Sign in

Avante LGBT+ Pontevedra

@avantelgbtponte.bsky.social
59 followers 30 following 61 posts

Asociación LGBTIQA+ 🏳️‍🌈 Anticapitalista, feminista e galega avantepontevedra@gmail.com Podcast: open.spotify.com/show/1UqbSUUjPQUI6… Canal de difusión de eventos queer en Pontevedra: whatsapp.com/channel/0029VakaVxIK0I…

PostsRepliesMedia
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] @nosdiario.gal.web.brid.gy · 07/08/2025
nosdiario.gal
Convocan unha concentración en Pontevedra contra a agresión homófoba a dous rapaces na cidade
A agresión tivo lugar na madrugada do sábado na rúa Benito Corbal, arredor das 6.30 da mañá á altura de Mango, ao berro de “maricóns de merda”,
0910
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 07/08/2025
🚨 AGRESIÓN HOMÓFOBA EN PONTEVEDRA Este luns 11 ás 20.00h na Praza de España, concentrámonos para denunciar a agresión homófoba sufrida por 2 rapaces na rúa Benito Corbal, á altura de Mango. Se estiveches por alí o pasado sábado sobre as 6.30 AM e podes achegar información, contacta connosco 🙏
Cartaz dunha convocatoria a unha concentración. No fondo, degradado de cor rosa a negro. Aparece o seguinte texto en letras grandes e claras:

«Nin un paso atrás!
Concentración en repulsa á agresión homófoba en Pontevedra»

As palabras “agresión homófoba” destacan nun rectángulo branco con letras rosas. Ao lado dereito superior, aparece unha icona dun megáfono rosa.

Na parte inferior, indícanse os detalles da convocatoria:
📍Praza de España
📅 11 de agosto
🕗 20:00

En pequeno, no canto inferior dereito, indícase a organización convocante: “Convoca: Avante LGBT+ Pontevedra”
0107
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 07/07/2025
🎧 Novo episodio de REFERENTES: memoria LGBTIQA+ galega! 🌈 Con Laura Bugalho, muller trans e activista chave na loita LGBTIQA+ e das persoas migrantes 🗣️ Do franquismo á utopía ARELAS, pasando pola loita trans a comezos dos 2000 no Parlamento galego 🔗 Escóitao aquí: open.spotify.com/episode/63vF...
open.spotify.com
04 | Visibilidade trans na Galiza dos 90 con Laura Bugalho: "Se algo aprendín é que somos rede"
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega · Episode
063
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 05/07/2025
📚🌈 Este domingo 6 de xullo, ás 12.30h, temos vermú literario na Festa dos Libros (praza da Ferraría)! 🍸 Será unha conversa con @antoniomfraga.bsky.social, autor de “Askja”, a obra gañadora do Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero. 🎶 Con acompañamento musical de Tania Zaref.
Cartaz anunciando o Vermú literario organizado por Pinto e Maragota na Festa dos Libros. Na parte superior esquerda, sobre fondo vermello, aparece o texto:
Domingo 6 de xullo de 2025, ás 12.30 h, na Festa dos Libros (praza da Ferraría).

Logo aparece o título en grande: VERMÚ literario.

A continuación, o texto principal:
Conversa de Sara Vila, Eva Mejuto e Anxos Rial con Antonio M. Fraga, autor de “Askja”, obra gañadora do premio Pinto e Maragota 2025.

Presenta Anabel Gulías, concelleira de Igualdade
Acompañamento musical de Tania Zaref

