Sign in

IPsiUS

@ipsius.bsky.social
45 followers 39 following 146 posts

Instituto de Psicoloxía da @usc.gal www.usc.gal/es/investigar-usc/inves…

PostsRepliesMedia
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 01/10/2026
🎤 Ana Isabel Fernandes (grupo PCC, IPsiUS) participou no BXL Cutting Garden 2026 (Université libre de Bruxelles), presentando un póster sobre emocionalidade e procesamento morfosintáctico en bilingües neerlandés-inglés. 👏 Parabéns! #IPsiUS #PCC #Psicolingüística
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 30/09/2026
🎓 Onte celebráronse as III Xornadas Predoutorais do IPsiUS, con 10 investigadoras e investigadores predoutorais presentando os seus proxectos de tese. 🏆 Parabéns ás gañadoras dos premios: Raquel Paramio Sanz (NECEA) e Queila Bouza Peteiro (GRISAMP)! 💜 Grazas a poñentes, asistentes e xurado!
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 29/09/2026
📚 Presentamos "Research Methods for Biological Psychology", editado por Santiago Galdo-Álvarez con coautoras do IPsiUS: Carina Carbia Sinde, Susana Cid-Fernández, Sonia Doallo Pesado e Benxamín Varela López, entre outras. Un fito para o IPsiUS🧠💜 🔗 link.springer.com/book/10.1007...
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 28/09/2026
🎤 Os investigadores do IPsiUS Lois Míllara e Jorge Vacas participaron no Annual SRNT-E Conference (Sorbonne Université, París), con dous pósteres sobre o desenvolvemento dunha app para deixar de fumar. 👏 Parabéns por representar ao IPsiUS! #SRNTE2026 #IPsiUS #Tabaquismo #Psicología
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 25/09/2026
🎤 As investigadoras do IPsiUS María Ramos-Carro e María Barroso-Hurtado participaron na 17th EUSPR Conference en Dublín, presentando dous pósteres sobre prevención da recaída no consumo de tabaco. 👏 Parabéns por representar ao IPsiUS! #EUSPR2026 #IPsiUS #Tabaquismo #Psicoloxía
022
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 21/09/2026
🧠🍷 Ciencia Mensual IPsiUS: Eduardo G. López Caneda (Grupo NECEA) fala sobre pensar/non pensar no alcohol e a supresión de memorias no trastorno por consumo de alcohol. 📅 1 outubro, 16:00 h 📍 Sala de Xuntas, Fac. Psicoloxía Aberto á comunidade universitaria. Externos/as, previa solicitude por redes
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 14/09/2026
🧠 O sábado reuníronse en Santiago as e os colaboradores do proxecto CompAS (NeuCogA-Aging, IPsiUS), lonxitudinal desde 2008 sobre as traxectorias do envellecemento. Charlas de Arturo Pereiro, Onésimo Juncos, Fernando Díaz, Montserrat Zurrón e Ángel Carracedo. 🙌
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 11/09/2026
🧠 Nova publicación do IPsiUS! Cristina Salgado-Blanco, xunto con Alberto Blanco-Campal e Unai Diaz-Orueta, identifica catro perfís de deterioro cognitivo asociado ao cancro en supervivintes de cancro de mama. academic.oup.com/acn/article/...
academic.oup.com
Validate User
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 04/09/2026
🎉 Novo curso no IPsiUS con moita enerxía! Grazas ás Unidades Organizativas polo labor esencial. 🏆 Varias Axudas de Consolidación, prazas posdoutorais e 5 novos proxectos nacionais. Parabéns a todas e a todos! 👏 💫 Despedimos a un compañeiro que se xubila e damos a benvida ás novas incorporacións!
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 27/07/2026
🧠 Novo artigo do grupo Benestar (IPsiUS): un ECA a dobre cego amosa que tDCS e tACS domiciliarios melloran a calidade de vida en persoas con dor crónica (n=120), fronte a placebo, aínda que sen efectos diferenciais en ánimo, fatiga ou sono. 👏
bpspsychub.onlinelibrary.wiley.com
Journal of Neuropsychology | Wiley Online Library
Transcranial electric stimulation represents a promising non-invasive neuromodulatory technique targeting maladaptive nociplastic changes in chronic pain (CP) with analgesic effects. However, its imp...
