Sign in

ACGB

@acgbcn.bsky.social
52 followers 2 following 104 posts

Asemblea Cultural Galega de Barcelona.

PostsRepliesMedia
ACGB @acgbcn.bsky.social · 6h
Lembrade!!! Este domingo 4, á hora do vermú, temos recendos de Veracruz no Ateneu Roig. Vide!!!
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 19/09/2026
📚 Se andades por Barcelona o *4 de outubro*, agardámosvos ás 12:00 h no Ateneu Roig de Gràcia para falar de literatura, da nosa lingua e de historias que cobran vida a través da memoria histórica e de persoas que atoparon o seu lugar entre dous mundos. 🧵👇
132
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/08/2026
Aínda que sexa agosto, os Furafollas non paran. Este xoves 13, na Casa da Cultura «Olga Novo» da Pobra do Brollón, representarán a exitosa obra «Movendo os marcos». Será ás 21:00. Unha boa proposta para dixerir a resaca do eclipse 😋
021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2026
Faleceu Alfredo Salom, compañeiro e esposo de Sabela Labraña. Vai 🧵 (1 de 8) Foi el quen, cun inmenso acto de xenerosidade e amor pola memoria de Sabela, decidiu doar a súa biblioteca persoal á Biblioteca Sabela Labraña, un legado que hoxe continúa vivo ao servizo da cultura e da lingua galegas.
144
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/06/2026
🚨🚨🚨 Non esquezades que pechamos o curso cun show de moitíiiiiisima altura!!! 🚨🚨🚨 «Galego pode selo Calquera» Un show de Alberte Montes 📆 Xoves, 2 de xullo 🕗 20:00 📍 Ateneu Roig 💶 Billeteira inversa.
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 15/05/2026
Que che falta por saber do Primavera Son (mañá 16 de maio)? Vai 🧵
Cartaz coa pregunta: que che falta por saber do Primavera Son?
121
ACGB @acgbcn.bsky.social · 12/05/2026
Lembrade que o día 16 temos o Primavera Son para celebrar as letras galegas. Toda a info (ubicación, horarios, actividades, artistas, etc.) na nosa web 👇 acgb.gal/primavera-so... Agardamos por vós e polas vosas ganas de bailar!!!
acgb.gal
Primavera Son 2026
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/05/2026
💥Xa están aquí os horarios do Primavera Son 2026💥 Esta é a programación completa. Moitas ganas de vervos na Plaça del Poble Gitano o próximo sábado 16 de maio. 💐🌱🍃🌸🧡🌼🌿🌾💛
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 05/05/2026
Seguimos coa info das artistas do Primavera Son o día 16 de maio. Vai 🧵 🪩🎧 Señora DJ 🪩🎧 Natural de Vilagarcía de Arousa, constrúe un espazo sonoro propio onde a diversidade, a inclusión e a cultura de club dialogan coa pista de baile. (1 de 4) 👇
131
ACGB @acgbcn.bsky.social · 04/05/2026
Seguimos con Primavera Son do 16 de maio 🐮VENTURA🐮 É unha formación Z que propón un diálogo aberto entre as músicas de raíz de Galicia, Cataluña e América Latina. 🧵👇
111
ACGB @acgbcn.bsky.social · 01/05/2026
📍Plaça del Poble Gitano maps.app.goo.gl/4fzCAc778R21... Este ano repetimos praza xente! Por se acaso aínda non o tiñades ben anotado nas axendas, deixámosvos un mapa e algo de información para que non vos perdades 🫵🏻
112
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/04/2026
Vai fío (1 de 3) 🧵 🤠Foliada aberta Primavera Son 2026🤠 Como ben sabedes, cada ano somos + ás que nos unimos á festa (🥹🫰🏽🫂). Por iso, este ano decidimos adaptar o formato da foliada para que o baile estea asegurado! 🫡 👇
121
ACGB @acgbcn.bsky.social · 27/04/2026
💐💛🌱 Cartaz completo de artistas e actividades do Primavera Son 2026 🌱💛💐 Xenteeee sabemos que estabades impacientes (e nós tamén)🥹 este ano é especialmente importante para nós <<3 Moi emocionadas de contarvos que contaremos con *Ventura* e *Señora DJ* como artistas confirmadas 🫰🏽
132
ACGB @acgbcn.bsky.social · 26/04/2026
Xenteeeee!!! En 3 semanas estamos no Primavera Son🙂‍↕️🙂‍↕️ É que non o cremos :))) como de forte foi o do ano pasado??!! 🥹😭🫂 Esperamos que gardásedes a data e o lugar nas vosas axendas: 🤸🏼‍♀️16 de maio, plaça del Poble Gitano🤸🏼‍♀️ Estade atentas que temos moitas novas por ir daaando 💋💋💋 Vémonos pronto <3333
042
ACGB @acgbcn.bsky.social · 24/04/2026
Lembrete de que mañá, na ACGB, entregamos o III Premio Letras Galegas Vivas a Olga Novo. Haberá música, poesía e de todo. Non volo perdades!!! axendacultural.aelg.gal/2026/04/24/b...
