Sign in

IPsiUS

@ipsius.bsky.social
46 followers 39 following 148 posts

Instituto de Psicoloxía da @usc.gal www.usc.gal/es/investigar-usc/inves…

PostsRepliesMedia
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 8h
🎓 O Dr. Christian Hederich Martínez (Universidade Autónoma de Manizales, Colombia) impartiu no IPsiUS a charla "Perfiles motivacionales y disposición hacia la heterorregulación". 💜 Grazas por compartir o seu coñecemento connosco! #IPsiUS #PsicoloxíaEducativa
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 30/09/2026
🎓 Onte celebráronse as III Xornadas Predoutorais do IPsiUS, con 10 investigadoras e investigadores predoutorais presentando os seus proxectos de tese. 🏆 Parabéns ás gañadoras dos premios: Raquel Paramio Sanz (NECEA) e Queila Bouza Peteiro (GRISAMP)! 💜 Grazas a poñentes, asistentes e xurado!
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 29/09/2026
📚 Presentamos "Research Methods for Biological Psychology", editado por Santiago Galdo-Álvarez con coautoras do IPsiUS: Carina Carbia Sinde, Susana Cid-Fernández, Sonia Doallo Pesado e Benxamín Varela López, entre outras. Un fito para o IPsiUS🧠💜 🔗 link.springer.com/book/10.1007...
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 28/09/2026
🎤 Os investigadores do IPsiUS Lois Míllara e Jorge Vacas participaron no Annual SRNT-E Conference (Sorbonne Université, París), con dous pósteres sobre o desenvolvemento dunha app para deixar de fumar. 👏 Parabéns por representar ao IPsiUS! #SRNTE2026 #IPsiUS #Tabaquismo #Psicología
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 25/09/2026
🎤 As investigadoras do IPsiUS María Ramos-Carro e María Barroso-Hurtado participaron na 17th EUSPR Conference en Dublín, presentando dous pósteres sobre prevención da recaída no consumo de tabaco. 👏 Parabéns por representar ao IPsiUS! #EUSPR2026 #IPsiUS #Tabaquismo #Psicoloxía
022
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 21/09/2026
🧠🍷 Ciencia Mensual IPsiUS: Eduardo G. López Caneda (Grupo NECEA) fala sobre pensar/non pensar no alcohol e a supresión de memorias no trastorno por consumo de alcohol. 📅 1 outubro, 16:00 h 📍 Sala de Xuntas, Fac. Psicoloxía Aberto á comunidade universitaria. Externos/as, previa solicitude por redes
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 14/09/2026
🧠 O sábado reuníronse en Santiago as e os colaboradores do proxecto CompAS (NeuCogA-Aging, IPsiUS), lonxitudinal desde 2008 sobre as traxectorias do envellecemento. Charlas de Arturo Pereiro, Onésimo Juncos, Fernando Díaz, Montserrat Zurrón e Ángel Carracedo. 🙌
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 24/07/2026
📸 Fotos do congreso da International Neuropsychological Society (Dublín, 22-24/07), ao que acudiron Cristina Salgado Blanco e David Facal Mayo. David presentou o seu traballo de #INNOV4LIFE; Cristina presentou 3 pósters sobre deterioro cognitivo e cancro (#PAINLESS, Brain and Pain). 🤝 #INS2026
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 23/07/2026
🌍🗣️ Ana Isabel Fernandes, Isabel Padrón e Isabel Fraga participaron o 17 de xullo no seminario "Multilingualism across EUniWell" na Facultade de Filoloxía da USC, presentando o proxecto "Morfosintaxis y emoción" e resultados sobre emocionalidade e procesamento morfosintáctico en L2/LE. #EUniWell
030
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 22/07/2026
🎓📚 Nova tese doutoral no IPsiUS! O 17 de xullo, María Ramos Carro defendeu a súa tese "Factores predictores del abandono y la recaída en una intervención psicológica para dejar de fumar", dirixida por Elisardo Becoña e Ana López Durán. Parabéns polo traballo! 👏 #IPsiUS #TeseDoutoral #Psicoloxía
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 21/07/2026
🧠🌍 O Prof. Arturo X. Pereiro e as investigadoras Arora Sonali e Xana Cid (grupo #CompAS) asistiron un ano máis ao congreso #ENDALZ da @alzassociation.bsky.social en Londres, presentando 6 contribucións sobre IA na predición da demencia, reserva cognitiva e Declive Cognitivo Subxectivo.
