Sign in

Boadicea Editora

@boadiceaeditora.bsky.social
119 followers 197 following 81 posts

Publicando fantasía, ciencia ficción e terror en galego desde 2022 Para todas as idades Web: boadiceaeditora.gal

PostsRepliesMedia
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 01/10/2026
Chegou o mes do terror a Boadicea... Afonda no noso catálogo e descobre historias que farán que tremas co medo...
141
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 10/08/2026
Hoxe rematamos coa feira do libro da Coruña. Última oportunidade para nos mercardes algo!
042
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 06/08/2026
Imos con algunhas recomendacións... Se gustastes estas series, gustaredes destes nosos libros. Ocórresevos algún outro parecido?
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 05/08/2026
Os mundos de Terramar non están tan lonxe como un podería pensar...
063
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 01/08/2026
Xa estamos abertos na Feira do Libro da Coruña! Dende hoxe ata o día 10 de agosto! @librariasgal.bsky.social
052
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 23/07/2026
Polo Día da Patria volvemos asistir á Feira Do Libro organizada no Festigal. Vémonos!
030
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 18/07/2026
Este domingo @estibalizespinosa.bsky.social e Irene Lema estarán asinando Donaira na Feira Cultural EnCaMiño, en Miño. Vinde polo voso exemplar!
042
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 13/07/2026
O verán é o mellor momento para leres, e dende Boadicea recomendámosche estas lecturas para que pases unhas vacacións fantásticas!
031
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 23/06/2026
Cacho coas herbas do San Xoán ✅ E vós, xa o preparastes?
030
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 17/06/2026
Agora que pasou a resaca das Xornadas Portalén, só nos queda darlles as grazas a todas as participantes que chegaron desde varios recunchos da península. Volvémonos ver para o ano que vén??
142
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 13/06/2026
Sae ao mercado a tradución de "A cornamusa máxica" de Gareth Evans. Coma sempre, dispoñíbel na nosa web e mais nas librarías do país. Descubre a gran viaxe de Ina dende as illas británicas até o Reino de Galiza.
042
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 09/06/2026
Xa está todo preparado para comezar este venres en Allariz as Xornadas de Literatura Fantástica Actual en Línguas Ibéricas: PORTALEN. Vémonos en Allariz??
122
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 21/05/2026
Unha nova incorporación ao Cartafol do Medo. Descobre como te podes protexer das Bruxas do San Xoán. Edición trilingue escrita por Alba Rozas e J.M. Dopazo con ilustracións de Iago Torres. Xa dispoñible na nosa web e nas librarías do país!
000
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 17/05/2026
Feliz día das Letras Galegas!
0102
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 14/05/2026
Este sábado estaremos acompañando a outras editoriais na "Feira de Editoras de Compostela", detro da Romaría das Flores. Achegaivos a saudar e aproveitade para mercar algunha das nosas novelas!
010
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 10/05/2026
Comezamos coa última xornada da Feira do libro de Compostela! Última oportunidade de nos virdes visitar ao posto! @librariasgal.bsky.social
010
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 04/05/2026
O venres 15 de maio presentamos "Donaira" de Charlotte Perkins Gilman na Libraría Boulevar de Santiago de Compostela. Alba Rozas acompañará ás dúas tradutoras do proxecto, @estibalizespinosa.bsky.social e @irenels.bsky.social 📆 Venres 15 de maio 🕖 19:00 📍 Libraría Boulevar - Santiago de Compostela
053
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 02/05/2026
Queda oficialmente inaugurada esta feira do libro xunto ás compañeiras de Edicións Malafera @librariasgal.bsky.social
030
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 01/05/2026
Xa o temos todo listo para a inauguración da feira do libro de Compostela. Agardamos por vós! A partir de mañá de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 @editorasgalegas.bsky.social @librariasgal.bsky.social Coas compañeiras de Malafera
092
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
Chega "Donaira", unha utopía de ciencia ficción feminista de Charlotte Perkins Gilman. Como sería unha sociedade formada só por mulleres? Descúbreo con esta novela. Conta cun prólogo escrito polas tradutoras, @estibalizespinosa.bsky.social e Irene Lema.
193
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
O Rei do Terror, Stephen King, chega en galego da man de Boadicea. En "Salem's Lot" seguimos a Ben Mears no seu retorno á súa vila natal onde comezan a acontecer sucesos paranormais. Todo dende que a mansión dos Marsten foi mercada por Eles... Dispoñible na nosa web (no noso perfil).
