Sign in

compostelaberta.bsky.social

@compostelaberta.bsky.social
179 followers 73 following 103 posts
PostsRepliesMedia
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 08/10/2026
Beiras acompañounos desde os primeiros pasos en Olmedo e celebrou con nós a histórica noite electoral de 2015. Foi, é, un referente e exemplo de valentía e dignidade. Hoxe é un día de tristura inmensa. Mañá seguiremos na súa loita, pelexando cando menos por “un pouco de decencia”
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 08/10/2026
⚫️ A perda para o país é enorme, a tristura para nós é inmensa. Todo o noso afecto para a familia e as amizades de Beiras e para as compañeiras de @anovagal.bsky.social Que a terra lle sexa leve.
031
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 06/10/2026
⛺️ Imaxina ter centos de persoas defendendo o acceso a unha vivenda digna nas prazas de todo o Estado, e ti estar preocupado por un enchufe para cargar uns móbiles. 🤥 O PP de Rueda, Paula Prado e Borja Verea retratándose
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 05/10/2026
🏡 Levamos máis de dez anos falando do problema da vivenda. En 2015 chamáronnos “turismofóbicos” por iniciar a regulación dos pisos turísticos. Hoxea xente non ten casa. 🗳️Do 29N debe sair un goberno progresista e valente. O drama da vivenda non o vai solucionar quen o alimentou
021
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 03/10/2026
🏡A crise da vivenda require medidas urxentes e valentía. Non se pode agardar máis, e milleiros de persoas esíxeno hoxe nas rúas, tamén en Santiago. 📣 Queremos casas para vivir e non para especular. Compostela tamén contra o rendismo!
011
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 29/09/2026
🏡 En Compostela Aberta témolo claro: a vivenda é un dereito básico e non un activo financeiro 🗣️María Rozas: “Este é o principal reto que temos como sociedade e as administracións non poden mirar para outro lado, sobre todo a que ten as competencias en materia de vivenda que é a Xunta”
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 27/09/2026
🏛️ No último Pleno, o PP quixo falar de Ceuta. Non queren defender á poboación ceutí, senón alentar os discursos máis duros contra a inmigración 🗣️María Rozas: “Defender os dereitos dos ceutís non debe implicar ignorar os dereitos humanos, que é o que fai o Partido Popular”
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 19/09/2026
🚌 Levar o transporte público ao rural era de xustiza e era o compromiso de Compostela Aberta. Imos cumprilo. 🚍 Esta semana, a veciñanza das parroquias comprobou como lle vai facilitar a vida o novo contrato do transporte. O cambio chegará antes de que acabe o ano @xanduro.bsky.social
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 21/08/2026
✈️ Diante das últimas informacións sobre a aeroliña Fly2Galicia, CA reitera o seu rexeitamento a que no noso país operen empresas implicadas nas políticas xenocidas do Estado de Israel e a calquera apoio institucional a entidades sospeitosas desa colaboración co xenocidio en Gaza.
053
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 04/08/2026
🗞️ Aquí vai un resumo da actividade do grupo de Compostela Aberta no goberno nos últimos meses 🔗 i.gal/OqWJO
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 25/07/2026
⚪️🔵⚪️ No #25deXullo Santiago volve exercer con orgullo o seu papel de capital do país. Desde a pluralidade e a tolerancia, reivindicando o que somos e a nosa historia e mirando cara un futuro de igualdade e xustiza social. Feliz Día Nacional de Galicia! #DíaDeGalicia
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 06/07/2026
👨‍⚖️Hai un ano, unha sentenza histórica devolvíanos as esculturas do Mestre Mateo espoliadas polos Franco, pechando o proceso xudicial aberto en 2017 polo Goberno de CA 🗣️Vémonos o día 18 para falar con tres dos protagonistas: Martiño Noriega, Xaquín Monteagudo e Ricardo Gurriarán
065
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 28/06/2026
🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ Orgullosas, diversas, reivindicativas e libres. #DíaDoOrgulloLGTBIQ
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 26/06/2026
🏳️‍🌈 Hoxe celebramos o acto institucional con motovo do Día Internacional do Orgullo. Reafirmamos o noso compromiso coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQ+, da diversidade e da liberdade. Non daremos ningún paso atrás.