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 20/07/2026
📚👁️ No IPsiUS tivemos o pracer de organizar unha formación sobre eye tracking, impartida por Samuel Suárez Suárez (U. Burgos), combinando teoría e práctica sobre esta técnica e as súas aplicacións na investigación. Grazas a Samuel e a todas as persoas asistentes! #IPsiUS #EyeTracking #Investigación
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 16/07/2026
🎓 A profesora Narmeen Mallah, investigadora de IPsiUS, participou como docente no curso EUniWELL "Multidimensional Aspects of Well-being in Healthcare" na Universidade de Colonia (29 xuño), xunto a estudantado de posgrao de Colonia, Florencia, Murcia, USC e Semmelweis.
121
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 15/07/2026
🎉 Parabéns a Ana Garrandes Moreda e á súa titora Narmeen Mallah (IPsiUS), Premio á Mellor Comunicación Oral no III Congreso Nacional de PFG de Farmacia (Zaragoza), polo seu TFG sobre educación para a saúde e uso responsable de fármacos psicoactivos en adolescentes 🙌 #IPsiUS #USC
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 14/07/2026
💻 Xa rematou o taller "Creación de tarefas mediante PsychoPy para entornos psicofisiolóxicos" (organizado pola @sepneca.bsky.social), impartido por Sara Basanta Torres (NeuCogA-Aging, IPsiUS). Deseño de tarefas experimentais, aplicación en psicofisioloxía e uso práctico en investigación 🙌
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 13/07/2026
🧠 A nosa compañeira Ana López (coordinadora do Servizo de Atención Psicolóxica da USC) participou na II Xornada Estatal de Boas Prácticas do SERGAS, presentando o protocolo de acompañamento psicolóxico para o estudantado elaborado polas tres universidades públicas galegas 🙌 #IPsiUS #USC
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 10/07/2026
✨ A investigadora predoutoral Sonali Arora representou ao IPsiUS e á USC no Walking The Talk For Dementia, presentando o Compostela Aging Study (CompAS), estudo lonxitudinal do grupo NeuCogA-Aging sobre marcadores temperáns de demencia. 👏 #CompAS #NeuCogAAging #IPsiUS #USC
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 09/07/2026
🌍🧠 A investigadora do IPsiUS Sabela Mallo moderou un simposio sobre deterioro conductual leve e demencia no congreso da International Psychogeriatrics Association en Leiden 🇳🇱, e presentou sobre síntomas neuropsiquiátricos e prefragilidade cognitiva. 💙 #IPsiUS #USC #Psychogeriatrics
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 08/07/2026
🌍 Marcos Dono e Laura Docampo representaron ao IPsiUS no EASP General Meeting 2026 en Estrasburgo, con traballos sobre ameazas morais/económicas e extremismo, e sobre misrecognition colectiva e extremismo político 🙌
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 07/07/2026
🎓💙 Pechamos o Ciencia Mensual IPsiUS deste curso 2025/2026! Benxamín Varela e Fátima Fernández Feijóo (Grupo NeuCoga-Aging) puxeron o broche de ouro con dúas ponencias sobre Alzheimer e deterioro cognitivo. Ata o curso 2026/2027! 👋✨ #IPsiUS #USC #CienciaMensual
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 06/07/2026
🎓 Esta semana, Jesús Cespón (Unidade de Talento do IPsiUS) ofreceu unha charla sobre financiamento posdoutoral: convocatorias, programas de apoio e orientación práctica para quen quere desenvolver a súa carreira investigadora 📚 #IPsiUS #USC
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 03/07/2026
🎓 O 30 de xuño, Arturo X. Pereiro Rozas tomou posesión como novo decano da Facultade de Psicoloxía, coa presenza da reitora Rosa Crujeiras. Parabéns! No acto tamén se homenaxeou a catro profesores xubilados, entre eles os nosos compañeiros Constantino Arce Fernández e Xosé Fernández Rey 🙌
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 03/07/2026
📚 A semana pasada, o equipo de IPsiUS recibiu formación sobre licenzas de acceso aberto, da man do persoal da biblioteca da USC. Unha boa oportunidade para reforzar boas prácticas de publicación en acceso aberto e aclarar dúbidas sobre dereitos de autor 🙌 #CienciaAberta #IPsiUS
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 01/07/2026
🧠 O IPsiUS estivo no VI International Congress of Psychobiology! Montserrat Corral co-organizou un simposio sobre trastorno por uso de substancias. Susana Cid e Cristina Mellado presentaron sobre estimulación cerebral en maiores 🧪e Benxamín Varela e Sara Basanta sobre detección precoz do Alzheimer 🔍
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 30/06/2026
🧠📅 Ciencia Mensual IPsiUS volve este xoves 2 de xullo ás 16:00, Sala de Xuntas, Facultade de Psicoloxía. Presentan Benxamín Varela López e Fátima Fernández Feijóo (Grupo NeuCoga-Aging), sobre Alzheimer e Síndrome de Risco Cognitivo Motor. Vimos?
