Sign in

Casa de Rosalía

@casaderosalia.bsky.social
544 followers 171 following 392 posts

Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Visítanos e, se che presta, colabora con nós! rosalia.gal Tamén organizamos un festival: abrideafiestra.gal

PostsRepliesMedia
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 02/10/2026
Hoxe falan de nós... en 🇩🇪!!! Moitas grazas Spanien Reisemagazin! www.spanien-reisemagazin.de/buecher/lite...
spanien-reisemagazin.de
Galiciens Dichterin Rosalía de Castro
Rosalía de Castro ist die wichtigste Literatin Galiciens. Wir haben in Padrón mit dem Leiter ihrer Stiftung gesprochen, dem Literaturprofessor Anxo Angueira.
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 25/09/2026
Estamos a colaborar canda outras casas-museo no proxecto Terraverso que coordina a Universidade da Coruña. E agradecémosvos que participedes respondendo a esta enquisa. Moitas grazas! 😊 terraverso.udc.es
003
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 23/09/2026
Decides que o matrimonio é santo e bueno; seraio, mais non casou San Antonio por máis que o mesmo demonio tentouno a face-lo ensaio. [Follas novas, 1880] 😉 www.lavozdegalicia.es/noticia/cult...
lavozdegalicia.es
Magalí Sare: «La poesía de Rosalía de Castro sobre el matrimonio es espectacular, así que dije: 'Tiene que estar en el disco'»
La artista abrirá esta noche el festival Maré en Santiago con un concierto especial de su álbum «Descasada» acompañada por el coro Vox Stellae, donde interpretará varias piezas en gallego
032
Reposted by Casa de Rosalía
Praza Pública @praza.gal · 22/09/2026
🎶 ENTREVISTA | Aida Tarrío e Raül Refree, Gala i Ovidio: "Enxálzase a Lorca como unha figura universal, pero Rosalía tamén o é" A tanxugueira Aida Tarrío e Raül Refree, Gala i Ovidio, presentan dúas novas cancións praza.gal/cultura/gala...
praza.gal
Gala i Ovidio: "Enxálzase a Lorca como unha figura universal, pero Rosalía tamén o é" - Praza Pública
A tanxugueira Aida Tarrío e Raül Refree, Gala i Ovidio, presentan dúas novas cancións, que dan continuidade ao seu primeiro álbum, Un final que parece un principio, que presentaron en directo en…
062
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 22/09/2026
www.lavozdegalicia.es/noticia/cult...
lavozdegalicia.es
O investigador Diego Rodríguez cuestiona a cronoloxía da obra de Rosalía
A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago celebrará o luns unha sesión académica na que repensará, a partir de manuscritos e edicións, cando puideron ser escritos algúns dos textos cruci...
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 21/09/2026
A nosa recomendación de lectura de hoxe 😉 #GalaiOvidio #RosalíadeCastro #Lorca praza.gal/cultura/gala...
praza.gal
Gala i Ovidio: "Enxálzase a Lorca como unha figura universal, pero Rosalía tamén o é" - Praza Pública
A tanxugueira Aida Tarrío e Raül Refree, Gala i Ovidio, presentan dúas novas cancións, que dan continuidade ao seu primeiro álbum, Un final que parece un principio, que presentaron en directo en exist...
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 16/09/2026
Queres facer prácticas cunha #BolsaFEUGA na Casa de Rosalía? Se fixeches Galego, Historia ou algún grao relacionado coas humanidades e queres aprender con nós (e nós contigo 😉) durante un ano podes presentarte! 🌹 www.becasfeuga.es/ofertas/3481...
030
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 04/09/2026
Para comezardes mellor a finde e a volta á escola, velaquí vos deixamos o temazo que fixeron as #DeVacas no #PianodeRosalía durante o festival #AbrideaFiestra 😍😍😍🐮🐮🐮 #Rexurdimente #Rosalía #Tratrá #Muuuuu
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 01/09/2026
Segue o percorrido pola expo #RosalíaIlustrada por todo o país: desde hoxe podedes vela no Módulo de Mulleres d'O Vello Cárcere de Lugo. Xa o sabedes: son 35 obras orixinais de artistas galegos: de Miguelanxo Prado a Xaquín Marín, pasando por #BeaLema #OBicheiro #IriaRibadomar e moitos outros/as! 🎨
011
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 31/08/2026
Eis o vídeo completo doutra edición da #InchadiñaBrancaVela memorable e con música en directo de #Secho ⛵️⛵️⛵️🛶 www.youtube.com/watch?v=Rqqm...
youtube.com
Inchadiña Branca Vela 2026
YouTube video by Casa de Rosalía de Castro
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 31/07/2026
Mañá é o día ⛵️ ⛵️⛵️🛶 #InchadiñaBrancaVela www.nosdiario.gal/articulo/cul...
nosdiario.gal
A "Inchadiña branca vela" de Rosalía de Castro volve sucar o Ulla
Trinta barcos de toda a Galiza remontarán o Ulla e o Sar
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 31/07/2026
Queres seguir por terra a #InchadiñaBrancaVela e unirte en Padrón á homenaxe das xentes do mar a Rosalía? ⛵️⛵️⛵️🛶 Neste mapa indicámosche os mellores puntos para vernos, aínda que na nosa web tamén o podes ver no teu Google Maps 👉 rosalia.gal/que-facemos/...