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 24/07/2026
📸 Fotos do congreso da International Neuropsychological Society (Dublín, 22-24/07), ao que acudiron Cristina Salgado Blanco e David Facal Mayo. David presentou o seu traballo de #INNOV4LIFE; Cristina presentou 3 pósters sobre deterioro cognitivo e cancro (#PAINLESS, Brain and Pain). 🤝 #INS2026
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 23/07/2026
🌍🗣️ Ana Isabel Fernandes, Isabel Padrón e Isabel Fraga participaron o 17 de xullo no seminario "Multilingualism across EUniWell" na Facultade de Filoloxía da USC, presentando o proxecto "Morfosintaxis y emoción" e resultados sobre emocionalidade e procesamento morfosintáctico en L2/LE. #EUniWell
030
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 22/07/2026
🎓📚 Nova tese doutoral no IPsiUS! O 17 de xullo, María Ramos Carro defendeu a súa tese "Factores predictores del abandono y la recaída en una intervención psicológica para dejar de fumar", dirixida por Elisardo Becoña e Ana López Durán. Parabéns polo traballo! 👏 #IPsiUS #TeseDoutoral #Psicoloxía
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 21/07/2026
🧠🌍 O Prof. Arturo X. Pereiro e as investigadoras Arora Sonali e Xana Cid (grupo #CompAS) asistiron un ano máis ao congreso #ENDALZ da @alzassociation.bsky.social en Londres, presentando 6 contribucións sobre IA na predición da demencia, reserva cognitiva e Declive Cognitivo Subxectivo.
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 20/07/2026
📚👁️ No IPsiUS tivemos o pracer de organizar unha formación sobre eye tracking, impartida por Samuel Suárez Suárez (U. Burgos), combinando teoría e práctica sobre esta técnica e as súas aplicacións na investigación. Grazas a Samuel e a todas as persoas asistentes! #IPsiUS #EyeTracking #Investigación
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 16/07/2026
🎓 A profesora Narmeen Mallah, investigadora de IPsiUS, participou como docente no curso EUniWELL "Multidimensional Aspects of Well-being in Healthcare" na Universidade de Colonia (29 xuño), xunto a estudantado de posgrao de Colonia, Florencia, Murcia, USC e Semmelweis.
121
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 15/07/2026
🎉 Parabéns a Ana Garrandes Moreda e á súa titora Narmeen Mallah (IPsiUS), Premio á Mellor Comunicación Oral no III Congreso Nacional de PFG de Farmacia (Zaragoza), polo seu TFG sobre educación para a saúde e uso responsable de fármacos psicoactivos en adolescentes 🙌 #IPsiUS #USC
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 14/07/2026
💻 Xa rematou o taller "Creación de tarefas mediante PsychoPy para entornos psicofisiolóxicos" (organizado pola @sepneca.bsky.social), impartido por Sara Basanta Torres (NeuCogA-Aging, IPsiUS). Deseño de tarefas experimentais, aplicación en psicofisioloxía e uso práctico en investigación 🙌
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 13/07/2026
🧠 A nosa compañeira Ana López (coordinadora do Servizo de Atención Psicolóxica da USC) participou na II Xornada Estatal de Boas Prácticas do SERGAS, presentando o protocolo de acompañamento psicolóxico para o estudantado elaborado polas tres universidades públicas galegas 🙌 #IPsiUS #USC
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 10/07/2026
✨ A investigadora predoutoral Sonali Arora representou ao IPsiUS e á USC no Walking The Talk For Dementia, presentando o Compostela Aging Study (CompAS), estudo lonxitudinal do grupo NeuCogA-Aging sobre marcadores temperáns de demencia. 👏 #CompAS #NeuCogAAging #IPsiUS #USC
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 09/07/2026
🌍🧠 A investigadora do IPsiUS Sabela Mallo moderou un simposio sobre deterioro conductual leve e demencia no congreso da International Psychogeriatrics Association en Leiden 🇳🇱, e presentou sobre síntomas neuropsiquiátricos e prefragilidade cognitiva. 💙 #IPsiUS #USC #Psychogeriatrics
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 08/07/2026
🌍 Marcos Dono e Laura Docampo representaron ao IPsiUS no EASP General Meeting 2026 en Estrasburgo, con traballos sobre ameazas morais/económicas e extremismo, e sobre misrecognition colectiva e extremismo político 🙌
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 07/07/2026
🎓💙 Pechamos o Ciencia Mensual IPsiUS deste curso 2025/2026! Benxamín Varela e Fátima Fernández Feijóo (Grupo NeuCoga-Aging) puxeron o broche de ouro con dúas ponencias sobre Alzheimer e deterioro cognitivo. Ata o curso 2026/2027! 👋✨ #IPsiUS #USC #CienciaMensual