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 22/06/2026
🎓 Noraboa María Álvarez Voces pola defensa da súa tese sobre diferenzas de xénero en problemas de conduta na infancia e adolescencia. Compendio de 8 artigos, con datos de Galicia e EEUU. Dirixida por Estrella Romero e X.A. Gómez Fraguela. #IPsiUS #USC
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 18/06/2026
O IPsiUS nas aulas 🏫 Beatriz Díaz Vázquez realizou unha sesión sobre bullying con alumnado de 5º de Primaria do CEIP Ramón Cabanillas. Porque previr tamén é investigar. 💙 #IPsiUS #Bullying #USC
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 09/06/2026
Parabéns a Laura Docampo López, investigadora predoutoral do IPsiUS, pola consecución dunha Seedcorn Grant da European Association of Social Psychology (EASP). Este recoñecemento impulsa a súa investigación e destaca a calidade e o potencial do seu traballo científico. 👏✨
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 05/06/2026
🧠✨ Onte, en #CienciaMensual, Sonia Doallo e Cristina Mellado falaron sobre atención, memoria, motivación e estimulación eléctrica transcraneal. ⚡🔬 Unha sesión moi interesante que nos permitiu compartir investigación, intercambiar ideas e seguir aprendendo uns dos outros. 🚀 #IPsiUS
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 04/06/2026
🎉 Orgullo IPsiUS! Doce investigadoras do instituto foron recoñecidas no ranking nacional de investigadoras 2026 👩‍🔬✨ Un novo fito que destaca a excelencia e o impacto da investigación en psicoloxía, saúde e benestar 💙 Parabéns polo seu traballo e pola súa contribución á ciencia!
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 01/06/2026
🧠🔬 Nova sesión de #CienciaMensualIPsiUS! Sonia Doallo falará sobre os mecanismos neurais da atención, memoria e motivación. Cristina Mellado presentará un estudo sobre memoria episódica e tACS theta-gamma. 📅 4 xuño | 🕓 16:00 | 📍 Psicoloxía USC (aberto á comunidade USC, externos previa solicitude)
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 12/05/2026
🌍🧠 Marcos Dono Martín, investigador do IPsiUS, impartiu unha charla na Sapienza Università di Roma 🇮🇹 sobre o papel da moralidade na acción política colectiva. A súa investigación analiza como os valores morais poden impulsar a participación democrática e procesos de radicalización.
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 11/05/2026
✨ O IPsiUS continúa afianzando a súa excelencia investigadora. O proxecto liderado por Laura López Romero foi seleccionado en “Consolidación Investigadora 2025” do MICIU. 🧠 A investigación empregará realidade virtual e seguimento ocular para estudar indicadores socioemocionais na infancia.
002
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 28/04/2026
🌱 Activa Rural Transfronteirizo (Interreg POCTEP) Coa participación da Universidade de Santiago de Compostela, este proxecto impulsa “Aldeas Smarthaus” 🧠🏡 🤝 Innovación en coidados, saúde comunitaria e envellecemento activo no rural (España–Portugal)
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 17/04/2026
Onte formación con Marcos Dono e Maite Carrillo 🙌 Prerrexistro de ensaios clínicos e protocolos, con claves moi útiles para o día a día 💡📚
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 16/04/2026
Día histórico 💜 A Universidade de Santiago de Compostela ten por primeira vez unha reitora: Rosa Crujeiras 👩‍🎓✨ IPsiUS estivo presente a través da nosa directora, Isabel Fraga Carou 🤝
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 13/04/2026
📸 Así foi a sesión de abril de Ciencia Mensual! Dúas presentacións moi interesantes sobre declive cognitivo asociado ao cancro e intervencións dixitais para deixar de fumar. 👏 Grazas ás poñentes e ás persoas asistentes! 📢 Actividade aberta a todos os públicos (solicitude previa se non es da USC).
