Sign in

Andre Tschamadeurer

@turonio.bsky.social
181 followers 238 following 541 posts

Exguiri, gústanme os paxaros, Italia, Baviera, as ruínas e Compostela. Nacín no medio do outono. Turonián Ͻ Vigo. Xa vivín máis anos neste século q no pasado

PostsRepliesMedia
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 08/10/2026
O momento mais longo e emocionante na carballeira de San Lourenzo. Era ano q gobernaba o bipartido. Beiras e Quintana mirábanse ao lonxe e moi amodo fóronse achegando ata fundirse, sen falar máis que cos ollos, nunha aperta longa e sentida. Silencio total na festa, unímonos aplaudindo todos. Grazas!
070
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 10/09/2026
Xa está @magago.bsky.social metendo os libros que trouxo de Gales no despacho
050
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 07/09/2026
Non quería ofender coa resposta pero ía 100% por aí
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 07/09/2026
Curioso xa que o partido se chama Bündnis Sahra Wagenknecht – Vernunft und Gerechtigkeit, isto é: Alianza Sahra Wagenknecht - Razón e Xustiza. Pero ela pasa a un segundo plano 🤡 Como Grillo cos 5 Stelle 😄
130
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 07/09/2026
Ademais a lider Sahra Wagenknecht acaba de se facer un Pablo Iglesias e dimitiu dos cargos no partido. Por suposto participa nunha comisión que o controla todo desde un segundo plano.
130
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 07/09/2026
Oh sorpresa! O partido de extrema dereita alemán xa conseguiu o apoio do de esquerda radical de Sara Wagenknecht para governar Alta Saxonia. Ambos apoian a Rusia e loitan por ela.
191
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 03/09/2026
Un minuto de vida contemplativa con música de Luis Peixoto
020
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 02/09/2026
Escandalízanse polos guiris que desfilan pola península co sombreiro mexicano pero emociónanse ata asomar a bagoíña ao poñer musica irlandesa a imaxes de Galicia.
040
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 02/09/2026
Setembro tamén é mes de mar
080
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 25/08/2026
O amarelo tamen pode ser cor de rosa
050
Reposted by Andre Tschamadeurer
Fran Castiñeira @fcastinheira.bsky.social · 22/08/2026
Pois para distraerme da ansiedade de ter un novo libro (non teño editora aínda) centreime no de vender fotografías (pósters, lenzos...)(non vendo unha). Dádelle amor 💕 www.latostadora.com/shop/orzanfo...
Produtos de Orzán FototendaProdutos de Orzán FototendaProdutos de Orzán FototendaProdutos de Orzán Fototenda
122
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 22/08/2026
Neste caso xa che digo eu que ao boton que lle deron da caixa foi o de abrir. Por iso me flipou que desen a volta en pratiño a ver se lles caía algo mais
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 22/08/2026
Muito se fala dos peregrinos pero a última moda na hostelería compostelá é dar a volta en pratiño sen recibo (por se queres deixar máis propina que permitir que che cobren en negro 1,70 o café)
120
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 15/08/2026
O feito radical e revolucionario sobre o que ninguén fala é que hai vida antes da morte
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 09/08/2026
Pido un minuto de silencio por todos os que estades nesta situación
062
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 06/08/2026
Que parece que di a UE o que os galegos levamos dicindo toda a vida. Que iso que algúns chaman deserto, a lúa na terra ou o secarral é un potencial deserto. Tantas veces se teñen indignado os nativos monolingues do lugar cando llelo contas 🤦🏻‍♂️
041
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 04/08/2026
Pois a iso me refiro. A min gustariame poder despedir os musicos e demais figuras da cuktura dentro dos nosos mellores edifícios públicos. Envexo o bo clima q se respira neses festexos irlandeses. Sintoo pola freguesia que ten un ñu por parroco e pola rapaza
110
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 04/08/2026
Ademais de todos os artistas que se suman aos festexos coas sua música admírome do cadaleito de vimbio desde o que fai parte da súa última celebración
120
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 04/08/2026
Imaxinei por un momento festexar a vida dos nosos músicos mortos na catedral como están a facer en Irlanda con Glen Hansard. A igrexa e Irlanda teñen unha estreita relación que aquí nin alcanzamosa soñar. Tendes aquí a retrasmisión das exequias: www.youtube.com/live/grQZDxL...
youtube.com
A Celebration of the Life of Glen Hansard
YouTube video by The Coop Dublin
130
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 04/08/2026
Un clásico de hai 10 anos. Seguirán casados? A néboa segue no sitio
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 29/07/2026
Participei [tentando evitar] en mais de 40mil mortes na miña vida laboral. Posiblemente 50k. Xa son muitos anos! Algunhas tentando todo e implicándome, outras apenas cos coidados finais, ou os trámites administrativos do finar. A morte hai q tratala con cariño como neste film. Mesmo poético e alegre
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 29/07/2026
Nunca pensei recomendar un film sobre coidados paliativos. Esta noite agardei o fin da miña guarda para ver un film na casa. Tiña apartado para algún día optimista “El último suspiro”. Agradoume xa o comezo bilingüe ing-fra e logo o inconfundible estilo dos diálogos en francés. Gostei aberto!
