Sign in

Edicións Defectuosas

@ed-defectuosas.eurosky.social
246 followers 145 following 704 posts

Facemos fanzines porque algo hai que facer. - Os nosos fanzines: linktr.ee/Ed_Defectuosas O noso mail: ed.defectuosas@gmail.com

PostsRepliesMedia
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 3h
O vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas sairá xa (seguramente) o ano que vén, estará dentro da nosa (non moi exitosa) temática Betanzos-core e tratará sobre cousas que había e xa non hai (aínda que algo quede delas). Vaise titular AQUÍ HOUBO COUSAS. #MAL20
071
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 02/10/2026
Hoxe cando espertei tiña esta canción na cachola, en concreto o verso que di que "hoy se arregla y mañana se estropea". Polo que sexa. hijauhusb.bandcamp.com/track/me-ha-...
hijauhusb.bandcamp.com
ME HA PARECIDO QUE ESTUVO EN MI CABEZA, by HiJauhUsb?
from the album LA ESTRELLA DE DAVID - CONSAGRACIÓN
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 01/10/2026
Marcho traballar. saldelcoche.bandcamp.com/album/salir-...
saldelcoche.bandcamp.com
Salir de Casa, by Sal del Coche
1 track album
001
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 30/09/2026
Logo de moitos anos mercando discos por Bandcamp, onte tocoume abrir a miña primeira reclamación. E non pensedes que o problema o tiven cuns rapaciños que venden aí a súa música (esa xente adoita ser sempre majísima), foi cun selo (diría que) serio.
000
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
Se as matemáticas non me fallan, dado que o fanzine dos gatos foi a referencia 19 de Edicións Defectuosas a seguinte debería ser a número 20, así que se cadra hai que tolear* e facer algo especial. #MAL20
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
O venres chegou o TEMPORAL á Casa Defectuosa.
Cuberta de "Temporal", o último disco de Chicharrón.
030
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
Haberá que deixar por aquí o primeiro #ForzaBreo da tempada.
132
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/09/2026
Outra mostra da planificación milimétrica de Edicións Defectuosas: tiña un fanzine a medio facer pero hai uns días decateime dunha cousa e comecei outro, que vai saír antes que o primeiro no que andaba traballando.
120
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/09/2026
Outra clienta satisfeita! Se ti tamén queres que che manden cousas, en Edicións Defectuosas mandamos cousas.
021
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 25/09/2026
Isto évos unha cousa (sen ser eu o maior fan nin do versionado nin dos versioneadores): youtu.be/m_yZkVv6ULs?...
youtu.be
Ezra Collective cover Bad Bunny’s NUEVAYoL' in the Radio 1 Live Lounge
YouTube video by BBC Radio 1
032
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 24/09/2026
Tamén podedes facer fanzines. Son case coma os blogs, pero a maioría deles son pequenos e poden levarse medio engurrados no peto de atrás do pantalón (o que vos dará un look bastante sexy).
092
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 22/09/2026
Onde ti só ves uns asentos do mobiliario urbano, un empresario hostaleiro con mentalidade de tiburón ve o sitio perfecto para chantar unha mesa da súa terraza e aforrar un par de cadeiras.
030
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 20/09/2026
Un debuxo rápido e pequeno de domingo... baseado en feitos reais. Hai un anaco estaba a veciña de en fronte asomada a unha esquina da fiestra mirando nonseiqué e creo que se asustou cando me viu. Perdón, veciña!
040
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 20/09/2026
Aínda que onte dixen que O MONSTRO DOS GATOS era unha boa lectura de sábado, tamén podedes lelo o domingo (ou calquera outro día, non vou andar avisando toda a semana).
001
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Camiño de Montealto para ver a Portosanto. Pero sobre todo, supoño, para que me impongan el gallego.
