Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 27/09/2026Ponte medieval de Rábade sobre o Río Miño. Por aquí pasaba a antiga Nacional VI, da que uns metros antes se pode ver un antigo sinal que pon "Río Miño" ao carón de outra imposible xa de recoñecer. 1101
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 13/09/2026Ruta de Lugo á Fervenza. Esta ruta, de 15 km (e outros tantos de volta) comeza onde se xuntan o Miño e o Rato preto da cidade de Lugo, e remata no hotel rural da Fervenza. Vai sempre a carón do Río Miño (aínda que poucas veces se ve), por unhas paisaxes ben fermosas do rural galego. 1112
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 01/09/2026Xa de volta despois de case 9000 km en coche e 345 km en bici, nunha viaxe desde Compostela a Oslo en caravana. En breve, publicarei a toda a ruta da viaxe, así como curiosidades e os gastos. 180
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 31/08/2026Orthez e Navarrenx son dúas cidades históricas do antigo principado de Béarn, independente entre os séculos XIV e principios do XVII. Durante o século XVI houbo aquí importantes guerras de relixión, debido á conversión ao calvinismo da súa raíña Juana de Albret. 050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 30/08/2026Brantôme e Saint-Jean-de-Côle, fermosos lugares preto de Perigeaux (Francia). Aquí tamén hai boas rutas de bicicleta, así coma a Cova de Villars, con pinturas rupestres. 020
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 30/08/2026Oradour sur Glane (Francia) é un lugar onde aconteceu unha das masacres contra civís máis coñecidas da Segunda Guerra Mundial. O 14 de xuño de 1944, un comando das Waffen SS alemás asesinou a toda a xente que se encontraba nesta localidade, un total de 643 persoas, e despois prendeu lume ao lugar. 142
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 28/08/2026En Valençay (Francia), ademais do castelo hai un bo museo do automóbil. Entre grandes xoias da automoción francesa, está esta unidade de Citroën M35, co motor de ciclo wankel (sen pistóns). No logo de Citroën pódese ver tamén a figura do rotor wankel. 070
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 28/08/2026O Castelo de Valençay ten unha gran importancia na historia do estado francés e español. No primeiro, por ser a residencia do relevante político da Revolución Talleyrand. No segundo, por ser aquí onde estiveron Fernando VII e familia durante a Guerra de Independencia. 020
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 27/08/2026Ruta de 25km ao redor do Lac d'Orient, un dos grandes lagos do interior de Francia. 040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 26/08/2026Antiga rotonda ferroviaria de Bénestroff. Impresionantes ruínas dunha rotonda ferroviaria e talleres no nordeste de Francia. Un imprescindible para os amantes dos sitios abandonados. 020
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 25/08/2026E así como os franceses tiñan a Liña Maginot, os alemáns tiñan a Liña Sigfrido, moito menos desenvolvida que a dos seus veciños. Ao contrario que na parte francesa, na beira alemá pouco fica desta liña. Na zona de Saarbrücken, só encontrei esta barreira antitanques abandonada no medio dun bosque. 092
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 25/08/2026En Francia, preto da fronteira con Alemaña, aínda se conservan numerosos restos da Liña Maginot. Algúns, como o de Simserhof, cun estado de conservación inmellorable, pódese ver con visita guiada. Outros, como o de Laudrefang, foron restaurados por voluntarios. 181
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 24/08/2026Siderurxia de Völklingen. Estes altos fornos situados na cidade alemá de Völklingen, preto da fronteira con Francia, son unha testemuña extraordinaria de patrimonio industrial. En funcionamento desde o século XIX ate o 1986, foi declarada posteriormente Patrimonio da Humanidade. 050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 23/08/2026Ruta polos arredores do Hoherodskopf. Este alto, non moi lonxe de Frankfurt (Alemaña), está rodeado de bosques mixtos de coníferas e frondosas, xeralmente piceas e faias. Tamén hai outras especies típicas destas latitudes e altitude, como pino silvestre e o capudre. 000
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 22/08/2026Eu Wolfsburgo a Volkswagen está presente en todas partes. Mesmo nas salchichas do supermercado. Por certo, estaban boas. 031
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 22/08/2026Falar de Wolfsburgo (Alemaña) é falar de Volkswagen. Toda a cidade está estreitamente vinculada con esta marca de coches, coas famosas catro chemineas da fábrica sempre ao fondo. 140
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 21/08/2026Puttgarden, onde chegamos no ferry desde Dinamarca, está na illa de Fehmarn, xa en Alemaña. Esta illa é un destino moi habitual para os turistas alemáns, con moitos campings cheos nos meses de verán. No sur da illa visitamos este submarino alemán U-boot U11. 040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 21/08/2026Desde o Sur de Suecia voltamos ao Norte de Alemaña. É un traxecto bastante caro, xa que hai que pagar a peaxe da Ponte do Oresund (case 8 km de ponte entre Malmö e Copenhague), e o ferry entre Rødby (Dinamarca) e Puttgarden (Alemaña). 140
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 20/08/2026Debido á pouca densidade de poboación de Suecia, soe haber moito espazo. Así por exemplo, sempre hai espazo para ir á compra mesmo coa caravana enganchada. A gran sorpresa foi o prezo do combustible, sen dúbida o país máis barato de toda a viaxe, uns 1.4€ litro de media. 000