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 06/06/2026
📢 Urxe abaratar os alugueiros, poñerlle freo á especulación, garantir máis vivenda pública e acabar co negocio que só beneficia a uns poucos. 🏠 Porque a vivenda é un dereito, e non pode custarnos a vida. @xvivendacompos.bsky.social
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 29/05/2026
O PP pídelle ao Estado un maior financiamento da dependencia. E que quere ocultar? 👉Que Galicia é a comunidade do Estado que inviste menos por dependente 👉Que a Xunta duplica os prazos para tramitar os expedientes 👉Que a Xunta segue infrafinanciando o SAF 🗣️María Rozas 👇
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 17/05/2026
👅 Feliz e reivindicativo Día das Letras Galegas! “Non hai revolución sen palabras” Begoña Caamaño
001
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 23/04/2026
🙌 A veciñanza de Santiago mostroulle hoxe o seu cariño, respecto e admiración ao exfiscal Xeral do Estado. O acontecido con Álvaro García Ortiz déixanos unha lección importante: urxe seguir loitando para mudar as cousas. Ao acto desta tarde asistiron María Rozas e @xanduro.bsky.social
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 02/04/2026
#DíaMundialAutismo #FaiUnXesto #MenosXuízosMáisApoios #AutismoGalicia
011
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 27/03/2026
🏛️ Onte volveuse falar no Pleno da xestión da auga, e volvimos defender o control público. Porque así o avalan os informes e a experiencia doutros concellos. Pero diante das evidencias, a oposición prefire…🙈🙉
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 26/03/2026
🏛️ O Pleno aprobou hoxe os orzamentos de 2026, vinculados a unha cuestión de confianza 💰É unha boa noticia para Santiago e a súa veciñanza. Porque estes van ser uns orzamentos positivos para Compostela. 🤲 Este seguirá sendo o mandato do social
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 25/03/2026
🏛️No Pleno de hoxe, Borja Verea sacou unha lista de promesas electorais que precisarían do orzamento dunha década para a súa execución. E tamén tirou de populismo para comprometerse a retirar os radares. 🗣️ Como lle dixo @maria_rzs , “no PP son menos de radares que de Baltares”
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 25/03/2026
💰Hoxe o Pleno rexeitou o proxecto dos orzamentos municipais de 2026. A oposición non aprobou unhas contas que destinan 177€ por habitante a gasto social, a cifra máis alta da historia de Santiago. 🤲 Este é o mandato do social, e seguiremos mellorando o benestar da veciñanza
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 08/03/2026
💜📢 Feminismo contra o avance do fascismo. Feminismo para mudalo todo #8m #8mcompostela #DíaInternacionalDasMulleres
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 08/03/2026
💜 📢 Hoxe volvemos á rúa para berrar polos dereitos de todas. E para lembrar que contra o avance do fascismo e dos discursos negacionistas e do odio, urxe máis feminismo. #FeminismoParaMudaloTodo #8MCompostela #8M
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 05/03/2026
💦 Defendemos outro modelo para a xestión da auga porque os datos din que é mellor para Santiago ⚠️Outros defenden a concesión e din que só así se poderán evitar as avarías diarias que temos na rede… despois de medio século de concesión. 🧐😒💸
022
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 28/02/2026
🏫 O PP xerou unha polémica innecesaria co cambio de nome do CEIP Apóstolo Santiago ❓Tan pouco valoran a identidade de Santiago que cren que o nome dun colexio a pón en risco? ❓Onde está Verea cando os colexios denuncian os seus verdadeiros problemas e piden máis profesorado?
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 27/02/2026
🏛️ No debate sobre a xestión do ciclo da auga, Compostela Aberta volveu mostrar a súa coherencia. 💦 Levamos máis de 40 anos coa mesma concesionaria, cunha única licitación neste tempo, e con moitas incógnitas. 🗣️Díxoo María Rozas: cando se van desclasificar os papeis de Viaqua?
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 23/02/2026
🎙️@maria_rzs: “Os orzamentos de 2026 apostan polas políticas que veñen sendo prioritarias para este Goberno, como o gasto social ou a mobilidade. Pero ademais poñen o foco no mantemento da cidade, unha necesidade sobre a que existe un amplo consenso”
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 20/02/2026
💦 No próximo Pleno votarase a proposta sobre a xestión da auga e CA non apoiará un modelo que non garante o control público do servizo 🚰 Os informes din que a concesión non é a mellor opción e advirten das irregularidades do actual contrato. Perpetuar o modelo é irresponsable.
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 15/02/2026
👩🏻‍🚒En Ferrol, cidade gobernada polo PP, hoxe só hai dous bombeiros dispoñibles. Pero nin Borja Verea nin Paula Prado están pedindo dimisións. 🤥 Unha mostra máis da hipocrisía de Verea, que volveu prometer a contratación de cen policías, sabendo que iso non é posible legalmente.
011
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 13/02/2026
🏛️ 💦 No debate sobre o estado do concello, María Rozas falou da urxencia de recuperar o control público da auga. 🗣️ “A veciñanza leva máis de 50 anos sufrindo unha concesión chea de irregularidades, no seu peto e nun servizo que non mellora”
001
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 13/02/2026
🏛️ No debate sobre o estado do Concello, María Rozas reivindicou que este é o mandato do social 🗣️ “Executamos 135 euros de gasto social por habitante, fronte aos 55 de hai dez anos. Acadamos récord de usuarias no SAF, mentres a Xunta segue racaneando o financiamento do servizo.