axendacultural.aelg.gal
Barcelona: entrega do Premio Letras Galegas Vivas 2026 a Olga Novo | ::Axenda cultural AELG::
032
ACGB @acgbcn.bsky.social · 14/04/2026
«Casos e cousas», o proxecto de contacontos en galego nas bibliotecas de Catalunya, anuncia o seu «primavera tour». Para crianzas de 0 a 999 anos!!!
031
ACGB @acgbcn.bsky.social · 01/04/2026
Bailadoras e pandeireteiras!!! Chega a recta final deste curso. O 3T das aulas 2025/2026 comezará o xoves 9 de abril (canto e pandeireta) e cada xoves alterno: 1-canto e pande, 2-baile Tes de prazo ata o 5 de abril para te inscribir no seguinte formulario: forms.gle/Gz7goXua1Qp9... Anótate!!📝
Cartaz anunciando o novo trimestre de aulas, onde se pode ver xente bailando contra o solpor.
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/03/2026
Xente!!! Como moitas sospeitábades o Primavera Son 2026 será o 16 de maio 🤸🏽‍♀️🤸🏽‍♀️🤸🏽‍♀️ Un ano máis, a festa farase na Plaça del Poble Gitano Quedade antentas ás redes xa que este ano vimos cargadas de novidades ;) Anotade a data!! 💋💋💋
031
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/03/2026
Neste 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, desde a Asemblea Cultural Galega de Barcelona facemos un chamamento á mobilización e á forza compartida.
101
ACGB @acgbcn.bsky.social · 15/12/2025
🔴 EDUPÍNDOLES PER ERRADICAR L’ANTIGITANISME 📅 Mañá, 16 de decembro 🕢 19:30 h 📍 Ateneu Roig Un projecte per combatre l’odi i l’antigitanisme, posar en valor la diversitat cultural gitana i construir una societat més justa. Eduquem-nos i resistim l'odi!🎓
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 12/12/2025
Lembrade: o domingo ás 12, coincidindo coa mani en Compostela, proxectaremos no Ateneu Roig de Barcelona o documental O Ulla Si. Máis info aquí 👇 acgb.gal/o-ulla-si-al...
033
ACGB @acgbcn.bsky.social · 02/12/2025
*PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "O ULLA SI"* 🗓️ _Sábado 14 de decembro_ 🕛 _12:00 h_ 📍 _Ateneu Roig_
121
ACGB @acgbcn.bsky.social · 19/11/2025
A Biblioteca Sabela Labraña, sección da ACGB, vén de proclamar gañadora do III Premio Letras Galegas Vivas a Olga Novo pola súa traxectoria poética. Até o 17 de novembro de 2026 será o seu ano. Noraboa!!! acgb.gal/iii-premio-l...
acgb.gal
III Premio Letras Galegas Vivas
022
ACGB @acgbcn.bsky.social · 07/11/2025
O xoves 13 de novembro, @s 18h agora si, despois de ser adiada máis dunha vez, temos a Mario Cortizo no Centre de Cultura Popular La Violeta que nos falará de «As marxes da música. Creación contemporánea a partires de arquivos sonoros da tradición oral». Mario é un crack da composición de vangarda.
Na foto unha pandeireteiras sorrí ao son da música.
