Sign in

Universidade da Coruña

@udc.gal
1.3K followers 116 following 2K posts

En constante movemento

PostsRepliesMedia
Universidade da Coruña @udc.gal · 5h
🌍 A UDC acolle estes días no @citicresearch.bsky.social o encontro anual do proxecto ZOE, que reúne expertos de 11 países para avanzar na prevención de futuras pandemias desde o enfoque #OneHealth. O equipo da UDC, liderado por Adina Dumitru, estuda o factor humano nas zoonoses.
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 5h
📢A Facultade de Socioloxía organiza o 8 e 9 de outubro as X Xornadas de Orientación Profesional para as Ciencias Sociais. Serán dous días para coñecer as saídas profesionais e itinerarios de futuro, polo que garda a data e...anímate a participar!
000
Reposted by Universidade da Coruña
Universidade Sénior - UDC @udc-senior.bsky.social · 8h
O vindeiro luns, 5 de outubro, arranca a 5ª ed. do Programa de Democratización do Coñecemento en #Arteixo con preto de 60 participantes. Ás 17:00, o acto de inauguración e logo, á primeira das sesións. As sesións serán desenvolvidas no Centro Arteixo Innovación de @arteixooficial.bsky.social
011
Universidade da Coruña @udc.gal · 6h
🤖 A #UDC reuniu especialistas para analizar os nesgos de xénero e as discriminacións que pode reproducir a #IA. A xornada abordou cuestións como a saúde mental, o discurso de odio, o machismo nas redes sociais e os retos éticos da IA. 🔗https://bit.ly/4hDXYlU #IA #TecnoloxíaResponsable
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 8h
🤝 A UDC é sede esta mañá da II Xornada Galega de PRL "Universidade e empresa ante os retos preventivos", centrada en desafíos como a saúde mental, o cambio climático, o envellecemento laboral ou a IA. 🔗Máis información: bit.ly/XPRL26 #UDC #PRL #UDCSaudable
010
Reposted by Universidade da Coruña
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 01/10/2026
#CIFaoDía A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitou, este xoves 1/OUTUBRO, ao alumnado aloxado na Residencia Universitaria do Campus Industrial de Ferrol para darlle a benvida neste novo curso 2026/27 @udc.gal
001
Universidade da Coruña @udc.gal · 10h
🏆 EchoLab 4.0, proxecto liderado pola UDC e o CHUAC, recibe un Premio Ennova Health 2026 na categoría de Telesaúde e E-learning. 🦴A plataforma combina simulación inmersiva, IA e modelos 3D para mellorar a formación en ecografía. 🔗Accede aquí á noticia completa: bit.ly/PreEnDay
011
Universidade da Coruña @udc.gal · 01/10/2026
⚖️ A Facultade de Dereito recibirá o vendeiro venres, 9 de outubro, na Facultade de Dereito ao xuíz Ron Kaye, do Tribunal Superior do Condado de Los Ángeles.  Kaye falará sobre o tratamento das persoas con enfermidade mental no sistema penal e sobre o equilibrio entre liberdades e protección social.
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 01/10/2026
⚛️ Nova edición do Curso Básico de Ciencia e Tecnoloxía Nuclear na UDC! Consistirá nunha formación presencial sobre física nuclear, seguridade, residuos, aplicacións e sustentabilidade.  📅 8/10 🕧15:00 a 19:00 h 📍ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos Inscríbete aquí: bit.ly/CBNCam26
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 01/10/2026
📢Lembramos que o vindeiro mércores, día 7 de outubro, é festivo local na Coruña! 🔐Por iso, permenacerán pechados os centros da UDC que estean nos campus da cidade. #UDC #Avisos #FestivoLocal
032
Universidade da Coruña @udc.gal · 01/10/2026
🌱O xoves 8 de outubro, de 16:00 a 18:00 horas, participa no voluntariado ambiental no Monte da Fraga! 🐸💧 A Oficina de Sustentabilidade organiza esta actividade, inventariando a biodiversidade e identificando especies bioindicadoras. Prazas limitadas! +info: bit.ly/InscrMdF
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 01/10/2026
🌍A Oficina EMERGE recibiu a dúas profesoras da Universidade de Aleksandër Moisiu de Dürres (Albania). Un encontro no que lles foi presentada esta alianza europea de universidades, con especial fincapé á área de Compromiso e participación social, vencellada ao WP "Community Engagement and Services"
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 01/10/2026
🤝 A #UDC e a Xunta de Galicia poñen en marcha unha iniciativa pioneira de investigación aplicada en vivenda pública e urbanismo. 🏘️Estudantado do Máster en Arquitectura da #ETSAC traballará en proxectos reais para deseñar solucións innovadoras e sostibles. 🔗https://bit.ly/4e7BwAF
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 30/09/2026
📢 A UDC vén de aprobar no Consello de Goberno celebrado esta mañá a convocatoria de 67 prazas de Persoal Docente e Investigador para reforzar o seu cadro de persoal. Así mesmo, tamén se aprobou o nomeamento de Rafael Martín Acero como profesor emérito da Universidade. 🔗+info: bit.ly/CGob09
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 30/09/2026
A OCV recibiu esta mañá a Dilma Cruz, produtora campesiña hondureña e integrante da Asociación de Productores Experimentadores de Moropocay. A súa visita enmárcase no proxecto "Mulleres Bravas de Honduras e Galicia", promovido por Amigas da Terra, Enxeñería Sen Fronteiras e Cooperación Galega.
