Sign in

ForoESGal

@foroesgal.bsky.social
33 followers 15 following 755 posts

Foro pola Economía Social Galega. Espazo de encontro entre entidades da Economía Social Galega. Integrado por Aeiga, Aesgal, Agaca, Cegasal e EspazoCoop. foroesgal.org

PostsRepliesMedia
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/10/2026
📢 O Ministerio de Traballo e Economía Social celebrará este sábado (de 9.30 a 15.30 horas) en San Román de Cervantes (Os Ancares, Lugo) unha interesante xornada arredor da #EconomíaSocial en contornas rurais de reto demográfico.
111
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 30/09/2026
☕☕ Desde o #ForoESGal comprácenos anunciarvos a celebración da sexta edición dos “CAFÉS CON AROMA A ECONOMÍA SOCIAL" iniciativa coa que un ano máis queremos propiciar un diálogo aberto, diverso e enriquecedor arredor do noso sector.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 28/09/2026
📢 A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal, celebrará mañá martes día 29, no marco do proxecto ES-Factory, o webinar Presentación do Plan Operativo de Implantación de ODS para impulso do Emprendemento en Economía Social, de 10.30 a 13.00 horas.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 25/09/2026
🗣️ A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, puxo onte en valor convocatorias como o Bono Remuda ou o programa ES-Transforma á hora de garantir o futuro do tecido produtivo no eido da #EconomíaSocial.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 22/09/2026
🖥️ Mellorar a presenza en buscadores, optimizar os contidos e captar novas oportunidades de colaboración. Estes serán algúns dos obxectivos da formación “Visibilidade dixital con IA” impulsada por Aeiga, entidade socia do ForoESGal.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 18/09/2026
📢 Aínda non tedes plan para o sábado 26 de setembro?
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/09/2026
✅ Compartimos por aquí a cita que Espazocoop, entidade social do ForoESGal, ten previsto para este venres, 18 de setembro. Trátase da xornada final dunha nova edición do programa Consolida+, co que asesora e acompaña a cooperativas no seu crecemento e consolidación en distintas áreas da empresa.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 11/09/2026
📢 Pontevedra convértese hoxe venres e mañá sábado nun perfecto escaparate para visibilizar novos proxectos empresariais, entre os que non faltarán os promovidos por fórmulas da economía social como as cooperativas.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 09/09/2026
👉 Segundo o Avance de Resultados do XVI Informe “El Estado de la pobreza de EAPN España”, o 25,7 % da poboación (12,6 millones de personas) atópase en risco de pobreza e/ou exclusión social.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 04/09/2026
✅Non está de mais lembrar de cando en vez certos aspectos que impulsan a actividade de calquera colectivo, como é a súa misión.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 02/09/2026
👥 Parte do equipo técnico da Dirección do ForoESGal asistiu esta mañá, no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago, á inauguración da exposición “Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence”.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/09/2026
📢 Se tes un proxecto, cooperativa ou iniciativa aliñada cos valores da Economía Social e Solidaria, non te podes perder a II Feira do Mercado Social de Xinzo de Limia que terá lugar o vindeiro 4 de outubro, entre as 11.00 e as 20.00 horas.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 24/08/2026
📢O 2 de outubro REAS Galiza organiza a xornada "A Economía Social e Solidaria para unha cultura sostible e comunitaria" destinada a proxectos culturais, entidades da ESS e administracións Máis info en docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe…
000
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 21/08/2026
📢 A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop organizará o vindeiro 10 de setembro, en Pontevedra, a xornada «Conecta Coop: Estratexias de Marketing e Redes nas Cooperativas», un espazo deseñado para dotar a novos proxectos de ferramentas prácticas de venda, mercadotecnia e comunicación.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 19/08/2026
As entidades de Foroesgal mantiveron unha xuntanza coa nova secretaria xeral de Emprego da Xunta, Susana Pérez Iglesias, á que se presentaron como unha ferramenta para consolidar e visibilizar a economía social galega que xa existe e que xera emprego e riqueza, ademais de construír comunidade.
000
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 19/08/2026
➡️ Nun contexto marcado polo envellecemento demográfico, a transición ecolóxica, a dixitalización e a necesidade de modelos produtivos máis resilientes, xorden novas áreas de actividade onde as entidades de economía social poden desempeñar un papel determinante.