Na parte inferior hai formas xeométricas coloridas e os logotipos de:
Os Vermús de Pinto e Maragota, Xerais e Concello de Pontevedra.
Na parte superior dereita está o logotipo de Pinto e Maragota, con dous peixes estilizados nas cores da bandeira LGBTIQA+ e o texto: Programa municipal pola diversidade sexual e de xénero.
073
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 02/07/2025
🎂 Estes días fanse 20 anos da aprobación do matrimonio igualitario no Estado español 🎙️ Entrevistamos a Guillermina, unha das protagonistas da primeira voda lésbica na Galiza despois da lei. Foi no programa “REFERENTES: memoria LGBTIQA+ galega” 👉 Escoita a conversa: open.spotify.com/episode/4O4B...
open.spotify.com
03 | Chámome Guillermina, son a vosa profesora e son lesbiana. A primeira voda de mulleres na Galiza
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega · Episode
053
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 28/06/2025
Abrimos fío coa ✨ Guía de accesibilidade na festa e manigestación do Orgullo PTV+ ✨ Para o 28 de xuño, hoxe, desde as 12:30 no parque das palmeiras de Pontevedra 👇
Guía de ACCESIBILIDADE na festa do Orgullo PTV+
28/06/2025
121
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 28/06/2025
🏳️‍🌈 Hoxe celebramos a nosa festa do Orgullo PTV+! 🏳️‍⚧️ Teremos música, comida, moitas cores e unha manifestación ás 20:00. Este ano reclamamos: nin un paso atrás, nin unha letra menos! 🌻 Fixemos unha guía de accesibilidade do evento que podes consultar aquí: www.instagram.com/p/DLcDXmBsExr/

Cartaz da "Festa do Orgullo 2025" en Pontevedra, con fondo rosa intenso e textos en branco e negro. O evento celébrase o sábado 28 de xuño no Parque das Palmeiras. O programa inclúe:

12:30 h – Actuación de Happy Singers con Pride
13:00 h – Sesión vermú "Piratas sen parche" con Éric Dopazo
15:00 h – Xantar colorido
16:30 – 20:00 h – "Duendeneta Dilleis"
18:30 h – Contos do arco da vella, actividade familiar con Cris de Caldas
20:00 h – Manifestación Orgullo 2025 co lema "Nin un paso atrás, nin unha letra menos!". Comezo e fin no Parque das Palmeiras, con lectura de manifesto e interpretación en lingua de signos
21:30 – 23:00 h – "Duendeneta Dilleis"
23:00 h – Concerto de Leria
00:30 h – Yaya DJ
Durante toda a xornada haberá un "Punto Arco Iris" e un posto informativo de Avante LGBT+ Pontevedra e Arelas.

