Sign in

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

@ecoadeusc.bsky.social
110 followers 65 following 757 posts

Somos a conta oficial da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Síguenos tamén en Línkedin, Instagram, Facebook, Tik Tok, e Youtube

PostsRepliesMedia
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
Mañá venres 9 de outubro ás 12 horas, dedicaremos un minuto de silencio na súa memoria e honra. Tamén o acompañaremos mañá no acto público que se celebrará as 16 horas no Museo do Pobo Galego. Ficará indelebre sempre na nosa memoria. #xosemanuelbeiras
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
Difícil resumir a enorme pegada intelectual, académica e persoal que deixou na nosa facultade e da que somos herdeiros/as xeracións de membros do profesorado e miles de estudantes que pasaron polas súas aulas.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC sinte hoxe un fondo pesar polo pasamento de Xosé Manuel Beiras Torrado que foi insigne profesor do noso centro, catedrático de Estrutura Económica e Decano entre 1982 e 1984. Fotos: Paula Quiroga
111
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
🌍 A Facultade anima ao estudantado a informarse con detalle sobre os destinos e programas dispoñibles e a aproveitar unha experiencia formativa que contribúe ao seu desenvolvemento académico, profesional e persoal.
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
🔹 Lembrouse a importancia de contar coa acreditación lingüística antes de presentar a solicitude, así como a posibilidade de obtela a través das probas organizadas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
🔹 Presentouse información práctica sobre os procedementos de solicitude, o recoñecemento académico das materias cursadas e as distintas axudas económicas asociadas ás mobilidades.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
🔹 A participación nun programa de mobilidade permite adquirir competencias académicas, lingüísticas e persoais de gran valor para o desenvolvemento profesional. 🔹 Explicáronse as características dos programas Erasmus+, SICUE e Convenios Bilaterais, oportunidades e particularidades de cada un deles.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
🔹 Máis de 300 prazas de mobilidade están dispoñibles para o estudantado dos Graos en Economía e en Administración e Dirección de Empresas, en destinos estatais e internacionais.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/10/2026
Hoxe celebramos unha sesión informativa sobre programas de mobilidade para o estudantado interesado en realizar unha estadía académica noutra universidade no próximo curso.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/10/2026
Grazas a Noelia Romero Castro, profesora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Facultade e ao estudantado que está a participar nesta actividade!
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/10/2026
Novo taller da Aula Profesional ECOADE da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC para introducir no manexo de #excel ao estudantado de grao e máster que queiran coñecer todo o potencial desta ferramenta para o se uso nos estudos ou na vida profesional.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 06/10/2026
Se che apetece aprender, debater e ver a economía desde unha perspectiva distinta á da aula, esta actividade é para ti. ⏳ Inscrición aberta ata o 18 de outubro. Ligazón: l.instagram.com?u=https%3A%2...
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 06/10/2026
Empresas, poder, desigualdade, finanzas, conflitos sociais, dereitos laborais… Temas que están presentes no noso día a día e que analizaremos a partir de películas e coloquios participativos. 🎓 Actividade recoñecida con 1 crédito ECTS 💰 Matrícula gratuíta 👥 Prazas limitadas
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 06/10/2026
🎬 Volve o Cinefórum! Un ano máis, a Facultade de CC. Económicas e Empresariais abre as portas a unha actividade diferente para achegarse á economía e á sociedade a través do cinema.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 05/10/2026
Falaremos de cuestións prácticas e útiles para decidir e planificar a túa experiencia: ✅ Por que realizar unha mobilidade ✅ Destinos dispoñibles e como escoller ✅ Bolsas e axudas económicas ✅ Requisitos académicos e proceso de solicitude ✅ Recoñecemento de materias e aspectos académicos
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 05/10/2026
📚✈️ Pensas facer unha mobilidade durante os teus estudos? Esta sesión é para ti. O vindeiro xoves 8 de outubro ás 14:00 h, na Aula 8, celebraremos un acto informativo sobre os programas de mobilidade Erasmus+, SICUE e Convenios Bilaterais.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 02/10/2026
Moitas grazas a todos eles pola súa intervención e a Loreto Fernández pola organización!
