Sign in

ADEGA

@adegagz.bsky.social
607 followers 592 following 961 posts

ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA - Galician Environmental NGO - Declarada de Utilidade Pública

PostsRepliesMedia
ADEGA @adegagz.bsky.social · 9h
🙌🏼✍🏽O noso recurso xudicial xa foi admitido a trámite, un primeiro paso fundamental para que os tribunais revisen a legalidade dunha actuación urbanística que, para nós, é insostible e inxustificable. Loitaremos ata o final un río Rato sen cemento!🌱💚 #RíoRatoSenCemento
020
ADEGA @adegagz.bsky.social · 9h
✊🏽⚖️👩🏼‍⚖️Iniciamos a loita xudicial contra a urbanización das nacentes do río Rato, en Lugo 📣Grazas ás máis de 200 doazóns recibidas, podemos afrontar con garantías os custos das accións xurídicas necesarias para procurar frear no TSXG a ampliación do polígono do Ceao.
151
ADEGA @adegagz.bsky.social · 13/10/2026
📣📺A plataforma en defensa dos medios públicos, da que ADEGA fai parte, denuncia a manipulación insoportable e esíxelle á dirección da TVG e a Radio Galega respecto polos principios de veracidade e pluralismo, así como a diferenciación entre información e opinión. 🌿Info: adega.gal/novas.php?id...
042
ADEGA @adegagz.bsky.social · 13/10/2026
🌊 Xa está aquí a XV Limpeza Simultánea de Praias, con case 40 iniciativas ao longo de toda a costa galega! Descubre neste mapa as convocatorias previstas para esta fin de semana e únete: i.gal/xvlimpezapra... 💪 Fai parte desta gran marea de persoas comprometidas coa protección do noso litoral!🌊
110
ADEGA @adegagz.bsky.social · 10/10/2026
O programa Da Escola Á Granxa impúlsao a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo (Vicepresidencia Deputación de Lugo).
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 10/10/2026
😊🙌🏼Mans á terra! Onte realizamos un obradoiro do programa #DaEscolaÁGranxa canda ao CEIP de Monforte de Lemos. 🪻🌼Desta volta, plantamos un bancal de aromáticas para contribuír á polinización natural. As crianzas do centro público de Monforte arremangáronse para plantar romeu, tomiño e lavanda.
120
ADEGA @adegagz.bsky.social · 09/10/2026
Mañá, Día do Traxe Galego coa Eira da Xoana! Agardámoste no Castelo de Pambre ás 12:00h😊
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 09/10/2026
Actividade realizada no marco do Proxecto #RíasVivasSur, impulsado pola delegación de ADEGA en Vigo e O Morrazo co apoio da Consellaría do Mar e do GALP Ría de Vigo A Guarda. Cofinanciado pola Unión Europea a través do FEMPA.
000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 09/10/2026
🌊O 18 de outubro, véspera do Día Mundial contra o Cancro de Mama, ADEGA e ADICAM unimos forzas na XV Limpeza Simultánea de Praias para coidar o noso litoral, sensibilizar sobre a importancia de protexer o medio natural e visibilizar a forza das redes de apoio! ✏️Anótate aquí: i.gal/limpezaADICAM
121
ADEGA @adegagz.bsky.social · 09/10/2026
📢🌳Este vindeiro luns, colaboramos coa xente do monte dos Pozos (Valadares, Vigo) na presentación do movemento contra a construción dun glamping resort de luxo no monte veciñal. Anímate a vir, a informarte do que está a pasar e a compartir un bo momento en comunidade! Vémonos alí!💚🌿
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 08/10/2026
📣☢️Desde ADEGA-A Coruña denunciamos a reunión anual que a Sociedade Nuclear Española está celebrando estes días na cidade. Toda a info: adega.gal/novas.php?id...
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 08/10/2026
👆🏼Unha das súas últimas colaboracións con ADEGA tivo lugar ao redor do documental 50 anos coidando a Terra, do que forma parte este estracto de vídeo que partillamos hoxe. En poucas semanas agardamos publicar na web de ADEGA a entrevista completa inédita que Beiras tivo a ben concedernos.
040
ADEGA @adegagz.bsky.social · 08/10/2026
Home de ideas e de sentir ecoloxista. Beiras foi un economista de referencia desde unha perspectiva de país, un dos fundadores de ADEGA e un abandeirado do pensamento crítico en defensa da terra. A súa pegada ficará por sempre. O noso pésame á familia e ás amizades. Que a terra lle sexa leve.
