Sign in

@RTVEGalicia

@rtvegalicia.bsky.social
74 followers 7 following 686 posts
PostsRepliesMedia
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 09/10/2026
🔳 BEIRAS | Galicia despide a unha das principais figuras políticas e intelectuais contemporáneas | Saída do cadaleito de Xosé Manuel Beiras cara ao cemiterio de Boisaca, en Santiago, tras unha homenaxe no Museo do Pobo Galego | @xaviermartinhartve.bsky.social
0157
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 09/10/2026
⏹️ IMPROVISACIÓN | O festival Imperdible celebra en Compostela a súa sexta edición convidando a romper co convencional | Unha experiencia na praza da Quintana na que o público se deixa levar sen saber que vai acontecer | Informa Xaime Barreiro | Imaxe: Suso Rivas | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 09/10/2026
💠 MARISCO | O día 13 comeza a campaña do berberecho e a ameixa en Noia, e as expectativas non son boas | Os mariscadores levan anos vendo como vai a menos o sector | As chuvias do inverno e as altas temperaturas do verán matan os bivalvos | Informa Ana Martín | rtve.es/play/videos/...
011
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 09/10/2026
🟦 COMEZA A PONTE | Chega con boas perspectivas turísticas en Galicia, cunha ocupación media para os tres días que rolda o 60 % | A previsión de bo tempo anima a facer plans | Informa Aris González | Imaxe: Lucas Pereda | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 09/10/2026
🔘 MEIRÁS | BNG e colectivos memorialistas rexeitan a declaración por parte do Estado do pazo como Lugar de Memoria | Consideran que se centra no período de Emilia Pardo Bazán e pasa por riba da época franquista, o expolio e as vítimas | Informa Patricia Liste | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 09/10/2026
▶️ VIVENDA | Pontevedra súmase ás acampadas que están a xurdir | Un grupo de mozas e mozos acaban de instalar as súas tendas en protesta polos desafiuzamentos e para pedir políticas de vivenda | Informa Loreto Fernández | Imaxe: Eliseo Otero | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 09/10/2026
⚪ BEIRAS | Sobre o cadaleito, o seu sombreiro e a bandeira de Galicia co escudo que deseñou Castelao | Amigos e simpatizantes acoden ao Museo do Pobo Galego a despedir a unha figura de referencia do nacionalismo | Informa Ana Lorenzo | Imaxe: Manuel Alvariño | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 09/10/2026
⏹️ MARISCO | Pesimismo no sector da ría de Noia ante o comenzo da campaña, a próxima semana | A caída de produción pode converter este ano no peor da historia, polas chuvias do inverno e as temperaturas altas no verán | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 08/10/2026
🟦 CANTEIRA INTERNACIONAL | Galicia convértese en residencia de portorriqueños e norteamericanos que buscan unha oportunidade no fútbol | Trece rapaces viven e estudan en Santiago para poder adestrar en equipos locais | Informa Ana Martín | Imaxe: Juan Barcia | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 08/10/2026
🔘 AIDA FERNÁNDEZ RÍOS | A oceanógrafa é a homenaxeada no Día da Ciencia | Dedicou boa parte da súa carreira a estudar como os cambios que se producen no mar repercuten directamente no clima do planeta | Informa Loreto Fernández | Imaxe: Mario Goberna | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 08/10/2026
⏹️ VISIÓN | Hoxe celébrase o Día Mundial da Visión e o tema elixido é a condución | Case a metade das persoas que conducen non fan unha revisión anual para comprobar a saúde dos ollos | Informa Matilde Vázquez | Imaxe: Carlos Purriños | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 08/10/2026
🔳 BEIRAS | Comezou na clandestinidade en 1963 como fundador do PSG, e xa na democracia tamén participou na constitución do BNG en 1982 | Un referente do nacionalismo con intervencións que deixaron pegada na memoria colectiva | Informa Cruz Mato | rtve.es/play/videos/...
