Sign in

ForoESGal

@foroesgal.bsky.social
33 followers 15 following 787 posts

Foro pola Economía Social Galega. Espazo de encontro entre entidades da Economía Social Galega. Integrado por Aeiga, Aesgal, Agaca, Cegasal e EspazoCoop. foroesgal.org

PostsRepliesMedia
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/10/2026
Grazas, de corazón, por acompañarnos nesta marabillosa VI edición dos Cafés con Aroma a Economía Social. 😊
000 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/10/2026
💙 Desde o ForoESGal queremos dar as grazas a todas as persoas que esta mañá quixestes contribuír, coa vosa presenza, a seguir construíndo unha sociedade máis xusta e solidaria que, como fai a Economía Social, poña as persoas no centro de toda actividade. 🥰
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/10/2026
🤝 O presidente do ForoESGal, Mino Martínez, foi o encargado de dar a benvida a todas as persoas asistentes a un acto que tamén incluíu a intervención de Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega, entidade que, un ano máis, arroupounos como patrocinador.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/10/2026
➡️ Desde o eido institucional, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e a secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez, destacaron o papel da Economía Social.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/10/2026
👥Trala súa intervención, participou ademais nunha mesa redonda con outros tres grandes coñecedores da economía social como son Carlos Lozano, Celso Gándara e Ana Olveira.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/10/2026
🗣️ Para o ForoESGal, como organizador, foi un auténtico luxo poder contar, como relator principal, con Miguel Otero, investigador no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/10/2026
🌎 O diálogo, as reflexións e as inquedanzas arredor do novo escenario xeopolítico internacional nutriron unha xornada que volveu ser, como de costume, tremendamente inspiradora.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/10/2026
🌟 Esta mañá celebramos no Hotel Puerta del Camino de Santiago a sexta edición dos nosos Cafés con Aroma a Economía Social, unha proposta coa que queremos contribuír á visibilización do noso sector e que, unha vez máis, volveunos deixar un excelente sabor de boca.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 14/10/2026
Agardámosvos! 💙
000 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 14/10/2026
🤝O programa impulsado desde o #ForoESGal conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e co patrocinio de Caixa Rural Galega.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 14/10/2026
🌟 Un encontro para seguir impulsando proxectos de cambio para acadar unha sociedade cada vez máis xusta, inclusiva e igualitaria.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 14/10/2026
🗣️ Será un diálogo aberto no que reflexionar sobre o presente e o futuro da Economía Social, do seu potencial e dos seus principais desafíos ante o novo escenario xeopolítico internacional.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 14/10/2026
📅 Mañá, entre as 10.00 e as 12.00 horas, xuntarémonos no 📌Hotel Puerta del Camino de Santiago para compartir ideas, experiencias e inquedanzas arredor do noso sector.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 14/10/2026
📢 Xa non queda nada para gozar dunha nova edición, a sexta, dos 𝖢𝖠𝖥É𝖲 𝖢𝖮𝖭 𝖠𝖱𝖮𝖬𝖠 𝖠 𝖤𝖢𝖮𝖭𝖮𝖬Í𝖠 𝖲𝖮𝖢𝖨𝖠𝖫.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 08/10/2026
O presidente do Foro, Mino Martínez, será o encargado de abrir o acto, que terá como sede o Hotel Puerta del Camino de Santiago, para dar a benvida a todas as persoas asistentes, coas que agardamos gozar dunha enriquecedora e inspiradora xornada. 💙
000 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 08/10/2026
🌟 Un marabilloso cartel para poder abordar, desde diferentes perspectivas, os retos e desafíos do sector ante o novo escenario xeopolítico internacional, eixo do programa deste ano.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 08/10/2026
👥 Acompañarannos tamén Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega; Goretti Sanmartín, alcaldesa do Concello de Santiago; e Susana Pérez Iglesias, secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 08/10/2026
🗣️ Como xa vos adiantabamos hai uns días, a xornada permitirá abordar o presente e futuro da Economía Social a través da participación de expertos como Miguel Otero, Carlos Lozano, Celso Gándara e Ana Olveira.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 08/10/2026
✅ O programa volverá contar, un ano máis, coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración así como de Caixa Rural Galega, que un ano máis nos acompaña como patrocinador.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 08/10/2026
