Sign in

Vicente Abelleira Cambeiro

@vicente60.bsky.social
2 followers 1 following 74 posts

Nacín na parroquia de San Pedro de Outes onde foron bautizados Francisco Añón Paz e a súa irmá Nicolasa Añón Paz.

PostsRepliesMedia
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 3h
17-10-1749 Nace Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos, creador da primeira fábrica galega con persoal asalariado.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 16/10/2026
16-10-1881 Morre Marcial del Adalid, pianista e primeiro compositor galego importante no campo da música profana culta.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 15/10/2026
15-10-1881 Nace o pintor José Seijo Rubio, recoñecido como un dos máximos expoñentes da pintura postimpresionista.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 14/10/2026
14-10-1964 Nace en Vigo Begonha Caamanho Rascado, escritora, xornalista e activista cultural e social desde o ámbito do feminismo.
021 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 12/10/2026
13-10-1886 Nace en Tui o debuxante, humorista e pintor Eduardo Padín, colaborador en numerosas publicacións do país.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 11/10/2026
12-10-1954 Nace en Forcarei o cineasta Chano Piñeiro, un dos máis grandes impulsores da cinematografía en galego.
020 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 11/10/2026
10-10-1914 Nace o pintor Mario Granell, artista dotado dun estilo difícil de clasificar, mais situado na órbita surrealista.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 10/10/2026
10-10-1854 Nace o escritor e axitador cultural Francisco Tettamancy Gastón, impulsor do monumento aos Mártires de Carral.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 09/10/2026
09-10-1812 Nace en Boel (Outes), Francisco Añón Paz, poeta e xornalista precursor do Rexurdimento.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 08/10/2026
08-10-1998 A Academia Sueca premia por primeira vez a lusofonía ao outorgar o Nóbel de Literatura a José Saramago.
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 07/10/2026
07-10-1944 Morre o padronés Ramón Tojo Pérez, escritor e político. Asiduo da "Cova Céltica", foi membro fundador da RAG.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 06/10/2026
06-10-1929 Nace en Outeiro de Rei o poeta Manuel María, que tamén destacou como narrador, dramaturgo e articulista.
050 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 05/10/2026
05-10-2016 Falece no Teso (Bora, Pontevedra) o poeta Fran Cortegoso, autor de poderosa voz prematuramente apagada.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 28/09/2026
28-09-1832 Nace en Ferrol o naturalista Víctor López Seoane, un dos grandes taxónomos da zooloxía europea do XIX.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 27/09/2026
27-09-1772 Nace en Santiago de Compostela o escultor neoclásico Manuel de Prado Mariño.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 27/09/2026
27-09-1943 Nacía en Muros o activista social Domingos Dosil Cubelo membro fundador da COGAMI e ex alcalde de Muros. Faleceu o 6 de febreiro de 2012.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 26/09/2026
26-09-2017 Chega a Vigo para unha exposición o "Pergamiño Vindel", que contén as cantigas de amigo de Martín Códax.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 25/09/2026
25-09-1875 Nace en Ferrol Fernando Álvarez de Sotomayor, pintor que reflicte a vida de Galiza con luminosidade.
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 24/09/2026
24-09-2010 Falece en Mera (Oleiros) a cantante arzuá Mª Dolores Casanova González (Ana Kiro), mito da canción popular galega.
012 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 23/09/2026
23-09-1914 Nace en Friol Celestino Fernández de la Vega, escritor e filósofo, autor do célebre ensaio "O segredo do humor".
020 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 22/09/2026
22-09-1868 Nace na Coruña Mercedes Tella Comas, unha das máis destacadas renovadoras da pedagoxía na Galiza.
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 21/09/2026
21-09-1867 Nace Mauricio Farto Parra, un dos grandes recuperadores e dignificadores da tradición musical galega.
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 20/09/2026
20-09-2023 Morre o pintor, ilustrador, debuxante e escultor venezolano criado na Coruña, César Fernández Arias.
001 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 19/09/2026
19-09-1932 Nace na Coruña o pintor e escultor de estilo expresionista Antonio García Patiño.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 18/09/2026
