Sign in

NON-TOXICNo ads · No shady algorithms

iiinova is part of the Atmosphere — an open, public network where you own your identity.

Ecoloxistas en Acción de Vigo

@vigo.ecoloxistasenaccion.gal
162 followers 112 following 81 posts

Xentiña do común facendo ecoloxismo social

PostsRepliesMedia
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 08/03/2026
As ecofeministas estivemos hoxe na manifestación do movemento #feminista en #Vigo. Por un 8M antifascista, de rebeldía e ledicia. Por outros mundos. Por vidas dignas para todas, todes e todos. 💜💚 #8M #8M2026 #8MEcofeminista
011 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 24/12/2025
📺 O noso voceiro @crist-puxeiros.bsky.social fala na @tvgalicia.bsky.social sobre as limitacións das #ZonasdeBaixasEmisións, unha medida insuficiente en cidades como Vigo, onde a calidade do aire é moi deficiente. Temos que mudar o modelo de cidade, máis peonil e cun transporte público digno.🚶🏿‍♂️🚍
031 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 06/12/2025
Arranca a XXVII Asemblea Confederal de @ecologistasenaccion.org en Vigo cunha mesa redonda co título "Ecoloxismo social para cambiar o mundo". Un encontro entre o activismo ecoloxista e veciñal para poñer en común estratexias de resistencia ante o capital depredador.
031 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 03/12/2025
Este xoves a nosa compañeira de @ecologistasenaccion.org estará no CS A Nubeira de Vigo presentando o seu último libro, Metamorfosis. Ás 19h na R/Pizarro, 6.📚
000 0
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 26/10/2025
Roteiro para visibilizar a proliferación de pisos turísticos no Casco Vello de Vigo. Organizado pola Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo. As Vivendas de Uso Turístico fan subir os presos do alugueiro e expulsan á veciñanza do centro. Moratoria xa!
022 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 23/10/2025
O colectivo Amigas das Árbores está a facer un gran traballo en defensa do arboredo urbano de Vigo. Hoxe fan a súa primeira asemblea no CS A Nubeira. Adiante na loita por un #VigoVerde #StopArboricidios🌳
001 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 22/10/2025
O vindeiro 25 de outubro ás 11.30h dende a Praza do Berbés a Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo da que participamos fará un roteiro onde coñecer como este uso especulativo da vivenda está transformando os nosos barrios e que podemos facer para frear o seu avance.🏘️
010 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 16/10/2025
Falando sobre extrativismo e resistencias ao capital en Ecuador con Patrizio Mesa da @conaie.bsky.social e Maureen Zelaya de Pueblos contra el Extractivismo. A megaminaría depreda os territorios e as comunidades desde Ecuador ata Galiza. @ecoloxistasenaccion.gal
011 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 23/09/2025
A Nubeira a rebosar no acto de Salvemos A Barroca sobre e PXOM e a recalificación da fraga de Casaliños para construir o Vigo Arena. #VigoVerde 🌳
001 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 21/08/2025
Vigo sae a rúa para denunciar a política forestal da Xunta. Milleiros berrando #LumesNuncaMáis e esixindo unha rectificación no plan forestal.🔥
030 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 22/07/2025
As @ecoloxistasenaccion.gal apoiamos a concentración apoiada por colectivos sociais irmáns contra a xenofobia e violencia racista contra as persoas migrantes. Hoxe martes ás 19h na Praza do Migrante, Avda. Castelao/Pr. América, Vigo.