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 02/10/2026
Foi especialmente interesante compartir experiencias e perspectivas con profesionais do sector, como Leticia Bueno Cano de Oquendo Capital e Level 20 Spain, Yolanda Falcón García de Xesgalicia, Carmen Pumariño de Zubi Capital e Startup Galicia) e Iván García Besada de Néboda.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 02/10/2026
Máis aló do financiamento, estes instrumentos achegan acompañamento, coñecemento, redes e visión estratéxica, elementos fundamentais para transformar proxectos innovadores en empresas capaces de medrar e xerar impacto.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 02/10/2026
As persoas asistentes puideron coñecer de primeira man o papel que desempeñan o hashtag#VentureCapital e o hashtag#PrivateEquity no financiamento e no crecemento de empresas innovadoras, así como analizar o seu impacto no desenvolvemento de novos proxectos empresariais en Galicia.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 02/10/2026
Esta semana tivemos a oportunidade de participar na xornada sobre Fondos de Financiamento Alternativos e Capital Risco que se desenvolveu dentro do ciclo Aprendendo das empresas e institucións da Aula Profesional ECOADE na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC
110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/09/2026
Queremos agradecer especialmente a colaboración de Cibrán Tenreiro Uzal, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, encargado de impartir esta formación e de compartir a súa experiencia profesional e académica neste ámbito.
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/09/2026
A iniciativa permitirá ao PDI coñecer Posibilidades educativas e divulgativas do formato podcast e aproveitar todo o potencial da nova aula de podcasting coa que conta a nosa Facultade, un espazo creado para impulsar contidos innovadores e achegar a universidade á sociedade.
110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/09/2026
🎙️ A Facultade pon en marcha o seu curso de podcasting para a docencia e a divulgación. Esta semana damos inicio a un novo curso de formación en podcasting dirixido ao noso PDI, co obxectivo de fomentar novas ferramentas para a docencia, a comunicación científica e a divulgación do coñecemento.
110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/09/2026
Non perdas a oportunidade e achégate mañá ás 12:30 a aula B!
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/09/2026
Mañá, mércores 30 de setembro, comeza o ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións da Aula Profesional ECOADE, será coa conferencia sobre Fondos de financiamento alternativos e capital risco na que participarán Leticia Bueno Cano, Yolanda Falcón García, Carmen Pumariño e Iván García Besada.
101
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 24/09/2026
Tamén participou a directora da Biblioteca da Facultade, Yolanda Diéguez Méndez para explicar os servizos de apoio que prestan para elaborar estes traballos, e a responsable da Unidade de Xestión do centro, Elena Sieiro Negro, para aclarar cuestións administrativas do procedenento
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 24/09/2026
Foi un acto con moita asistencia, o que mostra o elevado interese para quen defenderá este curso o seu TFG. As coordinadoras de TFG e 4º curso, as profesoras María del Rosario Díaz Vázquez e María del Pilar Piñeiro García, foron as encargadas de informar amplamente sobre o tema.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 24/09/2026
Un ano máis celebrouse unha reunión informativa sobre o TFG na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC dirixido ao estudantado de 4º curso dos graos de Economía e ADE. Esta actividade forma parte do Plan de acción titorial do centro.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 23/09/2026
Moitas grazas a Marián Rivas, responsable da área ATIC da USC na Facultade de CC. Económicas e Empresariais por impartir este interesante taller e ao estudantado asistente!
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 23/09/2026
Este mércores 23 de setembro estudantes de 1º dos graos de ADE e Economía están participando no taller sobre Servizos na nube que lle permitirá traballar e estudar de maneira máis organizada e eficiente.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 22/09/2026
A vosa colaboración é esencial para dar unha resposta o máis rápida posible e facer que os problemas non vaian a máis. Porque a facultade e cousa de tod@s. Grazas por colaboráredes!
