Sign in

Teleco Uvigo

@teleco-uvigo.bsky.social
30 followers 12 following 533 posts

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (1985- ) imparte estudos oficiais de grao e master en Enxeñaría de Telecomunicación

PostsRepliesMedia
Reposted by Teleco Uvigo
Código Cero @codigocero.com · 02/10/2026
Francisco Javier González ponse á fronte do centro de investigación atlanTTic (UVigo)
codigocero.com
Francisco Javier González ponse á fronte do centro de investigación atlanTTic (UVigo)
Os centros de investigación atlanTTic, CIM e CINTECX (Universidade de Vigo) renovaron os seus equipos directivos. Os catedráticos Francisco Javier González Castaño, Elsa Vázquez e David Patiño serán os novos responsables dos tres centros de investigación, trala elección celebrada onte. No caso do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, o catedrático Francisco Javier […]
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 6h
Este mércores estará a unidade móbil de doazón de sangue diante da Escola, en horario de 09:30 a 14:30 h. Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros! #doasangue
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 02/10/2026
Parabéns aos tres novos directores e, especialmente, ao noso compañeiro Francisco Javier González Castaño, catedrático de #TelecoVigo, investigador de #AtlanTTic e, desde onte, novo director do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación www.uvigo.gal/universidade...
uvigo.gal
Os centros de investigación atlanTTic, CIM e Cintecx renovan os seus equipos directivos
Ampla renovación á fronte dos centros de investigación da Universidade de Vigo. Tres deles, atlanTTic, CIM e Cintecx, contan dende este xoves con novas direccións. Os catedráticos Francisco Javier Gon...
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 30/09/2026
Imos ao teu centro! 🏫✨ Os nosos docentes dan charlas STEM en colexios e institutos para espertar vocacións tecnolóxicas. O curso pasado impartiron máis de 70 charlas sobre 5G, drones, ciberseguridade, IoT ou IA. Queres solicitar unha? Tes a info en bit.ly/CharlasTeleco
021
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 28/09/2026
O venres foi #SanTeleco e o noso alumnado celebrouno por todo o alto! En @farodevigo.es tamén quixeron achegarse á festa 😉
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 25/09/2026
Hoxe estamos de festa en #telecoVigo! 🎉 Celebramos o noso patrón e todo o que fai especial formar parte da Escola. Gozade moito e creade grandes recordos, pero sempre con sentidiño. Desexámosvos un magnífico #SanTeleco! 💙
000
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 23/09/2026
A teoría sae do papel 📚➡️🥽 O alumnado de #TelecoVigo explorou hoxe en realidade virtual conceptos de Campos Electromagnéticos e TEM, difíciles de visualizar nun libro. Probaron OndasXR, unha experiencia de RV desenvolvida por docentes da Escola para facilitar a aprendizaxe de conceptos complexos.
013
Reposted by Teleco Uvigo
Código Cero @codigocero.com · 23/09/2026
Presentadas as candidaturas aos Premios Cátedra R en Ciberseguridade
codigocero.com
Presentadas as candidaturas aos Premios Cátedra R en Ciberseguridade
O pasado luns pechouse o prazo para optar a algún dos premios que concede a Cátedra R en Ciberseguridade, que segundo lembra a operadora galega R celebra este 2026 oito anos de traballo a prol da investigación, formación, transferencia tecnolóxica, fomento da innovación e captación de talento TIC, entre outros obxectivos. O certame destacará os […]
001
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 23/09/2026
Quedan só dous días para a festa favorita do noso alumnado: San Teleco! #beTelecoVigo #SanTeleco
metropolitano.gal
Una de las fiestas universitarias más célebres de Vigo vuelve este viernes con DJs, sorteos y más sorpresas
San Teleco vuelve este viernes con DJs, food trucks y sorteos. Con más de 40 años de historia que sigue reuniendo miles de estudiantes
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 21/09/2026
No suplemento Estela de @farodevigo.es atopamos o perfil dunha exalumna de #telecoVigo: Nerea Míguez. Desde pequena sempre quixo entender como funcionaban os aparatos, e por iso estudiou enxeñaría de telecomunicación. Hoxe é directiva de @vodafonegroup.bsky.social www.farodevigo.es/estela/2026/...
