Sign in

Campus Terra USC

@campusterrausc.bsky.social
117 followers 39 following 380 posts

Conta oficial do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. 📍 Lugo. 🕸 www.usc.gal/gl/campusterra

PostsRepliesMedia
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 14h
🤖 ‘Intelixencia Artificial Aplicada á Análise de Datos en Ciencias Biomoleculares e Tecnoloxía dos Alimentos’ 🐄 ‘Os proxectos agropecuarios dende a perspectiva da lexislación e a obtención das licencias administrativas’ 🥖 ‘Radiografía do Pan galego’ ✍️: forms.cloud.microsoft/pages/respon...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 14h
A vindeira semana darán comezo varios cursos do Plan Formativo do Campus Terra aos que aínda estás a tempo de inscribirte 👇 🌱 ‘Aplicacións do cultivo in vitro en vexetais: microenxerto e illamento de meristemos’. 🔢 ‘Programación orientada a obxectos con Python’
100
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 08/10/2026
🪸🌱 O grupo operativo BIO_MARTERRA, que conta coa participación de varios investigadores e docentes do Campus Terra, celebrará o día 22 o seu evento final, no que se darán a coñecer os resultados deste proxecto sobre o uso de bioestimulantes elaborados con algas
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 06/10/2026
☀️🌑 UMBRA, un proxecto de CITMAga que busca conservar a memoria visual de como foi vivida a eclipse do 12 de agosto en Lugo mantén aberto ata o 30 de outubro o prazo para o envío de fotografías www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
‘Eclipse 2026.8.12 en Lugo’ mantén aberta ata o 30 de outubro a súa convocatoria para participar no proxecto fotográfico UMBRA | Universidade de Santiago de Compostela
A eclipse total de Sol do pasado 12 de agosto deixou en Lugo un acontecemento difícil de repetir, polo que o proxecto UMBRA lanza unha proposta para conservar a memoria visual daquela xornada. UMBRA t...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 05/10/2026
🌳 Comprender mellor a contribución dos soutos á resiliencia territorial, á conservación da biodiversidade e ao mantemento de paisaxes culturais. A isto contribúe un estudo presentado nun workshop en Toquio por investigadores do @campusterrausc.bsky.social. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
A EPSE aborda en Xapón como avanzar cara a unha relación máis equilibrada entre as sociedades humanas e a natureza | Universidade de Santiago de Compostela
O estudante da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Joaquín Camba Carrión e o profesor e investigador do Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) Emilio Díaz ...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 02/10/2026
🧑‍🏫 A Facultade de Formación do Profesorado acolleu recentemente un encontro entre estudantado, profesorado e entidades colaboradoras do proxecto ASerES-Lugo para a posta en común dos resultados da súa colaboración 👇 www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
A autovaloración competencial dos futuros docentes mellora no contacto directo cos colectivos socioeducativos | Universidade de Santiago de Compostela
Estudantado, profesorado e entidades colaboradoras do proxecto ASerES-Lugo (Aprendizaxe-Servizo con Entidades Socioeducativas para a formación de futuras/os mestras e mestres), unha iniciativa que pro...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 01/10/2026
🧑‍🌾🌱 O Plan Formativo Campus Terra 2026 continúa este mes de outubro co seminario ‘Os proxectos agropecuarios dende a perspectiva da lexislación e a obtención das licencias administrativas’ www.usc.gal/gl/campuster...
usc.gal
Seminario "Os proxectos agropecuarios dende a perspectiva da lexislación e a obtención das licencias administrativas"
Esta acción formativa, coordinada por Santiago Lamosa Quinteiro, e impartida por María Elena Piñeiro Sotelo, centrarase no uso das diversas plataformas para avaliar se unha idea de proxecto é viable d...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 30/09/2026
🦋 Mañá, ás 20:00 horas, terá lugar no Vello Cárcere a conferencia 'Darwin e Wallace: dúas vidas antiparalelas', unha actividade vinculada á exposición ‘Wallace e a orixe das especies’ que correrá a cargo de Juan Ramón Medina Precioso, catedrático de Xenética. www.usc.gal/gl/xornal/ev...