📢 📅 Dentro dunha semana, o vindeiro xoves 15, volveremos gozar dunha nova edición, a sexta, dos Cafés con aroma a Economía Social, unha cita coa que desde o #ForoESGal queremos promover a reflexión e o diálogo aberto arredor da #EconomíaSocial.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 06/10/2026
#economíasocial #somoseconomíasocial #cooperativas #centrosespeciaisdeemprego #sociedadeslaborais #empresasdeinserciónlaboral #cooperativasagroalimentarias
000 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 06/10/2026
ℹ️ Compartimos a nova publicada pola Xunta 👇
xunta.gal
A Xunta defende unha mobilidade sostible, eficiente e vertebradora do territorio
A Xunta defende unha mobilidade sostible, eficiente e vertebradora do territorio
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 06/10/2026
👥 A sesión, que contou coa asistencia de Mar Pernas, representante da Economía Social no CES, incluíu a intervención da directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, que defendeu a necesidade de seguir avanzando cara unha mobilidade sostible, eficiente e vertebrada do territorio.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 06/10/2026
✅ Esta eé unha das conclusións do informe “Nova mobilidade en Galicia” elaborado por investigadores da Universidade da Coruña baixo o encargo do Consello Económico e Social de Galicia (CES), en cuxa sede tivo lugar onte unha mesa redonda para coñecer os resultados do devandito traballo.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 06/10/2026
🚌🚈 O uso do transporte público é inferior ao 5% nas poboacións de menos de 50.000 habitantes, superando o 10% nas que teñen un número maior de residentes.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/10/2026
ℹ️ prensa.mites.gob.es/webPrensa/lista… ℹ️ www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nov… @espazocoop.bsky.social
xunta.gal
A Xunta pon en valor en Cervantes o potencial da economía social para fixar poboación no rural
A Xunta pon en valor en Cervantes o potencial da economía social para fixar poboación no rural
000 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/10/2026
Deixámosvos por aquí os enlaces ás novas do Ministerio e da Xunta relativas ao encontro 👇
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/10/2026
🗣️ Entre a ampla lista de relatores inclúiuse tamén Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/10/2026
👥 A cita contou coa intervención, entre outras persoas, da ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, que reivindicou o valor solidario e democrático da Economía Social; e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, que destacou o seu gran potencial.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/10/2026
✅ O encontro permitiu coñecer de primera man os retos e oportunidades do sector nos territorios do ámbito rural, nos que favorece, entre outras cousas, a fixación de poboación.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/10/2026
➡️ Así quedou de manifesto, unha vez máis, na xornada organizada o pasado sábado polo Ministerio de Traballo e Economía Social en San Román dos Cervantes (Ancares, Lugo).
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/10/2026
🌟A #EconomíaSocial convértese nunha excelente ferramenta para promover o desenvolvemento sostible no medio rural a través da creación de emprego de calidade vinculado ao territorio.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/10/2026
👉 Inscricións dispoñibles a través do seguinte formulario 👇
forma.administracionelectronica.gob.es
Forma
010 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/10/2026
➡️ O evento permitirá ademais coñecer iniciativas que están contribuíndo á creación de emprego, o mantemento de servizos e a fixación de poboación en comarcas afectadas pola despoboación, poñendo en valor o papel da economía social. ✨
110 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/10/2026
👥 A cita contará, entre moitas outras persoas, coa participación da ministra de Traballo e Econmomía Social, Yolanda Díaz, e do recoñecido director de cine galego Oliver Laxe.
110 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/10/2026
✅ Trátase de reunir ao sector para dialogar e intercambiar ideas e reflexións no marco da aposta da administración por impulsar a #ES como ferramenta de desenvolvemento sostible no medio rural.
110 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/10/2026
📢 O Ministerio de Traballo e Economía Social celebrará este sábado (de 9.30 a 15.30 horas) en San Román de Cervantes (Os Ancares, Lugo) unha interesante xornada arredor da #EconomíaSocial en contornas rurais de reto demográfico.
