Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 18/10/2026De que vai tratar o vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas? Este texto se cadra non o deixa moi claro (aínda que algo si), pero vai ser o que apareza na portada a xeito de introdución... 050 5
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 17/10/2026Non sei se xa o viras, @amedoenoxo.bsky.social, pero parece que ao final van vir por aquí os Nerve Agent antes de separarse. 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 17/10/2026Podedes crelo ou non, pero acaba de pasarme isto. (se era unha pantasma de verdade ou un cativo disfrazado é algo que nunca poderemos saber) 160 6
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/10/2026Xa botaba de menos o de ter un monte de cascallos á beira da casa. Desta volta, polo menos, a derruba é planificada, así que quero pensar que a cousa non estará así moito tempo. 061 6
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 11/10/2026Aproveitei a fin de semana longa para vir ver as pirámides (este penedo debería estar cuberto pola auga, por certo). 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 10/10/2026Fixen esta foto dunha das miñas pezas de arte popular favoritas d'A Coruña que, ademais, é unha pista bastante (BASTANTE) clara do tema do vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas. #MAL20 2103 10
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 09/10/2026Levo uns días escoitando moita música tristeira sen andar eu (creo) especialmente melancólico. Pois acaba de chegarlle o turno ao meu Vietnam particular, un dos meus discos favoritos pero que se me pilla coa garda baixa (non é o caso, xa digo) acaba comigo. 050 5
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026E rematei isto que tiña a medio facer. Un pouco #spookyseason tamén, pero tamén serve para o que agardo das eleccións de novembro (aínda que por agora estou co susto, agardo que ao final non sexa para tanto). 011 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026Como ao final pouco choveu, boteime ao monte un anaco e vin os primeiros dedos do diaño da tempada. #spookyseason, supoño. 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026Isto está fóra de control. Teño que empezar a desbrozar. 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 03/10/2026O vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas sairá xa (seguramente) o ano que vén, estará dentro da nosa (non moi exitosa) temática Betanzos-core e tratará sobre cousas que había e xa non hai (aínda que algo quede delas). Vaise titular AQUÍ HOUBO COUSAS. #MAL20 0111 11
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026Se as matemáticas non me fallan, dado que o fanzine dos gatos foi a referencia 19 de Edicións Defectuosas a seguinte debería ser a número 20, así que se cadra hai que tolear* e facer algo especial. #MAL20 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026O venres chegou o TEMPORAL á Casa Defectuosa. 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 22/09/2026Onde ti só ves uns asentos do mobiliario urbano, un empresario hostaleiro con mentalidade de tiburón ve o sitio perfecto para chantar unha mesa da súa terraza e aforrar un par de cadeiras. 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 20/09/2026Un debuxo rápido e pequeno de domingo... baseado en feitos reais. Hai un anaco estaba a veciña de en fronte asomada a unha esquina da fiestra mirando nonseiqué e creo que se asustou cando me viu. Perdón, veciña! 040 4
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 13/09/2026Aínda queda algunha copia do fanzine dos gatos! Se queres un podes deixar unha mensaxe por aquí ou mandar un mail. 121 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 13/09/2026Non, porque en Madrí non teñen isto (xa lles gustaría). #StreetArt 050 5
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 11/09/2026Preséntovos a RULETA GATUNA de Edicións Defectuosas, a vosa ferramenta de cabeceira cando teñades que tomar decisións difíciles. A continuación explícovos como funciona. 1126 12
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 10/09/2026E outro máis (isto vai acabar indo a algún sitio, dádeme tempo). 040 4
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 08/09/2026No último fanzine de Edicións Defectuosas saen varios gatos (titúlase O MONSTRO DOS GATOS, así que ten sentido). Este é un deles: 081 8
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 06/09/2026Pasei pola casa dos pais e apañei unhas cinias. As sementes viñeran hai tempo da casa duns tíos, e alá chegaran por unha veciña chamada Divina, así que nesta familia case sempre se lles chama "as flores da Divina" e eu durante moito tempo pensei que era o nome oficial (como "a planta do diñeiro"). 170 7
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 06/09/2026Lembrades a Castelao? Pois volveu! En forma de lata! (de galletas) 231 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 06/09/2026No último fanzine de Edicións Defectuosas trátanse (coma sempre) temas importantísimos. Neste caso, o monstro dos gatos da Rúa Nova de Betanzos. 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 05/09/2026O parecido é abraiante, a verdade. 040 4