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/11/2025
O día 15 de novembro, no Centre Artesà Tradicionàrius de Barcelona, ás 20:30 horas, poderemos gozar da música de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Podedes mercar as entradas en www.xabierdiaz.com
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 27/10/2025
Como xa vos indicamos nunha publicación anterior, a Comisión Feminista da ACGB quere honrar, neste último trimestre do ano, a figura da docente e escritora luguesa Helena Villar Janeiro. Toda a info aquí 👇 acgb.gal/reconecement...
075
ACGB @acgbcn.bsky.social · 23/10/2025
Estes días temos no CCCB, en Barcelona, o Kosmópolis cun cartelón que inclúe nomes como Berta Dávila ou Yolanda Castaño. Cada xornada remata cunha actuación musical. O domingo estará no cenario a grandísima Mercedes Peón.
022
ACGB @acgbcn.bsky.social · 03/10/2025
Aprendre la llengua i la cultura de Galícia al barri, una realitat gràcies a l'Aula de Galego de Sants - EL3 www.el3.cat/noticia/1033...
el3.cat
Aprendre la llengua i la cultura de Galícia al barri, una realitat gràcies a l'Aula de Galego de Sants
Si vols aprendre gallec i endinsar-te en la cultura i les tradicions de Galícia, al barri de Sants ho pots fer gràcies als cursos de l'Aula de Galego de Sants. Aquest mes d'octubre tornen a començar e...
023
ACGB @acgbcn.bsky.social · 16/09/2025
📢 𝗣𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗮 𝗧𝗮𝗯𝗲𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 📢 Este 𝗱𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼 𝟱 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼, de 𝟭𝟭:𝟬𝟬𝗵 a 𝟭𝟱:𝟬𝟬𝗵 📅, volvémonos atopar para a primeira Tabernada do curso no 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗲𝘂 𝗥𝗼𝗶𝗴 (𝗚𝗿à𝗰𝗶𝗮) (📍https://www.google.com/maps/place//data=!4m2!3m1!1s0x12a4a31e48ed62b1:0x4839abc3b534a702?sa=X&ved=1t:8290&ictx=111).
121
Reposted by ACGB
ACGB @acgbcn.bsky.social · 22/08/2025
Como moi probablemente xa saibades, nestas datas estamos a vivir unha terrible vaga de incendios, na que Galicia, e sobre todo a provincia de Ourense está a ser duramente castigada. 👇🧵
134
ACGB @acgbcn.bsky.social · 22/08/2025
Como moi probablemente xa saibades, nestas datas estamos a vivir unha terrible vaga de incendios, na que Galicia, e sobre todo a provincia de Ourense está a ser duramente castigada. 👇🧵
134
ACGB @acgbcn.bsky.social · 10/07/2025
☔️☔️ Hoxe vimos presentar unha das iniciativas máis chulas da ACGB: a biblioteca Sabela Labraña. Estades todas convidadas a usar este espazo sempre que queirades: facer doazóns, levar libros prestados, unirvos ao clube de lectura... 📚🖇️📖 #BibliotecaSabelaLabraña
064
ACGB @acgbcn.bsky.social · 01/07/2025
A Comisión Feminista faise resón das voces feministas organizadas que berran para seren escoitadas polos axentes políticos e pola sociedade en xeral: que denuncian, alertan e chaman á unidade contra a violencia machista e contra as distintas formas do sistema social patriarcal (1 de 3)
122
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/06/2025
De parte da comisión feminista da ACGB, con motivo do orgullo: que viva a diversidade!!!
021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 13/05/2025
Conta atrás para o Primavera Son... Tic tac... Toda a info na nosa web: acgb.gal/primavera-so...
acgb.gal
Primavera Son
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 12/05/2025
Xa temos o horario completo do Primavera Son (este 17 de maio). Ademais, haberá Punto Lila, venda de libros, recuncho dxs Crush, o tradicional polbeiro, obradoiro de pintar camisolas, etc. etc. etc.
