ACGB @acgbcn.bsky.social · 03/10/2026Temos que cancelar o acto previsto para o día 4 (Arroz con leite á veracruzana) pola previsión de trebóns no litoral barcelonés. Perdoade a desilusión. Informaremos con tempo da nova data. 022
ACGB @acgbcn.bsky.social · 02/10/2026Lembrade!!! Este domingo 4, á hora do vermú, temos recendos de Veracruz no Ateneu Roig. Vide!!! 011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 19/09/2026«Arroz con leite á veracruzana» Graciela Ortega 4 de outubro ás 12h Ateneu Roig ✨ Haberá pequenas sorpresas culinarias e musicais que nos farán viaxar por un instante ata a cidade de Veracruz, porta de entrada por mar da maioría dos exiliados da Segunda República en México. 010
ACGB @acgbcn.bsky.social · 19/09/2026*Graciela Ortega* presenta oficialmente a súa nova novela, «Arroz con leite á veracruzana», nun acto promovido pola Biblioteca Sabela Labraña o 4 de outubro ás 12 no Ateneu Roig 🧵👇 110
ACGB @acgbcn.bsky.social · 19/09/2026📚 Se andades por Barcelona o *4 de outubro*, agardámosvos ás 12:00 h no Ateneu Roig de Gràcia para falar de literatura, da nosa lingua e de historias que cobran vida a través da memoria histórica e de persoas que atoparon o seu lugar entre dous mundos. 🧵👇 132
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/08/2026Aínda que sexa agosto, os Furafollas non paran. Este xoves 13, na Casa da Cultura «Olga Novo» da Pobra do Brollón, representarán a exitosa obra «Movendo os marcos». Será ás 21:00. Unha boa proposta para dixerir a resaca do eclipse 😋 021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026No pasamento de Alfredo Salom 🧵 (8 de 8) ...exemplo que enchería de felicidade á súa nai. Alfredo Salom, sempre na nosa memoria. 000
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026No pasamento de Alfredo Salom 🧵 (7 de 8) ...pero permanece entre nós a súa obra, o seu exemplo e o seu compromiso coa cultura. Enviamos un sentido pésame a Roi, que herdou a sensibilidade de Sabela e de Alfredo, e que soupo recuperar o galego coma lingua familiar, 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026Non pasamento de Alfredo Salom 🧵 (6 de 8) Era un home intelixente, entregado, cunha curiosidade insaciábel, de mirada profunda e cunha ampla cultura. Escoitar a súa palabra significaba aprender sempre. Coa súa marcha perdemos un artista íntegro e unha persoa xenerosa, 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026No pasamento de Alfredo Salom 🧵 (5 de 8) Admirador e lector de Fernando Pessoa, dedicou varias exposicións á súa obra e ilustrou moitos dos seus textos, establecendo un diálogo fecundo entre a palabra e a pintura. 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026No pasamento de Alfredo Salom 🧵 (4 de 8) Como artista, rexeitou sempre as lóxicas do mercado e escolleu camiñar á marxe dos circuítos comerciais, fiel á súa propia concepción da creación. 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026No pasamento de Alfredo Salom 🧵 (3 de 8) Participou coa súa pintura e cos seus debuxos en numerosas actividades culturais da comunidade galega de Barcelona, colaborando con grupos de teatro coma Augateba e Furafollas e deixando neles a pegada da súa sensibilidade. 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026No pasamento de Alfredo Salom 🧵 (2 de 8) Alfredo foi un pintor de poderosa forza expresionista. Nas súas obras, a intensidade da cor e a enerxía do trazo construían unha linguaxe artística fondamente persoal. 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026Faleceu Alfredo Salom, compañeiro e esposo de Sabela Labraña. Vai 🧵 (1 de 8) Foi el quen, cun inmenso acto de xenerosidade e amor pola memoria de Sabela, decidiu doar a súa biblioteca persoal á Biblioteca Sabela Labraña, un legado que hoxe continúa vivo ao servizo da cultura e da lingua galegas. 144
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/06/2026🚨🚨🚨 Non esquezades que pechamos o curso cun show de moitíiiiiisima altura!!! 🚨🚨🚨 «Galego pode selo Calquera» Un show de Alberte Montes 📆 Xoves, 2 de xullo 🕗 20:00 📍 Ateneu Roig 💶 Billeteira inversa. 011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 15/05/2026Obradoiro de baile. Mañá 16 de maio, todo o día, a nosa festa. 000
ACGB @acgbcn.bsky.social · 15/05/2026Que che falta por saber do Primavera Son (mañá 16 de maio)? Vai 🧵 121