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 02/09/2026O das visitas turísticas é o menor dos problemas dunha construción que xa estaba abandoada á súa sorte cando era propiedade da administración (e daquela xa era BIC). 000 0
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 01/09/2026Cambiei de lentes hai uns días. As novas son de pasta moi gorda e danme máis ou menos este aspecto (o tamaño da cabeza é bastante realista porque son moi cacholón). (teño que mercar uns lapis de cores medio bos porque os meus son terribles, pero nunca o fago porque case non os uso) 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 30/08/2026Outro debuxo rápido (aínda que non tanto coma o da semana pasada) e pequeno (aquí si, seguimos co tamaño de 10x15) de domingo (porque, efectivamente, volve ser domingo). 040 4
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 28/08/2026Agora si, último aviso (alomenos nun tempo) para os que queirades unha copia do novo fanzine, porque o luns ou o martes irei a Correos por fin para mandalos. 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 23/08/2026Un debuxo rápido e pequeno de domingo. Levo unha tempada bastante fozona cando fago a liña en tinta chinesa co pincel, así que estou gratamente sorprendido de non ter emborrallado (case) nada esta vez. 091 9
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 23/08/2026Esta é, seguramente, a miña viñeta favorita dos tres volumes de CONTOS DA RÚA NOVA. Se queres saber como chega ata aquí unha historia sobre gatos de rúa aínda estas a tempo de pedir unha copia do fanzine, porque non vou poder mandalos ata setembro. 130 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 22/08/2026Ultimamente uso o Spotify sobre todo como unha sorte de repositorio, e cada ano fago unha lista na que boto as cancións que me van gustando co propósito de chegar a decembro cun máximo de 75. Pois ben, este ano (coma case sempre) aínda non rematou agosto e xa van case 150 cancións aí metidas. 020 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 18/08/2026Hai algunhas cousas para as que tanto da estar no norte coma no sur, como me deixa claro o meu feed do Bluesky. 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/08/2026Boísimos estes mini-zines (pero moi mini, eh?) de @kalvinger.bsky.social e @kefalay.bsky.social, que retorcen (literalmente, no caso do de Ana) o formato dun xeito marabilloso. Foron parte da miña colleita do Autobán deste ano, por certo. 060 6
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 14/08/2026Fun mercar unhas lentes novas. Terrible experiencia, coma sempre. Calculo que tardarei arredor de dous meses (ver seguinte post) en afacerme a elas. No meu continuo esforzo por parecer un señor de 80 anos, as lentes novas teñen estas vibes: 120 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 10/08/2026Como levo uns días falando doutros temas se cadra xa che esqueceu, pero Edicións Defectuosas vai de facer fanzines. E, mira ti por onde, xusto estou montando un novo no que saen gatos e (supostamente) un monstro que come gatos. 251 5
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 10/08/2026O mellor disco da historia este tamén. 010 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 08/08/2026Rematei estes días de ler A LINGUA ESTRANXEIRA. Gustoume moito*. E debuxei esta capibara. *De primeiras pensei que se me ía atascacar máis pola estrutura esta medio rara que ten, pero que va. Non tardei nada en collerlle o ritmo. 170 7
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/08/2026Estes días O MARCO DOS MEMES non ten meme porque está ocupado con dous debuxos da miña serie de xente con puchos. Para concienciar á xente de que tape a cachola no verán, supoño. 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/08/2026O mellor disco da historia, probablemente. 110 1
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/07/2026Publiquem um álbum perfeito dos anos 90 que nom seja dos Nirvana, Soundgarden, Pearl Jam ou Alice in Chains. 🤠🪕 021 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/07/2026Supoño que vos alegrará saber que un kalanchoe que espichei nun testo hai uns meses, sen moita esperanza de que fora para arriba, xa está floreando. 070 7
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 25/07/2026Non preparei nada para poñer hoxe por aquí, pero teño isto dun fanzine que ando a facer que creo que entra na categoría de "cousa típica galega". 030 3
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 25/07/2026Os da Xunta aproveitaron a campaña esta da reciclaxe para insinuar que en Betanzos non lavamos os dentes? 120 2
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/07/2026O fanzine este dos setes e as casetes do que xa falei algunha vez por aquí vai ter sitio para O TERROR. Tachei algúns datos para mante-la sorpresa, pero se hai alguén máis que quedase traumatizado por esa cuberta se cadra pode adiviñar cal é o disco ao que me refiro. 000 0
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 16/07/2026O concello de Betanzos encargoulle o "suadoiro oficial das festas" (que o concepto xa ten o seu) á marca esa de roupa que eScRiBe asÍ e o resultado é o esperable (porque os deseños desa marca son todos iguais, vaia). 241 4