Lindando con Pasarelos (Oroso), o Alto de Penedos (360m) é a máxima cota en Aiazo, e menos de 300 metros ao sur está, tras unha pendente moi pronunciada, a cota máis baixa, na beira do Tambre, de arredo dos 265 m. Destaca tamén no leste o Coto dos Cregos, de 351 m, ao lado da Estrada comarcal.