Na parte dereita do cartel aparecen os logotipos do evento: un escudo colorido con ondas (o escudo de Pontevedra) e a frase "Orgullo PTV+"; e na parte inferior, a palabra "ORGULLO" dividida en cores do arco da vella, xunto a "Pontevedra 2025".
021
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 27/06/2025
💔 Hoxe despedimos a mostra de cinema LGBTIQA+ Ambienta por este ano Mais facémolo por todo o alto con 3 curtametraxes seleccionadas polo FIC Bueu! Ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada libre ata completar capacidade.
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_curtas, que neste 2025 inclúe tres títulos. En primeiro lugar, "Big Boys Don't Cry", de Arnaud Delmarie, producida no 2025 en Francia, de 25 minutos, na versión orixinal subtitulada en español. En segundo lugar, "Solo KIM", de Javier Prieto de Paula e Diego Herrero, producida no 2024 en España, de 15 minutos, na versión orixinal en español. Por último, "Three", de Amie Song, producida nos Estados Unidos en 2023, de 20 minutos, na version orixinal subtitulada en español. A súa proxección vai ser o venres 27 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Estas curtas foron seleccionadas polo FICBUEU.
000
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 27/06/2025
❤️‍🩹 Hoxe homenaxeamos o noso compañeiro Marcos López, que traballou por unha Pontevedra orgullosa e diversa, ás 19:00 no Teatro Principal Contaremos co coro queer “SenD-coro” na súa première. Tamén haberá un número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas. Estades todes convidades 🫶
Cartel da homenaxe a Marcos López no Orgullo PTV+ 2025, o 27 de xuño ás 19:00 no Teatro Principal de Pontevedra. Aparece Marcos López sorrindo, cunha camiseta verde, sostendo un vaso. Ao fondo vese un espazo ao aire libre borroso. Na parte superior do cartel está o texto:
“Homenaxe a Marcos López. Venres 27 de xuño (19.00 h) no Teatro Principal. Asociación Avante LGBT+ Pontevedra coa 'première' do coro 'queer' SenD-Coro e número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas.”
Na parte inferior están os logotipos do Orgullo PTV+, Avante LGBT+ e Orgullo Pontevedra 2025.
033
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 26/06/2025
💖 Ás 20:30 no Teatro Principal, ‘Mariliendre’ co creador, Javier Ferreiro, en conversa con Mariona Borrull Unha serie musical sobre Meri Román, diva da noite gay hai anos. Agora está atrapada nunha vida monótona, sacudida pola morte do pai. Isto lévaa a reconectar co seu antigo grupo de amigos gays
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_series, que neste 2025 é o primeiro capítulo de "Marliliendre", de Javier Ferreiro, unha serie orixinal de atresplayer. A súa proxección vai ser o xoves 26 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Esta serie foi seleccionada polos Premios Feroz. Foi producida no 2025 en España, dura 40 minutos e será proxectada na versión orixinal en español.Cartaz específico da sección AMBIENTa_encontro, que neste 2025 é con JAVIER FERREIRO, en diálogo con MARIONA BORRULL, xornalista. Vai ser o xoves 26 ás 21:15 no Teatro Principal de Pontevedra, despois da proxección da súa serie "Mariliendre". JAVIER FERREIRO (Lugo 1989) é o creador e director da serie Mariliendre e guionista en Vestidas de azul, as dúas producidas por JAVIER CALVO e JAVIER AMBROSSI. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universitat Pompeu Fabra, especializouse en escrita de guión na EICTV de Cuba. Fundou a produtora Amor y Lujo e colaborou con directores como JAIME ROSALES. Actualmente está a desenvolver o proxecto propio Fame e febre.
021
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 26/06/2025
🏳️‍🌈 Como a bisexualidade (e outras plurisexualidades) poden desestabilizar o sistema? Presentamos “Insubmisión ambigua”, antoloxía de ambigües e indecises que rompen co esencialismo de xénero e o binarismo na atracción 👉 Ás 19:00 na Libraría Paz con Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns
Presentación de Insubmisión ambigua
xoves 26 de xuño ás 19h na Libraría Paz

Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns conversarán con Nee Barros

Actividade en colaboración con Avante LGBT+ Pontevedra - programación Orgullo PTV+
021
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 25/06/2025
🎥 Hoxe, o filme marroquí “Le Bleu du Caftan” de Maryam Touzani! 🎞️ Conta a historia de Halim, un xastre que dirixe un pequeno negocio coa súa muller na medina de Salé. A súa relación, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef. 👉 Máis info en www.ambienta.gal
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_actual, que neste 2025 é o filme "Le Bleu du Caftan", de Maryam Touzani. A súa proxección vai ser o mércores 25 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Este filme foi seleccionado por Amal en ruta. Foi producido no 2022 en Marrocos, dura 122 minutos e será proxectado na versión orixinal con subtítulos en español. Foi candidato no 75 Festival de Cannes a mellor filme "Un certain regard" e gañador na categoría mellor actriz (Lubna Azabal) na 67 edición da Seminci. Seleccionado por Marrocos para os Premios Oscar.
023
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 25/06/2025
🌈 As persoas racializadas LGBTIQA+ existen, mais canto as escoitamos? 💥 A comunidade queer branca aínda exercemos violencia racista. Para aprender e cuestionarnos, ás 19:00 na Casa das Campás teremos un faladoiro con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez. 👉 O programa: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
MÉRCORES 25 DE XUÑO
19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
FALADOIRO: ESPAZO OCUPADO: habitar sendo a franxa marrón do arco da vella, con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra
043
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 24/06/2025
🎥 Ás 20:30 no Teatro Principal, “Ocaña, retrat intermitent” (Ventura Pons, 1978): entrada libre 🌈 Ocaña foi un pintor e travesti de Andalucía, naceu no 1947 e forma parte da memoria LGBTIQA+. Con este filme, achegarémonos a el nun retrato da Barcelona homosexual e travesti dos inicios da transición
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_clásico, que neste 2025 é o filme "Ocaña, Retrat Intermitent", de Ventura Pons. A súa proxección vai ser o martes 24 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Este filme foi seleccionado polo Cineclube Pontevedra. Foi producido no 1978 en España, dura 85 minutos e será proxectado na versión orixinal en español. Formou parte da sección panorama no festival de Berlín de 1978, e da sección oficial no festival de cannes en 1978.
022
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 24/06/2025
🌈 Como coinciden Triatlón e Orgullo, hoxe falamos da pegada lésbica nos deportes de contacto 💖 Contaremos coas Lavandeiras de San Simón polo fútbol gaélico, e con Eli Martínez Rosales polo rugby. Ás 19:00 na Casa das Campás, non o perdas! 🔗 O resto do programa: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
MARTES 24 DE XUÑO
19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
FALADOIRO: A PEGADA LÉSBICA NOS DEPORTES DE CONTACTO:
Fútbol gaélico e Rugby
con Lavandeiras de San Simón e Eli Martínez Rosales
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra
022
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 23/06/2025
🌈 Comeza Ambienta, mostra de cinema LGBTIQA+ 🗓️ Do luns 23 ao venres 27, vémonos no Teatro Principal ás 20:30. Entrada libre ata encher capacidade! 💎 Hoxe, Delirio Sketchs, unha webserie galega de humor surrealista. Haberá espectáculo coas personaxes e coloquio coa directora e guionista, Bea Saiáns
Cartaz específico da programación do luns 23 de xuño de 2025, co seguinte contido:

