nosdiario.gal
Patricia Buxán: "As tradutoras humanas damos riqueza e diversidade aos textos; a IA xera textos planos"
A tradución ao galego de _Un cuarto propio_ , de Virginia Woolf, feita pola docente e tradutora Patricia Buxán (A Estrada, 1976), vén de alcanzar o máximo recoñecemento dos Premios de Tradución Plácido Castro. Doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, atreveuse con esta obra fundamental do feminismo e do pensamento moderno. Na súa carreira, Buxán ten traducido ao galego títulos como _Heidi_ , _O Perfume_ ou _Teoría da Relatividade_ , de Einstein.