usc.gal
Conferencia 'Darwin e Wallace: dúas vidas antiparalelas', a cargo de Juan Ramón Medina Precioso
O Salón de Actos do Vello Cárcere de Lugo acollerá o vindeiro xoves 1 de outubro, ás 20.00 horas, a conferencia 'Darwin e Wallace: dúas vidas antiparalelas', a cargo de Juan Ramón Medina Precioso, dou...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 28/09/2026
🏛️ E se ‘quedamos no mitreo’? A Domus do Mitreo impulsará esta semana un ciclo de conferencias que achegarán ao público novas perspectivas da prehistoria e historia antiga da nosa provincia, baixo o lema ‘(Re)descubrindo o pasado de Lugo, novas achegas da investigación’. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
A Domus do Mitreo impulsa un ciclo de conferencias que achegará novas perspectivas da prehistoria e historia antiga de Lugo | Universidade de Santiago de Compostela
O museo universitario A Domus do Mitreo, coa axuda da Deputación de Lugo, organiza catro conferencias dentro do ciclo ‘Quedamos no mitreo’. Baixo o lema ‘(Re)descubrindo o pasado de Lugo, novas achega...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 25/09/2026
🔬 Esta tarde, a ciencia toma o centro de Lugo! 🧪 iTERRA Night + G-Night 🕕 18.00–22.00 h 📍 Mercado Municipal e Praza de Abastos. 🎟️ Actividades gratuítas para todas as idades. Vén experimentar, descubrir e preguntar! 🙌
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 24/09/2026
🍂✨ Música, exposicións, foros, audiovisual, certames, formación... Isto e moito máis é o que ofrecerá os vindeiros meses o Outono Cultural da @usc.gal no noso campus 👇 www.usc.gal/gl/xornal/no...
010
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 23/09/2026
🧪✨ A Noite Galega das Persoas Investigadoras está de volta en Lugo! Este venres terá lugar, no centro da nosa cidade, unha nova edición da G-Night, que ofrecerá ao público unha vintena de experiencias interactivas de balde entre as 18:00 e as 22:00 horas. 👉 www.usc.gal/gl/xornal/ev...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 22/09/2026
🐮 Contribuír ao relevo xeracional nas cooperativas e explotacións do sector lácteo galego. Esta é unha das metas que persegue a xornada de formación en transformación do leite organizada pola APLTA da @usc.gal no marco dun contrato coa Deputación de Lugo. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
APLTA e Deputación de Lugo impulsan a formación no sector lácteo para favorecer o relevo xeracional no medio rural | Universidade de Santiago de Compostela
A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) da USC organiza o vindeiro 25 de setembro unha xornada de formación en transformación do leite, no marco dun contrato coa Deputación de Lu...
020
Reposted by Campus Terra USC
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 21/09/2026
Hoxe é o Día Internacional do Alzhéimer e desde Ciencia á Feira presentamos a fronte multidisciplinar contra esta demencia que funciona dese o @campusterrausc.bsky.social da @usc.gal. Agradecidas a AFALU Lugo pola súa xenerosidade.
143
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 21/09/2026
🔬🌛 Este venres tes unha cita coa ciencia no centro de Lugo! O día 25, entre as 18.00 e as 22.00 horas, terá lugar no soto da Praza de Abastos un novo evento de divulgación científica que non te podes perder: a iTERRA Night 2026. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
Ciencia, experimentación e aprendizaxe, principais ingredientes da primeira edición da iTERRA Night | Universidade de Santiago de Compostela
A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro, entre as 18.00 e as 22.00 horas, a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) do Campus Terra da ...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 21/09/2026
🧠🔬 Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Alzhéimer, o proxecto de divulgación científica Ciencia á Feira estreará hoxe ‘Alzhéimer: coñecer para previr e acompañar’, a primeira produción da cuarta edición desta iniciativa de @xuvenciencia.bsky.social 👉 www.usc.gal/gl/xornal/ev...