18-09-1908 Morre Emilia Calé Torres Sanjurjo, narradora, poeta, dramaturga e unha das primeiras xornalistas do século XIX.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 17/09/2026
17-09-1111 Coroación de Afonso Raimundes como rei de Galiza polo conde de Traba e o arcebispo Xelmírez.
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 16/09/2026
16-09-1851 Nace na Coruña Emilia Pardo Bazán, escritora, intelectual, xornalista, crítica literaria e narradora.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 15/09/2026
15-09-1851 Nace en Celanova Manuel Curros Enríquez, poeta destacado pola súa rebeldía e o seu compromiso.
020 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 14/09/2026
14-09-1887 Nace o escritor Eduardo Blanco Amor en Ourense, cidade que na súa obra narrativa se converte en "Auria".⁰
020 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 13/09/2026
13-09-1996 Morre o historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor Xosé Filgueira Valverde.
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 12/09/2026
12-09-2006 Por primeira vez na historia, o alumnado galego de educación infantil comeza os seus estudos en galego.
093 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 11/09/2026
11-09-1917 Morre en Liáns (Oleiros) a escritora e tradutora Francisca González Garrido, coñecida por "Fanny Garrido".
031 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 10/09/2026
10-09-1898 Aparece no xornal "El Eco de Galicia" de Bos Aires a primeira descrición da nosa bandeira.
020 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 09/09/2026
09-09-1070 Morre José Seijo Rubio, pintor recoñecido como un dos máximos expoñentes da pintura postimpresionista.
001 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 08/09/2026
08-09-2004 Morre o poeta Manuel María Fernández Teixeiro, tamén destacado articulista e autor de textos dramáticos e narrativos.
031 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 07/09/2026
07-09-1889 Nace en Oca (A Estrada) Pedro Brey Guerra, fotógrafo que documentou o seu contorno máis próximo.
040 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 06/09/2026
06-09-2023 Morre a nusicóloga Dorothé Schubarth, figura chave na recuperación e difusión do folclore musical galego.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 05/09/2026
05-09-1935 Nace na Coruña Moncho Valcarce Vega, coñecido tamén como o "Crego das Encrobas".
040 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 04/09/2026
04-09-1936 É asasinado por un grupo de falanxistas Bernardo Mato Castro, mestre de avanzados métodos pedagóxicos.
040 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 03/09/2026
03-09-1986 Morre na Coruña o pintor Tomás Barros Pardo, tamén destacado ensaísta, poeta, autor teatral e novelista.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 02/09/2026
02-09-1822 Nace Antolín Faraldo Asorey, xornalista e escritor, un dos primeiros pensadores do provincialismo.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 01/09/2026
01-09-1963 Nace en Vigo a pintora Berta Álvarez Cáccamo, representante destacada da pintura abstracta en Galiza.
020 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 31/08/2026
31-08-1979 Morre o poeta Celso Emilio Ferreiro, sempre inspirado para a defensa da nosa lingua e identidade.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 30/08/2026
30-08-1888 Nace na Coruña o xornalista, dramaturgo, novelista, editor, etnógrafo e lingüísta Leandro Carré Alvarellos.
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 29/08/2026
29-08-1932 Nace en Costela (Silleda) a escultora e ceramista Elena Colmeiro.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 28/08/2026
28-08-2003 Falece en Santiago de Compostela o xornalista e escritor Raimundo García Domínguez (Borobó).
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 27/08/2026
27-08-1903 Nace en Córgomo (Ourense) o poeta Florencio Delgado Gurriarán, gran activista cultural na terra e no exilio.
010 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 25/08/2026
26-08-1844 Nace en Pontevedra o escritor Celso García de la Riega, primeiro reivindicador da orixe galega de Colón.
000 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 24/08/2026
25-08-1858 Nace Perfecto Feijoo Poncet, gaiteiro e musicólogo. En 1883 fundou "Aires d'a Terra", o primeiro coro de Galiza.
030 0
Vicente Abelleira Cambeiro @vicente60.bsky.social · 24/08/2026
24-08-1941 Nace en Ourense Carlos Casares Mouriño, escritor, crítico literario e político.
000 0