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 06/07/2026
🎓 Esta semana, Jesús Cespón (Unidade de Talento do IPsiUS) ofreceu unha charla sobre financiamento posdoutoral: convocatorias, programas de apoio e orientación práctica para quen quere desenvolver a súa carreira investigadora 📚 #IPsiUS #USC
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 03/07/2026
🎓 O 30 de xuño, Arturo X. Pereiro Rozas tomou posesión como novo decano da Facultade de Psicoloxía, coa presenza da reitora Rosa Crujeiras. Parabéns! No acto tamén se homenaxeou a catro profesores xubilados, entre eles os nosos compañeiros Constantino Arce Fernández e Xosé Fernández Rey 🙌
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 03/07/2026
📚 A semana pasada, o equipo de IPsiUS recibiu formación sobre licenzas de acceso aberto, da man do persoal da biblioteca da USC. Unha boa oportunidade para reforzar boas prácticas de publicación en acceso aberto e aclarar dúbidas sobre dereitos de autor 🙌 #CienciaAberta #IPsiUS
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 01/07/2026
🧠 O IPsiUS estivo no VI International Congress of Psychobiology! Montserrat Corral co-organizou un simposio sobre trastorno por uso de substancias. Susana Cid e Cristina Mellado presentaron sobre estimulación cerebral en maiores 🧪e Benxamín Varela e Sara Basanta sobre detección precoz do Alzheimer 🔍
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 30/06/2026
🧠📅 Ciencia Mensual IPsiUS volve este xoves 2 de xullo ás 16:00, Sala de Xuntas, Facultade de Psicoloxía. Presentan Benxamín Varela López e Fátima Fernández Feijóo (Grupo NeuCoga-Aging), sobre Alzheimer e Síndrome de Risco Cognitivo Motor. Vimos?
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 30/06/2026
📰 A nosa investigadora Laura López Romero, entrevistada por La Voz de Galicia sobre A-TRaVIeSA: un proxecto que usa realidade virtual para detectar sinais temperás de problemas de conduta en nenos. Financiado pola Axencia Estatal de Investigación. 🥽 lavozdegalicia.es/noticia/lavo...
lavozdegalicia.es
Laura López Romero, investigadora: «Un factor de peso detrás de muchos problemas es la sobreprotección parental»
La experta gallega lidera estudio pionero que busca evaluar dificultades emocionales en niños usando realidad virtual
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 29/06/2026
🧠💙 Novo artigo do Grupo Benestar (IPsiUS): unha intervención domiciliaria combinando estimulación cerebral (tDCS/tACS) con adestramento cognitivo para mellorar depresión e queixas cognitivas en supervivintes de cáncer de mama (segue) www.ejoncologynursing.com/article/S146...
ejoncologynursing.com
Non-invasive brain stimulation and cognitive training for depressive symptoms and cancer-related cognitive impairment in breast cancer survivors (ONCODEP)
Depression and cancer-related cognitive impairment (CRCI) are frequent after-effects in breast cancer survivors (BCS). Despite being closely related and sharing some features, there is no intervention...
100
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 22/06/2026
🎓 Noraboa María Álvarez Voces pola defensa da súa tese sobre diferenzas de xénero en problemas de conduta na infancia e adolescencia. Compendio de 8 artigos, con datos de Galicia e EEUU. Dirixida por Estrella Romero e X.A. Gómez Fraguela. #IPsiUS #USC
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 18/06/2026
O IPsiUS nas aulas 🏫 Beatriz Díaz Vázquez realizou unha sesión sobre bullying con alumnado de 5º de Primaria do CEIP Ramón Cabanillas. Porque previr tamén é investigar. 💙 #IPsiUS #Bullying #USC
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 17/06/2026
O grupo Procesos Cognitivos e Conduta do IPsiUS colabora en #BabelBrain: ciencia do multilingüismo en Galicia e Xibraltar 🧠🌍 E o 9 de outubro organizamos xuntos a I Xornada Internacional de Multilingüismo en Santiago. Apunta a data 📅 www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
O proxecto BabelBrain emprega o multilingüismo para estudar como a mente humana se adapta a contextos sociais complexos | Universidade de Santiago de Compostela
As persoas cambian de lingua a diario. Fano segundo con quen falan, onde están ou que queren expresar. Moitas veces, nin sequera son conscientes diso. Pero detrás dese xesto cotián escóndese unha das ...