001
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 18/09/2026
🦋🔬 Así vivimos a inauguración da Mostra 'Wallace e a orixe das especies'. O MIHL abriu onte as súas portas ao público para achegar á cidadanía un espazo único que combina rigor científico e divulgación accesible que se poderá visitar, de balde, ata o 31 de xaneiro do ano que vén
000
Reposted by Campus Terra USC
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 17/09/2026
O luns 21 é o #DíaInternacionaldoAlzhéimer e presentamos novo vídeo de Ciencia á Feira. Nas redes e nun acto aberto ao público na Casa do Saber da USC en Lugo, ás 16.30 horas. Moi ben acompañadas pola boa xente de #AFALU. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
159
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 17/09/2026
🦋🔬 Hoxe, ás 19:50 horas, será formalmente inaugurada no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a Mostra 'Wallace e a orixe das especies', unha exposición organizada polo Campus Terra da @usc.gal Tes toda a información do programa en www.expowallaceusc.com
020
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 16/09/2026
🤝🌱 A reitora da @usc.gal , Rosa Crujeiras, e a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinaron hoxe dous novos convenios polos que a institución lucense aportará 370.500 euros ao noso campus www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
USC e Deputación de Lugo tecen sinerxías a prol da investigación, transferencia, infraestruturas, divulgación científica e prácticas | Universidade de Santiago de Compostela
A reitora da Universidade de Santiago de Compostela Rosa Crujeiras e a presidenta da Deputación de Lugo Carmela López asinaron este mércores 16, no Pazo de Montenegro, dous convenios que consolidan “a...
011
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 15/09/2026
🦋🔬 A Mostra 'Wallace e a orixe das especies', unha exposición organizada polo Campus Terra da @usc.gal, será formalmente inaugurada este xoves coa celebración dun acto de entrada libre no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ás 19:50 horas www.usc.gal/gl/xornal/ev...
usc.gal
Mostra 'Wallace e a orixe das especies'
A mostra 'Wallace e a orixe das especies', organizada pola USC, pode visitarse do 17 de setembro ao 31 de xaneiro no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). A mostra, que xa foi exhibida no Muse...
012
Reposted by Campus Terra USC
XuvenCiencia | USC 🎓🌟 @xuvenciencia.bsky.social · 15/09/2026
Este verao deixounos ducias de concellos que aínda están en prealerta por seca. Damos por feito que en Galicia sempre chove, pero termos auga de calidade non é tan doado como que caia do ceo. Ciencia á Feira explica o ciclo urbano da auga. #FECYT #ViceDepuLugo @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
022
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 15/09/2026
🎤🎶 Mañá tes unha cita imprescindible con Alddara e LEG1DO no Campus Terra! Este mércores, no marco das xornadas de #BenVidaUSC, terán lugar na explanada da Cafetería da EPS de Enxeñaría os concertos de Alddara e LEG1DO, ás 20:15 e 21:15 horas respectivamente. www.usc.gal/gl/servizos/...
usc.gal
Concertos de Alddara e de LG1DO
Alddara e LG1DO actuarán o mércores 16 de setembro no campus de Lugo, dentro das xornadas de inicio de curso BenVidaUSC. Alddara actuará ás 20.15 horas e LG1DO ás 21.15 horas, na explanada da Cafeterí...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 14/09/2026
🌾🧑‍🏫 A Escola Universitaria de Formación do Profesorado ofrece, ao abeiro do Plan Formativo do Campus Terra, o curso ‘A Educación baseada no lugar e a pedagoxía dos coidados nas comunidades rurais de Galicia’, centrado en amosar unha visión actualizada do concepto 👉 www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 11/09/2026
🧑‍🌾🌱 O vindeiro 22 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar na EPS de Enxeñaría o seminario ‘Asesoramento para o emprendemento no rural’, no que se abordarán as ferramentas necesarias para o asesoramento a persoas que queiran emprender no rural 👉 www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 10/09/2026
Formar a profesionais preparados para intervir nos grandes desafíos desta era. Este é un dos obxectivos do novo director da EPSE, Carlos Amiama, que reivindicou o potencial do centro e a súa integración no @campusterrausc.bsky.social da @usc.gal. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
Carlos Amiama manterá a EPSE como unha escola “aberta, esixente, innovadora e profundamente conectada coa sociedade” | Universidade de Santiago de Compostela
Carlos Amiama tomou posesión este mércores 9 do seu cargo como novo director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo da USC. O principal obxectivo do profesor é consolidar...
