Sign in

compostelaberta.bsky.social

@compostelaberta.bsky.social
178 followers 73 following 101 posts
PostsRepliesMedia
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 06/10/2026
⛺️ Imaxina ter centos de persoas defendendo o acceso a unha vivenda digna nas prazas de todo o Estado, e ti estar preocupado por un enchufe para cargar uns móbiles. 🤥 O PP de Rueda, Paula Prado e Borja Verea retratándose
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 05/10/2026
🏡 Levamos máis de dez anos falando do problema da vivenda. En 2015 chamáronnos “turismofóbicos” por iniciar a regulación dos pisos turísticos. Hoxea xente non ten casa. 🗳️Do 29N debe sair un goberno progresista e valente. O drama da vivenda non o vai solucionar quen o alimentou
021
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 03/10/2026
🏡A crise da vivenda require medidas urxentes e valentía. Non se pode agardar máis, e milleiros de persoas esíxeno hoxe nas rúas, tamén en Santiago. 📣 Queremos casas para vivir e non para especular. Compostela tamén contra o rendismo!
011
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 29/09/2026
🏡 En Compostela Aberta témolo claro: a vivenda é un dereito básico e non un activo financeiro 🗣️María Rozas: “Este é o principal reto que temos como sociedade e as administracións non poden mirar para outro lado, sobre todo a que ten as competencias en materia de vivenda que é a Xunta”
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 27/09/2026
🏛️ No último Pleno, o PP quixo falar de Ceuta. Non queren defender á poboación ceutí, senón alentar os discursos máis duros contra a inmigración 🗣️María Rozas: “Defender os dereitos dos ceutís non debe implicar ignorar os dereitos humanos, que é o que fai o Partido Popular”
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 19/09/2026
🚌 Levar o transporte público ao rural era de xustiza e era o compromiso de Compostela Aberta. Imos cumprilo. 🚍 Esta semana, a veciñanza das parroquias comprobou como lle vai facilitar a vida o novo contrato do transporte. O cambio chegará antes de que acabe o ano @xanduro.bsky.social
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 07/09/2026
⚫️ O noso pésame e todo o noso cariño para a familia e amizades de Celsa Oreiro, Checha, e para as súas compañeiras de @anovagal.bsky.social Que a terra lle sexa leve.
elcorreogallego.es
Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
El Gobierno municipal bipartito destaca su compromiso con la escuela de música y el desarrollo del ámbito cultural
044
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 21/08/2026
✈️ Diante das últimas informacións sobre a aeroliña Fly2Galicia, CA reitera o seu rexeitamento a que no noso país operen empresas implicadas nas políticas xenocidas do Estado de Israel e a calquera apoio institucional a entidades sospeitosas desa colaboración co xenocidio en Gaza.
053
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 04/08/2026
🗞️ Aquí vai un resumo da actividade do grupo de Compostela Aberta no goberno nos últimos meses 🔗 i.gal/OqWJO
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 25/07/2026
⚪️🔵⚪️ No #25deXullo Santiago volve exercer con orgullo o seu papel de capital do país. Desde a pluralidade e a tolerancia, reivindicando o que somos e a nosa historia e mirando cara un futuro de igualdade e xustiza social. Feliz Día Nacional de Galicia! #DíaDeGalicia
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 06/07/2026
👨‍⚖️Hai un ano, unha sentenza histórica devolvíanos as esculturas do Mestre Mateo espoliadas polos Franco, pechando o proceso xudicial aberto en 2017 polo Goberno de CA 🗣️Vémonos o día 18 para falar con tres dos protagonistas: Martiño Noriega, Xaquín Monteagudo e Ricardo Gurriarán
065
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 28/06/2026
🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ Orgullosas, diversas, reivindicativas e libres. #DíaDoOrgulloLGTBIQ
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 26/06/2026
🏳️‍🌈 Hoxe celebramos o acto institucional con motovo do Día Internacional do Orgullo. Reafirmamos o noso compromiso coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQ+, da diversidade e da liberdade. Non daremos ningún paso atrás.
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 17/06/2026
As imaxes que vimos todas son preocupantes e lamentables. A actuación das Forzas de Seguridade non pode nin debe quedar fora do control democrático e por iso urxen explicacións.
011
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 06/06/2026
📢 Urxe abaratar os alugueiros, poñerlle freo á especulación, garantir máis vivenda pública e acabar co negocio que só beneficia a uns poucos. 🏠 Porque a vivenda é un dereito, e non pode custarnos a vida. @xvivendacompos.bsky.social
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 29/05/2026
O PP pídelle ao Estado un maior financiamento da dependencia. E que quere ocultar? 👉Que Galicia é a comunidade do Estado que inviste menos por dependente 👉Que a Xunta duplica os prazos para tramitar os expedientes 👉Que a Xunta segue infrafinanciando o SAF 🗣️María Rozas 👇
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 17/05/2026
👅 Feliz e reivindicativo Día das Letras Galegas! “Non hai revolución sen palabras” Begoña Caamaño
001
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 23/04/2026
🙌 A veciñanza de Santiago mostroulle hoxe o seu cariño, respecto e admiración ao exfiscal Xeral do Estado. O acontecido con Álvaro García Ortiz déixanos unha lección importante: urxe seguir loitando para mudar as cousas. Ao acto desta tarde asistiron María Rozas e @xanduro.bsky.social
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 21/04/2026
⚫️ Galicia botará en falta a súa intelixencia, a súa ironía e, sobre todo, o seu compromiso. O noso pésame e todo o cariño para a súa xente. Que a terra lle sexa leve.
