Sign in

REDMETEO (meteoroloxía en Galego)

@redmeteo.bsky.social
405 followers 15 following 569 posts

🏃🏼‍♂️ David ⛈️ Soño con ser "home do tempo" 👀 Aquí atoparas prognósticos, actualidade e divulgación desta marabillosa ciencia, pero sempre en galego! 🥰

PostsRepliesMedia
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 05/12/2025
🌧️ Bo día! Por diante un venres marcado polos vento do suroeste, que aportarán moitas nubes, humidade e chuvias, máis intensas e persistentes no prelitoral das Rías Baixas. As temperaturas, en ascenso, máis suaves, chega unha masa de aire máis temperada 📈
091
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 03/12/2025
👉 Bo día! Comezamos o mércores con frío e con chuvascos que están a ser frecuentes a carón do litoral. A partir da tarde chegarán máis chuvias dende o atlántico da man dunha nova fronte. A poñerlle lombo 🙂‍↕️
0181
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 01/12/2025
👉 Bo día! Unha fronte irá entrando dende o mediodía e irá barrendo #Galicia ata a noite, con chuvias puntualmente intensas. Antes, o vento do sur vaise deixar notar, con refachos fortes. Nova semana, novo mes! 😍
081
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 27/11/2025
👉 Bo día! Imos a por un xoves de ceos abertos en xeral, con máis nubes na costa da morte. Será unha xornada tranquila, de vento frouxo. Será a partir do venres cando entremos en dinámica de ventos do suroeste con sucesión de frontes atlánticas 🌧️ A poñerlle lombo 🙂‍↕️
082
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 23/11/2025
👉 Bo día! Na imaxe do satélite vemos moita nube, parece moito pero en realidade non é tanto. Por diante un domingo onde as chuvias serán máis frecuentes na marxe atlántica onde poden acadar intensidade puntualmente moderada. Menos probables no interior de #Galicia. As temperaturas, van subindo.
0121
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 20/11/2025
❄️📉 Bo día! Vaia se baixaron as temperaturas, comezamos o xoves con FRÍO, valores rondando entre 1 e 3° en boa parte do interior, con lugares por debaixo de 0°C. Por diante unha xornada fría, con chuvascos frecuentes no norte e neve por riba dos 900-1000 m
080
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 17/11/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos máis nubes no norte onde aínda teremos algúns chuvascos. Máis claros nas Rías Baixas. Vento do nordés, refachos moderados. 📉 As temperaturas comezan a baixar, moi lixeiramente. #AbreAXanela, e comparte! 🥰
093
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 12/11/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos moitas nubes con chuvias que poden ser persistentes e intensas no sur de #Galicia. Menos frecuentes canto máis ao norte. Vento do sur. 🟢Temperaturas sen grandes cambios. #AbreAXanela, e comparte! :)
062
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 09/11/2025
🌧️ Na imaxe do radar vemos xa as primeiras chuvias a piques de entrar pola franxa atlántica. Ao longo da tarde caerán en máis zonas, sendo puntualmente moderadas.
161
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 09/11/2025
🌦️ Bo día! Noite fresca con algunha xeada en zonas do sur de #Ourense. Agora, pouco a pouco vaise ir anubrando e co paso das horas irán chegando chuvias da man dunha fronte que xa temos ás portas de #Galicia. Bo domingo! 🥰
051
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 06/11/2025
👉 Bo día! Madrugada chuviosa en boa parte de #Galicia. O xiro da borrasca, actualmente ao norte, provoca que as chuvias entren dende o oeste. Co paso das horas, as precipitacións van ir a menos e pola tarde pouco ou nada vai caer, á espera dunha nova fronte na madrugada do venres 🌧️
051
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 05/11/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos máis chuvias pola mañá, remitindo pola tarde. Vento do oeste máis forte ao principio, amainando co avance das horas. Pola noite, outra nova fronte 📉 Temperaturas en descenso #AbreAXanela, e comparte! 🥰
053
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 05/11/2025
⚠️ ÚLTIMA HORA: Chegando polas Rías Baixas masas de chuvia moi intensa que poden descargar moita auga en pouco tempo, precaución nas vindeiras horas nas estradas, xa que estas intensidades de precipitación teñen bastante risco. Imaxe do radar das 07:40h:
1114
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 04/11/2025
👉 Bo día! Temos por diante un martes no que o vento do sur vai ir a máis, soprando moi forte nas últimas horas e pola noite. A chuvia caerá de xeito intermitente e será máis probable na marxe atlántica. A poñerlle lombo 🙂‍↕️
061
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 02/11/2025
🌥️ Bo día! Bastantes nubes e algunhas chuvias febles no oeste galego, pouca cousa en todo caso. Ventos do oeste frouxos en xeral. O martes, nova borrasca 🌬️
070
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 29/10/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos un aumento das nubes co paso das horas, as chuvias máis intensas chegarán a partir da tarde polo oeste. Vento forte do sur. 🟢Temperaturas sen grandes cambios. #AbreAXanela, e comparte! :)
0113
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 24/10/2025
👉 Bo día! Por diante un venres tranquilo, con risco dalgún chuvasco no ortegal. Pola noite volverán as chuvias ao extremo sur de #Galicia, caendo máis cantidade no sur de #Ourense. As temperaturas, sen grandes cambios.