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 30/09/2026
🎓A Residencia Universitaria Elvira Bao deu a benvida ao novo alumnado residente! 🏠A xornada celebrouse onte na sala de ocio da residencia, nun encontro que contou coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade, Alsira Salgado.
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 30/09/2026
📅 O 2 de outubro, a Reitoría da UDC acolle a II Xornada Galega PRL "Universidade e empresa ante os retos preventivos". Un encontro entre as tres universidades do SUG, empresas e administracións para abordar os retos actuais da prevención de riscos laborais. 🔗Inscríbete aquí: bit.ly/XPRUDC
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 30/09/2026
🏆 A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC convoca os premios aos mellores TFM en criterios ASG e propósito corporativo e aos mellores TFG de temática galega. 📅Tes de prazo ata o 4/10 para TFG e ata o 31/12/2026 para TFM. Consulta as bases e participa! 🔗Máis información: bit.ly/PrCVE26
000
Reposted by Universidade da Coruña
CITIC Research UDC @citicresearch.bsky.social · 29/09/2026
📣 Os vindeiros 15 e 16 de outubro, o #CITIC e a Facultade de Informática da @udc.gal acollerán a edición IX do Congreso XoveTIC, dirixido a persoal investigador das #TIC 📝 Inscríbete! O prazo de remata mañá día 30 👇 Asistentes: f.mtr.cool/mq8hk39pjk Relatores: f.mtr.cool/03ddze4ysw
033
Universidade da Coruña @udc.gal · 30/09/2026
🔍 Ademais, o Grupo de Cidadanía Dixital está a desenvolver un proxecto de investigación sobre a podcastesfera feminista financiado polo @instmujeres.bsky.social e queren coñecer intereses, motivacións, percepcións…. 🔗 Participa aquí:
bit.ly
Fill | ¿QUÉ PÓDCAST FEMINISTAS ESCUCHAS?
¿Tienes 5 minutos? Cuéntanos qué escuchas, por qué y qué opinas sobre los pódcast feministas. Registro comité de ética 2026-021
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 30/09/2026
🎙️ Sabías que hoxe, 30 de setembro é o Día Internacional do Podcast? Na UDC contamos con varias iniciativas, como Onda Ciencia”, da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, “O Descodificador”, do @citicresearch.bsky.social, ou “Pedagoxías do Incómodo”, do Ecigal.