110
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 13/08/2026
✅ Como ben sabedes, o Foro pola Economía Social Galega (ForoESGal) integra ás principais organizacións representativas do sector na comunidade galega: Agaca, Aeiga, Aesgal, EspazoCoop e Cegasal.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/08/2026
👏 Desde o ForoESGal felicitamos a Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop e membro da xunta directiva do ForoESGal, pola súa recente elección como vicepresidenta do Comité de Igualdade de Xénero (GEC) da Alianza Cooperativa Internacional (ACI) para o período 2026-2030.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 31/07/2026
✅ “A economía social constitúe hoxe un actor estratéxico para o desenvolvemento territorial debido á súa capacidade para xerar emprego de proximidade, fortalecer a cohesión social e promover modelos sustentables en territorios urbanos, rurais e de baixa densidade”.
110
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 28/07/2026
❓❓ Sabiades que desde o pasado ano #Galicia conta cun portal estatístico propio da #EconomíaSocial?
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 25/07/2026
🩵 Galicia é mar e montaña. É tradición e innovación. É cultura, lingua, talento e comunidade.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 23/07/2026
📢 Fundamar, a Confraría de Pescadores de Vigo e a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebrarán o sábado 26 de setembro, na Lonxa do Porto Pesqueiro de Canido en Vigo, a 3ª Feira da Economía Social do Mar #ESDOMAR.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 21/07/2026
📝Desde hai uns días está a disposición da cidadanía a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2025 elaborada polo Consello Económico e Social de Galicia (CES).
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 17/07/2026
🌟 A Economía Social agocha moito talento, e o ES-FACTORY POP UP é unha excelente oportunidade para coñecelo.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/07/2026
✅ A economía social defende, entre outros moitos valores e principios, o compromiso co territorio e, polo tanto, coa súa identidade, lingua e cultura.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 14/07/2026
🗞️ Compartimos por aquí a interesante reportaxe sobre Larega Coop publicada hoxe en Diario de Ferrol.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 10/07/2026
🌟 O ForoESGal apoia a campaña Casilla Empresa Solidaria impulsada pola Plataforma do Terceiro Sector.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 08/07/2026
➡️ O ForoESGal tivo a oportunidade de asistir esta mañá, a través do seu presidente, Mino Martínez, ao interesantísimo Demo Day do Programa Innovación e Talento Novo impulsado por U4IMPACT, a Xunta de Galicia, a Rede de polos de emprendemento e as universidades galegas.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 06/07/2026
🌟 As Bodegas Martín Códax acolleron o sábado o Día do Cooperativismo Galego 2026, un acto organizado pola Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cooperativas e que incluíu a estrea do Himno do Cooperativismo Galego interpretado pola Banda Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 06/07/2026
✨ O ForoESGal estivo presente o pasado venres, a través do seu presidente, Mino Martínez, e do presidente de Aeiga, Miguel Fernández, no acto de inauguración dunha nova tenda de Arroupa Moda Re- na Coruña.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 03/07/2026
📢 Sabiades que durante o mes de xullo continúa a oferta de cursos que Ilunion Formación ofrece de forma totalmente gratuíta para as entidades e persoas socias e traballadoras de ForoESGal?
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/07/2026
✅ A #Axenda da Economía Social na Cultura impulsada desde o pasado mes polos Ministerios de Cultura e Traballo para fortalecer as #cooperativas e #sociedadeslaborais culturais segue dando os pasos previstos coa celebración das convocatorias para a participación no proceso.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 29/06/2026
📰 Hoxe, La Voz de Galicia fala do crecemento do cooperativismo en Galicia, achegando datos do Informe de Economía Social de Galicia 2024 elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela e do estudo Diagnose da Economía Social en Galicia encargado polo ForoESGal á Universidade de Vigo.