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 18/09/2026
Buscas un grao moi completo, actual, e co que atopar un bo traballo? Como explican neste artigo de @20minutos.es, "os míticos teleco están tan demandados como sempre". #beTelecoVigo www.20minutos.es/empleo/forma...
20minutos.es
¿Qué ingeniería debo estudiar si quiero conseguir un buen trabajo?
La oferta para estudiar ingeniería en España es muy grande: en casi todas las universidades públicas y en la mayoría de las privadas se imparten estas carreras. Y graduarse en alguna es prácticamente ...
022
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 17/09/2026
Felices de participar, un ano máis, na #Gnight! Estaremos na Feira científica do edificio Redeiras xunto con #AtlanTTic, cun posto no que ensinaremos como funcionan os bots de charla e que riscos supoñen. gnight.gal/cidades/vigo/
022
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 16/09/2026
A docente de #telecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Laura Docío participará mañá nunha mesa de debate sobre IA e saúde, dentro do II #GaliaTech, un evento de DATAlife para achegar a Intelixencia Artificial ao tecido produtivo galego.
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 15/09/2026
📢Xa está aberta a convocatoria 2026 dos Premios Cátedra R en ciberseguridade! Presenta o teu traballo no ámbito da #ciberseguridade (TFG, TFM, Tese doutoral ou traballo de investigación en colaboración coa empresa) antes do 21/09/2026 en bit.ly/PremiosCiber...
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 14/09/2026
Se estás a comezar o grao de #telecoVigo, aínda che quedan moitas materias apaixonantes por diante. Preguntámoslles a dous dos nosos alumnos cal foi a súa materia favorita dos primeiros cursos: Programación 2 e Análise de circuítos. E a túa?
011
Reposted by Teleco Uvigo
mUVers @muversuvigo.bsky.social · 10/09/2026
💙 Primeira vez na@uvigo.bsky.social? E aquí está #mUVers, para darche a benvida coa Quincena Gratuíta: 2 semanas para probar as nosas instalacións e actividades dirixidas completamente de balde.👇 f.mtr.cool/ms0abw2ijy
023
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 10/09/2026
Estudar un grao como #telecoVigo é máis fácil cunha boa planificación, por iso onte ofrecimos ao alumnado de 1º un obradoiro sobre xestión do tempo e técnicas de estudo impartido polo docente Artemio Mojón, dentro do programa #integraTE 👌
111
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 09/09/2026
Queres ver todos os horarios de clases e exames do grao #TelecoVigo para este curso 26/27? Podes facelo en bit.ly/horariosGETT #beTelecoVigo
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 08/09/2026
Tes ata o 15 de setembro para presentarte a este IV Premio á mellor tese doutoral no ámbito da telecomunicación, convocado por #AtlanTTic en colaboración con IEEE Spain
atlanttic.uvigo.es
IV Premio atlanTTic á Mellor Tese doutoral no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación - atlanTTic
As bases completas da convocatoria pódense consultar nesta ligazón. O prazo de solicitudes para acceder ao premio remata o 15 de setembro de 2026 e…
022
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 08/09/2026
Se es estudante de 1º do grao #TelecoVigo non perdas mañá este obradoiro sobre xestión de tempo, aprendizaxe e estudo, dentro do programa #integraTE. O docente Artemio Mojón dará algunhas claves para identificar os ladróns de tempo e organizarse mellor 👌 #beTelecoVigo
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 07/09/2026
Primeiro día en #telecoVigo! 🎓 Hoxe demos a benvida ao novo alumnado de 1º e compartimos info sobre organización académica, PAT, cursos de inglés do Centro de Linguas ou asociacións estudantís como Foro Tecnolóxico. Grazas a Iago Soto de Quobis por aportar a súa visión profesional!
