Sign in

ilingua-uvigo

@ilingua-uvigo.bsky.social
139 followers 151 following 351 posts

iLingua é un instituto de investigación da Universidade de Vigo, que reúne persoal investigador con intereses comúns en áreas de lingua e lingüística.

PostsRepliesMedia
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 8h
A nosa secretaria, María Méndez (@mariaparrula.bsky.social), inaugurou o IV Congreso de Español como Lengua Extranjera en Asia-Pacífico (CELEAP), na Universiti Sains Malaysia, coa plenaria "Reflexiones sobre la glotofobia para profesorado de idiomas". Noraboa!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 01/10/2026
Xa está dispoñible o capítulo de José Yuste adicado á noción de PARATRADUCCIÓN no "Abécédaire critique du traduire" que recolle 65 entradas diferentes redactadas por 37 autores/as de prestixio internacional para sacudir as ideas preconcebidas e os prexuizos sobre a tradución. buff.ly/1HsxeKs
010
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 30/09/2026
Mañá dará comezo o XXII Encontro de morfólogos cunha homenaxe a Antón Rifón ás 18:00 no Edificio Redeiras. O venres terá lugar a xornada académica coas plenarias de Aida Villaécija Chavarría, María José Rodríguez Espiñeira e Francisco Xosé Dubert García. Máis info: buff.ly/qkMm4B2
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 29/09/2026
O próximo mes de novembro volve Linguamente2026, este ano o evento será totalmente online e gratuíto, organizado polo Instituto de Investigación Lingua e xa temos programa, podes consultalo en buff.ly/w1c90sp
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 28/09/2026
Grazas ás moitísimas persoas que nos acompañaron o pasado sábado! Foi un día cheo de aprendizaxes e convivencia que estamos desexando repetir. Faro de Vigo buff.ly/JXzudOh El Español buff.ly/R36GA2M Atlántico buff.ly/jwHZWPs
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 25/09/2026
O sábado 26 vémonos no festival das linguas e as culturas. Non o perdas! Larunbatean, hilaren 26an, hizkuntzen eta kulturen jaialdian elkartuko gara. Ez huts egin! ملتقانا يوم السبت 26 في مهرجان اللغات والثقافات. لا تفوت الفرصة! buff.ly/E0iMPhq
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 24/09/2026
Onte tivo lugar a celebración de "Letras en feminino" coa participación de Ánxela Lema, Leyre Martín, Ane Irizar e Elisabet Sánchez. Tamén contamos co apoio da Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e da reitora, Carmen García Mateo. Moitísimas grazas a todas!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 23/09/2026
Mañá xornada dobre: - Pola mañá, diante do MARCO, exposición de pósteres e conferencia de Anna Doquin. - Pola tarde, na Casa Galega da Cultura, "Da idea ao libro: as mans invisibles". Con Paula Merlán, Ana Varela, Manuel Esteban, Tamará Andrés e as editoriais Catro Ventos, Galaxia e Malafera.
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 23/09/2026
Hoxe ás 17:00, na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, reunimos investigadoras que traballan desde a perspectiva feminista interseccional e desde ámbitos moi distintos. Contaremos con Ánxela Lema París, Elisabet Sánchez Tocino, Leyre Martín Aizpuru e Ane Irizar Melero. Non o perdades!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 22/09/2026
O equipo da Semana LLT participou na rolda de prensa organizada polo Concello de Vigo da que hoxe fanse eco numeroso medios: Faro de Vigo buff.ly/N2n8xaC Cadena Ser buff.ly/MxQMsY4 Atlántico buff.ly/cWmca7x El Español buff.ly/GN1BTkO Telemariñas buff.ly/Bj0GH3u A Movida buff.ly/3bPIbv4
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 21/09/2026
Semana das linguas! Iniciados os cursos de euskera e lituano, o día 23 xornada "Letras en feminino", o 24 "III Xornada Investiga" e "Da idea ao libro: as mans invisibles", o 25 "III Xornada de formación para profes de idiomas" e o 26 "III Festival das linguas e as culturas" buff.ly/YEp0pR3
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 18/09/2026
O próximo 25 de setembro, Isabel Padrón (IPsiUS) impartirá o seminario formativo "Introdución ao rexistro da actividade electroencefalográfica (EEG) como técnica de investigación en psicolingüística" no Laboratorio de Linguaxe e Cognición.
