas nunha limpeza dental, presenciar un intento de furto antroideiro nun bazar da miña vila e topar un floco de millo duro e sen inflar na bolsa de Jumpers á que lle confiara as miñas últimas ilusións do día.media.tenor.coma man in a tuxedo and bow tie is making a funny face in a black and white photo .ALT: a man in a tuxedo and bow tie is making a funny face in a black and white photo . 000
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 17/02/2025Onte recuperei “Scrubs” polas risas e o surrealismo e dei un chimpo na cadeira ao ver milimetricamente reproducida no seu capítulo piloto a miña primeira experiencia no mundo laboral, cun calco total das toxicidades e alianzas que se dan nun entorno de traballo dende o primeiro minuto.media.tenor.coma woman in a blue scrub is laying in the dirt saying that 's all i 'm saying ..ALT: a woman in a blue scrub is laying in the dirt saying that 's all i 'm saying .. 100
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 12/02/2025A cousa é moi grave, seino, e se a someto a un mínimo de banalidade cómica é por pura supervivencia emocional 😓🤕, mais coido que nos últimos (e perigosos) teatriños destes animaliños con roupa (créditos ao meu pai por esta metáfora) hai futuras portadas de discos. Ás probas me remito: 130
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 06/02/2025Ir para a cama cunha ansiosa tranquilidade por “non deixar de intentalo” no eido laboral supón, no meu caso, tirar corenta pavos (que me virían moi ben para outras cousas) polo retrete de certa universidade do país coa que a miña relación académica non puido ser máis tóxica.media.tenor.coma woman is saying `` i 'm so sick of it '' .ALT: a woman is saying `` i 'm so sick of it '' . 110
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 05/02/2025Foi unha mágoa que os Javis perderan o interese, porque entre a súa propia festa de fin de ano, a chirigota conspiranoico-facha de Cádiz e a cancelación de Karla Sofía Gascón tiñan material inspirador de sobra para unha nova (e apoteótica) temporada de “Paquita Salas”.media.tenor.coma woman wearing a hat and a suit is making a funny face .ALT: a woman wearing a hat and a suit is making a funny face . 041
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 04/02/2025Non tiña previsto eu empregar esta nova rede bolboreteira para o autobombo, pero, por se acaso, vou deixar aquí o típico vídeo curto de “unboxing” e voume retirar en silencio coa esperanza de que alguén se interese por esta nova tradución de Eurípides que fixen 😅. @rinoceronteeditora.bsky.social 0191
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 02/02/2025Hai xente que está neste mundo para facer o mal e despois está o abxecto ser que decidiu poñer en cursivas absolutamente todo na versión web do Youtube que levo padecendo dende o venres á tarde. #ManíasEFontesDeTextomedia.tenor.coma man in a suit and tie says " it sucks " with his arms crossedALT: a man in a suit and tie says " it sucks " with his arms crossed 020
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 31/01/2025Vendo a cantidade e variedade de “cuñadeces” (quedo corta) que hai no Tuíter de certa estrela revelación, non me estrañaría que, ao rascar un pouco máis, aparecesen impresións cero moderadas sobre a cuestión homérica, a pandemia de encefalite letárxica, a misión do Apolo 11 ou o final dos “Serrano”.media.tenor.coma woman in a leopard print shirt says " si me imagino "ALT: a woman in a leopard print shirt says " si me imagino " 010
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 27/01/2025Sabes que xa vas tendo unha idade cando abres a app de MeteoGalicia e comezas a xurar contra os fenómenos atmosféricos coma se as bomboxéneses, as borrascas e a nai que as fixo fosen coma un Zeus suxeito do verbo “chover” capaz de poñer fin a tanto desacougo torrencial cun simple (e bocapodre) rogo.media.tenor.coma man in a suit and tie is standing in front of a cnn mapALT: a man in a suit and tie is standing in front of a cnn map 160
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 25/01/2025Onte vin aos Punsetes na Malatesta e mola mil que un grupo non precise máis argumento ca disparar un temazo tras outro para brillar. Iso e que unha vocalista pop se chante no puro hieratismo coma a Dama de Auxerre mentres entoa iso de que non pase un día sen que deas a túa opinión de m*rda. Adorei. 030