011 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 25/06/2025
Por terra e mar, illa de Toralla vai ser reconquistada. Axúdanos a que a bandeira de Vigo volva ondear na illa. Polo acceso público á Illa, basta de urbanismo para ricos! Este sábado ven con @ecoloxistasenaccion.gal @greenpeace-galicia.bsky.social e a veciñanza de Coruxo e San Miguel de Oia🌊
011 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 11/06/2025
Este mércores no CS A Nubeira teremos a presentación dos materiais pedagóxicos de Nova Cultura da Terra. Tecendo alternativas transformadoras en rede.📚🌿
000 0
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 07/06/2025
Este sábado estaremos en Baiona berrando #RecheoNon. Basta de privatizar o litoral de todas para disfrute dunha minoría. Non á ampliación do porto deportivo que ameaza a Praia de Santa Marta.🌊
000 0
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 06/06/2025
Este domingo #SalvemosABarroca organiza un mercadiño para seguir loitando contra a destrucción da Carballeira de Casaliños en Navia, ameazada pola construcción do Vigo Arena, prevista no PXOM. A partir das 11 en Dr. Cadaval, 8.
000 0
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 05/06/2025
No Día Mundial do Medio Ambiente: As organizacións sociais reclaman a recuperación do tranvía en Vigo como medida urxente contra a crise climática.🚟 #DiaMundialMedioAmbiente @greenpeace-galicia.bsky.social @verdegaiagz.bsky.social @amigasdaterra.bsky.social @amnistiainternacional.es
022 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 05/06/2025
A campaña Escola Saudábel de Ecoloxistas en Acción participa tamén en Galiza na mobilización unitaria do sábado 7 de xuño en diferentes localidades de todo el Estado co lema “Dereito á desconexión dixital. Protexamos a saúde dos menores”. En Vigo, mesa informativa na Farola de Urzaiz de 11 a 13h.
000 0
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 01/06/2025
Hoxe en Pontevedra 30.000 galegas berramos nin ENCE na Ría nin Altri na Ulloa. #AltriNon #EnceFóra @ulloaviva.bsky.social @altrinon.bsky.social @defensadaria.bsky.social @greenpeace-galicia.bsky.social
0135 13
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 22/05/2025
O 1 de xuño todas a Pontevedra a defender as nosas Rías das macrocelulosas.🏭 Nin ENCE na Ría nin Altri na Ulloa.🌊 🚌 Autobuses a prezos reducidos. #AltriNon #ENCEfóra @defensadaria.bsky.social @ulloaviva.bsky.social @altrinon.bsky.social
035 5
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 21/05/2025
Palestra organizada pola ANPA do IES do Castro coa colaboración de Adolescencia libre de móbiles e a campaña Escolas Saudábeis.📱💻 Os riscos de comezar coas pantallas antes de tempo para as crianzas. Con Alexandra Lorenzo, educadora social en Alborada. 👉🏿Xoves 22 de Maio ⏰17.30 📍IES do Castro, Vigo
000 0
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 20/05/2025
📢Concentración de solidariedade coas activistas de #BDS criminalizadas por participar nun boicot en Vigo contra Carrefour. Esta empresa fai negocio nos territorios ocupados por Israel, a costa do sufrimento do pobo palestino #BoycottCarrefour 🇵🇸🇵🇸🇵🇸🇵🇸 @amnistiainternacional.es @rescop.bsky.social
022 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 19/05/2025
A solidariedade con Palestina non é delito. Apoiemos ás activistas de BDS denunciadas por Carrefour por sinalar a súa complicidade co xenocidio. Xulgados de Vigo ás 10.45.
022 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 17/05/2025
Concentración no peirao de Baiona contra un novo recheo na Baía para construír máis pantaláns para iates. Unha actuación que ignora que as nosas vilas teñen un límite biofísico. Basta XA de actuacións que non teñen en conta as necesidades da veciñanza e agreden ao ecosistema mariño. #NonAoRecheo
062 6
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 15/05/2025
Toda a solidariedade co pobo palestino. Concentración hoxe ás 20h no Paseo de Alfonso de Vigo. #PalestinaLibre🇵🇸
010 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 14/05/2025
📢 Vémonos este venres en Baiona na manifestación veciñal contra o recheo masivo no Porto deportivo. A nosa costa non se vende, deféndese!🌊 ⏰20h 📍Avda. Monterreal
010 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 12/05/2025
📽️ O venres 16 preséntase en Vigo o documental A Loita Final. Unha crónica do desastre ambiental que carrexaría a instalación da macrofábrica celulósica na Ulloa. #AltriNon @ulloaviva.bsky.social @greenpeace-galicia.bsky.social Ás 19h no Centro Social A Nubeira, Pizarro 6.