Na parte superior aparecen catro imaxes en miniatura da webserie Delirio Sketchs:

Unha drag queen con turbante vermello e colar de perlas. A foto é de @aigiboga

Rodaxe na rúa, con persoas vestidas con bandeiras de españa.

Un home de bigote, o influencer OlaXonMario, con camisa amarela e estética de teletenda ou programa de televisión.

Dúas drags maquillándose diante dun espello, son Mercedes Pezón e Tamy (foto: @grebo_photography).

Texto do cartaz:

Luns 23 // 20.30 h

ACTO DE INAUGURACIÓN de AMBIENTA, con Demetrio Gómez, concelleiro de Dinamización Social e Cultural do Concello de Pontevedra.

Proxección de Delirio Sketchs, webserie galega de humor surrealista. Presentación delirante a cargo de:
– Mercedes Pezón (Javier Sánchez “Meiga-i”)
– High Paw
– Tamy (Laura Merchán)
– Psicóloga Susana (Cata Ukelele)

Ao acabar, haberá coloquio coa directora, Bea Saiáns.

Na parte inferior aparecen os logotipos do proxecto Orgullo PTV+ e do Concello de Pontevedra, así como a indicación:
Teatro Principal // Pontevedra
031
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 22/06/2025
🏳️‍🌈 O sábado 28 manifestarémonos polo Orgullo co lema “Nin un paso atrás, nin unha letra menos!” 💥 Sairemos do Parque das Palmeiras ás 20:00 nun percorrido accesíbel para cadeira de rodas. Ao acabar, leremos o manifesto con interpretación en lingua de signos 👉 Vén facer frente aos discursos de odio!
Cartaz de fondo rosa cunha cuadrícula de debuxos coloridos e sinxelos representando partes do corpo diversas: ollos, pestanas, narices, bocas, bigotes, mamilos, entre outras. Na parte inferior dereita hai un recadro verde claro cun texto que di: “28 de xuño - 20.00h. Manifestación Orgullo. Saída e remate no Parque das Palmeiras. Lectura de manifesto con interpretación en lingua de signos”.
063
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 21/06/2025
🌈 Hoxe, sábado 21, non podes perder a Feira Marica en Pontevedra! 🎨 Unha feira de arte e autoedición LGBTIQA+ diante de Belas Artes, nos Xardíns de Marescot! Estará aberta de 10:00 a 21:00 🐞 Ilustracións, banda deseñada, artesanía e moito mais en www.instagram.com/feiramarica
ACTIVIDADES
DA FEIRA MARICA
Sábado 21 de xuño nos Xardíns de Marescot

MARICHADAS → 12:00
Es artistas exporán os seus proxectos, paixóns e en que consiste o seu labor.