031
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 19/09/2026
Se precisas algo de lectura para este sábado solleiro, O MONSTRO DOS GATOS xa está accesible dende o noso Drive (e tamén tódalas publicacións anteriores de Edicións Defectuosas!): linktr.ee/Ed_Defectuosas
linktr.ee
Ed_Defectuosas Official: X | Linktree
Facemos fanzines
144
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 16/09/2026
Marcho traballar. youtu.be/_JgO7EP9k7A?...
youtu.be
Lambrini Girls - Bang Bang Bang (Official Video)
YouTube video by Lambrini Girls
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/09/2026
Tremendo cartelazo do Equipo SOPA (meteríalle man @jabimedina.bsky.social?) para o docu de @myanllo.bsky.social sobre Ana Kiro (ningún nome malo en todo isto, eh?). www.diariodesantiago.es/wp-content/u...
diariodesantiago.es
111
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/09/2026
Fun a Correos para mandar uns fanzines e repetiuse a miña clásica discusión sobre o formato normalizado que teño cada vez que me atende unha persoa nova. A miña relación con Correos éche unha cousa de amor-odio. Eu quero querelos pero non mo poñen doado.
020
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 15/09/2026
Onte saquei a enerxía que precisaba para afrontar o luns do novo disco do Índio da Cuíca, así que vou botar o que queda de semana a puro samba. qtvlabel.bandcamp.com/album/zing-z...
qtvlabel.bandcamp.com
ZING ZING, by Índio da Cuíca
11 track album
121
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 13/09/2026
Aínda queda algunha copia do fanzine dos gatos! Se queres un podes deixar unha mensaxe por aquí ou mandar un mail.
121
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 13/09/2026
Nunca fun moi fan desta muller, pero ante isto só podo dicir: FUÁ ♥️ youtu.be/qiJAE06tLl4?...
020
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 11/09/2026
Preséntovos a RULETA GATUNA de Edicións Defectuosas, a vosa ferramenta de cabeceira cando teñades que tomar decisións difíciles. A continuación explícovos como funciona.
1126
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 11/09/2026
E aquí van os últimos.
050
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 10/09/2026
Montan esta fin de semana os de Estrella unha cousa en Betanzos e teño que dicir que, polo menos, os concertos están chulos: o venres Ulex e o sábado a Familia Caamagno.
020
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 10/09/2026
E outro máis (isto vai acabar indo a algún sitio, dádeme tempo).
040
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 09/09/2026
Aí vai outro:
050
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 08/09/2026
"También intervendrá Nuno Pico, de Grande Amore, por videollamada" Vaia fantasía. Non sabía que os LoraHacePam! tiñan conexión lucense. #amellorprovincia, unha vez máis.
130
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 08/09/2026
No último fanzine de Edicións Defectuosas saen varios gatos (titúlase O MONSTRO DOS GATOS, así que ten sentido). Este é un deles:
081
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 07/09/2026
Saiu hoxe o disco de Pablo y los Ciervos Dorados, ao que lle tiña moitas ganas, e vou precisar uns días para procesalo. pabloylosciervosdorados.bandcamp.com/album/vino
pabloylosciervosdorados.bandcamp.com
Vino, by Pablo y los Ciervos Dorados
7 track album
110
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 06/09/2026
Pasei pola casa dos pais e apañei unhas cinias. As sementes viñeran hai tempo da casa duns tíos, e alá chegaran por unha veciña chamada Divina, así que nesta familia case sempre se lles chama "as flores da Divina" e eu durante moito tempo pensei que era o nome oficial (como "a planta do diñeiro").
170
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 06/09/2026
Lembrades a Castelao? Pois volveu! En forma de lata! (de galletas)
231
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 06/09/2026
No último fanzine de Edicións Defectuosas trátanse (coma sempre) temas importantísimos. Neste caso, o monstro dos gatos da Rúa Nova de Betanzos.
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 05/09/2026
O parecido é abraiante, a verdade.
040
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 04/09/2026
Xa fixestes as vosas compras do #bandcampfriday? Eu vou agora.
000
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 02/09/2026
O das visitas turísticas é o menor dos problemas dunha construción que xa estaba abandoada á súa sorte cando era propiedade da administración (e daquela xa era BIC).