030
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 02/04/2026
#DíaMundialAutismo #FaiUnXesto #MenosXuízosMáisApoios #AutismoGalicia
011
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 27/03/2026
🏛️ Onte volveuse falar no Pleno da xestión da auga, e volvimos defender o control público. Porque así o avalan os informes e a experiencia doutros concellos. Pero diante das evidencias, a oposición prefire…🙈🙉
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 26/03/2026
🏛️ O Pleno aprobou hoxe os orzamentos de 2026, vinculados a unha cuestión de confianza 💰É unha boa noticia para Santiago e a súa veciñanza. Porque estes van ser uns orzamentos positivos para Compostela. 🤲 Este seguirá sendo o mandato do social
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 25/03/2026
🏛️No Pleno de hoxe, Borja Verea sacou unha lista de promesas electorais que precisarían do orzamento dunha década para a súa execución. E tamén tirou de populismo para comprometerse a retirar os radares. 🗣️ Como lle dixo @maria_rzs , “no PP son menos de radares que de Baltares”
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 25/03/2026
💰Hoxe o Pleno rexeitou o proxecto dos orzamentos municipais de 2026. A oposición non aprobou unhas contas que destinan 177€ por habitante a gasto social, a cifra máis alta da historia de Santiago. 🤲 Este é o mandato do social, e seguiremos mellorando o benestar da veciñanza
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 19/03/2026
⚖️ Esixímoslle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes, nunha moción conxunta co BNG que levaremos ao próximo Pleno 💪🏻Como fixemos no Goberno desde 2017, seguimos apoiando as reivindicacións da veciñanza 🔗 i.gal/wfDEn
i.gal
Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes - Compostela Aberta
Compostela Aberta e BNG instan á Xunta de Galicia a cumprir coas súas responsabilidades e, no marco das súas competencias, activar de maneira urxente o
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 08/03/2026
💜📢 Feminismo contra o avance do fascismo. Feminismo para mudalo todo #8m #8mcompostela #DíaInternacionalDasMulleres
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 08/03/2026
💜 📢 Hoxe volvemos á rúa para berrar polos dereitos de todas. E para lembrar que contra o avance do fascismo e dos discursos negacionistas e do odio, urxe máis feminismo. #FeminismoParaMudaloTodo #8MCompostela #8M
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 05/03/2026
💦 Defendemos outro modelo para a xestión da auga porque os datos din que é mellor para Santiago ⚠️Outros defenden a concesión e din que só así se poderán evitar as avarías diarias que temos na rede… despois de medio século de concesión. 🧐😒💸
022
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 28/02/2026
🏫 O PP xerou unha polémica innecesaria co cambio de nome do CEIP Apóstolo Santiago ❓Tan pouco valoran a identidade de Santiago que cren que o nome dun colexio a pón en risco? ❓Onde está Verea cando os colexios denuncian os seus verdadeiros problemas e piden máis profesorado?
000
Reposted by @compostelaberta.bsky.social
Concello de Santiago @concellosantiago.bsky.social · 27/02/2026
🚍O Concello reactiva o concurso do transporte urbano tras o rexeitamento dos recursos do TACGAL 🗓️A Xunta de Goberno local aprobará a ampliación do prazo de presentación de ofertas ata o 18 de marzo 🔗 i.gal/tHoPR
001
Reposted by @compostelaberta.bsky.social
Concello de Santiago @concellosantiago.bsky.social · 27/02/2026
🇪🇭O Fondo Galego de Cooperación reivindica en Santiago a causa saharauí no 50º aniversario da RASD 🏛️A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais @mariarozas.bsky.social, vogal do Fondo Galego de Cooperación, foi a anfitrioa da xuntanza da súa Comisión Executiva, no Paxo de Raxoi 🔗 i.gal/TL8Ij
001
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 27/02/2026
🏛️ No debate sobre a xestión do ciclo da auga, Compostela Aberta volveu mostrar a súa coherencia. 💦 Levamos máis de 40 anos coa mesma concesionaria, cunha única licitación neste tempo, e con moitas incógnitas. 🗣️Díxoo María Rozas: cando se van desclasificar os papeis de Viaqua?
