Dio @hominidio.eurosky.social · 5hNon contaba con acabar o día vendo como unha vella de Carballo apedrea ao Xokas. Canto tedes que aprender das xentes desta ilustre vila. 1120
Dio @hominidio.eurosky.social · 16hÉ unha pasada que cada vez que entro no catálogo en galego de Galiciale tarde menos de 2 minutos en saír da páxina, até se me fai desagradable e pouco intuitiva a páxina. O catálogo en castellano non é ningunha marabilla pero está bastante mellor feito. Será feito a mantenta ou é cousa miña? 361
Dio @hominidio.eurosky.social · 10/10/2026"Soy un perro que no tiene amo" acaba de dicir o Sánchez. Vaia mes e medio que nos espera 250
Dio @hominidio.eurosky.social · 10/10/2026Moi preocupado pola peste borbónica, máis de 300 anos sen ser capaces de erradicala. 120
Dio @hominidio.eurosky.social · 08/10/2026Xa están os sospeitosos habituais falando do case seguro fracaso da folga. De primeiras tiña as miñas dúbidas pero cada segundo que pasa teño máis claro que é moi necesaria e espero que sexa un éxito. 160
Dio @hominidio.eurosky.social · 08/10/2026Sempre falan dos 100M de mortos do comunismo pero cantos levará o capitalismo? as Maricarmen, as migrantes, os accidentes laborais perfectamente evitables, as guerras por recursos, as mortes provocados pola contaminación ou o cambio climático... 140
Dio @hominidio.eurosky.social · 08/10/2026Non era só o último intelectual que lle quedaba ao galeguismo, ademais tiña pelazo. 1110
Dio @hominidio.eurosky.social · 07/10/2026Eu non sei se é a actualidade ou que ando lendo a Graeber estes días pero cada día confío máis nun comeback do anarquismo. 150
Dio @hominidio.eurosky.social · 07/10/2026Aliexpress non acaba de entender de todo que tipo de produtos debe publicitarme pero alégrome coas risas que me provoca 020
Dio @hominidio.eurosky.social · 06/10/2026Xa está a esquerda española facendo o posible para que non os vote nin a familia 🤷🏻♂️ 120
Dio @hominidio.eurosky.social · 06/10/2026Menos mal, xa pensaba que era eu o único ao que lle caía mal o cirurxián coruñés. É desa xente que non soporto por moi ben que teña montado o chiringuito de ser boa persoa (que xa hai tempo que se ve que igual non é tanto) 170
Dio @hominidio.eurosky.social · 05/10/2026O de que van sacar máis de 200 diputados entre a ultra e a hiperdereita non o cren nin eles con varios brandys no corpo, iso si, como os saquen xa podemos ir montando chozos no monte ou exiliándonos. 150
Dio @hominidio.eurosky.social · 05/10/2026Feijóo é ruín e un inepto, se non queres ser coma el non o votes. Hai que repetilo até aburrirse ☝🏻 050
Dio @hominidio.eurosky.social · 04/10/2026A miña conspiranoia favoritísima do século XXI é a de que Vinicius Jr. foi sustituído por un doble. 130
Dio @hominidio.eurosky.social · 04/10/2026Pois ía eu hoxe na bici subindo unha costa bastante empinada, arrimadiño de todo á beira e sen molestar a ninguén e a un coche pareceulle boa idea poñerse a pitar e sacar unha pipa pola ventanilla (supoño que sería de xoguete pero xa espero calquera cousa) 2100
Dio @hominidio.eurosky.social · 02/10/2026Poño un momento a Galega e sae unha señora falando de que o seu home lle levaba 40 anos, que no seu momento houbera algo polémico pero que fora un amor a primeira vista. Acto seguido conta que o coñeciu cando tiña 9 anos. É a segunda vez que vexo algo parecido na TVG ultimamente. QUE HOSTIA PASA? 280