111
Reposted by Teleco Uvigo
GCiencia @gciencia.bsky.social · 03/09/2026
O catedrático Fernando Aguado da @uvigo.bsky.social participa nunha investigación internacional que acha unha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea.
gciencia.com
A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea
A investigación con Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos
022
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 04/09/2026
O docente de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Fernando Aguado participou nesta investigación internacional, que achega novas evidencias sobre unha das primeiras grandes fusións que contribuíron á formación da Vía Láctea 🌟 www.uvigo.gal/universidade...
uvigo.gal
A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea
Unha investigación internacional na que participa o catedrático Fernando Aguado, investigador do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo, achega novas evidencias sobre unha das prime...
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 03/09/2026
A enxeñaría de telecomunicación, unha vez máis, no top 10 de empregabilidade segundo o novo U-Ranking #beTelecoVigo www.elperiodico.com/es/sociedad/...
elperiodico.com
Ni Derecho ni ADE: estas son las carreras con más empleo en España cuatro años después de graduarse
Podología, Veterinaria, Fisioterapia, Logopedia y Biomedicina consiguen buenas posiciones en la nueva edición del U-Ranking de la Fundación BBVA y el Ivie, liderado por Medicina
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 03/09/2026
Se es de 1º de #TelecoVigo, agardámoste o luns na sesión de benvida 🤩 Descubre o día a día na Escola, os cursos de inglés do Centro de Linguas da UVigo, o plan de acción titorial, asociacións como Foro Tecnolóxico... E despois, xincana pola Escola! bit.ly/Benvida26
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 03/09/2026
Os docentes de #TelecoVigo Carlos López Ardao e Miguel Rodríguez Pérez veñen de publicar este libro, unha introducción clara e rigorosa ás redes de ordenadores, que permite aprender como funcionan e por que se deseñan da forma na que o fan 👏 Máis info en bit.ly/3UPoIrV
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 31/07/2026
Os nosos corredores están moi baleiros. Cremos que o noso canciño xa ten gana de que chegue setembro… Feliz verán! #beTelecoVigo
011
Reposted by Teleco Uvigo
Universidade de Vigo @uvigo.bsky.social · 31/07/2026
⚠️ Todos os centros, as instalacións e as dependencias da UVigo permanecerán pechados do 3 ao 14 de agosto (ambos os dous incluídos) e o venres 4 de setembro. ➡️ f.mtr.cool/rfjjsmxiqj #XeraciónUVigo #MarcamosADiferenza
012
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 29/07/2026
Últimos días para solicitar as bolsas de formación para tarefas de divulgación ou creación de contidos web en #TelecoVigo! Colabora 15 horas semanais con actividades vinculadas a túa titulación. A contía será de 400 euros/mes. Toda a info en bit.ly/Bolsas26
011
Reposted by Teleco Uvigo
Universidade de Vigo @uvigo.bsky.social · 28/07/2026
🎥 monodon by Navantia e atlanTTic celebraron, entre o 8 e o 10 de xullo, The Pulse Hackathon: un desafío centrado no desenvolvemento de solucións innovadoras no ámbito das comunicacións ópticas submarinas. ➡️ f.mtr.cool/ivrurlrppb #SomosUVigo #XeraciónUVigo #MarcamosADiferenza
f.mtr.cool
Enjoy the videos and music that you love, upload original content and share it all with friends, family and the world on YouTube.