011
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 09/09/2026
🤝🐄 A @usc.gal e Lactalis España veñen de poñer en marcha a ‘Cátedra USC-Lactalis España de Innovación e Emprendemento Gandeiro’ co fin de impulsar a innovación, a formación e a transferencia de coñecemento ao longo da cadea láctea e das explotacións gandeiras www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
USC e Lactalis España impulsan unha Cátedra para acelerar a innovación e a transformación do sector gandeiro galego | Universidade de Santiago de Compostela
A USC e Lactalis España acaban de poñer en marcha a Cátedra USC-Lactalis España de Innovación e Emprendemento Gandeiro, unha iniciativa orientada a fortalecer a colaboración entre universidade, empres...
020
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 08/09/2026
🏛️ A Cátedra Institucional de Xestión Cultural da @usc.gal impulsou recentemente a mesa-coloquio ‘O Arde Lvcvs a debate’, na que se abordaron os posibles desafíos do presente e do futuro do Arde Lucus coincidindo coa conmemoración do seu 25 aniversario www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
A Cátedra Institucional de Xestión Cultural da USC aborda a traxectoria do Arde Lucus ao longo dos 25 anos de historia | Universidade de Santiago de Compostela
A Cátedra Institucional de Xestión Cultural da USC, especializada en Patrimonio Cultural e dirixida polos profesores Gonzalo Francisco Fernández Suárez e Mª Dolores Fernández Tilve, impulsou, na Casa ...
010
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 07/09/2026
🐄🌾 Os días 21, 22 e 23 de setembro, de 16:30 a 19:30 horas, terá lugar no Edificio CACTUS o curso «Os residuos agrogandeiros e o seu valor», cuxa meta é promover o cambio de paradigma entorno á importancia e valor dos residuos producidos na agricultura e gandaría www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 04/09/2026
👋 «Coñecer novos espazos, novas persoas e novas posibilidades». Estas foron algunhas das palabras que pronunciou recentemente a reitora da @usc.gal na rolda de prensa de presentación das Xornadas de inicio de curso #BenVidaUSC, que se estenderán do 14 ao 27 de setembro. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
O estudantado coñecerá de primeira man a oferta cultural, deportiva e de servizos da Universidade nas Xornadas #BenVidaUSC | Universidade de Santiago de Compostela
As Xornadas de inicio de curso #BenVidaUSC estenderanse do 14 ao 27 de setembro nos campus de Santiago e Lugo. Cunha ampla programación de actividades culturais e deportivas, a maioría de acceso libre...
010
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 03/09/2026
💧🔬 A @usc.gal recibiu hoxe, de mans do presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, a entrega simbólica das chaves do ‘Muiño de Olga’ tras a súa rehabilitación, o cal se converterá nun punto de divulgación científica e transferencia de coñecemento www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
A CHMS entrega á USC as chaves do Muiño de Olga para o seu uso como punto de divulgación científica | Universidade de Santiago de Compostela
A reitora Rosa Crujeiras recibiu este xoves 3, de mans de José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), a entrega simbólica das chaves do ‘Muiño de Olga’, propieda...
010
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 02/09/2026
🤖🔍 A Facultade de Humanidades organiza, ao abeiro do Plan Formativo do Campus Terra, o curso ‘Ferramentas básicas de IA aplicadas á investigación’, que terá lugar os días 18 e 25 de setembro en horario de 17:00 a 20:00 horas www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 01/09/2026
🪫☀️O vindeiro 18 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, impartirase na Facultade de Ciencias o curso ‘A enxeñaría técnica industrial no sector das enerxías renovables’, no que se dará a coñecer a figura do Enxeñeiro Técnico Industrial no sector deste tipo de enerxía www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 31/08/2026
🌳❤️‍🩹 O Plan Formativo do Campus Terra ofrece para os vindeiros meses o ‘Curso de Introdución ao Deseño Salutoxénico: Aplicación profesional do Método MEDS®’, que terá lugar na EPS de Enxeñaría os días 15, 17, 22, 24, 29 de setembro e 1, 6, 8, 13 e 15 de outubro www.usc.gal/gl/campuster...