044 4
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 10/05/2025
Estivemos en Cangas na manifestación O Morrazo ten un límite apoiando a loita da veciñanza fronte á masificación turística da bisbarra. Por un Morrazo para vivir!
012 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 09/05/2025
Apoiamos a manifestación O Morrazo ten un límite deste sábado ás 12h en Cangas. A masificar turística degrada o medio ambiente, xera contaminación e residuos e empobrece o territorio.
021 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 07/05/2025
Membros da plataforma de Afectados polo Turismo do Morrazo e de @ecoloxistasenaccion.gal despregamos unha pancarta xigante no peirao de Massó para denunciar a situación límite do Morrazo debido á masificación turística e para animar a participar na manifestación deste sábado 10, ás 12h, en Cangas.
033 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 04/05/2025
Deceas de embarcacións baixaron hoxe polo Ulla para reclamar #AltriNon. As @ecoloxistasenaccion.gal estivemos nunha nova mobilización de @ulloaviva.bsky.social contra a maior agresión medioambiental contra o corazón de Galiza. Defendamos o río Ulla, a Ría de Arousa, a Nosa Terra e o noso aire!
085 8
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 15/04/2025
A aprobación da ampliación da cidade deportiva do Celta encubre un pelotazo urbanístico coa apropiación de terreo forestal. Grazas a mobilización veciñal reduciuse a superficie deforestada, pero debería facerse en zona urbanizada para dotacións deportivas. www.ecologistasenaccion.org/337630/denun...
013 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 11/04/2025
A nosa coordenadora Érika González falando na palestra "Construír espazos de resistencia ao capital" con Sintrahocu e @anticapi.bsky.social no Centro Social A Nubeira en Vigo. O ecoloxismo social aposta pola acumulación de forzas desde o local ao global para resistir ao capital.
020 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 04/04/2025
O compañeiro de @ecoloxistasenaccion.gal Joam Evans fala das loitas contra a minaría depredadora en Galiza e das vitorias acadadas polos movementos veciñais e ecoloxistas. #MinariaInsostible
001 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 04/04/2025
Cheo total no CS A Nubeira na palestra sobre Minaría en Galiza e no Norte de Portugal. Comeza o compañeiro da plataforma contra a Mina do Barroso en Tras-Os-Montes. Vencellando loitas transfronteirizas contra o capital extrativista que ameaza os territorios. #MinaMorte #SOSSuidoOSeixo
100 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 03/04/2025
Apoiamos a manifestación de vivenda deste sábado en Vigo dentro da mobilización estatal do #5deAbril polo dereito á vivenda. Únete á revolta das chaves 🔑 Manifestación ás 19h desde a Praza dos Cabalos.
000 0
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 31/03/2025
Acto sobre a situación da Minaría de litio en Galiza e no Norte de Portugal. Falarán Joam Evans de @ecoloxistasenaccion.gal e representantes de loita contra a mina de Barroso, en Portugal e contra a mina de Doade, en Ourense. Este venres ás 19h no C.S. A Nubeira, Vigo.
032 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 28/03/2025
Asociacións veciñais e ecoloxistas despregamos esta mañá, na Porta do Sol, en plena festa da Reconquista de Vigo, unha pancarta xigante  para reclamar a entrada libre á illa de Toralla e a senda peonil litoral aprobada en 2008. Basta de promesas, queremos feitos! youtu.be/4Wn-IsACK3E
021 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 25/03/2025
No Centro Social A Nubeira falando sobre o crecemento dos pisos turísticos e a burbulla especulativa da vivenda. Coa Plataforma contra a masificación turística de Vigo e o Morrazo. Cidades e vilas para vivir, non para especular!