021
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
🗣María Rozas: "En 2025, case 2.000 nenos e nenas obtiveron bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares, ás que destinamos 1,1 millón de euros. Hai dez anos, co PP, non chegaba aos 170.000 euros. Outro dato para quen di que Santiago non mellorou nestes anos"
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 12/02/2026
María Rozas: "Apostamos polo gasto social. Executamos 135 euros por habitante en 2025, e orzamos 190 para este ano. Hai dez anos, co PP, orzáronse 71 euros de gasto social por habitante e executáronse 55. Que anoten o dato os que preguntan en que mellorou Santiago nesta década"
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 09/01/2026
🗓️ Comezamos o ano cun encontro cos medios de comunicación, no que falamos do moito que levamos feito neste mandato e tamén dos propósitos para esre ano. 🚌🅿️ 2026 será o ano da mobilidade en Santiago
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 18/10/2025
8️⃣0️⃣Onte celebramos os 80 anos do edificio da Praza de Abastos cun acto impulsado desde o departamento de Mercados que dirixe @xanduro.bsky.social 🙌 Foi un día de agradecer o traballo das praceiras e de reivindicar o que o Mercado significa: proximidade, calidade e un consumo máis sostible
021
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 05/10/2025
🇵🇸 Hoxe manifestámonos contra o xenocidio, pola paz, e por unha Palestina libre. #GalizaConPalestina #CompostelaConPalestina
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 02/10/2025
🤥 O PP acusa a María Rozas de "falta de respecto a todos os composteláns" por utilizar a expresión "soños húmidos" 🗣Dan leccións de educación mentres insultan a diario, e só para que non se fale do importante: nin ten apoios para a moción de censura nin se sabe quen manda no PP
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 22/09/2025
🤲 Hoxe participamos na presentación da Plataforma “Emerxencia, Dependencia”, coa que organizacións sociais, políticas e sindicais esiximos unha atención digna á dependencia. ‼️En Galicia, 1.700 persoas agardan polas prestacións e o prazo da tramitación duplica ao previsto na lei
000
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 13/09/2025
👏 ACEM celebra os seus 30 anos de traballo para mellorar a vida das persoas con esclerose múltiple, Parkinson ou ELA cunha xornada solidaria na Praza de Abastos á que non faltaron María Rozas e @xanduro.bsky.social Ainda estás a tempo de sumarte ata as 19.00 horas!
021
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 10/09/2025
No #DíaMundialDaPrevenciónDoSuicidio, María Rozas e Xan Duro sumáronse ás “Badaladas pola prevención do suicidio” convocadas polo Movemento Galego de Saúde Mental. En 2024, en Galicia morreron 300 persoas por esta causa, unha cifra intolerable. Urxen máis recursos e máis atención.
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 25/06/2025
🚉 Esta mañá quedará inaugurada a estación intermodal, coa apertura do espazo que conecta as terminais de tre e autobuses 🚆 É unha magnífica noticia, que é posible hoxe porque hai 9 anos estabamos aquí 👇
142
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 24/06/2025
🔥🐟 A noite de San Xoán é a máis longa do ano para termos tempo de percorrer as moitas cacharemas e sardiñadas que se celebran en Santiago. María Rozas e Xan Duro pasaron hoxe por Santa Marta, Sar, San Pedro, zona histórica e Conxo.
031
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 16/06/2025
🌳María Rozas lembrou que nestes dous anos gañamos equipamentos como a Casa das Máquinas e espazos públicos como o Berce do Sar. Tamén avanzamos na recuperación do Banquete de Conxo “fronte aos proxectos supostamente de progreso que ignoraron informes técnicos e á veciñanza”
010
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 16/06/2025
🚲 A tenenta de alcaldesa explicou que “nestes dous anos avanzamos noutras cuestións como a aprobación do PMUS, a planificación de novos carrís bici, o implantación dunha liña de bus directa ao aeroporto, ou o problema da falta de taxis que este Goberno abordou por primeira vez”
110
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 16/06/2025
🧒🏼👵🏻 A tenenta de alcaldesa lembrou os avances en políticas dirixidas á mocidade e ás persoas maiores: “Melloramoa notablemente o Servizo de Axuda no Fogar, asumindo os custos que non asume a Xunta, que segue sen atender as súas competencias”
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 16/06/2025
🤲 María Rozas reivindicou que este é o mandato do social: “Demóstrano as cifras dos orzamentos e as 22.000 persoas ás que chegaron os Servizos Sociais. É unha cifra record, que se produce cando temos a taxa de paro máis baixa da historia”
100
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 16/06/2025
🧵Hoxe fixemos balance dos dous anos de mandato municipal e demos conta da acción do Goberno neste tempo. 🗣️ @mariarozas.bsky.social: “Santiago é hoxe mellor que hai dous anos, e moito mellor que hai dez. Logramos avances moi importantes, e sementamos outros que están por chegar”
110
compostelaberta.bsky.social @compostelaberta.bsky.social · 31/05/2025
🐙O xantar das persoas maiores é unha das citas da Ascensión ás que non se pode faltar. Alí estiveron un ano máis María Rozas e Xan Duro #Ascensión2025
021