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 20/08/2026En Suecia, moitas estradas secundarias non están asfaltadas, aínda que están en bo estado. 010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026Para a reciclaxe en Suecia e Noruega case hai que facer un curso. Pódese encontrar ate 9 contedores diferentes. 050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026E como dirán en sueco "uns pican e outros non"? 241
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 19/08/2026Outra ruta pola Taiga de Suecia, desta vez preto da localidade de Knäred. Piceas, pinos silvestre, sotobosques de arandeira e moitos lagos. 040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 18/08/2026Este DC 3, cun estado de conservación excelente, utilizouse durante a Segunda Guerra Mundial en distintas operacións, coma no Desembarco de Normandía. Está en Karlsborg (Suecia), unha bonita cidade a carón do Lago Vättern. 040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 17/08/2026Aínda que Noruega é un país carísimo, viaxar en caravana fai que sexa bastante asumible. A modo de exemplo, o camping saíunos a uns 45 € a noite. 030
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 17/08/2026Tamén hai Estrella Galicia en Noruega. O botellín de 0.25 costa uns 4€. 040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 17/08/2026O Fiordo de Oslo nos arredores de Horten (Noruega). 010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 17/08/2026O KNM Utstein é un submarino en servizo durante a Guerra Fría. Está no Museo Marítimo de Horten (Noruega), e pódese visitar tamén o seu interior. 031
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 16/08/2026Ruta en bici pola beira do Tyrifjorden (Noruega). 050
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 15/08/2026Illa de Utøya (Tyrifjorden, Noruega). Esta illa é coñecida polos atentados de Noruega do 2011 onde,tras unha bomba en Oslo, o asesino (vinculado coa extrema dereita) accedeu a esta illa e matou a un total de 69 persoas.Hoxe hai un memorial no porto de acceso á illa co nome de cada un dos asesinados. 000
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 14/08/2026Ruta ao Kongens Utsikt "Miradoiro do Rei" (Krokkleiva, Noruega), con impresionantes vistas ao fiordo Tyrifjorden. 010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 13/08/2026Oslo, a capital de Noruega, é unha cidade moderna con moitos museos interesantes. Finalmente, escollimos para visitar o Museo Nacional e o Fram. 040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 11/08/2026En Suecia vense a menudo estes coches, que se poden conducir con 16 anos. Non teñen matrícula, e non poden pasar dos 30km/h. Soen ser coches grandes como Volvos, BMWs ou Mercedes. 010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 11/08/2026Ruta polos montes e lagos dos arredores de Årjäng (Suecia). 020
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 09/08/2026No cemiterio de coches de Båstnäs (Suecia), debido aos enormes aranceis dos coches importados durante o franquismo, moitos destes coches son bastante descoñecidos para nós. Aínda así, penso que estes 4 si que foron coñecidos: 010
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 09/08/2026Cemiterio de coches de Båstnäs (Suecia). É un antigo desguace que leva moitos anos abandonado, e onde se poden ver coches anteriores aos anos 60 xa engulidos pola natureza. 064
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 08/08/2026Os froitos silvestres da taiga: framboesa e arandeira. Así xa boto menos en falta as amoras galegas. 060
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 08/08/2026Ruta pola taiga de Suecia. O bosque de taiga está formado principalmente por coníferas (aquí pino silvestre e picea) e algo de bidueiro como especie frondosa. No sotobosque abunda a arandeira. Nestas paisaxes, soe haber moitos lagos. 0113
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 07/08/2026Primeira parada en Suecia: Trollhättan. Cidade coñecida polo seu canal e por ser onde naceu unha das marcas de coches suecas, a xa extinta Saab. Para os amantes dos coches, recomendo visitar o Saab Museum. 082
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 07/08/2026Ferry de Frederikshavn (Dinamarca) a Gotemburgo (Suecia). 140
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 06/08/2026As paisaxes da costa de Skagen e arredores (Dinamarca). 070
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 06/08/2026Se vos fixades, por aí anda unha foca. Skagen (Dinamarca). 040
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 06/08/2026Punta de Skagen (Dinamarca). Neste lugar, xúntanse os "dous mares". Á esquerda, o Océano Atlántico. Á dereita, o Mar Báltico. Aquí tamén vemos os carráns pescando, caendo en picado no mar. 020
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 05/08/2026A costa de Dinamarca está chea de búnkeres da Segunda Guerra Mundial, feitos durante a ocupación alemá. Algúns deles consérvanse aínda en bastante boas condicións. Os de Frederikshavn tamén inclúen un museo. 030
Cabonorteblog @cabonorteblog.bsky.social · 04/08/2026Campo de prisioneiros de Frøslev (Dinamarca). Foi un campo de prisioneiros creado durante a ocupación alemá na Segunda Guerra Mundial, onde enviaban a membros da resistencia á ocupación. Unha vez liberada Dinamarca no 1945, foi utilizada como prisión dos colaboradores co exército alemán. 000