011
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 08/10/2026
🔳 BEIRAS | Galicia despide a unha das principais figuras políticas e intelectuais contemporáneas, que faleceu aos 90 anos, na súa casa de Brión, preto de Santiago | Liderou o BNG durante máis de dúas décadas | Informa Ana Lorenzo | rtve.es/play/videos/...
021
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 07/10/2026
🔘 ODISEA ESPACIAL | O artista Xosé Lois Vázquez relata como sería unha viaxe ao espazo en 4591 para colonizar planetas habitables | A exposición pode verse nunha casa de Esgos do artista e galerista Xavier Riomao | Informa Domingo Bobillo | Imaxe: Jorge Salvador | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 07/10/2026
🟦 GRANXAS SOSTIBLES | A maioría dos gases de efecto invernadoiro proceden da agricultura e a gandería, segundo Nestlé | A multinacional págalles máis aos produtores que incorporan prácticas para seren máis sostibles | Informa Ana Lorenzo | Imaxe: Manuel Alvariño | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 07/10/2026
🟨 SETEMBRO QUENTE | Foi o segundo máis cálido da serie histórica e o máis seco desde 2018 | MeteoGalicia destaca tamén a forte irregularidade das precipitacións, concentradas en poucos episodios | Informa Marta Landeira | Imaxe: Eliseo Otero | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 07/10/2026
⏹️ CONXEMAR | Conseguir que o peixe recupere presenza na cesta da compra | A feira Conxemar, con máis de 800 expositores, destaca a oferta de produtos para un consumidor que busca rapidez e comodidade | Informa Aris González | Imaxe: Lucas Pereda | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 06/10/2026
⏺️ FABA DE LOURENZÁ | Dá traballo a moitas familias na Mariña lucense | Este ano, con menos de produción dentro da IXP, pero cunha calidade óptima | Informa Diego Rodríguez | Imaxe: Dani Pais | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 06/10/2026
⚪ PARÁLISE CEREBRAL | Unha discapacidade permanente que afecta en Galicia a unhas cinco mil persoas | Este ano queren poñer o foco nos coidados, responsabilidade tamén das administracións e da sociedade | Informa Loreto Fernández | Imaxe: Mario Goberna | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 06/10/2026
⏹️ CONXEMAR | Vigo volve converterse no centro de negocios mundial do peixe conxelado | Arranca a feira que reúne todo o sector, con máis de 800 expositores e a presenza de dez das maiores compañías pesqueiras do mundo | Informa Aris González | Imaxe: Lucas Pereda | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 06/10/2026
▶️ VIVENDA | Pese á chuvia, segue a acampada pola vivenda no Obradoiro, en Santiago, e segue medrando, con máis dun cento de tendas | Tras unha nova asemblea, decidiron que apoiarán a folga xeral | Informa Ana Lorenzo | Imaxe: Óscar Álvarez | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 06/10/2026
🟧 TREBOADAS | Unha DINA achégase a Galicia e complicará o tempo nas próximas horas | Toda a comunidade está en alerta por chuvias que poden descargar ata 30 litros por metro cadrado nunha hora | Informa Marta Landeira | Imaxe: Juan Barcia | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 06/10/2026
⏹️ CONXEMAR | Vigo volve converterse no centro comercial mundial do peixe conxelado | Arranca a feira que reúne todo o sector, con máis de 800 expositores e coa presenza de dez das maiores compañías pesqueiras do mundo | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 06/10/2026
🟨 TREBOADAS | Unha DINA achégase a Galicia e complicará o tempo nas próximas horas | Toda a comunidade estará en alerta esta tarde por chuvias que poden descargar ata 30 litros por metro cadrado nunha hora | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 02/10/2026
🟦 FABA DE LOURENZÁ | Hoxe comeza a festa na que todos poderán gozar do sabor dun produto que dá traballo a moitas familias na Mariña lucense | Este ano haberá algo menos de produción, pero cunha calidade óptima | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 01/10/2026
🟦 PERSOAS MAIORES | CCOO e UGT saíron á rúa para esixir políticas que teñan en conta este colectivo e as súas necesidades | Tamén entregaron un manifesto no Parlamento, onde foron atendidos polos grupos da oposición | Informa Xaime Barreiro | Imaxe: Suso Rivas | rtve.es/play/videos/...