000
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 02/09/2026
A boa xente de Nido de Urracas, que xa viñan facendo unha cousa finísima coas súas gravacións "caseiras" (por estar gravadas en casas), publicaron onte a súa primeira superprodución (a hora de Iggy Rubín). Marabilla. youtu.be/t0Rh1TZ3e6c?...
youtu.be
Iggy Rubín | Ya Lloraréis (2026)
YouTube video by Nido de Urracas
000
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 01/09/2026
Cambiei de lentes hai uns días. As novas son de pasta moi gorda e danme máis ou menos este aspecto (o tamaño da cabeza é bastante realista porque son moi cacholón). (teño que mercar uns lapis de cores medio bos porque os meus son terribles, pero nunca o fago porque case non os uso)
030
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 30/08/2026
Outro debuxo rápido (aínda que non tanto coma o da semana pasada) e pequeno (aquí si, seguimos co tamaño de 10x15) de domingo (porque, efectivamente, volve ser domingo).
Un debuxo dunha muller deitada nun prado, porque unha das cousas que me gustan do verán é que podes deitarte nos prados (o resto do ano tamén, ben o sei, pero o risco de que a herba estea mollada é maior).
E con algo de sorte mesmo podes facer amizade cun zapateiro (o insecto, non o ex-presidente do goberno e agora tamén dono dunhas xoias moi caras).
040
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 28/08/2026
Agora si, último aviso (alomenos nun tempo) para os que queirades unha copia do novo fanzine, porque o luns ou o martes irei a Correos por fin para mandalos.
Imaxe da última (penúltima, se contamos a contraportada) páxina de O MONSTRO DOS GATOS, na que se define de xeito bastante exacto o contido do fanzine.
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 27/08/2026
Apañei a segunda molladura no que vai de semana (o que pode significar que o outono xa comeza a asomar a patiña) e deume igual (porque estas primeiras mollas da tempada sempre as encaixo con bo humor).
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 26/08/2026
Non entraba no Bluesky dende onte á tarde e teño isto cheo de comentarios dobre a morte de Dolly Parton (todos bos, por suposto), o que demostra que sigo á xente correcta por aquí.
130
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 23/08/2026
Un debuxo rápido e pequeno de domingo. Levo unha tempada bastante fozona cando fago a liña en tinta chinesa co pincel, así que estou gratamente sorprendido de non ter emborrallado (case) nada esta vez.
091
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 23/08/2026
Esta é, seguramente, a miña viñeta favorita dos tres volumes de CONTOS DA RÚA NOVA. Se queres saber como chega ata aquí unha historia sobre gatos de rúa aínda estas a tempo de pedir unha copia do fanzine, porque non vou poder mandalos ata setembro.
130
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 22/08/2026
Ultimamente uso o Spotify sobre todo como unha sorte de repositorio, e cada ano fago unha lista na que boto as cancións que me van gustando co propósito de chegar a decembro cun máximo de 75. Pois ben, este ano (coma case sempre) aínda non rematou agosto e xa van case 150 cancións aí metidas.
020
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 22/08/2026
A fin dunha era 🥲
051
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 18/08/2026
Rematei de ver TIP TOE e gustoume ben. Sorpréndeme, iso si, ver que en moitos sitios a califican coma comedia negra cando me pareceu unha serie máis ben deprimente. Que comeza cun plano sequísimo dun tipo colgado dun farol, polo amor de deus!
140
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 18/08/2026
Hai algunhas cousas para as que tanto da estar no norte coma no sur, como me deixa claro o meu feed do Bluesky.
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 17/08/2026
Estou rematando a primeira escoita do novo disco de Raquel Dimantas e vai conseguir que acabe de bo humor o día da volta ao traballo logo das vacacións. youtu.be/JTDugivqWWo?...
youtu.be
Raquel Dimantas - Meu bebê (Lyric Video)
YouTube video by Raquel Dimantas
010
Edicións Defectuosas @ed-defectuosas.eurosky.social · 17/08/2026
SE LLE GUSTOU A MANUEL TAMÉN DEBERÍA GUSTARCHE A TI, OU AGORA VAS SABER TI MÁIS QUE UN GAÑADOR DO PREMIO CASTELAO? EH? EH!? P.D.: Edicións Defectuosas vai apostar por un márketing máis agresivo, a ver que tal. P.D.2: grazas, @le-barreiro.eurosky.social!
060