Dio @hominidio.eurosky.social · 02/10/2026O grande problema da vivenda, e da sociedade en xeral, é que hai un lote de xente (con 3, 2, 1 e até 0 vivendas) á que lle dá exactamente igual ver o mundo arder mentres a eles lle vaia ben. Junts, o PNV, PP, VOX e até o PSOE sábeno e actúan en consecuencia. 110
Dio @hominidio.eurosky.social · 30/09/2026Agora que collemos carrerilla co da vivenda a ver se lle metemos man á sanidade ou aos convenios laborais, entre outras moitas outras cousas. 011
Dio @hominidio.eurosky.social · 27/09/2026Acabo de acordarme que onte soñei que marcaba un gol como dianteiro do Depor dando unha lanzando a perna para darlle ao balón cos tacos. No momento da celebración despertei e unha das gatas estaba subindo á cama, quedei coa dúbida se a pobre foi o balón que metín na portería para a remontada 😅 030
Dio @hominidio.eurosky.social · 27/09/2026Pois non puxeron o mundial de ciclismo na tele por poñer o puto fútbol. Por moi feminino e sub 20 que fose sigue sendo o puto fútbol tódolos días e a tódalas horas. 020
Dio @hominidio.eurosky.social · 27/09/2026Que tan europeo parece Montreal, se queren entrar a UE hai que poñelos na cola por diante de UK ☝🏻 200
Dio @hominidio.eurosky.social · 27/09/2026A verdade é que o Bluesky dá máis lástima ca un canciño mollado pero acabo de entrar en Twitter un momento e tiven unha sensación parecida á de ver videos de MMA. 110
Dio @hominidio.eurosky.social · 26/09/2026Pasa o tempo, cambian as sociedades e hai cousas que permanecen exactamente igual 021
Dio @hominidio.eurosky.social · 24/09/2026Pois só acabo de escoitar un resumo do acordo pero tremendo despropósito o pacto ese pola língua, non? 100
Dio @hominidio.eurosky.social · 18/09/2026A verdade é que xa botaba algo de menos aos Trancas e Barrancas da literatura galega, menos mal que montaron unha editorial que de seguro nos deparará moitas risas no futuro. 3130
Dio @hominidio.eurosky.social · 18/09/2026Pois media mañá perdida tratando de rescatar a un gato e xusto cando chegou Protección Civil escapou. Non creo que dure moito por aí que se lle vía reguleras, pobriño 000
Dio @hominidio.eurosky.social · 17/09/2026Destruir a humanidade enteira igual non pero non estaba mal que a IA se rebelara e fixera unha boa criba. 100
Dio @hominidio.eurosky.social · 12/09/2026Non sei de que vai o de poñer pelis pero vou tratar de poñer algunhas que están ben e non son moi mainstream, ou son menos que outras do mesmo director - Obra 67 - La caza - Los peces rojos - Los jueves milagro - La cabina - Operación ogro - Vacas - Queridisimos verdugos - Robot Dreams - Stockholm 250
Dio @hominidio.eurosky.social · 11/09/2026Eu co do 11S aínda que xa se viviran eventos importantes nos 90 (o meu primeiro recordo a nivel histórico é Boris Yeltsin subido a un tanque. O muro de Berlin non sei se o recordo ou o falseo) foi a primeira vez que fun consciente de estar vivindo algo que sairía nos libros de texto no futuro 240
Dio @hominidio.eurosky.social · 09/09/2026Que malo é o alcol. Levaba meses sen probar gota e este sábado bebín uns kalimotxos, nada excesivo. Hoxe collín a bici e o mesmo colega que leva dicíndome todo o verán que é incapaz de seguirme tivo que esperarme continuamente pensando que me ía dar algo. 040
Dio @hominidio.eurosky.social · 08/09/2026Hai moito que criticar das redes sociais pero a min permítenme a diario saber de colegas, videos de gatos ou de xaponesas que tocan a Muiñeira de Chantada entre moitas outras cousas que me alegran. A polarización, o odio e as fake news chéganme todas de (certos) medios de comunicación. 180