MARICA E QUE? → 17:30
Mesa redonda, na cal se falará de como afecta pertencer ao colectivo LGBTIAQ+.

CESTA MARICA → 20:30
Sortearase unha obra de cada artista (14 obras). Para participar chega con mercar unha obra a un artista (cantas mais merques, mais posibilidades tes).
052
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 19/06/2025
🏳️‍🌈 Colectivo LGBTIQA+ na Idade Media? Claro! 💬 Hoxe falamos co @carloscallon.bsky.social de santos trans, cantigas de amigo gays, bollodramas composteláns, un casamento de 2 homes no 1061… 👉 Vémonos ás 19:00 na Libraría Paz! 🔗 O resto do programa do noso Orgullo: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
Cartaz da presentación do libro VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA de Carlos Callón. Vai ser o xoves 19 de xuño ás 19h. O autor conversará con Nee Barros.
Actividade en colaboración con Avante LGBT+ Pontevedra - programación Orgullo PTV+
011
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 18/06/2025
🏳️‍🌈 Coñecemos a memoria do colectivo LGBTIQA+ galego? 🗓️ Hoxe ás 19:00 na casa das campás, falamos con Laura Bugalho (1964, Compostela), muller trans activista. 💖 Como ela di: “Parece que nacemos cos dereitos debaixo do brazo e non é así. Hai xente que loitou (…). É de xustiza recoñecer ese labor”.
MÉRCORES 18 DE XUÑO
ás 19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ galega coa activista trans Laura Bugalho
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra
en colaboración con Atardecer Solidario
042
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
ê/o Nee Barros 🍂 @neeumatiko.bsky.social · 17/06/2025
A semana que vem, de luns a venres, temos 5 projeçons grátis de cinema LGBTIQA+ em Pontevedra. Se vos interessa, tendes aqui toda a programaçom com todos os títulos: www.instagram.com/p/DLANSkuojun/
Cartaz da Mostra Internacional de Cinema LGTBIQA+ de Pontevedra, chamada AMBIENTA. No centro aparece unha imaxe do artista Ocaña, con maquillaxe e mirada intensa, pendentes e colar brillante, vestido de negro con mantilla e flores amarelas na cabeza. Na parte superior indícase a data e hora do evento: do 23 ao 27 de xuño de 2025 ás 20:30 h no Teatro Principal. Na parte inferior inclúense os logotipos e webs de ambienta.gal, do Concello de Pontevedra e do Orgullo PTV+.
074
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
🐉 @dieeee.bsky.social · 13/06/2025
Habemus #OrgulloPTV+ !!! Después de meses trabajando en esto y con muchas cosas que arreglar a última hora por fin podemos poner ahí fuera nuestro programa cultural de 15 días en Pontevedra. Libros, deporte, música y revindicación en la calle!
1113
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
🐉 @dieeee.bsky.social · 13/06/2025
Traemos una programación potente de 15 días llenos de actividades culturales con cine, literatura y reflexión. Daremos voz a las personas racializadas queer, al lesbianismo en el deporte, a referentes trans históricos como Laura Bugallo y su lucha en Galicia a favor de la comunidad trans aquí.
111
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 13/06/2025
Chega a programación do Orgullo LGBTIQA+ a Pontevedra! Neste fío deixamos todas as actividades, faladoiros, presentacións de libros, festas, manifestación... Vémonos do 17 ao 30 de xuño celebrando e reivindicando a diversidade! (1/5 🧵)
Capa do programa do Orgullo PTV+ 2025, vai ter lugar en pontevedra do 17 ao 30 de xuño. Aparecen os logos do Concello de Pontevedra, Avante LGBT+, a Universidade de Vigo e Arelas, asociación de familias de menores e mocidade trans
155
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 29/03/2025
Vémonos este domingo! 🏳️‍⚧️ Non podemos ficar calades ante o aumento da transfobia e o avance da ultradereita. 👉 Ás 12:30 na praza 8 de marzo, Compostela
MANIFESTACIÓN
30 MARZO
Polo día da Visibilidade trans
Santiago de Compostela na Praza do 8 de Marzo
Atención: HORARIO DE VERÁN : o DOMINGO
ÁS 2 DA MAÑÁ SERÁN AS 3.