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 16/06/2026
O IPsiUS é socio do proxecto Activa Rural Transfronteirizo: 17 entidades, 🇪🇸🇵🇹, 4,5M€ para innovar nos coidados e o envellecemento activo no rural. Esta semana constituíuse o comité de dirección. 🌿 www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
A USC, no comité de dirección do proxecto Activa Rural Transfronteirizo | Universidade de Santiago de Compostela
Impulsar a innovación nos coidados e o envellecemento activo no medio rural é o cometido do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, que esta semana constituíu o seu comité de dirección nunha xuntanza ...
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 12/06/2026
🌍✈️ A investigadora do IPsiUS Laura López Romero participou no congreso da EFCAP en Limassol, Chipre 🇨🇾 (27-29 maio), un dos encontros de referencia en psiquiatría e psicoloxía infanto-xuvenil a nivel europeo! underisk.gal/gl/underisk-...
underisk.gal
O grupo UNDERISK presente na novena edición do Congreso da EFCAP - underisk
A nosa compañeira Laura López Romero asistiu á novena edición do congreso da EFCAP (European Association for Child and Adolescent Psychiatry, Psychology and
011
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 11/06/2026
As súas prácticas foron titoradas dende a USC por Montserrat Corral Varela, membro do IPsiUS. Desde o instituto, felicitamos a ambas por este merecido recoñecemento! 💙 #Psicoloxía #USC #IPsiUS
usc.gal
Xoana Vázquez, estudante mellor valorada nas prácticas do Consello Social: “Non é o mesmo estudar que vivir a neuropsicoloxía” | Universidade de Santiago de Compostela
A estudante do grao en Psicoloxía Xoana Vázquez García de Buciños recolleu este luns 18 o galardón que a recoñece como a estudante mellor valorada nas prácticas impulsadas dende o Consello Social da U...
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 09/06/2026
Parabéns a Laura Docampo López, investigadora predoutoral do IPsiUS, pola consecución dunha Seedcorn Grant da European Association of Social Psychology (EASP). Este recoñecemento impulsa a súa investigación e destaca a calidade e o potencial do seu traballo científico. 👏✨
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 05/06/2026
🧠✨ Onte, en #CienciaMensual, Sonia Doallo e Cristina Mellado falaron sobre atención, memoria, motivación e estimulación eléctrica transcraneal. ⚡🔬 Unha sesión moi interesante que nos permitiu compartir investigación, intercambiar ideas e seguir aprendendo uns dos outros. 🚀 #IPsiUS
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 04/06/2026
🎉 Orgullo IPsiUS! Doce investigadoras do instituto foron recoñecidas no ranking nacional de investigadoras 2026 👩‍🔬✨ Un novo fito que destaca a excelencia e o impacto da investigación en psicoloxía, saúde e benestar 💙 Parabéns polo seu traballo e pola súa contribución á ciencia!
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 03/06/2026
🎉 Parabéns, Ana Rita! A nosa antiga compañeira e colaboradora do IPsiUS, Ana Rita Sá Leite, recibiu o III Premio ao Talento Investigador Emerxente, outorgado pola @sepex.bsky.social. Un merecido recoñecemento á súa excelente traxectoria científica. Estamos moi orgullosas de verte medrar e triunfar🏆
122
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 01/06/2026
🧠🔬 Nova sesión de #CienciaMensualIPsiUS! Sonia Doallo falará sobre os mecanismos neurais da atención, memoria e motivación. Cristina Mellado presentará un estudo sobre memoria episódica e tACS theta-gamma. 📅 4 xuño | 🕓 16:00 | 📍 Psicoloxía USC (aberto á comunidade USC, externos previa solicitude)
001
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 12/05/2026
🌍🧠 Marcos Dono Martín, investigador do IPsiUS, impartiu unha charla na Sapienza Università di Roma 🇮🇹 sobre o papel da moralidade na acción política colectiva. A súa investigación analiza como os valores morais poden impulsar a participación democrática e procesos de radicalización.
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 11/05/2026
✨ O IPsiUS continúa afianzando a súa excelencia investigadora. O proxecto liderado por Laura López Romero foi seleccionado en “Consolidación Investigadora 2025” do MICIU. 🧠 A investigación empregará realidade virtual e seguimento ocular para estudar indicadores socioemocionais na infancia.
