Sign in

Cabonorteblog

@cabonorteblog.bsky.social
87 followers 61 following 408 posts

Blogue de viaxes desde 2009. Viaxes en coche, caravana, mochileiros, en bici, Camiños de Santiago e guías prácticas. www.cabonorteblog.com

PostsRepliesMedia
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 27/09/2026
Ao carón desta ponte está tamén a da N-VI, a do ferrocaril e a da A-6. Tamén están as Insuas do Miño, ás que se pode acceder por dúas pontes.
030
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 27/09/2026
Ponte medieval de Rábade sobre o Río Miño. Por aquí pasaba a antiga Nacional VI, da que uns metros antes se pode ver un antigo sinal que pon "Río Miño" ao carón de outra imposible xa de recoñecer.
1101
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 15/09/2026
Mimadriña, iso si que sería unha boa ruta se houbese un camiño
000
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 15/09/2026
Eu seguín hai un par de anos ate a ponte que cruza o Miño un pouco máis adiante, e tal como dis, o camiño está bastante mal
100
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 13/09/2026
Onde si se ve a seca é no Río Miño, con moitísima menos auga do habitual.
100
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 13/09/2026
Penso que en inverno, se non se arranxa, os quilómetros finais fanse moi complicados pola lama. Mesmo agora en setembro hai algunha parte con lama, aínda que se pasa sen problema.
100
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 13/09/2026
Pódese facer en bici (de montaña) ou a pé. A ruta non está sinalizada, mais non é fácil perderse, xa que gran parte da ruta está en bo estado, aínda que os últimos 6 km están moi mal mantidos.
101
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 13/09/2026
Ruta de Lugo á Fervenza. Esta ruta, de 15 km (e outros tantos de volta) comeza onde se xuntan o Miño e o Rato preto da cidade de Lugo, e remata no hotel rural da Fervenza. Vai sempre a carón do Río Miño (aínda que poucas veces se ve), por unhas paisaxes ben fermosas do rural galego.
1112
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 01/09/2026
Xa de volta despois de case 9000 km en coche e 345 km en bici, nunha viaxe desde Compostela a Oslo en caravana. En breve, publicarei a toda a ruta da viaxe, así como curiosidades e os gastos.
180
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 31/08/2026
Orthez e Navarrenx son dúas cidades históricas do antigo principado de Béarn, independente entre os séculos XIV e principios do XVII. Durante o século XVI houbo aquí importantes guerras de relixión, debido á conversión ao calvinismo da súa raíña Juana de Albret.
050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 30/08/2026
Brantôme e Saint-Jean-de-Côle, fermosos lugares preto de Perigeaux (Francia). Aquí tamén hai boas rutas de bicicleta, así coma a Cova de Villars, con pinturas rupestres.
020
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 30/08/2026
Tamén hai unha placa en homenaxe aos 14 españois refuxiados da Guerra Civil que faleceron alí ese día en Oradour sur Glane.
010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 30/08/2026
Ao rematar a guerra, Charles de Gaulle na súa visita, ordenou deixar Oradour tal como quedou ese día, para ser un lugar de memoria ás vítimas. Así, hoxe pódese lembrar o acontecido camiñando polas rúas do antigo Oradour, vendo as casas, negocios, a igrexa e mesmo o cemiterio e memorial.
110
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 30/08/2026
Oradour sur Glane (Francia) é un lugar onde aconteceu unha das masacres contra civís máis coñecidas da Segunda Guerra Mundial. O 14 de xuño de 1944, un comando das Waffen SS alemás asesinou a toda a xente que se encontraba nesta localidade, un total de 643 persoas, e despois prendeu lume ao lugar.
142
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 28/08/2026
En Valençay (Francia), ademais do castelo hai un bo museo do automóbil. Entre grandes xoias da automoción francesa, está esta unidade de Citroën M35, co motor de ciclo wankel (sen pistóns). No logo de Citroën pódese ver tamén a figura do rotor wankel.
070
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 28/08/2026
O Castelo de Valençay ten unha gran importancia na historia do estado francés e español. No primeiro, por ser a residencia do relevante político da Revolución Talleyrand. No segundo, por ser aquí onde estiveron Fernando VII e familia durante a Guerra de Independencia.
020
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 27/08/2026
Cruzando Francia. (Varzy, Borgoña).
050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 27/08/2026
Ruta de 25km ao redor do Lac d'Orient, un dos grandes lagos do interior de Francia.
040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 26/08/2026
Si, un grande erro dos franceses.
010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 26/08/2026
Sorprendeume para ben as instalacións, eran moi boas para a época. O problema foi que non estaban así de ben por toda a fronteira, ou mesmo inexistentes, como nas Ardenas.
110
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 26/08/2026
Antiga rotonda ferroviaria de Bénestroff. Impresionantes ruínas dunha rotonda ferroviaria e talleres no nordeste de Francia. Un imprescindible para os amantes dos sitios abandonados.
020
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 25/08/2026
E así como os franceses tiñan a Liña Maginot, os alemáns tiñan a Liña Sigfrido, moito menos desenvolvida que a dos seus veciños. Ao contrario que na parte francesa, na beira alemá pouco fica desta liña. Na zona de Saarbrücken, só encontrei esta barreira antitanques abandonada no medio dun bosque.
092
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 25/08/2026