Mañá ás 12:30 dende a Praza do 8 de Marzo

Sempre estivemos aquí, seguiremos hoxe, mañá e sempre!

Polo Día Internacional da Visibilidade Trans
032
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 11/03/2025
🏳️‍🌈 Identidade lésbica e referentes culturais 📅 Este venres 14/03, en “As mulleres que opinan son perigosas”, a xornalista e escritora Inés Martín Rodrigo falará sobre o tema. ✨ Ás 17:45h no Teatro Principal, con intérprete en LSE. Con inscrición previa (gratuíta). www.depo.gal/-/as-mullere...
Cartaz dun encontro dentro do programa “AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS”

Vai ter lugar o VENRES 14 DE MARZO ás 17:45. Fala INÉS MARTÍN RODRIGO baixo o título "Unha homosexualidade propia. Identidade lésbica e referentes culturais".

Aparecen os logos da Deputación de Pontevedra e do Concello de PontevedraCartaz xeral do evento, cunha ilustración onde varias mulleres suben a un micrófono xigante, axudándose entre elas. ILUSTRADO POR Emma Gascó. Aparecen os logos da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontevedra

Información: 
VIII ENCONTRO DE MULLERES XORNALISTAS

AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS

VENRES 14 E SÁBADO 15 DE MARZO DE 2025

TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

Lista de participantes:
MARÍA ESCARIO
OLGA RODRÍGUEZ
ANNA BOSCH
RAQUEL MARTOS
INÉS MARTÍN RODRIGO
NOELIA ADÁNEZ
AIDA BAO
MACARENA BAENA
BLANCA LACASA
ANTÍA YÁÑEZ
MARÍA PIÑEIRO
MARÍA HERMIDA
RAQUEL ROSA
ANA MARCOS
ELENA REINA
043
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 07/03/2025
CANCELAMOS POLA CHUVA 😔❌
041
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 01/03/2025
🔥 Se en Pontevedra temos o loro con máis pluma, tamén había que ter un Entroido cuir á altura! 🪩 O venres 7 de marzo ás 19:30 vémonos no Campiño! Haberá música, sorteos e petiscos para compartir. 👯 Non esquezas o teu disfrace! Nós propoñemos a temática: viúves queer!
Cartaz da festa de entroido cuir de Avante LGBT+ Pontevedra. Aparece debuxado un gran papagaio coas cores do arcoiris, da bandeira do colectivo, no campiño de santa maría en pontevedra. A festa será o 7 de marzo a partir das 19:30 no campiño de santa maría, en colaboración con La Hormiga e o Panderetas. Haberá música de DJ Lil Candy Critter. Trae petiscos para compartir, dá o mesmo se son vexetarianos, veganos ou carnívoros. Trae as túas mellores galas de viúve queer e o disfrute está garantido!
0143
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Compostela @avantecompos.bsky.social · 23/02/2025
Hoxe manifestámonos en defensa da nosa lingua @avantelgbt.bsky.social @avantevigo.bsky.social @avantelgbtlugo.bsky.social @avantelgbtponte.bsky.social
0198
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 21/02/2025
📖 Esta noite, tés unha cita: a Noite de Poesía pola diversidade en Nasantiña! 🎤 Ás 21:00, haberá un micro aberto cheo de versos interlingües, interxeracionais e intergalácticos! Con música de Luís & Jacobo. 🤝 Un evento de Fulanas (asociación transfeminista de Pontevedra) e Noites de Poesía.
Noite de Poesía pola diversidade
21 de Febreiro ás 21h
Micro aberto con música de Luis & Jacobo
Organizado por Noites de poesía con Fulanas
Lugar: Nasantiña, Rua da Santiña 35
Poesía interlingual, interxeracional, intergaláctica