002
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 06/05/2026
A colaboración entre a Consellería de Sanidade e o grupo UNDERISK impulsa unha rede de profesionais da prevención en Galicia. 📍 38 concellos xa contan con persoal formado 🎯 Obxectivo: levar Construíndo Saúde aos IES no curso 2026–2027 Prevención, ciencia e compromiso coa mocidade 💙 goo.su/cybDO
goo.su
Programa de prevención e promoción da saúde en Galicia
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 05/05/2026
🧠 O adestramento cognitivo podería mellorar lixeiramente as funcións executivas en persoas con cancro, aínda que con evidencias limitadas. Fan falta máis estudos para confirmalo. 👩‍🔬 Con participación de Cristina Salgado e María Teresa Carrillo (IPSIUS) goo.su/LXAzU
goo.su
Efficacy of Cognitive Training for Treating Cancer-related Cognitive Impairment: Systematic Review and Meta-analysis by Cognitive Domain - Neuropsychology Review
Cognitive Training (CT) is proposed to improve cancer-related cognitive impairment (CRCI), but its effect on objective cognition remains unclear. This systematic review and meta-analysis (PROSPERO ID:...
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 28/04/2026
🌱 Activa Rural Transfronteirizo (Interreg POCTEP) Coa participación da Universidade de Santiago de Compostela, este proxecto impulsa “Aldeas Smarthaus” 🧠🏡 🤝 Innovación en coidados, saúde comunitaria e envellecemento activo no rural (España–Portugal)
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 24/04/2026
🔎 Marcadores precoces de deterioro cognitivo A síndrome de Risco Cognitivo-Motor —queixas cognitivas + marcha lenta— case duplica o risco de deterioro cognitivo. A súa detección é sinxela, rápida e non invasiva. 🧠 Máis prevención, mellor calidade de vida. link.springer.com/article/10.1...
link.springer.com
Do subjective cognitive complaints and slow gait speed increase the probability of progression to objective cognitive impairment? A systematic review and meta-analysis on motoric cognitive risk syndro...
Motoric cognitive risk (MCR) syndrome, characterized by the coexistence of subjective cognitive complaints (SCCs) and slow gait speed, has been identified as a potential risk factor for objective cogn...
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 22/04/2026
🧠 Novo estudo do IpsiUS: identifícase un patrón de memoria episódica que permite anticipar o risco de Trastorno Neurocognitivo Leve en maiores. 🔍 Os resultados propoñen novos marcadores cognitivos para a detección precoz da demencia. www.sciencedirect.com/science/arti...
sciencedirect.com
The role of verbal episodic memory in progression to mild cognitive impairment: The influence of serial position effects
Subjective cognitive decline (SCD) may be linked to subtle memory loss. The aim of this study was to determine the influence of verbal episodic memory…
010
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 21/04/2026
📢 Novo libro con participación de Emma Mayo: “Recomendaciones finales para el éxito universitario…” 🧠 Recolle claves sobre o éxito universitario de persoas con discapacidade a partir das súas propias experiencias. 🎧 18 infografías en formato accesible (texto e audio). 🔗 doi.org/10.5281/zeno...
doi.org
RECOMENDACIONES FINALES PARA EL ÉXITO UNIVERSITARIO. Infografías desde las voces de graduados y graduadas con discapacidad
Este trabajo titulado “Recomendaciones de graduados y graduadas con discapacidadseenmarca en el proyecto de investigación “Historias de éxito universitario de graduados ygraduadas con discapacidad: Un...
000
IPsiUS @ipsius.bsky.social · 20/04/2026
📢 Novo artigo con participación de persoal do IPsiUS en Alzheimer’s & Dementia: Diagnosis, Assessment & Disease Monitoring. 🧠 O estudo afonda no uso de biomarcadores e medidas cognitivas para mellorar a detección temperá do Alzheimer. 👏 Parabéns ao equipo autor! 🔗 bit.ly/4cCDfwu
alz-journals.onlinelibrary.wiley.com
Associations of plasma phosphorylated tau217 with cognitive impairment and brain microstructural alterations in Alzheimer's disease
Introduction Plasma phosphorylated tau217 (p-tau217) is a promising biomarker for Alzheimer's disease (AD) risk detection. Its relationship with brain microstructure and cognitive impairment remains.....
000