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 01/10/2026
⏹️ VIVENDA | Un grupo de persoas acampan dende a pasada noite na praza do Obradoiro, en Santiago, para presionar a favor de medidas para facer máis accesibles os alugueiros | Informa Ana Lorenzo | Imaxe: Manuel Alvariño | rtve.es/play/videos/...
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 01/10/2026
🟨 ANDRÉS DO BARRO | Foi unha estrela da música a principios dos anos 70 que acadou ata catro números 1 nas listas de éxitos supervendas | O chamativo é o que conseguiu en pleno franquismo e cantando en galego | Informa Ana Zas | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 30/09/2026
🟦 SIMULACRO | Vigo é o escenario estes días dos exercicios Polex da Mariña Mercante | Simulacros nos que adestran para saber actuar ante unha emerxencia | Hoxe consistiu nun incendio nun buque de transporte de vehículos | Informa Aris González | Imaxe: Lucas Pereda | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 30/09/2026
🟠 + CORAZÓN | Moitos pacientes puideron salvar a vida grazas ao dispositivo de asistencia ventricular | Unha bomba mecánica que se implanta cirurxicamente e axuda a un corazon feble a bombear o sangue | Informa Loreto Fernández | Imaxe: Lucas Pereda | rtve.es/play/videos/...
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 30/09/2026
⏺️ SANIDADE | Aumentan as listas de agarda e a espera media pasa de 57 días a case 70 en consultas externas | O Sergas atribúe a caída da actividade asistencial ás folgas contra a reforma do estatuto marco | Informa Marta Landeira | rtve.es/play/videos/...
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 30/09/2026
🔘 SANIDADE | Aumentan as listas de agarda e a espera media pasa de 57 días a case 70 en consultas externas | O Sergas atribúe a caída da actividade asistencial ás folgas contra a reforma do estatuto marco | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 30/09/2026
🟦 SIMULACRO | Vigo é o escenario estes días dos exercicios Polex da Mariña Mercante | Simulacros nos que adestran para saber actuar ante unha emerxencia | Hoxe consistiu nun incendio dun buque de transporte de vehículos | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 29/09/2026
⚪ ARTE EFÉMERA | Na Coruña, unha proposta de Elena Corredoira e Jorge Taboada | Nunha sala que non é unha galería, a exposición confrontan dúas xeracións e dúas formas de creación pictórica, lonxe do comercial | Informa Patricia Liste | Imaxe: Fran Marcote | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 29/09/2026
🔘 BIRLOS | Os birlos ou bolos forman parte da nosa historia | Un xogo popular transmitido de xeración en xeración que aínda segue vivo nalgúns puntos de Galicia | Este ano foi declarado Ben de Interese Cultural | Informa Ana Martín | Imaxe: Suso Rivas | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 29/09/2026
⏹️ VIVENDA | En Santiago, tras pasar a noite na estación, esta tarde deciden en asemblea se amplían as protestas | Valoran os decretos aprobados, pero considéranos insuficientes | Informan Aris González e Jacobo Pérez-Lirón | Imaxe: Lucas Pereda e Juan Barcia | rtve.es/play/videos/...