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 23/01/2025Estaba poñéndome ao día cos epitafios e haxiografías xornalísticas de David Lynch e, en canto cheghei á contribución de O Salto, asaltoume a pataquiña esta particular reflexión sobre o “paraíso perdido” (sic) da cultura millennial: 010
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 22/01/2025Piñeiro sementou a súa sona nun tempo de tolas propostas catódicas nas que cabían un esqueleto que che tocaba a trompeta cando desafinabas, unha especie de “Saber y ganar” con “soft striptease” e o sorteo dun Seat Arousa! E a mellor sintonía da historia da TV mundial, claro. youtu.be/t6-9VB5qtYw?...youtu.becabecera supermartes 1999YouTube video by jius1970 121
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 22/01/2025A dureza de xaneiro percíbese nos máis nimios detalles: hai tres semanas a miña gran vitoria era dar coa receita definitiva de “crackers” para soster uns canapés (e nada podía distraerme dese logro) e agora, con tanto broucazo de realidade, só aspiro a desaparecer baixo un pixama polar e unha manta.media.tenor.coma cartoon character with blue hair is holding a blue ball in his handsALT: a cartoon character with blue hair is holding a blue ball in his hands 030
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 20/01/2025É incrible como hoxe se ven obrigados a convivir no almanaque o día do pingüín, o Blue Monday, a homenaxe a La Oreja de Van Gogh e un Inauguration Day especialmente desgraciado. Non teño contorsión emocional para tanto.media.tenor.coma man with a mustache is sitting on a swing in the park .ALT: a man with a mustache is sitting on a swing in the park . 020
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 18/01/2025Supoño que nas actuais circunstancias non teño perdón do noso señor por non intentar ver, por exemplo, “Blue Velvet”, pero moitas falaban das últimas escenas de “Os Fabelman” e foi fermoso ver unha homenaxe en vida tan accidentalmente bela e poética. 130
Reposted by Iria Pedreira SanjurjoRinoceronte Editora @rinoceronteeditora.bsky.social · 15/01/2025Se xa te subscribiches a Rinoceronte, ou se xa visitaches hoxe a túa libraría de confianza, probablemente xa viches estes libros. Pero se non, contámosche algo máis sobre as nosas novidades de xaneiro: 143
Reposted by Iria Pedreira SanjurjoRinoceronte Editora @rinoceronteeditora.bsky.social · 15/01/2025'Medea. Heracles' é o novo título da colección Vétera. @iriapedreira.bsky.social traduciu do grego clásico esta obra de Eurípides, tres anos despois de 'Ión. Ciclope'. Unha nova ocasión para achegarse, con introdución e notas, á obra dun dos grandes autores gregos. rinoceronte.gal/produto/mede... 141
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 11/01/2025Hai pouco lin o recomendadísimo “Quiero y no puedo. Una historia de los pijos de España” de Raquel Peláez (@blackiebooks.bsky.social) e flipei ao ver que houbo un momento na historia do cine español no que isto podía saír dunha película de Garci: 041
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 31/12/2024Había moitas opcións, pero a última película que vin neste ano foi “Deadpool & Wolverine” porque abondo teño xa con pasar o fin de ano con gastroenterite e porque “Like a prayer” engade épica mesmo á escena de tiros máis ordinaria.media.tenor.comdeadpool and wolverine pose for a picture togetherALT: deadpool and wolverine pose for a picture together 100
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 29/12/2024Debo levar algo así como trinta e sete “reels” seghidos de “influenserrrs” de cociña intentando convencerme do marabilloso que é facer aperitivos de Nadal coa salsa gaucha de Ybarra. Tanto ten que sexan de salmón afumado, patés veganos ou magdalenas, a salsa gaucha vai ben con todo.media.tenor.coma man is sitting at a table with a vase of flowers and the words absolutely appallingALT: a man is sitting at a table with a vase of flowers and the words absolutely appalling 110
Iria Pedreira Sanjurjo @iriapedreira.bsky.social · 26/12/2024Laertes tiraralle a Odiseo os libros do andel dende o interior dun burato negro? Penélope tecerá e destecerá o sudario do seu sogro “rebobinada”? Toparase Odiseo con Nikola Tesla na illa dos feacios? Os pretendentes morrerán dun xeito ridículo e anticlimático coma Talia Al Ghul? 140