En Francia, preto da fronteira con Alemaña, aínda se conservan numerosos restos da Liña Maginot. Algúns, como o de Simserhof, cun estado de conservación inmellorable, pódese ver con visita guiada. Outros, como o de Laudrefang, foron restaurados por voluntarios.
181
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 24/08/2026
Siderurxia de Völklingen. Estes altos fornos situados na cidade alemá de Völklingen, preto da fronteira con Francia, son unha testemuña extraordinaria de patrimonio industrial. En funcionamento desde o século XIX ate o 1986, foi declarada posteriormente Patrimonio da Humanidade.
050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 23/08/2026
Ruta polos arredores do Hoherodskopf. Este alto, non moi lonxe de Frankfurt (Alemaña), está rodeado de bosques mixtos de coníferas e frondosas, xeralmente piceas e faias. Tamén hai outras especies típicas destas latitudes e altitude, como pino silvestre e o capudre.
000
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 22/08/2026
Eu Wolfsburgo a Volkswagen está presente en todas partes. Mesmo nas salchichas do supermercado. Por certo, estaban boas.
031
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 22/08/2026
Aquí hai que visitar o Autostadt, a cidade do automóbil, un centro temático sobre Volkswagen, onde tamén están as famosas torres de cristal para almacenar os coches.
011
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 22/08/2026
Falar de Wolfsburgo (Alemaña) é falar de Volkswagen. Toda a cidade está estreitamente vinculada con esta marca de coches, coas famosas catro chemineas da fábrica sempre ao fondo.
140
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 22/08/2026
Pois algo máis de 300 euros. Unha pasta, ainda que é hai que ter en conta que levamos coche e caravana. Só coche sería pouco máis da metade.
110
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 21/08/2026
Puttgarden, onde chegamos no ferry desde Dinamarca, está na illa de Fehmarn, xa en Alemaña. Esta illa é un destino moi habitual para os turistas alemáns, con moitos campings cheos nos meses de verán. No sur da illa visitamos este submarino alemán U-boot U11.
040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 21/08/2026
Desde o Sur de Suecia voltamos ao Norte de Alemaña. É un traxecto bastante caro, xa que hai que pagar a peaxe da Ponte do Oresund (case 8 km de ponte entre Malmö e Copenhague), e o ferry entre Rødby (Dinamarca) e Puttgarden (Alemaña).
140
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 20/08/2026
Debido á pouca densidade de poboación de Suecia, soe haber moito espazo. Así por exemplo, sempre hai espazo para ir á compra mesmo coa caravana enganchada. A gran sorpresa foi o prezo do combustible, sen dúbida o país máis barato de toda a viaxe, uns 1.4€ litro de media.
000
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 20/08/2026
En Suecia, moitas estradas secundarias non están asfaltadas, aínda que están en bo estado.
010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026
Mimadriña!
010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026
O de "suaves e emocionantes" non mo vou sacar da cabeza cando volte probar uns (ao chegar a casa, claro, estes nin se me pasou pola cabeza compralos)
110
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026
Para a reciclaxe en Suecia e Noruega case hai que facer un curso. Pódese encontrar ate 9 contedores diferentes.
050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026
É ben curioso.
000
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026
E como dirán en sueco "uns pican e outros non"?
241
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026
Outra ruta pola Taiga de Suecia, desta vez preto da localidade de Knäred. Piceas, pinos silvestre, sotobosques de arandeira e moitos lagos.
040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 18/08/2026
Este DC 3, cun estado de conservación excelente, utilizouse durante a Segunda Guerra Mundial en distintas operacións, coma no Desembarco de Normandía. Está en Karlsborg (Suecia), unha bonita cidade a carón do Lago Vättern.
040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 17/08/2026
Aínda que Noruega é un país carísimo, viaxar en caravana fai que sexa bastante asumible. A modo de exemplo, o camping saíunos a uns 45 € a noite.
030
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 17/08/2026
Tamén hai Estrella Galicia en Noruega. O botellín de 0.25 costa uns 4€.
040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 17/08/2026
O Fiordo de Oslo nos arredores de Horten (Noruega).
010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 17/08/2026
O KNM Utstein é un submarino en servizo durante a Guerra Fría. Está no Museo Marítimo de Horten (Noruega), e pódese visitar tamén o seu interior.
031
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 16/08/2026
Ruta en bici pola beira do Tyrifjorden (Noruega).
050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 15/08/2026
Illa de Utøya (Tyrifjorden, Noruega). Esta illa é coñecida polos atentados de Noruega do 2011 onde,tras unha bomba en Oslo, o asesino (vinculado coa extrema dereita) accedeu a esta illa e matou a un total de 69 persoas.Hoxe hai un memorial no porto de acceso á illa co nome de cada un dos asesinados.
000
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 14/08/2026
Ruta ao Kongens Utsikt "Miradoiro do Rei" (Krokkleiva, Noruega), con impresionantes vistas ao fiordo Tyrifjorden.
010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 13/08/2026
Oslo, a capital de Noruega, é unha cidade moderna con moitos museos interesantes. Finalmente, escollimos para visitar o Museo Nacional e o Fram.
040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 12/08/2026
Camiño de Oslo.
010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 11/08/2026
En Suecia vense a menudo estes coches, que se poden conducir con 16 anos. Non teñen matrícula, e non poden pasar dos 30km/h. Soen ser coches grandes como Volvos, BMWs ou Mercedes.
010