120
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🌍 O @citicresearch.bsky.social avanza en Praga no proxecto europeo EDIGIT, inspirado na experiencia de Talentos Inclusivos. Un encontro que permitiu avanzar na plataforma formativa e preparar novas accións de capacitación para impulsar unha educación STEM máis inclusiva.  🔗https://bit.ly/EDGt26
000
Reposted by Universidade da Coruña
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 29/09/2026
#CIFaoDía (2/2) A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola UDC xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude @udc.gal
001
Reposted by Universidade da Coruña
Campus Industrial de Ferrol @ciferrol.bsky.social · 29/09/2026
#CIFaoDía (1/2) O Castro de Esmelle acolle do 28/SETEMBRO ao 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica, a segunda no que vai de ano. Os traballos darán continuidade á campaña realizada durante o mes de xullo e centraranse no estudo dun edificio localizado na zona de acceso ao castro @udc.gal
101
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🚀A Oficina de Proxectos Internacionais vén de acadar unha das axudas da convocatoria GPE2026 para a preparación e xestión de proxectos europeos e atracción de talento internacional, unha convocatoria moi competitiva (só 14 universidades están entre as entidades seleccionadas). 🔗https://bit.ly/UDCOPI
001
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🦖🔬 Mañá comeza a III Semana da Paleontoloxía da UDC! 📅Do 30 de setembro ao 6 de outubro, conferencias, paleocharlas, cine e obradoiros achegarán a disciplina a todas as idades en distintos espazos da Coruña. 🔗Máis info: bit.ly/IIISemPal
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🔬 A Facultade de Ciencias da UDC continúa esta semana co XXIII Ciclo "Ciencia é Cultura". O 2/10 ás 12:10 h, Luis Hombreiro Noriega, comisario da Policía Nacional e doutor en Bioloxía falará sobre contaminación residual na práctica forense e o "background" xenético.  🔗+info: bit.ly/CCeCult
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 29/09/2026
🤖O 2/10 a Casa do Estudantado acollerá a partir das 10:00 h a xornada "Intelixencia Artificial, nesgos de xénero e oportunidades para a igualdade". Unha oportunidade para analizar os nesgos, a saúde mental e aplicacións da IA desde unha perspectiva de igualdade. 📍Casa do Estudantado 🕛10:00-14:30 h
031
Universidade da Coruña @udc.gal · 28/09/2026
UDC e a AESIA avanzan en novos proxectos para impulsar unha IA segura, responsable e ao servizo da sociedade. O reitor da UDC e o director xeral da AESIA mantiveron un encontro xunto con representantes de ambas as institucións no que abordaron iniciativas conxuntas. 🔗+info: bit.ly/AESIA26
023
Universidade da Coruña @udc.gal · 28/09/2026
🎉Así de ben o pasamos o venres na G-NIGHT! 🤗Grazas a todas as persoas que participastes nas nosas visitas guiadas e obradoiros e ás que vos achegáchedes a compartir unha tarde de ciencia para toda a familia! Ata a próxima!🩷 #GNight2026 #GNight #UDC #DivulgaciónCientífica #InvestigaciónUDC
020
Reposted by Universidade da Coruña
Universidade Sénior - UDC @udc-senior.bsky.social · 28/09/2026
A Universidade Sénior da UDC abre inscrición na 4ª ed do Programa de Democratización do Coñecemento en #Carballo, con financiación da Xunta de Galicia, e colaboración do Concello de Carballo Inscrición: 29 de setembro a 8 de outubro, na web universidadesenior.org/carballo/, e presencial no Concello
012
Universidade da Coruña @udc.gal · 28/09/2026
🌍O @cicaudc.bsky.social impulsa a colaboración internacional coa incorporación da investigadora sudafricana Kate da Silva. 🏅Galardoada no #SACCMA2025, realizará unha estadía no grupo Advanced Biofab, ampliando a súa formación e reforzando a cooperación científica. 🔗+info: bit.ly/KdSCICA
011
Universidade da Coruña @udc.gal · 28/09/2026
A UDC suma dúas novas spin-off para trasladar á sociedade o coñecemento xerado na súa investigación. 🚀 ✅ Real Force Lab, dedicada á análise do rendemento humano. ✅ RE-IUS Circular Law, especializada en economía circular e dereito ambiental. 🔗https://bit.ly/4ynmdvY #UDC #RumboEBC #OTC
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 26/09/2026
🌍 Hoxe celebramos o #DíaEuropeoDasLinguas desde a UDC e como parte de EMERGE, unha alianza na que a diversidade lingüística forma parte do que somos. Nove universidades, linguas e territorios diversos que aprenden e colaboran xuntos. #EMERGEAlliance #UDC
020
Universidade da Coruña @udc.gal · 25/09/2026
Catro boas prácticas docentes da UDC, recoñecidas no portal "Xénero e Diversidade no Ensino" da Universidade Libre de Berlín. As experiencias abranguen as redes de coidados e desigualdades, a perspectiva de xénero no ensino ou os discursos misóginos nas redes. 🔗
bit.ly
Buenas Prácticas
Aquí se presenta una selección de buenas prácticas en docencia, a partir de una convocatoria realizada en 2025, entre docentes de instituciones de educación superior de España y América Latina.