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 17/09/2026
O diario da UVigo faise eco da celebración do "XXI Encontro de morfólogos: Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística" que terá lugar os próximos 1 e 2 de outubro en Redeiras. O evento estará dedicado ao profesor Antonio Rifón, falecido en 2022. buff.ly/bpQj6QY
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 16/09/2026
O pavillón central da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo acollerá do 17 de setembro ao 17 de novembro a exposición "Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular", organizada e comisariada por Montserrat Ribao Pereira e Antonio Chas Aguión.
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 15/09/2026
Aínda estás a tempo de inscribirte no curso "Introdución á lingua e á cultura lituanas" no que aprenderás lituano práctico e moitas curiosidades sobre o país e a súa cultura. É un curso totalmente gratuito con prazas limitadas. Máis info: buff.ly/2vCqRoK
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 14/09/2026
A nosa secretaria, María Méndez (@mariaparrula.bsky.social), pronunciará a plenaria inaugural "Reflexiones sobre la glotofobia para profesorado de idiomas" no IV Congreso de Español como Lengua Extranjera en Asia-Pacífico (CELEAP), na Universiti Sains Malaysia. Parabéns!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 11/09/2026
O sábado 26 vémonos no festival das linguas e as culturas. Non o perdas! Ayın 26sı şənbə günü Dil və Mədəniyyət Festivalında görüşənədək. Qaçırmayın! Feicfidh muid a chéile ag Féile na dTeangacha agus an Chultúir Dé Sathairn, an 26 Meán Fómhair. Bígí ann! buff.ly/WUAwdkm
001
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 10/09/2026
Xa está aberto o rexistro para o 13º Congreso Internacional de Lingüística Misioneira: Chamada de contribucións para a Salvagarda do Patrimonio Lingüístico e Cultural Mundial, organizado polo iLingua e o Centro de Estudos en Letras (CEL) (Portugal) buff.ly/BQ4EO5i
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 09/09/2026
O sábado 26 vémonos no festival das linguas e as culturas. Non o perdas! El sábado 26 nos vemos en el festival de las lenguas y las culturas. ¡No te lo pierdas! Samedi 26, rendez-vous au Festival des langues et des cultures. Ne le manquez pas ! 9月26日星期六,我们在多语言文化节不见不散,千万别错过哦! buff.ly/WUAwdkm
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 08/09/2026
O grupo e-LITE (Ediciones y Estudios de Literatura Española), coordinado por Montserrat Ribao e do que forman parte Antonio Chas e José Montero, acadou financiación da Xunta de Galicia para a consolidación e estruturación de grupos con potencial de crecemento na convocatoria 2026. Parabéns!
010
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 07/09/2026
A dúas semanas de comezar con todas as actividades, a cidade xa está chea de carteis para recordarvos que non podedes perder o festival do sábado 26. Ademais, o Faro de Vigo faise eco da Semana das Linguas, as Literaturas e a Tradución cun repaso por todo o que temos organizado. buff.ly/qe1G1MV
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 04/09/2026
A secretaria do iLingua, @mariaparrula.bsky.social , é dende onte profesora titular da Universidade de Vigo grazas ao seu intenso traballo investigador, docente e divulgador que lle permitiu acadar a máis que merecida nota máxima na súa oposición. Noraboa María, grazas por ser o motor do iLingua!
010
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 03/09/2026
Elena Seoane Posse, ven de publicar "Exploring the Linguistic Landscape of Vigo: Modelling Multilingualism" en "Estudos de Lingüística Galega 18". Interesante análise da elección lingüística dos carteis da urbe galega. Noraboa! @ilgusc.bsky.social doi.org/10.15304/elg...