032
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
Seguimos coa Serie da Garda con "Homes de armas". A Garda da Noite crece con novos recrutas. E menos mal, porque Ankh-Morpork está sumida no caos por que alguén armado e perigoso estivo a ter ideas sobre o poder, cometendo asasinatos.
051
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
Vive unha aventura de vertixe con "Campamentos de verán 7G" de Nerea Laiola Pikaza, o primeiro scape book en galego. Resolve enigmas ao longo da novela para chegar ao desenlace correcto, e se escolles o camiño errado, volve atrás e téntao de novo! Recomendada para lectoras de mais de 10 anos.
010
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
Continúa a serie de A Miña Primeira Novela de con "A princesa dourdada" de Anxo Mouzo Moreira, coa tématica dos Isekais. Xosé e Marica son de Camelle e viven porta con porta. O día que ela fai quince anos, Xosé descobre por accidente o pasado que oculta a súa amiga. É a princesa do reino de Nihá.
010
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
Xa está aquí! Xa chegou! O Mundodisco de Terry Pratchett en Boadicea! Abrimos coa Serie da Garda, en concreto coa novela "Gardas! Gardas!". Segue a Cenoria e ao resto de integrantes da Garda da Noite para restaurar a orde na cidade de Ankh-Morpork tras a chegada do Dragón Nobre.
051
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
Chega o épico peche de "Historias de Terramar: O outro vento". Con Ged xa retirado o mundo de Terramar volve a estar en perigo. Nesta ocasión será Amieiro, xunto con Tenar, Tehanu e Irian os que deben traer de novo o equilibrio ao mundo. Dispoñible na nosa web (enlace no perfil).
010
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
Manuel Lourenzo González trae "De cando os animais tamén eran xente", a reinvención dunha fábula popular para lectores a partir dos 8 anos. Unha enguedellada historia trufada de ambición, infamia, mesquindade e violencia. Tamén de nobreza, xenerosidade, sabedoría e amor.
010
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 30/04/2026
Dende a outra punta do universo chega "Trickstar: Postais desde as estrelas" de @manuelesteban.eurosky.social Acompaña a Julie Alban, unha arquitecta de sistemas que se converte en piloto. O asasinato dun vello amigo desencadeará unha investigación e posterior fuxida polas estrelas.
010
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
Con "As ánimas do Samaín" inaugúrase o cartafol de terror. Xunto coas ilustracións de Iago Torres e o texto de Alba Rozas e J.M. Dopazo, aprenderemos sobre as distintas tradicións da Noite de Defuntos que se fan por todo o país. Todo nunha edición trilingüe en galego, portugués e inglés.
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
Chegou o quinto volume de Historias de Terramar, "Contos de Terramar". Afonda no universo de Ursula con estes cinco relatos: a orixe de Roke, o pasado de Ogion, a orixe dunha nova lenda...
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
"Dormen baixo terra", A Miña Primeira Novela de Monstruos de Alba De Evan. Algo se comeza a mover baixo os montes de Leiro. Acompaña a Erea nesta aventura para descubrir o que dorme oculto no subsolo e comeza a espertar por mor da nova mina.
021
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
"Asunción e as constelacións" de Alba Rozas e J.M. Dopazo con ilustracións de Iago Torres. Acompaña a Asunción nunha viaxe ao redor da Terra para coñecer as constelacións visibles dende o emisferio norte. Animais, cazadores, dragóns e mesmo unha parella de namorados!
022
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
Con “A maldición de Hill House” de Shirley Jackson abrimos a sección de terror traducido. Unha das obras deste xénero mellor valoradas do século XX. Vinde descubrir o que lles acontece aos catro protagonistas nesta casa con carácter de seu, Hill House
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
Sae á venda “Tehanu. Historias de Terramar IV”, de Ursula K. Le Guin. Hai anos, escaparon xuntos das Tumbas de Atuan. Agora Tenar é a viúva dun labrego e Ged un vello quebrado sen poderes. Mais deben unir forzas para protexer a Therru, unha meniña cun destino sen revelar.
110
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
“Niño maldito” de Roberto A. Rodrigues é unha antoloxía de catro relatos xurdidos das tebras, dese arrepiante e húmido lugar que é o inferno da mente. Unha arrepiante obra ambientada tanto na Galiza actual como en realidades semellantes e que non deixará a ninguén indiferente!
