Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 4hO auténtico bilingüismo harmónico: inglés e castelán. 260 6
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 4hÉ MARIMBAZOS DE ORO, o novo dos Son Rompe Pera, o mellor título de disco do ano? Eu digo si. O disco está ben tamén, se cadra menos punk do habitual pero seguen sendo os mellores. sonrompepera.bandcamp.com/album/marimb...sonrompepera.bandcamp.comMarimbazos De Oro, by Son Rompe Pera12 track album 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 17hPois cando comecei a seguir o baloncesto en serio, o Breo era o equipo galego que estaba na ACB, así que era do que podía ver algún partido pola tele e collinlle simpatía. E tempo despois estiven varios anos vivindo en Lugo e dende entón xa a tope. Pero nada en contra do Basket Coruña, eh? 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 17hNon sei se estou entendendo a pregunta. Que porqué son do Breo e non do Leyma? 100 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 18h#ForzaBreo hoxe tamén, claro. (meten 100 puntos aínda perdendo, a este equipo hai que querelo) 130 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 20hHaberá que facer por ir a algún, si. Aínda que vai ti saber que vai ser de nós en marzo (non me dou afeito á moda esta de anunciar os concertos con tanta antelación). 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 20hTrazas hai, pero para estar seguros habería que mirar a... trazabilidade.static.klipy.comBa Dum Tss Drum MemeALT: Ba Dum Tss Drum Meme 000 0
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 17/10/2026Non sei se xa o viras, @amedoenoxo.bsky.social, pero parece que ao final van vir por aquí os Nerve Agent antes de separarse. 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 17/10/2026Podedes crelo ou non, pero acaba de pasarme isto. (se era unha pantasma de verdade ou un cativo disfrazado é algo que nunca poderemos saber) 160 6
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 16/10/2026Tremenda masterpiece de @alexismoyano.bsky.social. youtu.be/R2z3jZYr_JA?...youtu.beSIMPÁTICO MONOAMBIENTEYouTube video by Alexis Moyano 000 0
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/10/2026Xa botaba de menos o de ter un monte de cascallos á beira da casa. Desta volta, polo menos, a derruba é planificada, así que quero pensar que a cousa non estará así moito tempo. 040 4
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 14/10/2026Shame on me por esquecerme de Espanto! 000 0
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 13/10/2026Queren fuxir do clixé (aínda que Peck xa tirou do recurso ecuestre en BRONCO)! Outra vía sería a dos CUTTIN' GRASS de Sturgill Simpson (estes non entran porque vou deixar fóra da lista os asentos "motorizados"). 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 13/10/2026Engadindo o de Orville Peck (teño que escoitalo, que se me pasou) hai bastante country na lista. Hai unha tendencia a sentarse nas portadas dentro do xénero? 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 13/10/2026Se alguén ten algunha achega que facer a esta lista na que ando traballando, podedes deixala por aquí. record.club/castro/lists...record.clubS E N T A !, a list by castroDiscos con cubertas nas que teñen protagonismo cadeiras e outros asentos. 220 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 11/10/2026Vou insistir con isto porque o outro día se cadra non me fixestes caso e volvino poñer agora mentres facía a cea e de verdade que é unha cousa bastante abraiante. 120 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 11/10/2026Aproveitei a fin de semana longa para vir ver as pirámides (este penedo debería estar cuberto pola auga, por certo). 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 10/10/2026Tamén entrei na cousa esa que montou Offprint con Pull&Bear sabendo que me ía anoxar e, efectivamente, saín anoxado. 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 10/10/2026Fixen esta foto dunha das miñas pezas de arte popular favoritas d'A Coruña que, ademais, é unha pista bastante (BASTANTE) clara do tema do vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas. #MAL20 2103 10
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 09/10/2026Levo uns días escoitando moita música tristeira sen andar eu (creo) especialmente melancólico. Pois acaba de chegarlle o turno ao meu Vietnam particular, un dos meus discos favoritos pero que se me pilla coa garda baixa (non é o caso, xa digo) acaba comigo. 050 5
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 09/10/2026Pechou (hai uns días, vou tarde coma sempre) A Vella Fábrica de Lapis, que era unha parada obrigada cando ía por Ferrol e a miña tenda de cabeceira para as cousas de debuxar. Mesmo cheguei a expoñer alí os debuxos dos memes que deixo de cando en vez por aquí! 🥲 090 9
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026Tremendas vibras da campaña das autonómicas do 2009. 020 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026E rematei isto que tiña a medio facer. Un pouco #spookyseason tamén, pero tamén serve para o que agardo das eleccións de novembro (aínda que por agora estou co susto, agardo que ao final non sexa para tanto). 011 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026Como ao final pouco choveu, boteime ao monte un anaco e vin os primeiros dedos do diaño da tempada. #spookyseason, supoño. 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026Vin o vídeo do novo de Milo J, que ata o de agora só o escoitara. Boísimo. youtu.be/8GU0Yal4ysI?...youtu.beMilo J - La JangadaYouTube video by MILO J 100 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026Como acordei MOI cedo a mañá rendiume bastante, fixen limpeza e deixei case listo os xantares do que queda de semana laboral. Tamén fixen cousas máis divertidas: 100 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026Como se supón que teño que xestionar este festivo (local, do concello no que traballo) no medio da semana? 100 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026Eu a verdade é que algunhas das que metín aí xa non lembro nin que cancións son. Logo cando as poño algunhas seguen parecéndome temazo e outras non tanto. 000 0