usc.gal
Curso de Introdución ao Deseño Salutoxénico: Aplicación profesional do Método MEDS®
Nesta acción formativa, o estudantado aprenderá a proxectar e validar entornos que actúen como intervencións de saúde reais, con especial énfasis na accesibilidade (física, sensorial e cognitiva). O o...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 28/08/2026
🌍 O vindeiro mes impartirase no noso campus o curso ‘O ámbito local, unha gran oportunidade’, cuxo obxectivo é amosar as posibilidades de desenvolvemento que ofrece o mundo local para mellorar a relación entre as persoas e a súa interacción coa terra www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 27/08/2026
🌳📚 Dar a coñecer a corrente de traballo que inflúe en moitas das actividades desenvolvidas no máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza é a meta do novo seminario do Plan Formativo do Campus Terra, que terá lugar o vindeiro 14 de setembro 👇 www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 26/08/2026
🐮 O Plan Formativo do Campus Terra oferta para o vindeiro 14 de setembro o seminario ‘Aplicación de sensores e monitorización no gando vacún’, impartido por Elio López García, CEO de Innogando www.usc.gal/gl/campuster...
010
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 25/08/2026
🤖🖥️ Queres entender mellor os Modelos Grandes de Linguaxe (MGLs) e IAs xenerativas? Se é así, o Plan Formativo do Campus Terra ten algo para ti. O vindeiro 10 de setembro impartirase no noso campus o curso ‘Boas Prácticas e Recomendacións no emprego dos LLMs’ 👇 www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 24/08/2026
🏛️📚 Xa está aberto o prazo de presentación de propostas para a segunda edición do Congreso de Novas Investigacións en Humanidades, que este ano porá o foco nas TIC, a IA ou o vínculo entre patrimonio, paisaxe e territorio. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
Un foro en Humanidades afondará en enfoques emerxentes sobre as TIC, a IA ou o vínculo entre patrimonio, paisaxe e territorio | Universidade de Santiago de Compostela
O Congreso de Novas Investigacións en Humanidades chega xa á súa segunda edición coa vontade de destacar proxectos do estudantado que incorporen enfoques emerxentes, transdisciplinares e innovadores. ...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 24/08/2026
🥣🧑‍🍳 O vindeiro 9 de setembro, de 09:00 a 14:00 e 16:00 a 19:30, terá lugar na Aula de procesado de alimentos e laboratorios da Facultade de Ciencias o curso ‘Estratexias culinarias fronte á disfaxia e disxeusia’. 👉 www.usc.gal/gl/campuster...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 21/08/2026
🧑‍💻 Xa podes inscribirte no curso ‘Cálculo científico e técnico con PYTHON’, unha nova formación do Plan Formativo do Campus Terra que che axudará a sacarlle partido aos versátiles módulos de cálculo simbólico, numérico e gráfico de Python www.usc.gal/gl/campuster...
usc.gal
Cálculo científico e técnico con PYTHON
En moitas áreas científico-técnicas, a elección axeitada do software e/ou linguaxe de programación empregada é determinante, en canto a potencia, versatilidade, facilidade de uso e acceso por parte de...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 20/08/2026
🐠 «O peixe cebra permítenos observar de forma moi precisa como unha alteración xenética afecta o desenvolvemento do organismo desde as súas primeiras fases». Laura Sánchez Piñón, investigadora do @campusterrausc.bsky.social, lidera un estudio pioneiro sobre o xene TRIP12. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
Modelos de peixe cebra co xene TRIP12 inactivo achegan claves para comprender diversos trastornos do neurodesenvolvemento | Universidade de Santiago de Compostela
Un equipo da Facultade de Veterinaria da USC, liderado pola profesora Laura Sánchez Piñón e no que participan Maider Roibás-Santos e Andrés Blanco-Hortas, e do Centro Singular de Investigación en Medi...