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
“Lapislázuli. O regreso das superguerreiras”, de Alba Rozas, é unha novela ambientada na Galiza actual que camiña entre o new weird de Miéville, a fantasía épica de Robert E. Howard, Emily Rodda ou Andrezj Sapkowski e o sentai de Akira Toriyama e o mahō shōjo de Naoko Takeuchi.
040
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
“O androide Simón”, de Alba Rozas e José Manuel Dopazo, ilustrado por Iago Torres, é a historia do androide Simón, que quere pasar uns días de vacacións. Por iso percorrerá os diferentes planetas do sistema solar e tamén as súas lúas e aneis na procura daquel que máis lle guste.
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
“Os derradeiros días de Nova París”, China Mièville, na liña do New Weird e orientada a un público de máis de 16 anos. 1941 Marsella en guerra. Jack Parsons libera o poder dos soños e os pesadelos. 1950 París da Resistencia. Thibaut camiña entre os nazis co seu cadáver exquisito
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
Chega “A costa máis afastada. Historias de Terramar III”, de Ursula K.Le Guin, na nosa web e nas librarías. A escuridade ameaza con se apoderar de Terramar. O mundo está a perder a maxia. Mentres, Ged e o príncipe Arren viaxan alén do reino da morte para descubrir a causa.
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 29/04/2026
Abrimos terror con “Noite no cemiterio” de Carlos Vega, unha novela indicada para público entre 12 e 15 anos. No cemiterio de Vilatorcida érguese unha casa que só abre as súas portas ás pantasmas. O terrorífico Conde Silas, dono da mansión, domina todas as ánimas do lugar.
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
“Gastrulación”, de @pablopesado.bsky.social con capa de Iago Torres. Enmárcase na liña da Ciencia Ficción. Está orientada a un público de máis de 16 anos. O desenvolvemento da embrioloxía durante o século XIX encobre tamén unha verdade a contrafío, unha verdade sagrada.
052
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
Por fin sae á venda “As tumbas de Atuan. Historias de Terramar II”, de Ursula K. Le Guin, tanto na nosa web (ligazón na bio) como nas librarías do país. Tenar garda as sombrías e labirínticas Tumbas de Atuan. Ged internarase para roubar a metade perdida do anel de Erreth-Akbe
030
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
Xa está á venda “Un feiticeiro de Terramar”, de Ursula K. Le Guin no noso web (boadiceaeditora.gal) e nas librarías do país. O mundo de Terramar réxese por un principio do equilibrio entre a vida e a morte. Ged deberá recuperar ese equilibrio perdido.
084
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
Chega “O tesouro do caranguexo”, unha obra multilingüe de Alba Rozas e José Manuel Dopazo, ilustrada por Iago Torres e traducida ao inglés por Inma Casal e ao portugués por Bruno Ruival!
040
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
O álbum ilustrado “O biosbardo e os paxaros sen cor”, de Alba Rozas e José Manuel Dopazo, con ilustracións de Iago Torres, dentro do "Cartafol de fantasía". Un agasallo idóneo para rapazada até 6 anos.
020
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
Con Ubik abrimos as portas ás traducións. Escrita por Philip K. Dick para o desfrutares a partir dos 16 anos. Non deixes pasar este clásico da ciencia ficción considerado unha das cen mellores novelas do século XX e descubre se este mundo é real ou non...
182
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
“O cabaleiro de prata” é A Miña Primeira Novela de Cabalarías. Escrita por Ana María Mariño e ilustrada por Iago Torres, está recomendada para un público maior de 12 anos. Queres ser o escudeiro deste cabaleiro ao longo das súas xestas? Anímate a lelo!
000
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
Álex Bayorti escribiu A Miña Primeira Novela de… Piratas!! “A tumba do último pirata”. Recomendada para público de máis de 12 anos. Queredes saber como a tía Aixa fixo navegar os seus sobriños??
010
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
“Visitantes da Estrela Vermella” é A Miña Primeira Novela de… Ciencia Ficción, de Tomás G. Ahola, enfocada a público de máis de 12 anos. Nela Dril e Gat deberán salvar a terra dun goberno tiránico que a leva asoballando durante séculos.
000
Boadicea Editora @boadiceaeditora.bsky.social · 28/04/2026
“A caída de Guiomar”, de Alba Rozas, é A miña Primeira Novela de Fantasía Épica Galega. Unha trepidante aventura para o público de 13anos en diante. Perfecta para compartir entre público xuvenil e adulto! Queres descubrir como Aima e Tegra expulsan a Orcavella do reino de Eabaca?
010