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 22/09/2026
Queremos a vosa axuda para continuar mellorando a nosa facultade. Por iso poñemos á disposición de tod@s un formulario en liña ao que podedes acceder mediante un QR e no que podedes indicarnos calquera incidencia que atopedes.
110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 18/09/2026
Bótalle unha ollada á programación deste primeiro cuadrimestre do curso 26/27 e apúntate ao taller sobre “Servizos na nube” que impartirá Marián Rivas o próximo mércores 23 de setembro ás 12:30 na aula 28!
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 18/09/2026
A próxima semana comezan de novo as actividades da Aula Profesional ECOADE da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 17/09/2026
Unha enorme xenerosidade do artista que nos permite sumar esta obra a outra, "Trece mulleres", situada diante da aula C, acarón da biblioteca. Convidámosvos a contemplar esta nova escultura que, no seu día, tamén formou parte da exposición "Xéneros e números".
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 17/09/2026
Esta semana o patrimonio artístico da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC víuse enriquecido co depósito dunha nova escultura de Álvaro de la Vega, que leva o título de "Mañá luminosa para Philipp Otto Runge", e que ficará situada na Sala de xuntas.
121
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 16/09/2026
Moitas grazas a Joaquín Lestón Lestón, estudante de 4º curso de ADE por vir contar a súa experiencia coas prácticas durante este verán! Haberá unha nova reunión informativa o mércores 14 de outubro para todas as persoas que non puideron vir ou para aquelas que queren resolver algunha dúbida.
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 16/09/2026
Hoxe tivemos na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC a primeira reunión informativa sobre prácticas deste cuadrimestre na que se falou da organización das mesmas e do que aportan á formación e ao CV.
120
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 14/09/2026
Non deixes pasar a oportunidade de dar un primeiro paso na túa carreira profesional e acude a unha das dúas reunións informativas programadas para este cuadrimestre!
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 14/09/2026
Se es estudante de 3º ou 4º dos graos de Ade e Economía debes coñecer as posibilidades que che ofrece a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC para realizar prácticas en empresas e institucións ao longo deste curso 26/27.
121
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
Estás matriculad@ na USC? Desde hoxe podes recoller unha carpeta na conserxaría da facultade, con só identificarte para comprobar que formas parte da nosa universidade. Agora só tes que enchela cos teus apuntamentos de clase! Porque estudas na USC, e iso NÓTASE
010
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
Grazas ao profesorado que colabora para facilitar este achegamento de información. Para o estudantado que comeza a súa andaina na USC, moita sorte neste e nos próximos anos de carreira!
000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
Tamén o estudantado titor estará dispoñible nestes días para axudar con todas as dúbidas que o estudantado entrante poida formular.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
Nesta semana completaranse as xornadas informativas de comezo do curso académico para todos os grupos expositivos dos diferentes cursos en sesións breves nas diversas aulas, como parte do Plan de Acción Titorial da facultde.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
Como noutros anos aproveitamos para informar sobre aspectos xerais que deben ter en conta nesta etapa de estudos que agora inician. Posteriormente, os/as estudantes titores/as deste ano acompañaron aos diferentes grupos de docencia nunha visita para coñeceren as dependencias do centro.
100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
Hoxe celebramos a Xornada de benvida para estudantes do primeiro curso dos graos de Economía e ADE da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC con unha recepción na aula José Afonso (aula A).
110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
Unha oportunidade única para coñeceres a facultade, facer novas amizades e descubrir todo o que a nosa universidade ten para che ofrecer 🎶🍴🎈 Non perdas esta ocasión para comezar a túa experiencia universitaria connosco da mellor maneira posible. 🚀
010
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
Celebramos o "Welcome Day" para todos e todas vós, como parte do Plan de Acción Titorial (PAT) da nosa facultade, co que queremos informar e orientar ao noso estudantado.
110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026
🎉🌍 Benvidas e benvidos! 🌟 Se es estudante dalgún dos programas de mobilidade e acabas de chegar á nosa facultade, temos algo moi especial para ti! 🏫✨ 📅 Data: Luns 7 de Setembro 🕒 Hora: 18:00 📍 Lugar: Aula 9
100