1174
ADEGA @adegagz.bsky.social · 07/10/2026
NON PROHIBADES O GALEGO!📣 📍Hoxe participamos na protesta convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para denunciar a liquidación dos acordos sobre a lingua galega por parte do actual goberno da Xunta. QUEREMOS GALEGO dentro e fóra das aulas!👅 #queremosgalego #emerxencialingüística
030
ADEGA @adegagz.bsky.social · 07/10/2026
📸Imaxe 3: Txo · CC BY-SA 3.0 · vía Wikimedia Commons. commons.wikimedia.org/wiki/File:Sa...
000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 07/10/2026
ℹ️Toda a info, aquí: adega.gal/novas.php?id...
adega.gal
ADEGA. ADEGA solicita para usos ambientais os 75.000 l/s que pretenden bombear Iberdrola e Naturgy na Ribeira Sacra
100
ADEGA @adegagz.bsky.social · 07/10/2026
‼️Iberdrola e Naturgy pretenden bombear 75.000 l/s para a construción dunha central hidroeléctrica na Ribeira Sacra. Desde ADEGA solicitamos ese mesmo caudal para usos ambientais👇
122
ADEGA @adegagz.bsky.social · 07/10/2026
Novos obradoiros de agroecoloxía aplicada ás hortas urbanas!🌱💚 🗨️ Impartidos por Lucía Ferreira 🍅🍈Afonda nos principios da agroecoloxía e na súa aplicación práctica en espazos de cultivo urbanos. ✍🏽✍🏽INSCRICIÓNS: i.gal/agroecoloxia_outubro Co apoio do @concellosantiago.bsky.social
020
ADEGA @adegagz.bsky.social · 07/10/2026
Toda a info: adega.gal/novas.php?id...
adega.gal
ADEGA. Máis de 900 participantes retiran 13 toneladas de lixo no marco da XIX Limpeza Simultánea de Ríos de ADEGA
000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 07/10/2026
💧Ata aquí chegou a XIX Limpeza Simultánea de Ríos, cun gran resultado: 933 persoas voluntarias e 13 toneladas de lixo retiradas dos ríos galegos! Desde o Proxecto Ríos queremos facer un agradecemento a todas as participantes desta gran xornada de voluntariado ambiental. Vémonos o ano que vén?😊
150
ADEGA @adegagz.bsky.social · 05/10/2026
🌊🐚Desde ADEGA-A Coruña apoiamos o manifesto para a rehabilitación ambiental de Baldaio proposto polo Grupo Naturalista Hábitat Por unha recuperación ecolóxica integral para este valioso espazo natural! Toda a info: adega.gal/novas.php?id... COMPARTE!
171
ADEGA @adegagz.bsky.social · 04/10/2026
Galiza está con Palestina🇵🇸✊🏽 Resistencia, liberdade e paz! #PalestinaVencerá
0175
ADEGA @adegagz.bsky.social · 03/10/2026
Actividade realizada no marco do Proxecto #RíasVivasSur, impulsado pola delegación de ADEGA en Vigo e O Morrazo co apoio de Consellería do Mar da Xunta de Galicia e do GALP Ría de Vigo A Guarda. Cofinanciado pola Unión Europea a través do FEMPA.
000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 03/10/2026
🌱Máis dunha trintena de persoas uníronse ao roteiro polas Salinas do Ulló, en Vilaboa, para descubrir os hábitats e a historia deste peculiar recuncho da ría de Vigo. 📸Imaxes chulísimas de Julieta Tejeda
111
ADEGA @adegagz.bsky.social · 02/10/2026
‼️🔥A Alianza Rural, da que ADEGA fai parte, insta a mudar o Plano Forestal para acadar unha lei eficaz contra os incendios 👉Tamén alertamos de que o Anteproxecto de Lei non pode continuar a súa tramitación mentres non se someta a consulta pública do conxunto da cidadanía adega.gal/novas.php?id...