001 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 23/03/2025
Este martes palestra no CS A Nubeira sobre a problemática das vivendas turísticas. Intervirá o noso compa @crist-puxeiros.bsky.social presentando o informe que fixo @ecologistasenaccion.org sobre as VUT. 👉🏿Organiza a Plataforma contra a masificación turística de Vigo e O Morrazo. 📍r/Pizarro,6 ⏰19.30
010 1
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 19/03/2025
Moi interesantes as xornadas Medio ambiente e cambio climático que organiza o Club Pena Trevinca en Vigo.⛰️⛰️🏔️ Hoxe a nosa compañeira Ana Pascual presenta a Fernando Valladares do @csic.es para falar de decrecemento. Ás 20h no Auditorio do Concello.
021 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 18/03/2025
Activistas de @ecoloxistasenaccion.gal e @greenpeace-galicia.bsky.social irrumpimos na sede da Xunta de Galicia para rexeitar con contundencia a declaración de impacto ambiental favorable á macrocelulosa Altri. Video da acción youtu.be/sYIydIoCkJs #AltriNon
063 6
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 17/03/2025
Redondela tamén se mobilizou onte ao berro #AltriNon contra a desfeita medioambiental permitida e promovida pola Xunta na bisbarra da Ulloa @ulloaviva.bsky.social @altrinon.bsky.social
062 6
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 16/03/2025
Pontevedra uniuse ás vilas da bisbarra da Ulloa na concentración convocada por @defensadaria.bsky.social contra a declaración de impacto ambiental da macrocelulosa Altri aprobada pola Xunta. Nin ENCE na Ría nin Altri na Ulloa #AltriNon
023 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 11/03/2025
Continúan as mobilizacións para Salvar a Barroca! Desta volta é un paseo reivindicativo con Oscar Pazos, xeólogo, quen vai explicar as fochancas e bosquiños supervivintes nos ecosistemas de humedais flanqueados por salgueirais e carballeiras en Navia. #NonAoVigoArena #SalvemosABarroca
012 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 09/03/2025
As ecofeministas de @ecoloxistasenaccion.gal estivemos na manifestación de Vigo deste #8M destacando e visibilizando a loita e a reivindicación dos dereitos das mulleres e outras disidencias para que podamos vivir unha vida plena, de autonomía, xustiza social e liberdade en harmonía co planeta.
023 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 06/03/2025
Este #8M2025: Nin a Terra nin os nosos corpos son territorio de conquista. Reivindicamos os dereitos das mulleres e outras disidencias para vivir unha vida plena, de autonomía, xustiza social e liberdade en harmonía co planeta. Ecofeminismo para loitar.🟣🟢 www.ecologistasenaccion.org/333863/
021 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 05/03/2025
A veciñanza de Bembrive está en pé de guerra fronte o novo trazado da A-52 que tronzará a parroquia viguesa, afectando a espazos naturais. Hai alternativas! ✅Liberar de peaxe a AP9. ✅Impulsar o transporte público metroplitano. O rural é verde! 💚
023 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 04/03/2025
O Concello de Vigo segue a acometer podas salvaxes fóra de tempada, coas árbores xa a agromar, como é o caso destas na Avda. Atlántida. #StopArboricidio 🌳
023 3
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 23/02/2025
"Lugar maís hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo no hachara que aquel de Galicia, Galicia encantada." #DiadeRosalia
020 2
Ecoloxistas en Acción de Vigo @vigo.ecoloxistasenaccion.gal · 18/02/2025
Este sábado 22 na AVV de San Paio de Navia, acto informativo de #SalvemosABarroca sobre a ameaza que supón o macropabellón Vigo Arena para a carballeira de Casaliños e a parroquia. #VigoArenaNon
001 1