001
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 30/07/2026
on sería posible organizar a #InchadiñaBrancaVela xunto coa #ACDDorna sen a o apoio das xentes do mar e a colaboración dos concellos polos que pasa: Rianxo, Valga, Dodro e Padrón; alén de empresas como Finsa, #PulperiaRial, #CasadoPatín #Namoreiras e a asoc #Setefoghas. ⛵️🛶 Presentámola esta mañá 👇
100
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 28/07/2026
#MaríaReimóndez vén de rematar en Hereford a #ResidenciaRosalíaTraherne que promovemos en colaboración coa escritora británica @fionasampson.bsky.social . Alí traballou na súa próxima novela e puido ofrecer un seminario en @ox.ac.uk . Moitas grazas, Fiona, pola túa acollida! 🥰
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 27/07/2026
Se nunca viñeches á #InchadiñaBrancaVela, aquí podes ver este resumo da @tvgalicia.bsky.social con imaxes do ano pasado e unirte a nós este sábado 1️⃣ de agosto polas beiras do Ulla e Sar! ⛵️🛶 ➕ info: rosalia.gal/que-facemos/...
020
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 25/07/2026
Feliz #DíaNacionaldeGalicia 🩵🤍❤️ Ou Galicia, Galicia! A arpa sonora pronto descolga xa da seca ponla onde olvidada dorme, dorme a sigros contar. Os bardos fillos teus a voz levanten das cordas ó compás i enchan o mundo harmónicas i altivas tan só pra te alabar. [Follas novas]
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 24/07/2026
O Concello de Padrón vén de ampliar o prazo para presentarse á duodécima edición do certame Rosalía de Castro de poesía. Tedes ata o 2️⃣5️⃣ de setembro para enviar os vosos orixinais! rosalia.gal/que-facemos/...
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 22/07/2026
O @culturagob.bsky.social vén de entrar a formar parte do Padroado desta Fundación, xunto con outras institucións políticas e culturais e figuras da cultura galega. 📷 Imaxes da visita do pasado ano do ministro @ernesturtasun.bsky.social en visita oficial á Casa-Museo rosalia.gal/o-ministerio...
020
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 22/07/2026
Se andades por Oxford, hoxe #MaríaReimóndez ofrece unha lectura de textos na @ox.ac.uk dentro da #ResidenciaRosalíaTraherne que promove esta fundación. rosalia.gal/que-facemos/...
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 15/07/2026
Hoxe #15dexullo celebramos o cabodano do pasamento de #RosalíadeCastro. E, alén dos discursos institucionais, entregarémoslle a #RosadeGalicia a #AmancioPrada con motivo dos 50 anos do seu disco ‘Rosalía de Castro’, que supuxo un fito na música galega e na recepción da obra da nosa autora. 🌹
120
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 13/07/2026
Un ano máis, non podemos coa alma mais temos o corazón acugulado do cariño recibido. E queremos agradecer a todas e cada unha das persoas e entidades que fixeron posible outro #AbrideaFiestra no que volvemos xuntar unha comunidade de persoas ampla e variada arredor de Rosalía e da nosa cultura. ❤️❤️❤️
193
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 12/07/2026
Chegou o día! Velaquí o programa do festival #AbrideaFiestra 👇
020
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 10/07/2026
Gústannos moito os contos e o humor, e nesta edición do festival #AbrideaFiestra non han faltar tampouco, desde as letras de #DeVacas ata os monólogos de #FedericoPérezRey, un auténtico mooonstro do mellor audiovisual galego ❤️❤️❤️
111
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 09/07/2026
Nada nos presta máis que ter rapacería na Casa e no festival. Velaquí a oferta para eles, que patrocina #Deleite: 🎙️ 12h Concerto de #CéOrquestra 🏠 13h Visita didáctica con Rita Bugallo (3-7) 🗣️ 16.30 Contacontos con Inma Soto: "Xela superheroína da aldea" 🏏 Xogos tradicionais todo o día
100
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 07/07/2026
Non contabamos nesta vida con ter nesta Casa AS MÁIS GRANDES, as DE VACAS 🐮🐮🐮🐮. Canta felicidade! 😊😊😊 ➡️ Consulta todo o programa: abrideafiestra.gal
