Sign in

Edicións Defectuosas

@ed-defectuosas.eurosky.social
246 followers 145 following 718 posts

Facemos fanzines porque algo hai que facer. - Os nosos fanzines: linktr.ee/Ed_Defectuosas O noso mail: ed.defectuosas@gmail.com

PostsRepliesMedia
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 6h
Levo uns días escoitando moita música tristeira sen andar eu (creo) especialmente melancólico. Pois acaba de chegarlle o turno ao meu Vietnam particular, un dos meus discos favoritos pero que se me pilla coa garda baixa (non é o caso, xa digo) acaba comigo.
Portada do MOON PIX de Cat Power, probablemente o mellor disco da historia e tamén un álbum capaz  de deixar a unha persoa física e psicoloxicamente esgotada durante un bo anaco.
030
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 8h
Pechou (hai uns días, vou tarde coma sempre) A Vella Fábrica de Lapis, que era unha parada obrigada cando ía por Ferrol e a miña tenda de cabeceira para as cousas de debuxar. Mesmo cheguei a expoñer alí os debuxos dos memes que deixo de cando en vez por aquí! 🥲
090
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026
Tremendas vibras da campaña das autonómicas do 2009.
020
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026
E rematei isto que tiña a medio facer. Un pouco #spookyseason tamén, pero tamén serve para o que agardo das eleccións de novembro (aínda que por agora estou co susto, agardo que ao final non sexa para tanto).
011
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026
Como ao final pouco choveu, boteime ao monte un anaco e vin os primeiros dedos do diaño da tempada. #spookyseason, supoño.
110
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026
Vin o vídeo do novo de Milo J, que ata o de agora só o escoitara. Boísimo. youtu.be/8GU0Yal4ysI?...
youtu.be
Milo J - La Jangada
YouTube video by MILO J
100
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026
Como acordei MOI cedo a mañá rendiume bastante, fixen limpeza e deixei case listo os xantares do que queda de semana laboral. Tamén fixen cousas máis divertidas:
100
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/10/2026
Como se supón que teño que xestionar este festivo (local, do concello no que traballo) no medio da semana?
100
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026
Cambio!
030
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026
Eu a verdade é que algunhas das que metín aí xa non lembro nin que cancións son. Logo cando as poño algunhas seguen parecéndome temazo e outras non tanto.
000
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026
Eu levaba tempo pensando en meterme nun precisamente para saír un pouco das cousas que adoito ler, e resulta que o primeiro libro que eliximos creo que é totalmente da miña onda.
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026
Xusto comecei a semana pasada nun clube de lectura (primeira vez) con maioría (MOI maioría) de mulleres. Veremos se aguanto todo o curso!
110
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026
Isto está fóra de control. Teño que empezar a desbrozar.
110
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/10/2026
Parar tres minutos un partido para revisar un reloxo de posesión e que a cousa remate movendo un par de segundos? O que o público quere ver, claramente.
011
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 03/10/2026
Mira que precisamente o Canva leva un tempo a topísimo coa IA. No choio úsase para algunha cousa de rrss (tarefas das que vou librando bastante, menos mal) e a última vez que tiven que abrilo alucinei (para mal, claro).
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 03/10/2026
O vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas sairá xa (seguramente) o ano que vén, estará dentro da nosa (non moi exitosa) temática Betanzos-core e tratará sobre cousas que había e xa non hai (aínda que algo quede delas). Vaise titular AQUÍ HOUBO COUSAS. #MAL20
0111
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 02/10/2026
Hoxe cando espertei tiña esta canción na cachola, en concreto o verso que di que "hoy se arregla y mañana se estropea". Polo que sexa. hijauhusb.bandcamp.com/track/me-ha-...
hijauhusb.bandcamp.com
ME HA PARECIDO QUE ESTUVO EN MI CABEZA, by HiJauhUsb?
from the album LA ESTRELLA DE DAVID - CONSAGRACIÓN
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 01/10/2026
Marcho traballar. saldelcoche.bandcamp.com/album/salir-...
saldelcoche.bandcamp.com
Salir de Casa, by Sal del Coche
1 track album
001
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 30/09/2026
Logo de moitos anos mercando discos por Bandcamp, onte tocoume abrir a miña primeira reclamación. E non pensedes que o problema o tiven cuns rapaciños que venden aí a súa música (esa xente adoita ser sempre majísima), foi cun selo (diría que) serio.
000
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
Se as matemáticas non me fallan, dado que o fanzine dos gatos foi a referencia 19 de Edicións Defectuosas a seguinte debería ser a número 20, así que se cadra hai que tolear* e facer algo especial. #MAL20
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
O venres chegou o TEMPORAL á Casa Defectuosa.
Cuberta de "Temporal", o último disco de Chicharrón.
030
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
A cousa é que a estas alturas, con toda a que se liou, eu creo que os da empresa aínda non teñen claro porqué se enfadou a xente (e o xulgado e a policía se cadra tampouco).
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
Haberá que deixar por aquí o primeiro #ForzaBreo da tempada.
132
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
Non creas, que o dos gatos vai ser o último do 2026 (o último fanzine, alomenos). Os que teño a medias xa van para o ano que vén.
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
Outra mostra da planificación milimétrica de Edicións Defectuosas: tiña un fanzine a medio facer pero hai uns días decateime dunha cousa e comecei outro, que vai saír antes que o primeiro no que andaba traballando.
120
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026