ACGB @acgbcn.bsky.social · 12/05/2026Lembrade que o día 16 temos o Primavera Son para celebrar as letras galegas. Toda a info (ubicación, horarios, actividades, artistas, etc.) na nosa web 👇 acgb.gal/primavera-so... Agardamos por vós e polas vosas ganas de bailar!!!acgb.galPrimavera Son 2026 011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/05/2026💥Xa están aquí os horarios do Primavera Son 2026💥 Esta é a programación completa. Moitas ganas de vervos na Plaça del Poble Gitano o próximo sábado 16 de maio. 💐🌱🍃🌸🧡🌼🌿🌾💛 011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 05/05/2026🪩🎧 Señora DJ 🪩🎧 (4 de 4) Un pé na cabina, outro na pista… e o resto é puro desparrame 🙂↕️🙂↕️🙂↕️ 16 de maio, estade atentaaaaas💋💋💋💋 000
ACGB @acgbcn.bsky.social · 05/05/2026🪩🎧 Señora DJ 🪩🎧 (3 de 4) Pero o seu vai moito máis alá de facerche bailar: Señora DJ visibiliza mulleres compositoras, impulsa discursos feministas e pro-LGTBQ+, e reivindica a música en galego, apostando por unha escena máis inclusiva, diversa e vibrante. 👇 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 05/05/2026🪩🎧 Señora DJ 🪩🎧 (2 de 4) A súa proposta sonora mestura disco, pop, urbano e techno, co seu inconfundible “petardeo fino”, convertendo cada sesión nun ritual colectivo cheo de enerxía e complicidade. 👇 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 05/05/2026Seguimos coa info das artistas do Primavera Son o día 16 de maio. Vai 🧵 🪩🎧 Señora DJ 🪩🎧 Natural de Vilagarcía de Arousa, constrúe un espazo sonoro propio onde a diversidade, a inclusión e a cultura de club dialogan coa pista de baile. (1 de 4) 👇 131
ACGB @acgbcn.bsky.social · 04/05/2026(3 de 3) Á parte de toda a traxectoria profesional que vos poidamos contar, que VENTURA se suba a este esceario e poidades disfrutar das nosas amigas fainos estar tremendamente orgullosas ❤️🩹🫂 Querémosvos ver o 16 de maio sen parar de bailar con estes cinco 🫵🏻 000
ACGB @acgbcn.bsky.social · 04/05/2026(2 de 3) A partir de repertorios tradicionais e arranxos propios, busca revisar as sonoridades populares, mantendo a veracidade dun proxecto con raíces persoais nas tres culturas. Unha viaxe de ida e volta entre sons do Caribe e do Mediterráneo; cantos do Atlántico e do Pacífico. 👇 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 04/05/2026Seguimos con Primavera Son do 16 de maio 🐮VENTURA🐮 É unha formación Z que propón un diálogo aberto entre as músicas de raíz de Galicia, Cataluña e América Latina. 🧵👇 111
ACGB @acgbcn.bsky.social · 01/05/2026Na praza teremos: 🎶 Un escenario 🐙 O pulpeiro Picapulpo 🍼 Posto ACGB 🛍️ Posto de merchan ACGB 🟣 Punto Lila de prevención de agresións sexuais e LGTBIQ+ da ACGB 🚾 Baños públicosmaps.app.goo.gl 000
ACGB @acgbcn.bsky.social · 01/05/2026📍Plaça del Poble Gitano maps.app.goo.gl/4fzCAc778R21... Este ano repetimos praza xente! Por se acaso aínda non o tiñades ben anotado nas axendas, deixámosvos un mapa e algo de información para que non vos perdades 🫵🏻 112
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/04/2026(3 de 3) As propostas serán evaluadas (non hai tempo para todas) e recibirás un correo de confirmación se conseguiches o teu oco o día da festa ;) ✏️Anótate no formulario da nosa bio para coñecerte a ti ou o teu grupo :))))) docs.google.com/forms/d/e/1F... Veñaaaaa q xa vaiiii🤸🏽♀️docs.google.comFoliada Primavera Son 2026O próximo sábado 16 de maio celebramos unha nova edición do Primavera Son en Gràcia. A festa cada vez vai medrando máis, e precisa de pequenos reaxustes. Por iso, este ano decidimos adaptar o formato ... 000
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/04/2026(2 de 3) Buscamos propostas de 15-20min de repertorio tradi para comezar a foliada. Por iso… tes algunha proposta musical? Estás comezando a formar grupo cunhas amigas? Ou simplemente che gusta tocar en ambientes informais?? Esta é a túa oportunidade!! 🌟 101
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/04/2026Vai fío (1 de 3) 🧵 🤠Foliada aberta Primavera Son 2026🤠 Como ben sabedes, cada ano somos + ás que nos unimos á festa (🥹🫰🏽🫂). Por iso, este ano decidimos adaptar o formato da foliada para que o baile estea asegurado! 🫡 👇 121
ACGB @acgbcn.bsky.social · 27/04/2026Ademais, como todos os anos haberá ludotega, bingo e unha sesión especial de *Furafollas* Estade atentas estes días, pois este ano o formato da foliada vén con sorpresas ;) pronto + info Ganas de vervoooooos 💋💋 010