030
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 07/07/2026
Temos o #AbrideaFiestra aí á volta, mais non deixamos de celebrar o 1️⃣5️⃣ de xullo (data do pasamento da nosa autora) por todo o alto. Este ano, entregaremos a #RosadeGalicia a #AmancioPrada no 50 aniversario do seu disco 'Rosalía de Castro', e remataremos cun breve concerto seu 🥰
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 06/07/2026
Por segundo ano consecutivo alguén nos leva a pancarta do festival #AbrideaFiestra. E, outravolta, enviámoslle unha aperta ao autor e convidámolo a vir pasar o día con nós o vindeiro 12 de xullo. Como dicía Novoneyra, a forza do noso amor non pode ser inútil 😘😘😘
011
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 02/07/2026
Comprácenos mooooito que alguén a quen lemos e admiramos veña ao #AbrideaFiestra. E por fin podemos dicir que @manuelrivas.bsky.social , un dos referentes da literatura e do xornalismo galego, vai estar con nós o 12 de xullo en conversa con @belamistura.bsky.social 🥰🥰🥰 👉 abrideafiestra.gal
0104
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 02/07/2026
Desde xullo ata setembro ofrecemos visitas guiadas diarias para os nosos visitantes. Achégate! 🥰
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 01/07/2026
Hoxe presentamos en rolda de prensa o programa completo do festival #AbrideaFiestra canda a Deputación o Concello de Padrón e a Xunta, que tamén apoian #Paco&Lola #Deleite e #Gadis 🥰🥳 Velaquí o tedes: abrideafiestra.gal
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 26/06/2026
A imaxe do festival @abrideafiestra deste ano amósanos a Rosalía e a Murguía agardando polo eclipse que poderemos gozar en agosto e, por suposto, coma sempre acolleremos unha actividade da man da Agrupación Astronómica Ío 🌞🌝💫
110
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 23/06/2026
🥳🌾🎋🪻🌷 Xa non te vin, meniña, na 𝗻𝗼𝗶𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗫𝗼𝗮́𝗻, poñendo as 𝗳𝗿𝗲𝘀𝗰𝗮𝘀 𝗵𝗲𝗿𝗯𝗮𝘀 na fonte a serenar. Xa non te vin fresquiña cal rosa no rosal, que muchadiña estabas de tanto saloucar. [Cantares gallegos]
031
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 22/06/2026
Vimos de ampliar ata o 1️⃣5️⃣ de xullo a expo 'Rosalía Ilustrada' que podedes ver na Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra. Con obras de #MiguelanxoPrado #LuísDavila #BeaLema #XaquínMarín #ElgaFLamas #LeandroLamas #BeaGregores #IriaRibadomar #AndreadeToba #KikodaSilva e moitos máis! 🎨
110
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 19/06/2026
Sabedes o que pasa un venres calquera á mañá cando está saíndo da Casa de Rosalía o grande Xabier Díaz e entrando un grupo de avellentamento activo de Ribeira? Pois acontece isto 🥰 👇
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 16/06/2026
Queres vivir o festival #AbrideaFiestra dun xeito distinto? Queres colaborar coa Casa de Rosalía? Queres pasalo ben e coñecer xente fantástica? 😁😎 Apúntate como voluntaria ou voluntario! ➡️ Escríbenos: voluntariado@rosalia.gal
011
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 15/06/2026
Xa queda menos dun mes para o #AbrideaFiestra, un festival para gozarmos da mañá á noite. En familia, cos amigos... como mellor che preste! 🥳 Con #DeVacas #CorodaRa #FedericoPérez #ManuelRivas #CéOrquestra #AnxosSumai #PechaaCansela, #PepeBarro #DJPeterSéLeK #IcíaGarcía... 🔜 Pronto, todo o programa!
031
Reposted by Casa de Rosalía
Xerais @xerais.bsky.social · 10/06/2026
Rosalía de Castro é unha figura clave da literatura universal porque tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos nunha época en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Coñece o esencial da vida e da obra de Rosalía. 📚 Rosalíate!😉
021
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 10/06/2026
Hoxe imos ao #ConcellodeFene a presentar o número 🔟 da revista #FollasNovas diariodeferrol.elidealgallego.com/ferrolterra/...