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 10/04/2026
🎓 Parabéns a Ana Nieto Vieites pola defensa da súa tese o pasado 27 de marzo! 🧠🎮 Investiga o uso dun videoxogo narrativo como ferramenta de adestramento cognitivo en persoas maiores en risco de demencia, explorando tamén a súa combinación con estimulación cerebral non invasiva.
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 08/04/2026
📢 Ciencia Mensual IPsiUS Este mes: 🧠 Declive cognitivo e cancro 🚭 Apps para deixar de fumar 📅 Xoves, 9 abril | 16:00 📍 Fac. Psicoloxía (USC) Aberto á comunidade universitaria e externo (solicitude por redes ou ipsius.administracion@usc.gal)
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 07/04/2026
✨ No IPSIUS seguimos avanzando! Ana Isabel Fernandes presentou na Univ. do Minho (Braga) o traballo sobre como a personalidade modula o procesamento gramatical de palabras emocionais (ERPs), xunto con Isabel Padrón, Isabel Fraga e Montserrat Comesaña.
021
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 25/03/2026
🧠✨ II Encontro Galicia–Portugal sobre reserva e resiliencia no deterioro cognitivo 📅 29 abril | 📍 Facultade de Psicoloxía (USC) | 🕔 17:00h Un espazo para conectar investigación e práctica sobre envellecemento saudable, con expertos de Galicia e Portugal. ☕ Café networking incluído
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 17/03/2026
Acaba de saír publicada en Cadernos de Lingua da RAG a colaboración dos grupos coordinados por Isabel Fraga e Estrella Romero! Un exemplo de ciencia de calidade en galego e para Galicia, fruto da colaboración interna no IPsiUS. Xuntas sumamos máis e mellor.
022
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 16/03/2026
Pechamos a semana cun obradoiro sobre técnicas neurocientíficas para a investigación en psicoloxía (EEG). O noso compañeiro Santiago Galdo explicou características, vantaxes e limitacións desta técnica. 🧠📊 Un espazo para aprender, compartir coñecemento e crear sinerxías na investigación da mente.
021
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 12/03/2026
UNDERISK realizou en Vilagarcía de Arousa unha sesión de formación sobre o programa Construíndo Saúde 🧠✨, dirixida a profesionais da prevención de condutas de risco na adolescencia. O obxectivo: ofrecer ferramentas para promover habilidades para a vida e hábitos saudables entre mozos e mozas 🌱👥.
021
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 10/03/2026
8M | Día Internacional da Muller 💜 Onte a Facultade de Psicoloxía reuniuse ás portas do centro para a lectura dun manifesto polo 8M. Na imaxe, a nosa compañeira do IPSIUS, Laura López Romero, durante o acto. Seguimos comprometidos cunha universidade e unha ciencia máis xustas e igualitarias.
021
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 09/03/2026
Ciencia Mensual IPSIUS 🧠 Fernando Díaz e Montserrat Zurrón falaron sobre o diagnóstico do Alzheimer e os marcadores biolóxicos no risco de deterioro cognitivo. Abríronse debates sobre se o diagnóstico debe basearse só en biomarcadores e sobre os dilemas éticos de informar de marcadores de risco.
021
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 03/03/2026
🧠✨ Ciencia Mensual do IPsiUS Alzheimer 🧩: que sabemos, que debates hai e que retos veñen? 📅 Xoves, 5 marzo · 16:00 📍 Facultade de Psicoloxía (Sala de Xuntas) Aberto á comunidade universitaria. Externos: pedir acceso por redes ou ipsius.administracion@usc.gal
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 27/02/2026
Así foi a sesión de Ciencia Mensual de febreiro no IPsiUS: Tamara Fernández Cores e Elisardo Becoña Iglesias ofreceron charlas moi interesantes, actuais e rigorosas 🧠✨ 📅 A próxima semana chega a sesión de marzo… estade atentos/as! 🚀
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 18/02/2026
📣 A nosa compañeira Lucía Vieitez Portas participou no workshop FEEL en Vitoria-Gasteiz, onde presentou a súa investigación sobre emocións e procesamento gramatical. 👏 Parabéns, e sigamos levando a investigación galega a foros internacionais! #Lingüística #Investigación #CienciaGalega
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 12/02/2026
🔬✨ Onte celebrouse o coloquio “As mulleres na ciencia: existir, resistir e transformar”, organizado pola Comisión de Igualdade da Fac. de Psicoloxía e o IPsiUS polo 11F. Investigadoras compartiron experiencias e puxeron en valor o papel das mulleres na ciencia. 💜 Grazas por este encontro inspirador.
021