011
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 29/09/2026
🌀 O PRIMEIRO TEMPORAL | Actívanse avisos por unha profunda borrasca que xa deixou vento do sur con refachos que superaron os 100 quilómetros por hora en moitos puntos do litoral | Informa Loreto Fernández | Imaxe: Mario Goberna | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 29/09/2026
🟨 O PRIMEIRO TEMPORAL | Actívanse avisos por unha profunda borrasca que deixou durante a mañá vento do sur con refachos que superaron os 100 quilómetros por hora en moitos puntos do litoral | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 29/09/2026
⏹️ VIVENDA | En Santiago, a concentración na estación intermodal pola vivenda acaba de levantarse | Valoran as medidas aprobadas no Consello de Ministros, pero considéranas insuficientes | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 28/09/2026
🟦 SENSOXENOMA | O experimento para detectar cambios biolóxicos producidos pola música cumpre cinco anos | Celebrouse cun concerto que servíu para recoller máis mostras | @usc.gal | Informa María L. Blanco | Imaxe: Manuel Alvariño | rtve.es/play/videos/...
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 28/09/2026
🟨 DAVID ARCAY | Vén de proclamarse subcampión do mundo de salmónidos mosca en Estados Unidos | Un fito que converte a este coruñés, que xa foi cinco veces campión, no mellor pescador da historia | Ana Lorenzo | Imaxe: Ionut Birsanu | rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 28/09/2026
▶️ VACINACIÓN | Galicia reforza a protección de personas maiores na campaña de vacinación contra a gripe e a covid, que comeza polas residencias | Busca chegar a unas 926.000 persoas de máis de 60 anos | Informa Loreto Fernández | Imaxe: Mario Goberna | rtve.es/play/videos/...
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 28/09/2026
🟢 TREN TURÍSTICO | Case 8.000 persoas viaxaron este verán no tren histórico turístico Galaico Expreso, que percorre a Ribeira Sacra dende Ourense ata Monforte | Deixará de circular o 31 de outubro | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 28/09/2026
⏹️ VACINACIÓN | Galicia reforza a protección de personas maiores na nova campaña de vacinación contra a gripe e a covid, que comeza hoxe nas residencias | Busca chegar a unas 926.000 persoas de máis de 60 anos | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 25/09/2026
⚪ SÍNTESE | A danza contemporánea busca novos espazos e públicos en Vigo | O festival Síntese regresa esta fin de semana coa súa terceira edición, coa Premio Nacional de Danza Janet Novás como cabeza de cartel | Jacobo Pérez-Lirón | Imaxe: Lucas Pereda | www.rtve.es/play/videos/...
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 25/09/2026
🔘 OURENSE FILM FESTIVAL | Javier Gutiérrez, premio Calpurnia de Honra no Festival Internacional de Cine de Ourense, que estrea en España numerosas películas que xa triunfaron noutros certames | Informa Domingo Bobillo | www.rtve.es/play/videos/...
010
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 25/09/2026
▶️ DIEGO AS | Ribadeo estrea a última obra de Diego As | É a homenaxe a Manuela Barreiro Pico, a primeira muller galega en cursar estudos universitarios, a finais do século XIX | Informa Diego Rodríguez | Imaxe: Dani Pais | rtve.es/play/videos/...
020
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 25/09/2026
▶️ INCENDIO EN CALVOS DE RANDÍN | Evolución favorable no incendio forestal que segue activo no concello ourensán | A Xunta desactiva a situación 2 e actualiza a 460 as hectáreas queimadas | Informa Domingo Bobillo | Imaxe: Jorge Salvador | rtve.es/play/videos/...
020
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 25/09/2026
🟨 DIEGO AS | Ribadeo estrea a última obra de Diego As, galardoado como mellor muralista do mundo | É a homenaxe a Manuela Barreiro Pico, a primeira muller galega en cursar estudos universitarios, a finais do século XIX | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000
@RTVEGalicia @rtvegalicia.bsky.social · 25/09/2026
⏹️ INCENDIO EN CALVOS DE RANDÍN | Evolución favorable no incendio forestal que segue activo no concello ourensán | Foi declarado o nivel dous pola proximidade a un núcleo habitado no veciño municipio de Baltar | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en La1 de Tve
000