diariodeferrol.elidealgallego.com
Fene albergará la presentación de la décima revista Follas Novas de Estudos Rosalianos
El acto, al que acudirá la alcaldesa de la localidad, tendrá lugar este miércoles a las 19.00 horas en la Casa da Cultura
000
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 08/06/2026
Comezamos en 2015 co proxecto da nova revista de estudos rosalianos e acabamos de chegar ao número 🔟 con novos contidos arredor do mundo de Rosalía. Presentámolo este mércores na Casa da Cultura do Concello de Fene, que patrocina esta edición. Moi pronto nas mellores librarías! 🥰
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 04/06/2026
⏳ Comeza a conta atrás para o festival #AbrideaFiestra❗️❗️❗️ 🖋️ Anótao na túa axenda: 1️⃣2️⃣ de xullo❗️ 👟 Prepara zapato cómodo❗️ 👫👭 E trae a toda a familia e/ou panda 🥳 🔜 [Moi pronto, todo o programa]
030
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 02/06/2026
Acabas de rematar a carreira de Historia, Filoloxía Galega ou Humanidades? Interésache Rosalía, os museos e a cultura galega? Se che gustaría facer prácticas durante un ano aquí, que saibas que vimos de convocar unha #BolsaFEUGA. Apúntate! ☺️ ➕ info: www.becasfeuga.es/ofertas/3304...
021
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 17/05/2026
Hoxe é o Día! E celebrámolo cun concerto de @sheilapatricia.bsky.social , nova voz do trad galego. Aquí vos agardamos! 🥳 🗓️ D𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 1️⃣7️⃣ de maio 📍 Auditorio da Casa de Rosalía 🕘 19h / entrada libre
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 16/05/2026
Un ano máis celebramos o #DíadasLetras cun concerto de #SheilaPatricia, unha nova promesa do trad galego, que nos vai presentar aquí o seu último disco, 'Epifanía'. 🗓️ D𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 1️⃣7️⃣ de maio 📍 Auditorio da Casa de Rosalía 🕘 19h / entrada libre www.youtube.com/watch?v=tfhi...
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 15/05/2026
Para rematar a Homenaxe a Ferrín realizamos unha lectura colectiva do máis emblemático dos poemas de 'Con pólvora e magnolias', "Reclamo a libertade pró meu pobo". 🥰 [vídeo gravado en directo] www.facebook.com/FundacionRos...
facebook.com
2.5K views · 69 reactions | Para rematar a Homenaxe a Ferrín realizamos unha lectura colectiva do máis emblemático dos poemas de 'Con pólvora e magnolias', "Reclamo a libertade pró meu pobo". 🥰 [vídeo gravado en directo] | Casa de Rosalía
Para rematar a Homenaxe a Ferrín realizamos unha lectura colectiva do máis emblemático dos poemas de 'Con pólvora e magnolias', "Reclamo a libertade pró meu pobo". 🥰 [vídeo gravado en directo]
020
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 14/05/2026
Análises literarias, recordos, anécdotas… Celebramos os 50 anos de ‘Con pólvora e magnolias’ ❤️ #ReclamoaLibertadeprómeupobo
020
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 14/05/2026
Esta tardiña! #Reclamoalibertadeprómeupobo
000
Reposted by Casa de Rosalía
Praza Pública @praza.gal · 14/05/2026
📕👏 Homenaxe a Ferrín nos 50 anos de 'Con pólvora e magnolias', a obra que "abriu un novo tempo" 🕗🏠 Este serán, ás 20h na @casaderosalia.bsky.social
praza.gal
Homenaxe a Ferrín nos 50 anos de 'Con pólvora e magnolias', a obra que "abriu un novo tempo" - Praza Pública
A Casa de Rosalía acolle este xoves a partir das 20 horas un acto no que participarán Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Axeitos, Chus Pato, Alexandra Cabana, Quique Alvarellos e Anxo Angueira e que…
042
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 14/05/2026
Hai 50 anos publicábase ‘Con pólvora e magnolias’, de Xosé Luís Méndez Ferrín que abaneou os alicerces da literatura galega. Este serán facémoslle unha homenaxe. #Reclamoalibertadeprómeupobo
030
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 14/05/2026
Este serán! www.lavozdegalicia.es/noticia/sant...
lavozdegalicia.es
Homenaxe a Ferrín polos 50 anos da súa obra poética
A Casa de Rosalía inaugura hoxe en Padrón os actos polos 50 anos da publicación de «Con pólvora e magnolias», obra fundamental da literatura galega
010
Casa de Rosalía @casaderosalia.bsky.social · 11/05/2026
Xa estamos en plena Semana das Letras e alén da Homenaxe a Ferrín da que vos falamos o propio 1️⃣7️⃣ de maio teremos un concerto de Sheila Patricia. Aquí vos agardamos para celebrar o #DíadasLetras con nós, que xa sabedes que lembra o día da publicación de #CantaresGallegos #17demaio 🌹
030