Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/09/2026🎙️ A Facultade pon en marcha o seu curso de podcasting para a docencia e a divulgación. Esta semana damos inicio a un novo curso de formación en podcasting dirixido ao noso PDI, co obxectivo de fomentar novas ferramentas para a docencia, a comunicación científica e a divulgación do coñecemento. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/09/2026Mañá, mércores 30 de setembro, comeza o ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións da Aula Profesional ECOADE, será coa conferencia sobre Fondos de financiamento alternativos e capital risco na que participarán Leticia Bueno Cano, Yolanda Falcón García, Carmen Pumariño e Iván García Besada. 101
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 24/09/2026Un ano máis celebrouse unha reunión informativa sobre o TFG na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC dirixido ao estudantado de 4º curso dos graos de Economía e ADE. Esta actividade forma parte do Plan de acción titorial do centro. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 23/09/2026Este mércores 23 de setembro estudantes de 1º dos graos de ADE e Economía están participando no taller sobre Servizos na nube que lle permitirá traballar e estudar de maneira máis organizada e eficiente. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 22/09/2026Queremos a vosa axuda para continuar mellorando a nosa facultade. Por iso poñemos á disposición de tod@s un formulario en liña ao que podedes acceder mediante un QR e no que podedes indicarnos calquera incidencia que atopedes. 110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 18/09/2026A próxima semana comezan de novo as actividades da Aula Profesional ECOADE da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 17/09/2026Esta semana o patrimonio artístico da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC víuse enriquecido co depósito dunha nova escultura de Álvaro de la Vega, que leva o título de "Mañá luminosa para Philipp Otto Runge", e que ficará situada na Sala de xuntas. 121
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 16/09/2026Hoxe tivemos na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC a primeira reunión informativa sobre prácticas deste cuadrimestre na que se falou da organización das mesmas e do que aportan á formación e ao CV. 120
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 14/09/2026Se es estudante de 3º ou 4º dos graos de Ade e Economía debes coñecer as posibilidades que che ofrece a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC para realizar prácticas en empresas e institucións ao longo deste curso 26/27. 121
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026Estás matriculad@ na USC? Desde hoxe podes recoller unha carpeta na conserxaría da facultade, con só identificarte para comprobar que formas parte da nosa universidade. Agora só tes que enchela cos teus apuntamentos de clase! Porque estudas na USC, e iso NÓTASE 010
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026Hoxe celebramos a Xornada de benvida para estudantes do primeiro curso dos graos de Economía e ADE da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC con unha recepción na aula José Afonso (aula A). 110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 07/09/2026🎉🌍 Benvidas e benvidos! 🌟 Se es estudante dalgún dos programas de mobilidade e acabas de chegar á nosa facultade, temos algo moi especial para ti! 🏫✨ 📅 Data: Luns 7 de Setembro 🕒 Hora: 18:00 📍 Lugar: Aula 9 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 03/09/2026Achegámonos ao comezo do curso! Aproveitamos para darvos algunha información inicial desde a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC: 110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 02/09/2026Estamos iniciando o mes de setembro e a pouco do comezo de curso o próximo luns 7 e facémolo con estupendas novidades. A nosa cafetaría remozou as súas instalacións para ofrecernos un lugar máis luminoso e agradable que, sen dúbida, fará que o tempo que pasamos no centro sexa máis gratificante. 120
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 28/07/2026O sábado 18 de xullo celebrouse o acto de graduación da XVII promoción de Economía 2022-2026. O acto estivo presidido pola Reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras Casais. 120
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 28/07/2026Un acto moi agardado polo estudantado é o acto de graduación. A XIV promoción de Administración e Direccion de Empresas 2022-2026 celebrou a súa o día 17 de xullo. O acto estivo presidido polo Vicerreitor de Profesorado e Innovación Docente, Pablo Taboada Antelo, en representación da Reitora da USC 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 02/07/2026🎓📚 Sabías que a túa opinión pode contribuír a mellorar a Facultade? O Sistema de Garantía de Calidade (SGC) axúdanos a escoitar ao estudantado, analizar as súas necesidades e poñer en marcha accións de mellora para ofrecer unha experiencia universitaria máis satisfactoria. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 01/07/2026Opina, propón, suxire. Queremos coñecer a túa opinión sobre o noso centro, as ideas que tes para mellorala ou para corrixir o que non funciona ben. E iso é tan fácil como entrar nun formulario anónimo a través do QR da imaxe, ou entrar na intranet e expresarte libremente. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 25/06/2026O pasado martes 23 de xuño, celebrouse a clausura de curso da XVIª promoción do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación (Máster DEIN). 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 23/06/2026Hoxe lembramos o acto de graduación da XVII promoción do Máster en Dirección de Empresas (MBA), celebrado o pasado 5 de xuño. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 22/06/2026Informámosvos desta oferta de emprego que nos chegou de MIRAVEO. Tendes máis información sobre o posto e podedes enviar CV a: info@miraveo.es 000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 19/06/2026O equipo presentado pola Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC na XVII Olimpiada Nacional de Economía de Aranjuez, hoxe foi galardoado co segundo premio por equipos. #xviiolimpiadanacionaleconomia 110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 18/06/2026Despois da dura sesión de probas deste xoves pola mañá á que se tiveron que enfrontar o estudantado que representa a Galicia na a XVII Olimpiada Nacional de Economía en Aranjuez, tocaba prepararse para gozar dunha merecida cea de gala ofrecida pola organización. #xviiolimpiadanacionaleconomia 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 17/06/2026A Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC está presente en Aranjuez na XVII Olimpiada de Economía que se inaugurou este mércores e que na sesión do xoves se realizarán os exames de competición. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/06/2026O profesor de Economía Financeira e Contabilidade, Rubén Lado Sestayo, da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, vén de ser galardoado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cun dos Premios para persoal investigador mozo. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 08/06/2026Interésache entender como se relacionan a enerxía, o medio ambiente e o modelo económico actual? Gustaríache analizar o papel das enerxías renovables desde unha perspectiva crítica e interdisciplinar? 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 04/06/2026Gustaríache aprender a xestionar mellor os teus cartos? Entender como funcionan os créditos, as hipotecas ou os investimentos? 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/05/2026Ademais dos 6 mestrados oficiais, a Facultade de CC. Económicas e Empresariais ofrece un máster propio, o Máster en Márketing Dixital ( @usc.marketingdigital ) 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/05/2026O Máster en Economía é un dos 6 mestrados oficiais que oferta a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. É un máster interuniversitario organizado conxuntamente pola USC, UVigo e UDC. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 28/05/2026O Máster en Economía Circular é un dos 6 mestrados oficiais que oferta a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. É un máster interuniversitario organizado conxuntamente pola USC, UVigo e UDC. 100
Reposted by Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisUniversidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 26/05/2026📈 Compostela convértese en epicentro da análise sobre finanzas autonómicas grazas ás xornadas RIFDE. @ecoadeusc.bsky.social acolle do 26 ao 27 de maio este foro que congrega anualmente especialistas, persoal académico e autoridades de distintos niveis de goberno. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no... 022
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 27/05/2026O Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas é un dos 6 mestrados oficiais que oferta a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. O obxectivo deste máster é formar futur@s profesionais con competencias na planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 22/05/2026O Máster en Dirección e Xestión Contable e Financeira é un dos 6 mestrados oficiais que oferta a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 22/05/2026O Máster en Dirección de Empresas (MBA) é un dos 6 mestrados oficiais que oferta a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. A finalidade deste mestrado é proporcionar ao estudantado unha formación avanzada de carácter académico especializado e multidisciplinar. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 21/05/2026O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación é un dos 6 mestrados oficiais que oferta a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 20/05/2026Informámosvos desta oferta dunha bolsa de prácticas que nos chegou do departamento de Subvencións e Licitacións do Grupo Isonor. Máis información en: grupo-isonor.careers.ats.bizneo.cloud/jobs/beca-dp... 011
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 19/05/2026Informámosvos desta oferta de emprego que nos chegou da empresa Vetoquinol. Tendes máis información sobre o posto e os requisitos en: www.linkedin.com/jobs/view/44... 000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 13/05/2026O pasado mércores, 6 de maio, celebrouse unha xornada de orientación sobre materias optativas que o estudantado poderá escoller o próximo ano no 4º curso do grao de ADE ou Economía. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 05/05/2026A programación de visitas para coñecer a colección de arte galega contemporánea da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, está a ser un éxito. De facto, as reservas para o día 11 superaron o límite que tíñamos establecido. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 05/05/2026A semana pasada finalizamos as actividades da Aula Profesional ECOADE desde curso 25/26 con unha visita a JEALSA na que se puideron coñecer os procesos de fabricación e a organización que fan funcionar con excelencia a esta empresa familiar. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 30/04/2026Tes dúbidas sobre que materias optativas escoller o próximo ano no 4º curso do grao de ADE ou Economía? Este mércores, 6 de maio ás 12.30 h, podes resolver esas dúbidas. 110
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 29/04/2026Hoxe estamos na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC aprendendo cómo utilizar LinkedIn para facer contactos profesionais, manter actualizado o CV, buscar traballo…. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 28/04/2026O pasado 24 de abril o estudantado da materia Técnicas de enquisas e análise de datos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC realizaron unha visita formativa ao Instituto Galego de Estatística (IGE) coa profesora Isabel Neira 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 27/04/2026Últimas horas para apuntarse ao taller impartido por José Ramón Porto Pedrido que pode axudarche a explorar as distintas posibilidades na carreira profesional e mesmo incrementar as túas posibilidades de empregabilidade. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 24/04/2026Esta semana tivemos na Aula Profesional da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC a 2ª sesión do taller sobre Xestión de clientes cun #CRM. Moitas grazas a Antonio Vázquez Sanmartín por esta estupenda introdución a unha ferramenta que axuda a impulsar as vendas en calquera organización! 000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 23/04/2026Hoxe é 23 de abril, día do libro. Na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC convidámoste a visitar a Feira dos Libros Libres que vimos celebrando desde o 17 de abril e durará até 17 de maio. Neste día liberaremos libros especiais en diferentes momentos. Vén descubrilos! 000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 21/04/2026Informámosvos desta oferta de emprego que nos chegou de Zemsania, Axencia de Talento Dixital. Tendes máis información sobre o posto e os requisitos en: careers.zemsania.com/consultor-a-... 000
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 21/04/2026Este curso remataremos a programación da Aula Profesional ECOADE da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC coa visita a JEALSA que organiza a Cátedra de Empresa Familiar da USC. Será o próximo xoves 30 de abril entre as 9 e as 14h. Prazas limitadas, inscricións ata este xoves 23 de abril! 001
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 20/04/2026SOMOS ARTE E SOMOS ECOADE Continuando coa presentación da colección de arte contemporánea da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, presentamos o primeiro dos cadros da serie Alba de Gloria (Acrílico, 1980. 112x245 cm) que Xosé Conde Corbal pintou como homenaxe ao famoso discurso de Castelao. 100
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais @ecoadeusc.bsky.social · 20/04/2026Ademais das iniciativas que hai na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC e que poden axudarche na túa empregabilidade, podes asisitr tamén de xeito presencial ou online ás Xornadas de Orientación Laboral 100