120
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 26/06/2026
✅ O encontro “Medrando Xuntas entre Mulleres”, celebrado onte no Polo de Emprego e Emprendemento de #OPorriño, serviu para compartir experiencias e fomentar a creación de redes entre mulleres emprendedoras e vinculadas á #EconomíaSocial.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 25/06/2026
📢 O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicou o pasado martes, día 23, a convocatoria de axudas de #ES-Transforma deste ano, dotada con máis de 2,3 M€, e destinada a impulsar a creación de cooperativas e sociedades laborais.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 23/06/2026
📢 As Bodegas Martín Códax, en Cambados, serán escenario o vindeiro 4 de xullo da celebración do Día do Cooperativismo Galego 2026.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 19/06/2026
✨ Parabéns aos proxectos galardonados na convocatoria Medrando Xuntas Impulsa 2026, iniciativa enmarcada no programa do goberno autonómico que busca fortalecer o papel das mulleres na Economía Social.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 17/06/2026
👉 EAPN-Galicia presentou esta mañá, no Museo do Pobo Galego, o acto de presentación da #Declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e aporofobia”.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 15/06/2026
🗣️ A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, compareceu hai uns días, a petición propia, na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, para dar conta do desenvolvemento da 𝐄𝐬𝐭𝐫𝐚𝐭𝐞𝐱𝐢𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐞 𝐄𝐜𝐨𝐧𝐨𝐦í𝐚 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥 no pasado exercicio e da axenda deste 2006.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 12/06/2026
👥 O presidente do ForoESGal, Mino Martínez, tivo a oportunidade de reflexionar esta mañá sobre o papel da #EconomíaSocial no fortalecemento do Estado de Benestar no decurso da xornada organizada pola Delegación do Goberno en Galicia.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 12/06/2026
👏 Hai quince días estabamos a celebrar o gran Día da Economía Social Galega. Hoxe rememoramos a marabillosa xornada a través dalgunhas das imaxes que nos deixou un encontro, que como sempre, serviu para compartir, reflexionar e inspirar.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 10/06/2026
✅ O desenvolvemento #sustentable é un dos claros obxectivos da #EconomíaSocial e por iso, para o noso sector, sempre son moi enriquecedoras xornadas como a de #Corresponsables, celebrada onte na Fundación Abanca de #Vigo.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 08/06/2026
📝 INFORME | Máis de un de cada dez empregos en Galicia depende xa da economía social, un sector que 👇
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 05/06/2026
📢 Aeiga, entidade socia do #ForoESGal, está a celebrar esta mañá, na Cidade da Cultura, o 𝕀 ℂ𝕠𝕟𝕘𝕣𝕖𝕤𝕠 𝔾𝕒𝕝𝕖𝕘𝕠 𝕕𝕖 ℂ𝕠𝕟𝕥𝕣𝕒𝕥𝕒𝕔𝕚ó𝕟 ℙú𝕓𝕝𝕚𝕔𝕒 ℝ𝕖𝕤𝕡𝕠𝕟𝕤𝕒𝕓𝕝𝕖.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 03/06/2026
✅ Desde o #ForoeESGal queremos destacar hoxe o informe sobre 𝐀𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐒𝐨𝐬𝐭𝐢𝐛𝐥𝐞𝐬 𝐞 𝐗𝐞𝐬𝐭𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 aprobado polo pleno do Consello Económico e Social de Galicia.
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 01/06/2026
🎁 Na celebración, o pasado venres, do Día da Economía Social Galega, ata os agasallos tiveron sabor ao noso sector. 😉
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 29/05/2026
🌟Hoxe, un ano máis, desde o #ForoESGal celebramos o 𝐃í𝐚 𝐝𝐚 𝐄𝐜𝐨𝐧𝐨𝐦í𝐚 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 para poñer en valor e reivindicar o noso sector. Un sector que pon ás persoas no centro, xerador de emprego e ferramenta de transformación social. 👏
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 27/05/2026
📢Conta atrás en marcha para a celebración, este venres, do  𝔻𝕚́𝕒 𝕕𝕒 𝔼𝕔𝕠𝕟𝕠𝕞𝕚́𝕒 𝕊𝕠𝕔𝕚𝕒𝕝 𝔾𝕒𝕝𝕖𝕘𝕒 que organizamos desde o #ForoESGal!
100
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 26/05/2026
📢 Compartimos por aquí o programa do ℂ𝕆ℕ𝔾ℝ𝔼𝕊𝕆 𝔾𝔸𝕃𝔼𝔾𝕆 𝔻𝔼 ℂ𝕆ℕ𝕋ℝ𝔸𝕋𝔸ℂ𝕀Óℕ ℙÚ𝔹𝕃𝕀ℂ𝔸 ℝ𝔼𝕊ℙ𝕆ℕ𝕊𝔸𝔹𝕃𝔼 impulsado desde AEIGA, entidade socia do ForoESGal.
110
ForoESGal @foroesgal.bsky.social · 22/05/2026
➡️ Hoxe compartimos por aquí o programa do Encontro de Entidades Comunitarias pola Transición Enerxética, un espazo de encontro entre os distintos actores que, desde o ámbito comunitario, están a liderar ou a impulsar procesos de transición enerxética en Galicia.
100