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 23/02/2026
🎙️María Rozas: “O incremento do orzamento do Servizo de Axuda no Fogar non figura no capítulo de investimentos, pero mellora a vida da xente. O mesmo acontece co transporte, co mantemento das instalacións deportivas, do viario público…”
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 23/02/2026
🎙️ María Rozas: “Estes son os orzamentos máis altos da historia de Santiago, e polo tanto non se pode dicir que non son ambiciosos. Porque iso non se pode medir só en cemento, como está a facer o PSOE”
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 23/02/2026
🎙️@maria_rzs: “Os orzamentos de 2026 apostan polas políticas que veñen sendo prioritarias para este Goberno, como o gasto social ou a mobilidade. Pero ademais poñen o foco no mantemento da cidade, unha necesidade sobre a que existe un amplo consenso”
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 23/02/2026
📻 Nuns minutos comeza o debate sobre actualidade local de @radioliderstgo, coa participación de @maria_rzs. Podes seguila por aquí 👇 facebook.com/share/v/18Lo6w…
facebook.com
Log in or sign up to view
See posts, photos and more on Facebook.
200
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 20/02/2026
💦 No próximo Pleno votarase a proposta sobre a xestión da auga e CA non apoiará un modelo que non garante o control público do servizo 🚰 Os informes din que a concesión non é a mellor opción e advirten das irregularidades do actual contrato. Perpetuar o modelo é irresponsable.
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 15/02/2026
👩🏻‍🚒En Ferrol, cidade gobernada polo PP, hoxe só hai dous bombeiros dispoñibles. Pero nin Borja Verea nin Paula Prado están pedindo dimisións. 🤥 Unha mostra máis da hipocrisía de Verea, que volveu prometer a contratación de cen policías, sabendo que iso non é posible legalmente.
011
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 13/02/2026
🏛️ 💦 No debate sobre o estado do concello, María Rozas falou da urxencia de recuperar o control público da auga. 🗣️ “A veciñanza leva máis de 50 anos sufrindo unha concesión chea de irregularidades, no seu peto e nun servizo que non mellora”
001
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 13/02/2026
🏛️ No debate sobre o estado do Concello, María Rozas reivindicou que este é o mandato do social 🗣️ “Executamos 135 euros de gasto social por habitante, fronte aos 55 de hai dez anos. Acadamos récord de usuarias no SAF, mentres a Xunta segue racaneando o financiamento do servizo.
021
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
🗣María Rozas: "Reforzamos a atención ás persoas sen fogar e nuns meses abriremos o Centro de Belvís. Niso traballamos mentres outros atentan contra a dignidade das persoas vulnerables poñendo o foco e os medios de comunicación diante delas e alimentando os discursos do odio"
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
🗣María Rozas: "En 2025, case 2.000 nenos e nenas obtiveron bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares, ás que destinamos 1,1 millón de euros. Hai dez anos, co PP, non chegaba aos 170.000 euros. Outro dato para quen di que Santiago non mellorou nestes anos"
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
🗣María Rozas: "En 2025 superamos as 800 usuarias do SAF, a cifra máis alta da historia. É o resultado do noso compromiso orzamentario, que non é compartido por quen ten a competencia. A Xunta segue raleando o financiamento como se isto se tratara de darnos esmola os concellos.
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
María Rozas: "Apostamos polo gasto social. Executamos 135 euros por habitante en 2025, e orzamos 190 para este ano. Hai dez anos, co PP, orzáronse 71 euros de gasto social por habitante e executáronse 55. Que anoten o dato os que preguntan en que mellorou Santiago nesta década"
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
🗣María Rozas: "Na licitación dos CSC puxemos por diante ás traballadoras e a calidade do servizo, e aprobamos uns pregos moito mellores que os anteriores, tal e como recoñeceu publicamente o comité de empresa. Co que non contamos foi coas decisións irresponsables de terceiros"
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
🗣María Rozas: "Mesmo nas cuestións pendentes demos grandes pasos. Iniciamos a licitación do transporte desde o convencemento de que este é un servizo público que require o compromiso económico do Concello. Para termos máis liñas, mellores frecuencias, e tarifas asumibles"
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
🗣María Rozas: "Chegamos a este Pleno con cuestións importantes pendentes, como a xestión dos Centros Socioculturais ou a licitación do transporte. Non é o habitual que falemos dos "debes", mais a transparencia e a honestidade van no ADN de CA. Niso tampouco somos todos iguais"
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
🏛️ Nuns minutos comeza o Pleno do debate sobre o estado do Concello. Podes seguir a sesión en directo por aquí 👇 www.youtube.com/live/2GSvE3N...
youtube.com
Pleno extraordinario de Debate sobre o estado do Concello, 12 de febreiro do 2026
YouTube video by CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 09/01/2026
🗓️ Comezamos o ano cun encontro cos medios de comunicación, no que falamos do moito que levamos feito neste mandato e tamén dos propósitos para esre ano. 🚌🅿️ 2026 será o ano da mobilidade en Santiago
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 18/10/2025
8️⃣0️⃣Onte celebramos os 80 anos do edificio da Praza de Abastos cun acto impulsado desde o departamento de Mercados que dirixe @xanduro.bsky.social 🙌 Foi un día de agradecer o traballo das praceiras e de reivindicar o que o Mercado significa: proximidade, calidade e un consumo máis sostible
021