Hoxe na bici andábamos sen rumbo, baixamos por un camiño que acabou sen saída. Pareciunos que podiamos saír atravesando unha braña, dalí pasamos por varias fincas con ovellas. Acabamos na eira dunha casa, pensamos que o dono nos sacaría a escopeta, con razón, pero foi moi simpático e amable.