020
ADEGA @adegagz.bsky.social · 02/10/2026
#RadioCerna | O Proxecto Ríos de ADEGA impulsa máis de 75 limpezas simultáneas de ríos ao longo de toda a xeografía galega💧🩵 ℹ️Todas as novas ambientais da semana, en Radio Cerna, que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña. #RadioCerna #ecoloxismogalego #medioambiente
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 01/10/2026
💚Ven descubrir os valores naturais e culturais que atesoura o barrio mariñeiro das Xubias, na Coruña! 🐚Coñeceremos as ameazas e valores naturais da ría do Burgo, da man da mariscadora e poeta Teresa Ramiro e o biólogo mariño e membro de ADEGA Xandro García. Anótate! i.gal/roteiro-as-xubias-outubro
011
ADEGA @adegagz.bsky.social · 30/09/2026
🏖Imos á praia... para contribuír a protexela: velaquí unha nova xornada de voluntariado para a eliminación de flora exótica invasora en Muros!🐚🌿 📆 Sábado, 10 de outubro 🕒 10,30h 📍Praia de San Francisco, zona natural protexida. 👉 i.gal/eei_san_francisco Financiada polo Concello de Muros
011
ADEGA @adegagz.bsky.social · 30/09/2026
📣Unha ducia de entidades esiximos á Xunta información sobre a represa de Cabanelas💧 🗨️Solicitamos unha reunión coa dirección de Augas de Galiza e coa conselleira de Medio Ambiente, así como o acceso ao expediente da obra e á concesión de auga para a Illa da Toxa. Info: adega.gal/novas.php?id...
032
ADEGA @adegagz.bsky.social · 29/09/2026
📣Últimas horas para poder facer achegas á campaña #RíoRatoSenCemento! Con fondos recadados poderemos defender xudicialmente as nacentes do río Rato, ameazadas polo proxecto de ampliación do polígono do Ceao. adega.gal/rioratosencemento 🗨️Fala Daniel L. Vispo, membro da directiva de ADEGA.
000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 29/09/2026
Atención! Xa podes consultar todas as limpezas de ríos que terán lugar de xeito simultáneo ao longo de Galiza esta fin de semana: proxectorios.org/participante... Escolle a máis próxima a ti e móllate polos ríos! 💚💙 #ProxectoRíos #LimpezaSimultáneadeRíos #Móllatepolosríos
031
ADEGA @adegagz.bsky.social · 28/09/2026
💚🌱Se aínda non o fixeches, estás a tempo de doar para axudarnos a financiar a defensa xudicial das nacentes do Rato. PÁXINA PARA DOAR: adega.gal/rioratosencemento 🙏🏼Grazas a Son de Lugh, ao Lugar de Reque e á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
adega.gal
Fóra cemento do río Rato
Doa para liberar o río Rato do cemento
011
ADEGA @adegagz.bsky.social · 28/09/2026
🎶Este sábado estivemos de foliada en defensa do río Rato, en Lugo! ❌Non queremos que as súas nacentes sexan cementadas para ampliar o polígono industrial do Ceao. Queremos ríos libres de formigón e vivos! Así o loitaremos nos tribunais ata o final✊🏽
184
ADEGA @adegagz.bsky.social · 28/09/2026
🐟⚠️ADEGA reclama á Xunta que faga efectiva a protección do salmón no Observatorio Galego de Biodiversidade Toda a info: adega.gal/novas.php?id... Comparte! . . Última imaxe: David Álvarez. #salmónatlántico #salmóngalego #medioambiente #ecoloxismogalego
061
ADEGA @adegagz.bsky.social · 27/09/2026
O pasado domingo camiñamos ao carón do río Eifonso, en Bembrive, descubrimos todos os seus tesouros naturais e fixemos identificación de especies!🦋 Hoxe, este espazo está ameazado polo proxecto da A-52, un vial innecesario que alterará toda esta paisaxe... Bembrive di non á A-52!✊🏽 📸Julieta Tejeda.
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 25/09/2026
XV Limpeza Simultánea de Praias🌊 📅 18 de outubro 📍Galiza Únete á marea! Toda a info: adega.gal/axenda.php?i... #LimpezaSimultáneadePraias #lixomariño #contaminaciónmariña
000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 24/09/2026
🐟⚠️​Nove entidades ecoloxistas urximos á Xunta catalogar o salmón atlántico como “En perigo de extinción” tras o ditame do Comité Científico estatal. A desaparición desta especie, hoxe en serio risco, sería unha enorme perda ecolóxica e patrimonial para Galiza Toda a info: adega.gal/novas.php?id...