021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/05/2025
Dende a ACGB convocamos unha sesión formativa, sobre o recentemente creado Punto Lila, o martes 13 de maio de 19:30 a 20:30 no Ateneu Roig. Esta formación é necesaria para poder actuar como Punto Lila móbil nas actividades da asociación. Confirma a túa asistencia enviando unha mensaxe ao 627 704 212
021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 28/04/2025
Ola amigues! Como cada ano, o 17 de maio celebramos o «Primavera Son» na Plaça del Poble Gitano. Para axudar a financiar a montaxe, cenario, actuacións, etc. temos estás camisolas tan chulas á venda. 12€ para socias e 15€ para o público en xeral. Podédelas reservar en info.acgb@gmail.com
Camisolas primavera son ACGBGuía de tallas
012
ACGB @acgbcn.bsky.social · 26/04/2025
Hoxe fixemos entrega oficial do «II premio das Letras Galegas Vivas» a Margarita Ledo Andión. Onte proxectamos a película «Nación» (bru-tal), ceamos e cantamos o Grándola... Pasámolo de fábula estes dous días con ela. Grazas!
021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 25/04/2025
Pois nada... Que nos deron un premiooooo!!!! acgb.gal/premis-de-la...
acgb.gal
Premis de la Vila de Gràcia
021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 08/04/2025
Proxección de NACIÓN, documental de Margarita Ledo Andión 📍 Cinema Maldà (Barcelona) 🗓 25 de abril de 2025, 20:00 h 🎟 5€ socias/os | 7€ non socias/os (venda na taquilla dende as 19:00 h) Entrega oficial do Premio Letras Galegas Vivas 2025 📍 Ateneu Roig (Barcelona) 🗓 26 de abril de 2025, 12:00 h
122
ACGB @acgbcn.bsky.social · 29/03/2025
Estíbaliz Espinosa, unha das grandes da poesía galega, vainos agasallar cun recital único, mesturando poesía, música e astronomía para crear un espazo tempo de verso, perspectiva crítica e música en galego. Será o 5 de abril, ás 19:00h, no Ateneu Roig.
022
ACGB @acgbcn.bsky.social · 06/03/2025
O sábado 15 de marzo, pola tarde, voltamos revolver a feira cunha nova tabernada. Desta vez, o tema da Taberna da Parroquia son as mulleres bravas. Coma sempre, haberá micro aberto, música, petiscos e diversión a esgalla.
A taberna da parroquia.
021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 24/02/2025
O 24 de febreiro considérase o aniversario de Rosalía de Castro. Tamén é o aniversario da ACGB. Cumprimos 13 anos!!! Deixamos aquí unhas fotos que demostran o noso compromiso social, lingüístico, cultural e festeiro!!! Viva a revolta de Rosalía e viva a revolta da ACGB!
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 20/02/2025
Ola! Es galega? Vives en Barcelona? Aínda non coñeces a ACGB? Apúntate a pásalo ben!!!
021
ACGB @acgbcn.bsky.social · 08/02/2025
Si vols aprendre gallec a Barcelona, ja pots. Nous cursos per promoure'n l'aprenentatge. Ara no tens excusa. www.el3.cat/noticia/9990...
043
ACGB @acgbcn.bsky.social · 07/02/2025
LEMBRETE!!! Mañá temos #taberna co tema #amor en sesión vermú. Non vola podedes perder!
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 30/01/2025
Lembrade! Hoxe, ás 18:00, @borxa-neira.bsky.social falará sobre os seus libros «Mover os marcos» e «Galiza umha» no Ateneu Roig. Non podedes faltar!
022
ACGB @acgbcn.bsky.social · 20/01/2025
O próximo 𝘀𝗮́𝗯𝗮𝗱𝗼 𝟴 𝗱𝗲 𝗳𝗲𝗯𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼, de 𝟭𝟭:𝟯𝟬𝗵 a 𝟭𝟱:𝟬𝟬𝗵, volvémonos atopar para unha nova Tabernada no 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗲𝘂 𝗥𝗼𝗶𝗴 Nesta ocasión propoñemos unha 𝗧𝗮𝗯𝗲𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗿𝗲𝗳𝗹𝗲𝘅𝗶𝗼𝗻𝗮𝗿 𝗲 𝗱𝗶𝘀𝗳𝗿𝘂𝘁𝗮𝗿 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗺𝗼𝗿.💖💔 𝗘𝘀𝗽𝗲𝗿𝗮́𝗺𝗼𝘀𝘁𝗲! 💖🍷✨
011
ACGB @acgbcn.bsky.social · 16/01/2025
O sábado 1 de febreiro temos vermú literario no Ateneu Roig, ás 12h., co libro «A rúa das preguntas», presentado polo seu autor, Xesús González, acompañado pola profesora da UB Chus Lama.
011