120
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 13/07/2026
Brutal enxergar o castro de San Vicenzo de Avión desde o lonxe. Coa limpeza que lle fixeron vense os antecastros e parapetos defensivos. E seguro que as excavacións arqueolóxicas traen novas interesantes 😍 Pd: ningún castro sen a súa antena, torreta eléctrica ou eólico 😓
020
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 06/07/2026
Estar está pero a néboa so tapa esa parte. Gallifante!
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 06/07/2026
Gallifante para quen saiba que illa é a da imaxe
110
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 01/07/2026
O nivel dos guias turísticos de Santiago ainda non chegou a explicar que a Quintana dos mortos é pq alí morreran 2 persoas pero dalles un par de semanas…
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 29/06/2026
Que mágoa como está o castelo da Rocha oculto entre as malas herbas. Toxos e xestas ocultan as murallas trala reixa. Non ten sentido deixalo á poula despois de todo o que se fixo para darlle valor. E non creo que teñan pensado facer visitas guiadas este verán se o guía non abre camiño coa fouciña
030
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 22/06/2026
Isto mostra entre Teis e Moaña pero como o algoritmo é terible despois de subilo tamen me saiu en Coruña e outros lugares da costa
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 21/06/2026
Está a entrar o fresquiño que vén do mar
1120
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 21/06/2026
Os comentaristas de tve cos partidos do mundial cada vez parecen máis azafatos de Ryanair. Cando non che venden un perfume están xa coa final masterchef, la revuelta, a peli do día ou o carallo 29 Nin a soneca che deixan botar entre publi e publi. Unas rifitas?
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 20/06/2026
Impresionismo e realidade nun mesmo reflexo
040
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 16/06/2026
A primeira ministrA do Xapón oponse a que Aiko, a única persoa descendente do emperador actual, sexa emperatriz por ser muller. O peor é q non é un pensamento marxinal. A clase política está con ela (coa primeira ministra, non coa herdeira). Haberá novo emperador/emperatriz?
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 14/06/2026
Onte mirei “O agente secreto” e pareceume brillantemente costumista. Di as cousas sen as dicir propiamente. Outra maneira de facer cinema político. Quen queira unha experiencia exótica tena, quen queira crítica política tamén. Lémbrame ao estilo Sorrentino
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 09/06/2026
Pois é ai. Si
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 09/06/2026
Alguén deixou o chupachups atrás no foro
130
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 08/06/2026
Cando tentabas ligar na disco-tasca
020
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 01/06/2026
De todos os caos que teño visto en vida o mais incomprensible (curioso e dalgún xeito elegante) é o do equilibrio entre respectar as normas, os egos e as cortesías implícitas no acomodarse nun avión destino Nápoles
020
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 31/05/2026
Primeiro: amo a obra de Ferrín. Dito isto quero sinalar que a obra da homenaxeada este ano no día das letras é máis recente, actual xa sería outro asunto, e leva 12 anos morta. Protesto!
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 30/05/2026
O paracaidista 2.0 Ñapas Nation O esmendrelle 🤣 Non e ia Tampouco superable
040
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 26/05/2026
Debe gobernar Sanches nese volcán
010
Reposted by Andre Tschamadeurer
Compostela Daily Photo @composteladailypho.bsky.social · 25/05/2026
Noite de lostregada en Compostela
091
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 23/05/2026
Que foi daquel os 40 son os novos 30? Pra min con 20 anos son adolescentes 😅
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 23/05/2026
O que asina o experpento ese naceu no ano 2000. Coma sempre nestes casos: está a falar de si mesmo e coleguitas
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 12/05/2026
Estou abraiado coas celebracións da boa xestión do hantavirus. Boa xestión é coller un barco que vén do hemisferio sur cunha doenza contaxiosa e distribuir a sua xente polas catro esquinas do mundo? Os meus parabéns 😆
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 05/05/2026
Estannos engargolando como no Obradoiro
010
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 05/05/2026
Son culpable dun binnenpretje continuo. E non pido perdón
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 02/05/2026
A empanada calabresa. A min encántame a de Gaeta, normalmente é de polbo, cebola e tomate
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 21/04/2026
O nivel político en Lugo é: No PSOE non podes morrer pq o seguinte nas listas xa ten pactado co PP a moción de censura E no PP parécelles unha boa maneira de chegar ao goberno municipal. Tanatomoción de censura is coming
041
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 20/04/2026
Só pq foron os ingleses e holandeses a expulsalos
000
Andre Tschamadeurer @turonio.bsky.social · 20/04/2026
A primeira vez que de neno entendín o que era avellentar foi cando a aspiradora non daba recollido todo o cable cando lle daba ao botón. E cada vez recollía menos.
010