O cartaz é un barco de papel sobre un planeta só de auga. No ceo, saturno
022
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 20/02/2025
⚽ Este venres, o Campo Municipal de Campañó encheráse de diversidade e bo ambiente con Entreprimas! 🥅 És muller ou non binarie, lésbica ou bisexual? Queres xogar ao fútbol nun espazo seguro? De 15:45 a 17:15, podes desfrutar e crear comunidade! 🌟 Non perdas a sorpresa… haberá convidada especial!
FUTBOLLERAS
PACHANGA DE FÚTBOL PARA LESBIANAS E BISEXUAIS
VENRES 21/02
DE 15:45H A 17:15H
CAMPO MUNICIPAL DE CAMPAÑÓ
ANIMÁDEVOS!
032
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
Convocatorias Galiza @convocatoriasgz.bsky.social · 19/02/2025
📣📆 #Pontevedra #19Feb25 | Asemblea aberta de @avantelgbtponte.bsky.social @avantelgbt.bsky.social. 📌 La Hormiga 🕰 19:30
186
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 13/02/2025
⁉️ Queres participar connosco na organización do Orgullo PTV+? E doutros eventos LGBTIQA+ en Pontevedra? 📣 Este mércores, 19 de febreiro ás 19:30, temos asemblea aberta en La Hormiga. Vén para achegar as túas ideas e coñecer a nosa asociación! No Campiño de Santa María, 6. #Pontevedra #LGBTIQA+
Cartaz da nova asemblea aberta de Avante LGBT+ Pontevedra. Vai ter lugar no mércores 19 de febreiro ás 19:30. O lugar escollido é o bar La Hormiga, no Campiño de Santa María, 6. A imaxe é unha multitude borrosa, cun círculo coa bandeira LGBTIQA+ no medio sobre o que lemos "asemblea aberta Pontevedra". Tamén aparece a información que xa explicamos e o logo de Avante LGBT+: unha estrela coa bandeira do colectivo.
053
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Vigo @avantevigo.bsky.social · 13/02/2025
Cineforum de febreiro 🎥🏳‍🌈 O próximo domingo día 16 imos proxectar o filme «El club de las luchadoras» no C. S. A Desviada ás 19:00. O filme está escollido pola efeméride deste mes, o Día contra a LGBTfobia no deporte (19/02). Achégate a participar 🍿
Cartaz co poster da película, a descrición da mesma e o logotipo de Avante LGBT+.
022
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 13/02/2025
🌈📚 O clube de leitura reuniuse para comentar Trompeta, e non podemos deixar de recomendar este clásico queer do 1998, de Jackie Kay! É unha obra chea de sensibilidade, amor e dor. Mostra a importancia dos afectos e como as identidades son construcións. 🤔 Agora estamos a decidir a próxima leitura…
No bar La Verbena, de Pontevedra, o clube de leitura queer de Avante LGBT+ Pontevedra reúnese. Son 7 persoas ao redor dunha mesa cos libros. Aparece “Trumpet” de Jackie Kay na versión orixinal en inglés, e tamén como “Trompeta”, na versión traducida ao galego de María Reimóndez
031
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 11/02/2025
🔬🌈 A ciencia tamén é diversa! No Día da Muller e a Nena na Ciencia, falamos con Marina Sanz-Martín, investigadora en oceanografía, sobre referentes LGBTIQA+, discriminación e a loita por unha academia máis xusta. 💜 Neste fío, a entrevista completa 👇
Capa do carrusel. Aparece Marina Sanz-Martín co logo de Avante LGBT+ e de 500QS. O título é “11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA”
153
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
Danny Barreto @danburrito.bsky.social · 06/02/2025
Moi agradecidas a' O Salto e Gonza Fontán por esta reflexión sobre os estudos cuir na Galiza e o número de Galicia 21 que editamos @xelaparis.bsky.social e máis eu. www.elsaltodiario.com/lgtbiq/monst...
elsaltodiario.com
Monstruos en la academia: esta es la nueva ola de estudios ‘queer’ en Galicia
Un monográfico de ‘Galicia 21’ hace realidad los primeros estudios académicos que ponen en el centro la disidencia y el pensamiento ‘queer’, abriendo un debate que sacude la universidad y el activismo...
262
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 05/02/2025
⁉️ Queres participar connosco na organización do Orgullo PTV+? E outros eventos LGBTIQA+ en Pontevedra? 📣 Mañá, xoves 6 de febreiro ás 19:30, temos asemblea aberta no Palmkids. Vén para achegar as túas ideas e coñecer a nosa asociación! Na rúa Laranxo 25.
Cartaz da nova asemblea aberta de Avante LGBT+ Pontevedra. Vai ter lugar no xoves 6 de febreiro ás 19:30. O lugar escollido é o bar Palmkids, na rúa Laranxo 25. A imaxe é unha multitude borrosa, cun círculo coa bandeira LGBTIQA+ no medio sobre o que lemos "asemblea aberta Pontevedra". Tamén aparece a información que xa explicamos e o logo de Avante LGBT+: unha estrela coa bandeira do colectivo.
022
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
Convocatorias Galiza @convocatoriasgz.bsky.social · 05/02/2025
📣📆 #Pontevedra #6Feb25 | Asemblea aberta de @avantelgbtponte.bsky.social @avantelgbt.bsky.social. 📌 Palmkids 🕰️ 19:30
122
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 31/01/2025
📻 Neste fragmento do Diario cultural, a Eva Mejuto recomenda "Trompeta", o libro que estamos a ler no noso clube de leitura. Paga a pena escoitala, porque nós non poderiamos recomendalo de mellor xeito. 🫵 Vémonos na reunión (o 11/02 ás 20:00 na Verbena) para comentalo?
062
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 30/01/2025
❤️‍🩹 Fasnos compañía? ✨ Desde hoxe ata a reunión do clube (11/02), subiremos cada día 1 cita de “Trompeta”, de Jackie Kay. Anímate a coñecer esta xoia de amor e sensibilidade queer, e a comentala connosco! 👉 A versión que usaremos será a tradución de María Reimóndez, e todas as citas irán neste fío.
Cartaz do clube de leitura de Avante LGBT+ en Pontevedra. Desta vez, van comentar o libro “Trompeta”, de Jackie Kay, un clásico queer cheo de sensibilidade publicado orixinalmente en inglés no 1998.