010
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 02/09/2026
Seguimos a incorporar actividades á axenda da III Semana internacional das Linguas, as Literaturas e a Tradución. Do 21 ao 24 de setembro terá lugar o curso "Introdución á lingua e á cultura lituanas". É gratuito e a incrición xa está aberta, non quedes sen praza! forms.cloud.microsoft/e/cHqDAURen6
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 01/09/2026
Xa estamos de volta coa axenda chea de actividades! Non esquezades que o día 21 comeza a III Semana internacional das linguas, as literaturas e a tradución co curso de iniciación ao euskera. llt.webs.uvigo.es/curso-de-eus...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 31/07/2026
Bo verán! Volvemos en setembro co curso de iniciación ao euskera (@etxepareinst) e moitos máis eventos na III Semana internacional das linguas, as literaturas e a tradución. Consulta todas as actividades: llt.webs.uvigo.es Curso euskera: llt.webs.uvigo.es/curso-de-eus...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 31/07/2026
Comprácenos anunciar que o iLingua foi formalmente incorporado á Red Panhispánica de Lenguaje Claro y Accesible, unha das nosas áreas prioritarias de investigación. Esperamos traballar conxuntamente co resto de institutcións para avanzar en igualdade, inclusión e xustiza social.
011
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 30/07/2026
María Méndez Santos (@mariaparrula.bsky.social) impartiu esta semana o curso da UIMP “La variación lingüística y las nuevas tecnologías en el marco de la enseñanza-aprendizaje de ELE” xunto a María Antonia Andión Herrero e María Martínez-Atienza de Dios
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 29/07/2026
Carla Míguez ven de publicar, xunto a Irene Vílchez, o capítulo "Traducción y bibliodiversidad: el lenguaje no binario como herramienta visibilizadora" no libro "La traducción editorial en el espacio ibérico. Discursos de principios de siglo". Parabéns! www.comares.com/libro/la-tra...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 28/07/2026
María Méndez ven de publicar "Actitudes hacia las variedades del español peninsular: percepción y valoración endonormativa y exonormativa de la variedad centroseptentrional, andaluz occidental y andaluz oriental" en "Estandarización y vernacularización lingüísticas en el siglo XXI" buff.ly/Nmy81bL
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 27/07/2026
En "Talking about languages. Understanding Multilingualism", Rosa Alonso conversa con Viorica Marian (Northwestern University) sobre como o multilingüismo conforma a mente, o cerebro e a sociedade. Podes escoitar a entrevista completa en: tv.uvigo.es/video/6a5f72...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 24/07/2026
Ven de publicarse o libro "La traducción editorial en el espacio ibérico. Discursos de principios de siglo", editado por Ana Luna Alonso e Patricia Buján Otero. Noraboa! www.comares.com/libro/la-tra...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 23/07/2026
Carla Míguez Bóveda ven de publicar a recensión de "La traducción como herramienta de empoderamiento. Hacia una gramaticalización de lo no binario en lengua española", de Javier Arroyo Bretaño, na revista "MariCorners: Revista de Estudios Interdisciplinares LGTBIA+ y queer". Noraboa!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 22/07/2026
O 24 de setembro, enmarcada na semana das linguas, terá lugar unha mesa redonda coas autoras Paula Merlán, Ana Varela e Manuel Esteban, a tradutora Tamará Andrés e as editoriais Catro Ventos, Galaxia e Malafera. Non a perdades!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 21/07/2026
José Montero Reguera ven de publicar "Un poeta llamado Lauso, quiero decir Miguel (de Cervantes)" na revista cultural "Hasta el Tuétano". Parabéns!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 20/07/2026
María Méndez (@mariaparrula.bsky.social) participou na mesa redonda "Bridging Metaphor and Foreign Language Instruction: Perspectives across Research, Language Education, and Publishing" que tivo lugar no marco do seminario especializado "Metaphor in L2 acquisition, learning and teaching". Noraboa!