022
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 27/07/2026
A nosa sala semianecoica apareceu o sábado en medios como @farodevigo.es ou @atlantico.net polo concerto de Carme López no festival Sinsal 👌 #somosTelecoVigo
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 27/07/2026
A nosa sala semianecoica abriu o venres as súas portas á interprete e investigadora Carme López nun dos dous concertos inaugurais do Festival #Sinsal SON 2026.
uvigo.gal
Carme López sube o pano do Festival Sinsal SON na sala semianecóica da EE de Telecomunicación
Laboratorio centrado no seu día a día na análise de sinais acústicos, a sala semianecóica da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo abriu este venres as súas portas á interprete e investigad...
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 22/07/2026
A nosa sala semianecoica, un laboratorio singular fundamental para analizar sinais acústicos, ás veces convértese en escenario cultural xunto ao festival Sinsal. Este venres terá lugar o concerto de Carme López. Enxeñaría e cultura, da man 👌
022
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 20/07/2026
Os estudantes de #TelecoVigo creadores do proxecto SIRA visitaron o venres as instalacións de Marine Instruments. A empresa, membro de #ConexionTeleco, premiara nos #LPRODays26 a súa iniciativa: un dispositivo que detecta sirenas de emerxencia e estima a súa dirección en tempo real
031
Reposted by Teleco Uvigo
GCiencia @gciencia.bsky.social · 15/07/2026
Investigadores de atlanTTic da @uvigo.bsky.social desenvolven ferramentas criptográficas para mellorar o deseño das políticas públicas a través do proxecto PROPAGATE.
gciencia.com
A tecnoloxía galega que permite analizar datos sen comprometer a privacidade
Investigadores de atlanTTic desenvolven ferramentas criptográficas para mellorar o deseño das políticas públicas
022
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 15/07/2026
Chus Vázquez, exalumna de #TelecoVigo e actual responsable de dixitalización de operacións, rede e TI en Telefónica, decidiu ser enxeñeira de telecomunicación para entender como funcionan as tecnoloxías que nos rodean. A súa paixón converteuse na súa profesión. #beTelecoVigo
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 13/07/2026
O catedrático de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Fernando Pérez participa no deseño do código de boas prácticas europeo contra os "deepfakes", tal e como contan nesta nova de @farodevigo.es. www.farodevigo.es/gran-vigo/20...
farodevigo.es
El catedrático vigués Fernando Pérez, único representante de la academia española en el grupo de trabajo del código europeo contra los «deepfakes»
El documento, que será aprobado el 2 de agosto, define una serie de buenas prácticas para el marcado y etiquetado de contenidos generados por IA
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 08/07/2026
Descubre os 11 interesantísimos proxectos presentados polo noso alumnado de 4º nos #LPRODays 👏 #beTelecoVigo www.youtube.com/playlist?lis...
youtube.com
LPRODays 26 - YouTube
#LPRODays es una iniciativa de #TelecoVigo: una feria tecnológica en la que los alumnos y alumnas del último curso del grado presentan los trabajos llevados ...
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 07/07/2026
Se presentaches a túa tese no eido das tecnoloxías de telecomunicación en 2025, obtiveches un excelente cum laude e tes dous artigos JCR Q1/Q2 ou dispós dunha patente en explotación... le isto! www.uvigo.gal/universidade...
uvigo.gal
Aberta unha nova convocatoria do Premio atlanTTic á mellor tese no eido das tecnoloxías de telecomunicación
O centro de investigación atlanTTic lanza unha nova convocatoria do seu Premio á mellor tese no eido das tecnoloxías de telecomunicación, un certame que busca recoñecer o traballo feito por aquelas pe...