Dio @hominidio.eurosky.social · 08/09/2026Hai media hora que comezou a retransmisión da Vuelta e polo de agora todo o recorrido foi por unha zona arrasada polos incendiosstatic.klipy.comMad Max: Mel Gibson and the InterceptorALT: Mad Max: Mel Gibson and the Interceptor 130
Dio @hominidio.eurosky.social · 08/09/2026Os temas a debatir esta mañá son moi 1926 ou só mo parece a min? 121
Dio @hominidio.eurosky.social · 05/09/2026Creo que teño ao lado a @amedoenoxo.bsky.social ao lado pero a norma indica non saudar 150
Dio @hominidio.eurosky.social · 04/09/2026En que punto credes que estamos na pendente esvaradía? Eu diría que xa pasamos o punto de non retorno e non vexo nin a máis mínima organización para resistir o que nos vén enriba 181
Dio @hominidio.eurosky.social · 03/09/2026Hoxe acordeime de que a @franferreirochao.bsky.social lle gustan estes campos de fútbol 240
Dio @hominidio.eurosky.social · 02/09/2026Ceuta non debe ser tan española cando teñen que pasar o día repetindo que o é. Outros somos por decreto aínda que digamos que non. 050
Dio @hominidio.eurosky.social · 02/09/2026Hai uns meses lin un libro sobre a deusa nai neolítica e de como o monoteismo patriarcal a sustituiu. A autora afirmaba que a tribu levita (basicamente a orde sacerdotal xudaica) era de orixe indoeuropeo. Os hebreus semitas adorarían a deusa orixinariamente e resistiríanse bastante a este cambio. 140
Dio @hominidio.eurosky.social · 02/09/2026Non entendo esa melancolía quw tedes por setembro, deberiades pasarvos ao ciclismo para min é o mellor mes. Creo que non me van dar as patas para todas as rutas que quero facer 110
Dio @hominidio.eurosky.social · 01/09/2026O capitalismo é unha auténtica tolura. Hoxe tiven que mercar unha tapa de WC por 65 eurazos por culpa dunha bisagra rota que non debe valer nin 50 cents. O único consolo é que o paga o caseiro. 100
Dio @hominidio.eurosky.social · 01/09/2026Un señor xa maiorciño con boina e sotaque arxentino de pé no medio dunha rotonda facendo unha videochamada falando ben alto: "Uno es alemán y el otro es gallego, los dos venden farlopa. Esos son mis amigotes y los hice padrinos de mis hijos" 060
Dio @hominidio.eurosky.social · 31/08/2026O mango é unha froita que me encanta pero sempre acabo enzoufado coma un bebé recén metido no BLW 470
Dio @hominidio.eurosky.social · 31/08/2026Non contaba con ver a Rueda con barba de 5 días. Botaría mozo ou algo? 010
Dio @hominidio.eurosky.social · 30/08/2026Nos países con carencias democráticas os gobernos controlan o acceso a internet, nas democracias plenas está controlado pola liga de fútbol 👌🏻 040
Dio @hominidio.eurosky.social · 26/08/2026Para entender un pouco a inmensidade da natureza na zona na que houbo a riada recomendo ler un libro que me gustou moito a pesar de estar escrito por un nazi que blanquea a teocracia tibetana e que se fixo famoso por unha peli cativeira de Brad Pitt. Falo de Sete anos no Tibet 270
Dio @hominidio.eurosky.social · 25/08/2026Acabo de descargar unha app de conquista territorio pedaleando, cando a sociedade actual vaia ao tacho esa será a base para o meu feudo. 170
Dio @hominidio.eurosky.social · 24/08/2026O noso plan para convencer ao mundo de que somos seres mitolóxicos habitando un país de fantasía vai segundo o previsto 👌🏻 0100
Dio @hominidio.eurosky.social · 18/08/202624h en primeira división e xa hai un megadrama montado no Depor. Nin Sófocles se atreveu a tanto. 110