031
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 17/07/2026
Xabier Benavides, Benigno Fernández e Ana Iglesias participaron no VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística coa comunicación "A axencia pro-galego das familias en contextos de alta minorización: sobre o éxito ou fracaso da política lingüística familiar". Parabéns!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 16/07/2026
Seguindo coa axenda da semana das linguas, o 24 de setembro, no museo Marco de Vigo, terá lugar a III Xornada Investiga, coa conferencia de Anna Doquin e presentación de pósteres sobre linguas, lingüística, tradución e literatura. Non a perdades!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 15/07/2026
Béatrice Pépin ven de publicar a recensión de "De la teoría a la poética de la traducción" de Victor Ivanovici en Colindancias: Revista de la Red de Hispanistas de Europa Central, 16. Noraboa!
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 14/07/2026
O primeiro evento da próxima semana das linguas será a xornada "Letras en feminino", o 23 de setembro. Unha tertulia feminista na que contaremos con Ánxela Lema París, Elisabeth Sánchez Tocino, Leyre Martín Aizpurue e Ane Irizar Melero. Máis infomación no cartaz.
010
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 13/07/2026
Ana Iglesias, Xabier Benavides e Benigno Fernández participaron no simposio sobre transmisión de linguas minorizadas na Universidade Rovira i Virgili coa comunicación "Ámbitos, estratexias e recursos para a reprodución familiar da lingua galega en contextos urbanos e semiurbanos". Noraboa!
010
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 10/07/2026
O Consello da Cultura Galega organiza a xornada "Os Centros de Estudos Galegos a debate" o venres 17 de xullo en Santiago de Compostela. A xornada quere analizar a traxectoria dos Centros de Estudos Galegos como rede de difusión da lingua e da cultura galegas. consellodacultura.gal/evento.php?i...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 09/07/2026
Ven de publicarse o monográfico "Élites políticas, espacio cortesano y creación literaria en y sobre el tiempo de los primeros Trastámara", editado por Antonio Chas Aguión na Revista de Poética Medieval. Parabéns! doi.org/10.37536/RPM...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 08/07/2026
M. Teresa Caneda, vocal da International James Joyce Foundation, ven de participar no XXX International James Joyce Symposium celebrado en Cracovia cunha comunicación titulada "Painful Reminiscences: Vulnerability, Intimacy, and Grievability in Joyce’s 'The Dead' and Mary Costello’s 'Barcelona'.
010
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 07/07/2026
En "Talking about languages. Dynamic Assessment ", Rosa Alonso conversa con Matthew Poehner (Pennsylvania State University) sobre a evaluación no ámbito educativo, especialmente a relación entre a ensinanza e a evaluación. tv.uvigo.es/video/6a3a37...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 06/07/2026
Hoxe, ás 19:00, @mariaparrula.bsky.social estará na caseta nº1 da Feira do Libro de Vigo firmando os seus libros "La lingüística del amor. De la pasión a la palabra" e "No me gusta cómo hablas (o más bien no me gustas tú)". Achegádevos! drive.google.com/file/d/1mu_N...
010
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 03/07/2026
Carlos Valcárcel Riveiro forma parte do comité organizador do seminario ESMAS-ES+ "Ontoloxías, anotación semántica e intelixencia artificial". Tedes toda a información nas fotografías. A inscrición, gratuíta, está aberta en docs.google.com/forms/d/e/1F...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 02/07/2026
Hoxe, ás 19:00, Carla Míguez estará na caseta nº1 da Feira do Libro de Vigo firmando, xunto a Ártemis López, o seu libro "Lengua mutante. Reflexiones sobre el lenguaje inclusivo". Achegádevos! drive.google.com/file/d/1mu_N...
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 01/07/2026
Hoxe deu comezo o Coloquio Internacional do Grupo NOCELBA "Espacios de poder en la Castilla tardomedieval: creación y recepción literaria", nas dependencias do iLingua. Ademais, no noso corredor, contamos coa exposición "Señoras de Castilla", todo organizado por Antonio Chas e Montserrat Ribao.
000
ilingua-uvigo @ilingua-uvigo.bsky.social · 30/06/2026
Virginia Acuña Ferreira e Alicia Sentí Janssen, participarán a próxima semana no Congresso Internacional em Ciências da Linguagem — Discursos do quotidiano, que terá lugar os días 9 e 10 de xullo en Braga. Noraboa! eventos.cehum.elach.uminho.pt/discursosdoq...
000