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 06/07/2026
Parabéns aos 3 equipos galegos que brillaron na final nacional das #telecogames! 🥇 Smart E.D.A.R do colexio Sagrada Familia de Aldán – 1º premio ESO 🏅 Energy Shoe do colexio Montecastelo de Vigo – 4º premio ESO 🥉 StepNova do colexio Hogar de Vigo – 3º premio FP #betelecoVigo
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 06/07/2026
En @lavozdegalicia-bot.bsky.social recollen a victoria de dous equipos galegos na categoría de ESO da final nacional das #TelecoGames 👏 Nivelazo da canteira teleco! www.lavozdegalicia.es/noticia/educ...
lavozdegalicia.es
Dos centros gallegos, entre los mejores de las olimpiadas estatales de telecomunicación
La depuradora inteligente del Sagrada Familia de Aldán de Cangas se alza con el primer premio a nivel nacional
111
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 01/07/2026
Participa neste desafío sobre comunicacións ópticas no ámbito submarino organizado por Monodon by Navantia e o QoPhi de #AtlanTTic, e destinado a estudantado de últimos cursos de grao, mestrado ou doutorado. Inscríbete xa en qophi.eu/activities/h...
021
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 01/07/2026
A nosa alumna Lucía teno claro: o máis desafiante de #telecovigo é tamén a súa maior fortaleza. Trátase dunha carreira moi ampla e versátil, que achega unha base técnica sólida, formando profesionais preparados para adaptarse a calquera tecnoloxía. #beTelecoVigo
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 29/06/2026
Unha vintena de estudantes completou a 2ª edición do Curso de Experto en Desenvolvemento de Dispositivos de Fotónica Integrada, coordinado a través do CPFP UVigo ao abeiro da Cátedra NextChip, e impartido por profesorado de #TelecoVigo. www.uvigo.gal/universidade...
uvigo.gal
Clausurada a 2ª edición do Curso de Experto en Desenvolvemento de Dispositivos de Fotónica Integrada
Unha vintena de estudantes completaron recentemente a 2ª edición do Curso de Experto en Desenvolvemento de Dispositivos de Fotónica Integrada, xestionado academicamente a través do Centro de Posgrao e...
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 26/06/2026
Na última edición dos #LPRODays o noso alumnado presentou 11 interesantes proxectos, e bateuse o récord de visitantes 👏 Podes recordar todos os detalles da nosa feira tecnolóxica favorita nesta nova! #beTelecoVigo teleco.uvigo.es/novas/2026/0...
teleco.uvigo.es
Os LPRO Days levan ao Verbum os proxectos máis innovadores do alumnado de Telecomunicación | Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
A edición deste ano destaca pola presenza de propostas vinculadas á auga e á condución intelixente A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación  celebra este xoves … Continuar
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 23/06/2026
Os medios fanse eco hoxe da chegada de Enrique Costa á dirección de #TelecoVigo. En @farodevigo.es www.farodevigo.es/gran-vigo/20...
farodevigo.es
Los objetivos de Enrique Costa, nuevo director de Telecomunicaciones: captar alumnos, reducir abandonos y ampliar la oferta de títulos
Su candidatura única obtiene el respaldo mayoritario de la junta de escuela: 50 votos a favor, 2 en contra y 2 abstenciones
100
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 22/06/2026
O catedrático de #TelecoVigo Enrique Costa é o novo director da Escola, substituindo a Rebeca Díaz, quen será Vicerreitora de Persoal Docente e Investigador. Márcase 3 prioridades: captación de novo alumnado, redución da taxa de abandono e ampliación da oferta académica.
100
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 22/06/2026
Como outros anos, no acto de graduación agasallamos aos nosos estudantes cun suadoiro moi teleco, deseñado por @ldavila.bsky.social ❤️ #beTelecoVigo
000
Reposted by Teleco Uvigo
Universidade de Vigo @uvigo.bsky.social · 21/06/2026
📱 Na nosa canle de WhatsApp poderás descubrir toda a información sobre matrículas, prazos e bolsas, así como toda a actualidade dos tres campus. Podes acceder a ela a través da ligazón!  ➡️ f.mtr.cool/ysnslvtwvt #SomosUVigo #XeraciónUVigo #MarcamosADiferenza
011
Teleco Uvigo @teleco-uvigo.bsky.social · 22/06/2026
No xornal @atlantico.net deste domingo lembraron o acto de graduación en #TelecoVigo de principios de xuño 👌
100