Achégate a comentar este libro sobre a dó, os afectos, a identidade e a disidencia.

No bar La Verbena, en Pontevedra.
Rúa Paio Gomez Charino, 29.
Martes, 11 de febreiro, ás 20:00
185
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 30/01/2025
📚 O martes 11 de febreiro, ás 20:00, estás convidade á reunión do noso clube de leitura queer! 🏳️‍⚧️ Imos ler un clásico do 1998: “Trompeta”, de Jackie Kay. Anímate a descubrir esta xoia sobre a diversidade, a dó e a intimidade! E vén comentala connosco e facer comunidade cos libros ❤️‍🩹
Cartaz do clube de leitura de Avante LGBT+ en Pontevedra. Desta vez, van comentar o libro “Trompeta”, de Jackie Kay, un clásico queer cheo de sensibilidade publicado orixinalmente en inglés no 1998.

Achégate a comentar este libro sobre a dó, os afectos, a identidade e a disidencia.

No bar La Verbena, en Pontevedra.
Rúa Paio Gomez Charino, 29.
Martes, 11 de febreiro, ás 20:00
112
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
Nós Diario @nosdiario.bsky.social · 10/01/2025
🏳️‍⚧️ Unha mostra 'rescata' Trini Falcés, pioneira do activismo trans
nosdiario.gal
Unha mostra 'rescata' Trini Falcés, pioneira do activismo trans
A exposición Relembrando a Trini, unha iniciativa da área de Igualdade da Deputación da Coruña, inaugurouse esta sexta feira para render homenaxe a unha das pioneiras do activismo trans na Galiza.
052
Avante LGBT+ Pontevedra @avantelgbtponte.bsky.social · 29/01/2025
Boas, bluesky! 👋 Somos unha asociación LGBTIQA+ de #Pontevedra. Temos un clube de leitura e un coro queer, e organizamos cousiñas ao redor da diversidade na cidade! Se queres coñecer todos os eventos do colectivo en Ponte, síguenos ❤️
1106