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026Eu levaba tempo pensando en meterme nun precisamente para saír un pouco das cousas que adoito ler, e resulta que o primeiro libro que eliximos creo que é totalmente da miña onda. 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026Xusto comecei a semana pasada nun clube de lectura (primeira vez) con maioría (MOI maioría) de mulleres. Veremos se aguanto todo o curso! 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026Isto está fóra de control. Teño que empezar a desbrozar. 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026Parar tres minutos un partido para revisar un reloxo de posesión e que a cousa remate movendo un par de segundos? O que o público quere ver, claramente. 011 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 03/10/2026Mira que precisamente o Canva leva un tempo a topísimo coa IA. No choio úsase para algunha cousa de rrss (tarefas das que vou librando bastante, menos mal) e a última vez que tiven que abrilo alucinei (para mal, claro). 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 03/10/2026O vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas sairá xa (seguramente) o ano que vén, estará dentro da nosa (non moi exitosa) temática Betanzos-core e tratará sobre cousas que había e xa non hai (aínda que algo quede delas). Vaise titular AQUÍ HOUBO COUSAS. #MAL20 0111 11
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 02/10/2026Hoxe cando espertei tiña esta canción na cachola, en concreto o verso que di que "hoy se arregla y mañana se estropea". Polo que sexa. hijauhusb.bandcamp.com/track/me-ha-...hijauhusb.bandcamp.comME HA PARECIDO QUE ESTUVO EN MI CABEZA, by HiJauhUsb?from the album LA ESTRELLA DE DAVID - CONSAGRACIÓN 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 01/10/2026Marcho traballar. saldelcoche.bandcamp.com/album/salir-...saldelcoche.bandcamp.comSalir de Casa, by Sal del Coche1 track album 001 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 30/09/2026Logo de moitos anos mercando discos por Bandcamp, onte tocoume abrir a miña primeira reclamación. E non pensedes que o problema o tiven cuns rapaciños que venden aí a súa música (esa xente adoita ser sempre majísima), foi cun selo (diría que) serio. 000 0
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026Se as matemáticas non me fallan, dado que o fanzine dos gatos foi a referencia 19 de Edicións Defectuosas a seguinte debería ser a número 20, así que se cadra hai que tolear* e facer algo especial. #MAL20 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026O venres chegou o TEMPORAL á Casa Defectuosa. 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026A cousa é que a estas alturas, con toda a que se liou, eu creo que os da empresa aínda non teñen claro porqué se enfadou a xente (e o xulgado e a policía se cadra tampouco). 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026Haberá que deixar por aquí o primeiro #ForzaBreo da tempada. 132 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026Non creas, que o dos gatos vai ser o último do 2026 (o último fanzine, alomenos). Os que teño a medias xa van para o ano que vén. 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026Outra mostra da planificación milimétrica de Edicións Defectuosas: tiña un fanzine a medio facer pero hai uns días decateime dunha cousa e comecei outro, que vai saír antes que o primeiro no que andaba traballando. 120 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026*Non no meu caso, pero é que eu son un rancio. O que quero dicir é que seguro que un equipo de márketing estudou como "maximizar as potencialidades do running club", ou algo así con nome rimbombante. E un grupo de xente que se xunte para correr non debería precisar un equipo de márketing. 210 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026Evidentemente está ben que a xente faga deporte e seguramente eu con estas cousas pásome de suspicaz, pero sempre me amola que as grandes empresas queiran colonizar os modelos de ocio populares (porque os privados xa os teñen). Creo que o único que buscan é obter un retorno positivo* sen facer nada. 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026Vale, iso trae novas cuestións: É un "running club" porque xente "xente que se xunta para correr" non era un nome o suficientemente cool? E, de tódolos xeitos... Bandeiras? Por que vas querer saír correr levando unha bandeira dunha tenda? Agardo que alomenos lles paguen pola promo (non creo). 120 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026Teño unha pregunta dentro desa pregunta: por que alguén (a propia Oysho, supoño) vai facer bandeiras de Oysho? 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026Outra clienta satisfeita! Se ti tamén queres que che manden cousas, en Edicións Defectuosas mandamos cousas. 021 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 25/09/2026Isto évos unha cousa (sen ser eu o maior fan nin do versionado nin dos versioneadores): youtu.be/m_yZkVv6ULs?...youtu.beEzra Collective cover Bad Bunny’s NUEVAYoL' in the Radio 1 Live LoungeYouTube video by BBC Radio 1 032 3