060
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 22/10/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos nubes e claros, risco dalgún chuvasco puntual no norte. Ventos fortes do oeste na costa de #Lugo. 📉 Temperaturas en descenso #AbreAXanela, e comparte! 🥰
0102
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 18/10/2025
🌧️ Mañá espertaremos co marabilloso son da chuvia na meirande parte de #Galicia. A borrasca está lonxe pero a súa fronte asociada tocaranos de cheo durante a xornada do domingo. A sacar os paraugas! ☂️
0101
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 17/10/2025
👉 Bo día, venres xa!!! De novo xornada marcada polas altas presións con risco de brétemas costeiras no litoral atlántico. No resto, sol con nubes altas. Seguen as temperaturas elevadas para a época do ano. Ás 10:05, o prognóstico para a fin de semana 🥰
081
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 16/10/2025
👉 Bo día! Por diante un xoves, de novo, anticiclónico. Sol e nubes altas decorando o ceo. Máis nubes na Mariña e risco de brétemas nas Rías Baixas. Os termómetros baixan un chisco. A poñerlle lombo 🙂‍↕️
081
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 15/10/2025
🌧️ Dende aquí, con moita felicidade (non me escondo), coido que xa podo anunciar a primeira fronte activa do que levamos de mes, prevista para o vindeiro domingo 19. E é que a partir do sábado estaremos baixo a influencia das baixas presións durante días. Segue o fío ⬇️
292
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 14/10/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos moito sol con nubes altas sen importancia, algunhas nubes na Mariña e tamén en zonas altas do interior. Vento frouxo. 🟢 Termómetros sen cambios #AbreAXanela, e comparte! 🥰
061
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 14/10/2025
🌤️ Bo día! Imos a por un martes anticiclónico, de sol con máis nubes na Mariña/Ortegal e tamén pola tarde no interior sur onde, de novo, poderá caer algún chuvasco de tipo treboento. As temperaturas, seguen sen grandes cambios, calor para a época. A poñerlle lombo 🙂‍↕️
061
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 13/10/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moito sol en xeral. Máis nubes na Mariña e Ortegal e tamén pola tarde no interior sur, con risco dalgún chuvasco. Vento frouxo. 🟢 Temperaturas sen grandes cambios #AbreAXanela, e comparte! :)
051
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 13/10/2025
👉 Bo día! Imos a por un luns de moito sol en xeral. Teremos risco de nubes baixas na Mariña e tamén nubes de evolución pola tarde no interior que poderían deixar algún chuvasco. As temperaturas, sen cambios, elevadas para a época do ano un día máis 📈
0102
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 12/10/2025
📈 Estas son as temperaturas máximas de hoxe en #Galicia. Outro día de verán, e van.... e quedan uns cantos. Ás 19:00, o prognóstico da semana
110
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 12/10/2025
☀️ Bo día! Seguimos con este verán tardío, moito sol en xeral, agás na Mariña onde o nordés acumula máis nubes. Pola contra, no mediterráneo as chuvias seguen a ser protagonistas, con moita intensidade na maior parte dos casos. Feliz domingo! 🥰
082
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 10/10/2025
🌤️ Bo día! Comeza un venres e un fin de semana anticiclónico, con máis nubes na Mariña e Ortegal debido ao nordés e moito sol no resto de #Galicia con valores que volverán rondar os 25/26°C. Pola contra, no Mediterráneo segue chovendo forte.
0102
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 09/10/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos moito sol con algunhas nubes na Mariña e Ortegal. Vento do nordés. 📈📉 Máximas en ascenso e mínimas en descenso #AbreAXanela, e comparte! 🥰
062
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 09/10/2025
👉 Bo día! Por diante un xoves de máis nubes no extremo norte, onde se dará algún chuvasco feble. Moito sol no resto de #Galicia, coa circulación de nordés como protagonista. Os termómetros, sen grandes variacións. A polo xoves!