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 25/09/2026
🏗️ Comeza o II Ciclo de Conferencias «I+D+i en Edificación» da EUATAC. O 29 de setembro, Daniel Hermosilla falará sobre innovación na prefabricación de formigón e o seu papel na eficiencia, calidade e sustentabilidade da construción. Inscrición gratuíta. 🔗Máis info: bit.ly/ConfEdif
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 25/09/2026
🌧️Un estudo liderado desde o @cicaudc.bsky.social reconstrúe 11.000 anos de cambios nas chuvias do oeste da Península Ibérica. Os resultados revelan o papel clave do Atlántico Norte e axudan a comprender a variabilidade das precipitacións. 🔗Máis info: bit.ly/EstCICA
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 25/09/2026
🔬A II Escola de Doutoramento en Fotocatálise da UDC reuniu no Pazo de Mariñán especialistas e alumnado de doutoramento para analizar avances, desafíos e aplicacións desta disciplina clave na procura de solucións sostibles para retos ambientais e enerxéticos. 🔗+info: bit.ly/FTCTLS
011
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🤝 O reitor da UDC, Ricardo Cao, mantivo unha reunión no Reitorado coa portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, para abordar algúns dos principais retos da universidade. 💬 Financiamento, aloxamento do estudantado e investigación de calidade ao servizo da sociedade. #UDC #UniversidadePública
021
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🌿🧤 O venres 2 de outubro, a UDC súmase á Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos no río Lagar, ao seu paso polo Campus de Elviña, en horario de 11:00 a 13:00 h. 📍Punto de encontro: entrada principal da Facultade de Economía e Empresa. Anímate e participa! ✍🏽Inscríbete aquí: bit.ly/MXRíos
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
📚 Volve o Club de Lectura da Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación! 📅Unha vez ao mes, os mércores ás 17:00 h, reunirémonos para comentar lecturas, intercambiar ideas e desfrutar da lectura en boa compañía. Anímate e inscríbete!  🔗https://bit.ly/ClectOut
012
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
⏳ Mañá, 25 de setembro, a ciencia sae á rúa coa G-Night! ⚗️ Máis de 40 actividades gratuítas na Coruña e Ferrol: obradoiros, experimentos e moita divulgación para todos os públicos. 🧠✨ Bótalle un ollo ao programa aquí 👇 gnight.gal #GNight2026 #GNight #UDC #DivulgaciónCientífica
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
Cerca de 200 persoas reuníronse no Paraninfo da UDC na xornada Sostener para avanzar, organizada por @plenainclusion.bsky.social e @fademga.bsky.social. Un espazo para compartir coñecemento e avanzar a organizacións máis sostibles e capaces de afrontar os cambios sen perder de vista a súa misión.
021
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
📢Xa está aberto o prazo de solicitude para participar na VII edición de Talentos Inclusivos, o programa educativo do @citicresearch.bsky.social que combina tecnoloxía, innovación e inclusión. 📅O prazo de solicitude está aberto durante 15 días naturais desde o 22/09. 🔗https://bit.ly/ApTIncl
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🌙🦇 O 14/10 a asociación UDC Big Bang organiza na Facultade de Ciencias unha actividade para achegarnos ao fascinante mundo dos morcegos. 🔎Se o tempo o permite, sairase polos arredores para escoitar e tentar ver morcegos durante a súa actividade nocturna.  👉 Actividade con inscrición previa.
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🎉 O investigador do @cicaudc.bsky.social Jesús Mosquera Mosquera acaba de obter unha das prestixiosas Bolsas Leonardo 2026 da Fundación BBVA co seu NANO-4P. 🔬 Un novo recoñecemento á investigación de excelencia da #UDC. 🔗https://bit.ly/BLJeMos #InvestigaciónUDC #BolsaLeonardo #Nanotecnoloxía
041
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🏆 A catedrática da UDC Patricia Faraldo Cabana recibe o Premio Francisco Tomás y Valiente 2026 pola súa monografía "La privación del derecho de sufragio pasivo por condena penal", que aborda a relación entre a condena penal e o dereito a ser elixido. Parabéns!👏🏽👏🏽👏🏽 🔗Máis info: bit.ly/PrPtrF
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
🏆 A UDC, Premio Embaixador Honorífico MICE 2026. Recibiu o galardón na Noite de Embaixadores, un encontro organizado por A Coruña Convention Bureau en recoñecemento ao seu papel como motor científico, académico e cultural e pola súa contribución á proxección internacional da cidade.
010
Universidade da Coruña @udc.gal · 24/09/2026
👩‍🏫A investigadora do @citicresearch.bsky.social e profesora da UDC Verónica Bolón participou na xornada IA360, na que se presentou o novo Plan IA360 do Goberno de España para un despregamento responsable da intelixencia artificial.  🔗Máis info: bit.ly/VBIA360
000
Universidade da Coruña @udc.gal · 23/09/2026
Ferrol: gnight.gal/cidades/ferrol
010