042
ADEGA @adegagz.bsky.social · 23/09/2026
📣Toda a información: adega.gal/novas.php?id...
adega.gal
ADEGA. ADEGA-A Coruña demanda melloras no transporte de pasaxeiros nas comarcas da Coruña e Ferrol
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 23/09/2026
🚌 Desde ADEGA-A Coruña demandamos melloras no transporte de pasaxeiros nas comarcas da Coruña e de Ferrol, ante o aumento da demanda e os problemas de falta de prazas, atrasos e masificación que se están a repetir neste inicio de curso. 💚Unha mobilidade sostible é tamén cuestión de saúde pública!
131
ADEGA @adegagz.bsky.social · 23/09/2026
⛵️ ADEGA Vigo-O Morrazo organiza unha ruta en barco para o avistamento de aves mariñas. 🗓 Domingo, 18 de outubro 📍 Punto de encontro: ás 9h no peirao de Portocultura (Vigo). 💶 100€ para persoas socias de ADEGA e 130€ para non socias. 📝 Inscricións e máis info: i.gal/ruta_barco
022
ADEGA @adegagz.bsky.social · 22/09/2026
💚Melania Cruz por un #RíoRatoSenCemento! 📣As nacentes deste río da cidade de Lugo están ameazadas por un proxecto urbanístico para ampliar o polígono industrial do Ceao. Non podemos permitir que cementen as fontes do Rato e toda a sús biodiversidade DOA para evitalo👉🏼 adega.gal/rioratosencemento
020
ADEGA @adegagz.bsky.social · 22/09/2026
Esta acción forma parte do proxecto de ADEGA Conservando a Biodiversidade na Reserva da Biosfera Terras do Miño, que conta co apoio da Deputación de Lugo. #RERB #terrasdomiño
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 22/09/2026
😊A semana pasada estivemos co alumando do CPI Dr Suárez de Friol visitando a parcela Rego de Salgueiro, custodiada por ADEGA. 🌱Durante a visita, o alumando puido aprender a identificar diferentes tipos de especies invasoras.
100
ADEGA @adegagz.bsky.social · 22/09/2026
ADEGA no Congreso Agrovalor 2026📣 🌳Hoxe, o vogal de agrogandeiría industrial de ADEGA, Daniel L. Vispo, participará no Agrovalor 2026 para falar sobre as plantas de biometano e a problemática dos nitratos. 📍Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Lugo. agrores-agromanure.com/agrovalor-20...
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026
✍🏽A Coordinadora pide maior participación cidadá e control sobre o impacto territorial dos PIA: máis información previa, prazos suficientes para alegar, rigor técnico e protección do patrimonio natural, cultural e paisaxístico. #ecoloxismogalego
010
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026
🏙️Antes de impulsar novas actuacións, debera existir unha verdadeira planificación pública que determine as necesidades de vivenda e solo industrial e as alternativas xa dispoñibles, para evitar unha nova burbulla inmobiliaria.
100
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026
🏗️Desde a Coordinadora cuestionouse o uso sistemático dos PIA, unha ferramenta concibida como excepcional e que axiliza o procedemento administrativo, incluso para derrubar vivendas existentes e impulsar a construcción por iniciativa privada.
100
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026
📣Desde ADEGA-Lugo e ADEGA-Compostela participamos hoxe na presentación pública da Coordinadora Galega para a Defensa do Modelo Territorial de Galiza. 👉🏼Trátase dunha nova fronte común de plataformas veciñais preocupadas polo impacto dos 14 Proxectos de Interese Autonómico (PIA) sobre o territorio.
131
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026
🌿 Esta é unha actividade do Proxecto #RíasVivasSur, impulsado pola delegación de ADEGA en Vigo e O Morrazo co apoio da Consellería do Mar e do GALP Ría de Vigo A Guarda. Cofinanciado pola Unión Europea a través do FEMPA.
000
ADEGA @adegagz.bsky.social · 21/09/2026
🦤Ven coñecer o litoral e descubrir as Salinas do Ulló, en Vilaboa: un espazo onde a historia da explotación da sal se mestura coa natureza da enseada de San Simón. 🌊Percorre as marismas e déixate sorprender por un humidal de gran valor ecolóxico, refuxio de aves! Inscríbete: i.gal/roteiro_salinas
110