061
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 08/10/2025
👉 Bo día! Perdemos transitoriamente a plena influencia do anticiclón. Nubes na metade norte con algún chuvasco, máis sol no sur. Volve o nordés coas temperaturas en descenso, agás nas Rías Baixas, onde subirán moi lixeiramente. A poñerlle lombo 🙂‍↕️
071
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 07/10/2025
👉 Xa reparaches en como o tempo en Galicia marca cada momento da nosa vida? Non só pasa, deixa pegada Segue o fío ⬇️
161
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 07/10/2025
👉 Bo día! Martes marcado polas nubes altas que irán decorando o ceo galego. Tamén chegarán nubes baixas a partir da tarde ao oeste debido ao aporte húmido do vento do mar. As temperaturas, en descenso na franxa atlántica, sen cambios significativos no resto de #Galicia.
091
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 06/10/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos nubes altas. O vento do oeste achegará máis nubes de tipo baixo á marxe atlántica. Risco dalgún chuvasco treboento no interior pola tarde. 📈 Maximas en lixeiro descenso (na mariña subirán), e mínimas en ascenso. #AbreAXanela, e comparte! 🥰
050
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 06/10/2025
☀️ Bo día! Por diante un luns de moito sol en toda #Galicia con algunha nube alta sen importancia. O fresco da primeira hora da paso a un mediodía e primeiras horas da tarde con temperaturas elevadas para a época, rondando os 26°C en moitas zonas. Feliz luns! 🥰
072
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 05/10/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos moito sol en xeral con algunha nube de tipo alto. Vento frouxo en xeral. 📈 Temperaturas en ascenso, volve a caloriña nas horas centráis. #AbreAXanela, e comparte! 🥰
090
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 05/10/2025
🌤️ Bo día! Por diante un domingo anticiclónico, volve o nordés polo que hai que agardar máis nubes no extremo norte, especialmente na Mariña e Ortegal. No resto, moito sol e temperaturas en ascenso nas horas centráis 📈
060
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 04/10/2025
🌧️ Bo día! Por diante un sábado gris e húmido debido a unha fronte pouco activa que cruzará #Galicia de norte a sur, deixando as chuvias máis intensas na metade norte, no sur pouca cantidade caerá. As temperaturas, en descenso 📉
070
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 03/10/2025
👉 bo día! Venres de nubes altas, as cales anuncian o cambio de tempo que teremos o sábado. Polo momento, xornada tranquila con vento do suroeste que aportará máis humidade á costa oeste onde haberá algunhas nubes de tipo baixo (máis contra a noite). Descenso térmico 📉
040
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 02/10/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos nubes altas decorando o ceo. O vento do suroeste podería aportar máis nubes de tipo baixo ao litoral oeste. 📉 Temperaturas en descenso #AbreAXanela, e comparte! 🥰
080
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 02/10/2025
👉 Bo día! Por diante outra xornada anticiclónica onde teremos nubes altas paseando polo ceo galego. O vento vira a noroeste polo que na costa oeste poderá haber máis nubes de tipo baixo. As temperaturas baixan lixeiramente.
090
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 01/10/2025
👉 Bo día! Comezamos outubro con influencia anticiclónica, seguimos con altas presións, tempo seco, vento frouxo e temperaturas cálidas nas horas centráis, o clásico veranillo de san Miguel. Que teñades un bo mércores! 🥰
0100
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 29/09/2025
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moito sol en xeral con máis nubes na Mariña, estancadas polo nordés. 📈Máximas en ascenso e mínimas en lixeiro descenso #AbreAXanela, e comparte!
172
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 29/09/2025
👉 Bo día! Por diante un luns anticiclónico con máis nubes no extremo norte e moito sol no resto. Segue a circulación do nordés, que por momentos soprará bastante forte. As temperaturas diurnas, sen grandes cambios, aínda que poden subir moi lixeiramente. A poñerlle lombo 🙂‍↕️
050
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 27/09/2025
🌧️ Importante masa de chuvia fronte as Rías Baixas agora mesmo (09:18h), veremos como se comporta. Polo de pronto, xa está a deixar precipitacións puntualmente intensas en bastantes lugares.
2111
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 27/09/2025
O que queda de Gabrielle, ao oeste de #Galicia. Moi hipnótico mirar a animación do satélite 🌀
062
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 27/09/2025
🌦️Primeiras liñas de chuvia achegándose dende o mar. Irán entrando nas vindeiras horas deixando chuvascos puntualmente intensos, especialmente no oeste onde tamén poderán vir con treboadas.
030
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 27/09/2025
👉 Bo día! Fermosa imaxe de satélite co centro da borrasca Gabrielle moi preto da península. Achegarase ao longo do día, as nubes irán en aumento e as chuvias aparecerán dende o mediodía, podendo caer en calquer punto pero con especial incidencia nas Rías Baixas 🌧️
0112
REDMETEO (meteoroloxía en Galego) @redmeteo.bsky.social · 26/09/2025
☀️ Bo día! Por diante un venres de sol con entrada de nubes altas co avance do día. Vemos a #Gabrielle pasando por riba das illas Azores, irase achegando, pero semella que en #Galicia afectaranos de refilón.
040