111 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 30/09/2026
ℹ️ Podes ler a nova na nosa web👇
foroesgal.org
ForoESGal celebra o vindeiro 15 de outubro a VI edición dos /
O ForoESGal celebrará, o vindeiro 15 de outubro no Hotel Puerta del Camino de Santiago, a sexta edición dos Cafés con Aroma a Economía Social, unha proposta que busca reforzar a identidade da economía social, analizar novos valores como vantaxe competitiva e promover accións para o desenvolvem...
000 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 30/09/2026
👥 Acompañarannos tamén representantes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, que colabora na cita, así como do Concello de Santiago de Compostela.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 30/09/2026
✅ A xornada, artellada baixo o título “A Economía Social ante o novo escenario xeopolítico internacional” e dirixida ao persoal directivo e responsables de entidades do sector, permitirá analizar e reflexionar sobre os principais retos e desafíos do noso modelo económico.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 30/09/2026
📅 Terá lugar o 15 de outubro e reunirá a voces expertas como as de Miguel Otero, investigador principal no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University; Carlos Lozano, coordinador da Área de Relacións Internacionais de CEPES; e Celso Gándara, representante de ForoESGal en CEPES.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 30/09/2026
☕☕ Desde o #ForoESGal comprácenos anunciarvos a celebración da sexta edición dos “CAFÉS CON AROMA A ECONOMÍA SOCIAL" iniciativa coa que un ano máis queremos propiciar un diálogo aberto, diverso e enriquecedor arredor do noso sector.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 28/09/2026
Aínda estades a tempo de inscribirvos! 👇 docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd… @espazocoop.bsky.social
docs.google.com
Webinar: Presentación do Plan Operativo de Implantación de ODS para impulso do Emprendemento en Economía Social
A través deste formulario estás inscribíndote no WEBINAR DE PRESENTACIÓN do PLAN OPERATIVO DE IMPLANTACIÓN DE ODS PARA IMPULSO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL, organizado por EspazoCoop, no marco do proxecto ES-Factory, o día 29 de setembro de 2026 de 10.30 a 13 h. nunha sesión online. Con este webinar poderás coñecer o Plan operativo de implantación de ODS así como a ferramenta desenvolvida, a través dunha presentación do recurso e unha demostración práctica sobre a propia ferramenta. -- Información do programa ES-FACTORY: premendo neste enlace Organiza: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop Esta iniciativa enmárcase nas accións realizadas baixo o proxecto 0259_ES_Factory_1_E están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.
000 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 28/09/2026
➡️ A xornada será presentada por Dalle que Dalle S. Coop. Galega.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 28/09/2026
✅ A través desta acción poderedes coñecer o propio plan así como a ferramenta desenvolvida, a través dunha presentación do recurso e unha demostración práctica.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 28/09/2026
📢 A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal, celebrará mañá martes día 29, no marco do proxecto ES-Factory, o webinar Presentación do Plan Operativo de Implantación de ODS para impulso do Emprendemento en Economía Social, de 10.30 a 13.00 horas.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 25/09/2026
ℹ️ Compartimos por aquí o enlace da nova publicada pola Consellería 👇 www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nov…
xunta.gal
A Xunta pon en valor convocatorias como o Bono Remuda ou o programa ES-Transforma á hora de garantir o futuro da economía social galega
A Xunta pon en valor convocatorias como o Bono Remuda ou o programa ES-Transforma á hora de garantir o futuro da economía social galega
000 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 25/09/2026
➡️ Pola súa banda, as solicitudes do programa ES-Transforma se están a tramitar coa previsión de axudar preto de 90 entidades.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 25/09/2026
➡️ Lembrou que no caso do Bono Remuda, o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 deste mes.
100 0
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 25/09/2026
✅  Fíxoo na súa comparecencia no #Parlamento, na que tamén deu conta doutras accións desenvolvidas ata o momento no marco da Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027, como a iniciativa transfronteiriza ES-Factory e o programa Medrando Xuntas.
101 0