*Non no meu caso, pero é que eu son un rancio. O que quero dicir é que seguro que un equipo de márketing estudou como "maximizar as potencialidades do running club", ou algo así con nome rimbombante. E un grupo de xente que se xunte para correr non debería precisar un equipo de márketing.
210
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026
Evidentemente está ben que a xente faga deporte e seguramente eu con estas cousas pásome de suspicaz, pero sempre me amola que as grandes empresas queiran colonizar os modelos de ocio populares (porque os privados xa os teñen). Creo que o único que buscan é obter un retorno positivo* sen facer nada.
110
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026
Vale, iso trae novas cuestións: É un "running club" porque xente "xente que se xunta para correr" non era un nome o suficientemente cool? E, de tódolos xeitos... Bandeiras? Por que vas querer saír correr levando unha bandeira dunha tenda? Agardo que alomenos lles paguen pola promo (non creo).
120
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026
Teño unha pregunta dentro desa pregunta: por que alguén (a propia Oysho, supoño) vai facer bandeiras de Oysho?
110
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026
Outra clienta satisfeita! Se ti tamén queres que che manden cousas, en Edicións Defectuosas mandamos cousas.
021
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 25/09/2026
Isto évos unha cousa (sen ser eu o maior fan nin do versionado nin dos versioneadores): youtu.be/m_yZkVv6ULs?...
youtu.be
Ezra Collective cover Bad Bunny’s NUEVAYoL' in the Radio 1 Live Lounge
YouTube video by BBC Radio 1
032
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 24/09/2026
Tamén podedes facer fanzines. Son case coma os blogs, pero a maioría deles son pequenos e poden levarse medio engurrados no peto de atrás do pantalón (o que vos dará un look bastante sexy).
092
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 22/09/2026
Onde ti só ves uns asentos do mobiliario urbano, un empresario hostaleiro con mentalidade de tiburón ve o sitio perfecto para chantar unha mesa da súa terraza e aforrar un par de cadeiras.
030
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 20/09/2026
Un debuxo rápido e pequeno de domingo... baseado en feitos reais. Hai un anaco estaba a veciña de en fronte asomada a unha esquina da fiestra mirando nonseiqué e creo que se asustou cando me viu. Perdón, veciña!
040
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 20/09/2026
Aínda que onte dixen que O MONSTRO DOS GATOS era unha boa lectura de sábado, tamén podedes lelo o domingo (ou calquera outro día, non vou andar avisando toda a semana).
001
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Camiño de Montealto para ver a Portosanto. Pero sobre todo, supoño, para que me impongan el gallego.
031
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Non sei se para o equipo supón moita perda económica quedar fóra da BCL, mais a nivel deportivo case agradezo que poidan centrar tódolos esforzos na liga.
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Pois creo que non (sorprendentemente). Entrar na ducha si, pero diría que nunca cheguei a poñerme debaixo do chorro coas lentes postas.
120
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Moi inspirado e cun volume tremendo, que deben estar tirando máis de tres que de dous. O Breo regular, si.
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Os que somos MOI miopes temos un truco para non perder as lentes: quitalas só para ir durmir ou á ducha.
370
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Ollo con isto, que igual estamos agardando que veña un Terminator a rematar connosco e se cadra a estratexia da IA é matarnos de puro tedio a base de facer trapalladas feísimas e aburridísimas!
130
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
...e se prefires lelo en papel aínda quedan un par de copias dispoñibles.
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Se precisas algo de lectura para este sábado solleiro, O MONSTRO DOS GATOS xa está accesible dende o noso Drive (e tamén tódalas publicacións anteriores de Edicións Defectuosas!): linktr.ee/Ed_Defectuosas
linktr.ee
Ed_Defectuosas Official: X | Linktree
Facemos fanzines
144
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 16/09/2026
Marcho traballar. youtu.be/_JgO7EP9k7A?...
youtu.be
Lambrini Girls - Bang Bang Bang (Official Video)
YouTube video by Lambrini Girls
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 16/09/2026
Claro! Sempre a favor dos intercambios fanzineiros! Xa dirás cales queres, porque hai algún esgotado (do KIRO!/PARDO! mirei agora e aínda teño un par).
000
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/09/2026
Tremendo cartelazo do Equipo SOPA (meteríalle man @jabimedina.bsky.social?) para o docu de @myanllo.bsky.social sobre Ana Kiro (ningún nome malo en todo isto, eh?). www.diariodesantiago.es/wp-content/u...
diariodesantiago.es
111
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/09/2026
Fun a Correos para mandar uns fanzines e repetiuse a miña clásica discusión sobre o formato normalizado que teño cada vez que me atende unha persoa nova. A miña relación con Correos éche unha cousa de amor-odio. Eu quero querelos pero non mo poñen doado.
020
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/09/2026
Flípame a (longuísima) lista de xéneros das etiquetas do Bandcamp: Malandro? Dálle. Black Rio? Claro que si. Maximalismo sombrio? O que ti digas, meu rei.
000
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/09/2026
Onte saquei a enerxía que precisaba para afrontar o luns do novo disco do Índio da Cuíca, así que vou botar o que queda de semana a puro samba. qtvlabel.bandcamp.com/album/zing-z...
qtvlabel.bandcamp.com
ZING ZING, by Índio da Cuíca
11 track album
121
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 14/09/2026
Viches que os de Raso publicaron o outro día a banda sonora (supoño que vai quedar só en dixital)? raso.bandcamp.com/album/xos-lo...
raso.bandcamp.com
Xosé Lois Romero - A serie clopen, by Xosé Lois Romero
8 track album
120