ACGB @acgbcn.bsky.social · 27/04/2026💐💛🌱 Cartaz completo de artistas e actividades do Primavera Son 2026 🌱💛💐 Xenteeee sabemos que estabades impacientes (e nós tamén)🥹 este ano é especialmente importante para nós <<3 Moi emocionadas de contarvos que contaremos con *Ventura* e *Señora DJ* como artistas confirmadas 🫰🏽 132
ACGB @acgbcn.bsky.social · 26/04/2026Xenteeeee!!! En 3 semanas estamos no Primavera Son🙂↕️🙂↕️ É que non o cremos :))) como de forte foi o do ano pasado??!! 🥹😭🫂 Esperamos que gardásedes a data e o lugar nas vosas axendas: 🤸🏼♀️16 de maio, plaça del Poble Gitano🤸🏼♀️ Estade atentas que temos moitas novas por ir daaando 💋💋💋 Vémonos pronto <3333 042
ACGB @acgbcn.bsky.social · 24/04/2026Lembrete de que mañá, na ACGB, entregamos o III Premio Letras Galegas Vivas a Olga Novo. Haberá música, poesía e de todo. Non volo perdades!!! axendacultural.aelg.gal/2026/04/24/b...axendacultural.aelg.galBarcelona: entrega do Premio Letras Galegas Vivas 2026 a Olga Novo | ::Axenda cultural AELG:: 032
ACGB @acgbcn.bsky.social · 14/04/2026«Casos e cousas», o proxecto de contacontos en galego nas bibliotecas de Catalunya, anuncia o seu «primavera tour». Para crianzas de 0 a 999 anos!!! 031
ACGB @acgbcn.bsky.social · 01/04/2026Bailadoras e pandeireteiras!!! Chega a recta final deste curso. O 3T das aulas 2025/2026 comezará o xoves 9 de abril (canto e pandeireta) e cada xoves alterno: 1-canto e pande, 2-baile Tes de prazo ata o 5 de abril para te inscribir no seguinte formulario: forms.gle/Gz7goXua1Qp9... Anótate!!📝 011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/03/2026Xente!!! Como moitas sospeitábades o Primavera Son 2026 será o 16 de maio 🤸🏽♀️🤸🏽♀️🤸🏽♀️ Un ano máis, a festa farase na Plaça del Poble Gitano Quedade antentas ás redes xa que este ano vimos cargadas de novidades ;) Anotade a data!! 💋💋💋 031
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/03/2026Chamamos a todas as persoas socias, amigas e á comunidade galega e catalá a participar activamente na manifestacion convocada este domingo ás 11.30 horas nos Jardinets de Gràcia. Loitamos por nós e loitamos por todas 💪🏻💜✊🏽 000
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/03/2026Desde Barcelona, a diáspora galega tamén se organiza e se ergue. Porque sabemos que a cultura, a lingua e a loita feminista camiñan da man, queremos facer do 8M un espazo de encontro, solidariedade e reivindicación. Non hai cultura viva sen igualdade real. 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/03/2026O feminismo é interseccional e vai á raíz dos problemas: se non cabemos todas, non cabe ningunha. Ante os ataques da ultradereita, movementos como a loita antiimperialista ou a defensa dos dereitos LGTBIQ+ resultan imprescindibles no feminismo. 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/03/2026Denunciamos as discriminacións machistas en todas as súas formas e as fendas que seguen atravesando a vida das mulleres baixo este patriarcado opresor: maior precariedade laboral, violencia sexual, psicolóxica ou física, abandono e complicidade misóxina por parte das institucións... 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/03/2026Nun contexto global de avance do fascismo, saímos ás rúas para defender os dereitos conquistados e para reclamar todas as melloras que aínda quedan por acadar. 100
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/03/2026Neste 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, desde a Asemblea Cultural Galega de Barcelona facemos un chamamento á mobilización e á forza compartida. 101
ACGB @acgbcn.bsky.social · 15/12/2025🔴 EDUPÍNDOLES PER ERRADICAR L’ANTIGITANISME 📅 Mañá, 16 de decembro 🕢 19:30 h 📍 Ateneu Roig Un projecte per combatre l’odi i l’antigitanisme, posar en valor la diversitat cultural gitana i construir una societat més justa. Eduquem-nos i resistim l'odi!🎓 011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 12/12/2025Lembrade: o domingo ás 12, coincidindo coa mani en Compostela, proxectaremos no Ateneu Roig de Barcelona o documental O Ulla Si. Máis info aquí 👇 acgb.gal/o-ulla-si-al... 033
ACGB @acgbcn.bsky.social · 02/12/2025Agardámosvos a todas nesta sesión na que veremos xuntas o documental, comentaremos a viabilidade actual da implantación da macrocelulosa e gozaremos dun vermut solidario posterior. 🌿Non faltedes! 000