020
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 20/08/2026
🔬🌾 Aínda estás a tempo de concorrer aos Premios de Investigación Rafael Crecente! Se tes algunha proposta innovadora vencellada á sustentabilidade e á innovación territorial, tes ata o vindeiro 30 de setembro para presentar a túa candidatura. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
Aberto ata o 30 de setembro o prazo para concorrer á IX edición dos Premios Rafael Crecente | Universidade de Santiago de Compostela
Os Premios de Investigación Rafael Crecente chegan este ano á súa novena edición, consolidándose como unha das iniciativas de referencia para impulsar o talento emerxente e a innovación aplicada ao de...
011
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 19/08/2026
🧮 A oferta do Plan Formativo do Campus Terra continúa en setembro co ‘Obradoiro básico de follas de cálculo aplicadas á Bioquímica’, un curso que será impartido do 8 ao 11 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na Facultade de Ciencias Inscricións: forms.cloud.microsoft/pages/respon...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 19/08/2026
🎭🏆 A Cátedra Institucional de Xestión Cultural da @usc.gal vén de lanzar o I Premio de Investigación en Xestión Cultural ‘Ana Goy Diz’, un galardón dotado con 3.000 euros e cuxas solicitudes poden presentarse ata o 11 de setembro 👉 www.usc.gal/gl/xornal/no...
011
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 18/08/2026
🤖🔬 O Plan Formativo do Campus Terra volve en setembro cun novo curso sobre o uso de técnicas de ML con Python aplicadas á análise de datos complexos nos ámbitos das ciencias biomoleculares, química analítica e tecnoloxía dos alimentos. Inscricións 👇 forms.cloud.microsoft/pages/respon...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 17/08/2026
🧑🏻‍🔬 Máis de 500 investigacións se difundirán na XXX Conferencia Electrónica de Química Orgánica Sintética, impulsada por Julio Seijas e Pilar Vázquez, investigadores do @campusterrausc.bsky.social, e que se celebrará entre o 5 e o 19 de novembro. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
O foro sobre química orgánica sintética ECSOC recibe medio milleiro de achegas científicas no seu trixésimo aniversario | Universidade de Santiago de Compostela
A Conferencia Electrónica de Química Orgánica Sintética, un congreso virtual promovido polo grupo de investigación Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus de Lugo da USC —integrado polos profeso...
010
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 17/08/2026
📈 🏅 O Campus Terra volve destacar no Ránking de Shanghai! Por terceiro ano consecutivo, o Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) situou a @usc.gal no banzo 501-600, un importante fito para a institución compostelá que o noso campus axudou a acadar un ano máis. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
A USC consolida a súa posición no chanzo 501-600 do Ránking de Shanghai | Universidade de Santiago de Compostela
O popularmente coñecido como Ránking de Shanghai volve situar a USC no intervalo 501-600, de entre as mellores universidades do mundo. Este é o terceiro ano consecutivo no que a institución compostelá...
010
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 14/08/2026
🔬📄 Xa está aberta a convocatoria do Programa de Activación á Transferencia do Campus Terra 2026, que financiará tres proxectos que se atopen nunha fase inicial e que precisen dun proceso de validación técnica www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
O Campus Terra da USC lanza un programa de activación á transferencia para proxectos que se atopen nunha fase inicial | Universidade de Santiago de Compostela
O Programa de Activación á Transferencia do Campus Terra financiará tres proxectos de investigación que estean nunha fase inicial e que necesiten un proceso de validación técnica que lles permita acce...
000
Campus Terra USC @campusterrausc.bsky.social · 12/08/2026
🌒 Co fin de que a cidadanía poda seguir a Eclipse en condicións óptimas e seguras, o proxecto @eclipse2026812lugo.bsky.social habilitará hoxe tres zonas de observación pública: o Parque Rosalía de Castro, o adarve da Muralla Romana e a Praza Maior. www.usc.gal/gl/xornal/no...
usc.gal
‘Eclipse 2026.8.12 en Lugo’ impulsa unha observación pública e segura deste fenómeno astronómico en tres puntos da cidade | Universidade de Santiago de Compostela
Este mércores 12 de agosto o ceo ofrecerá un espectáculo astronómico excepcional: unha eclipse total de Sol visible desde a cidade de Lugo, un lugar privilexiado para vivir este fenómeno. A eclipse co...
010