Sign in

Premio Trevo

@premiotrevo.bsky.social
62 followers 11 following 38 posts

Premio literario á mellor obra narrativa escrita orixinalmente en galego entre as publicadas o ano anterior. 🍀 In memoriam María Duro Mansilla

PostsRepliesMedia
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 28/07/2026
Premio Trevo 2026 🍀 O pasado 24 de xullo, entregamos o prato á gañadora desta edición, Loli Rodríguez, e falamos de ¨Nailía¨ en Río Lagares - Tenda Cultural. Puxemos o colofón á colleita do 2025 e xa estamos traballando para o ano que vén! Vémonos nas librarías! ✨
061
Reposted by Premio Trevo
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 24/07/2026
HOXE!!! Facemos entrega do Premio Trevo 2026 a Loli Rodríguez en Río Lagares - Tenda cultural 🍀 Agardámosvos ás 19:30!
021
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 24/07/2026
HOXE!!! Facemos entrega do Premio Trevo 2026 a Loli Rodríguez en Río Lagares - Tenda cultural 🍀 Agardámosvos ás 19:30!
021
Reposted by Premio Trevo
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 20/07/2026
Temos veredicto do xurado! 🥁 A obra gañadora da II Edición do Premio Trevo de narrativa en galego 2026 é "Nailía" de Loli Rodríguez Rodríguez (@galaxiaeditorial.bsky.social). 🔗Veredicto: www.instagram.com/p/DbBsoELDsQ... Noraboa! 🍀
2126

Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 17/07/2026
Hai un prato en xogo! Son os últimos días de deliberación do noso xurado, en breve anunciaremos a obra gañadora do Premio Trevo 2026 e o prato xa está na mesa, fagan as súas apostas! 🍀
110
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 15/07/2026
15/15 Premio Trevo 2026 🍀 🤹🏻‍♀️ Vantaxes e inconvenientes de case todo, Xosé Cermeño 🎩 En palabras do noso xurado: "Curioso e coidado artefecto literario á maneira dunha colcha tecida de retallos. Unha colección de reflexións que reflicten un xeito humanista de ver o mundo".
000
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 14/07/2026
14/15 Premio Trevo 2026 🍀 🕸️Punto de araña, Nerea Pallares 🎩 O noso xurado dixit: "Un debut novelesco que mestura con afouteza o experimental na forma e o telúrico nunha temática que trae ao século XXI as artes femininas e feministas".
011
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 13/07/2026
13/15 Premio Trevo 2026 🚢 Son coma glaciares os barcos de aceiro, Cynthia Menéndez 🎩 O noso xurado dixit: "Un artefacto literario que nos transporta 30 anos atrás, ao fin dunha época. Un relato poético da loita sindical, o ambiente dos estaleiros e o "coming of age" dun neno criando nos 90"
010
Reposted by Premio Trevo
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 10/07/2026
12/15 Premio Trevo 2026 🤝 Nailía, Loli Rodríguez 🎩 En palabras do noso xurado: "O tema queda eclipsado pola potencia, e orixinalidade da lingua, pola solidez e autenticidade dos personaxes, cuxa suma crean a voz, probablemente, máis audaz de todo o que se publicou en 2025"
012

Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 09/07/2026
11/15 Premio Trevo 2026 🔪 O lanzador de coitelos, Fernando Castro Paredes 🎩 En palabras do noso xurado: "Un exercicio de hibridación de xéneros (do thriller á novela histórica) marcado por un estilo aquelado e por un xogo de espellos entre autor, narrador e personaxe".
011
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 08/07/2026
10/15 Premio Trevo 2026 🍀 🧊 Ensaios sobre o efémero, Vitor Vaqueiro 🎩 En palabras do noso xurado: "Literatura mosaico, onde en minirelatos de prosa precisa e depurada, xoga o autor, con elegancia á sutileza, ao humor, ao paradoxo, enchendo a boca de innumerables matices."
011
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 07/07/2026
9/15 Premio Trevo 2026 🍀 🔥 A vida a arder, Abraham Pérez 🎩 En palabras do noso xurado: "Con diversas técnicas o autor tece con relatos o retrato xeracional duns rapaces dun barrio onde ás veces a vida arde e outras consúmese sen máis como o remol dun futuro que non chega".
010
Reposted by Premio Trevo
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 03/07/2026
8/15 Premio Trevo 2026 🍀 ⚓ Comandantes e familiares, @alcalaxavier 🎩 En palabras do noso xurado: "Xavier Alcalá mostra de novo a súa habelencia para recoller os testemuños da diáspora galega e construír con eles novelas moi literarias, mais fieis aos feitos históricos."
001

Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 02/07/2026
7/15 Premio Trevo 2026 🍀 🎪 Xibraltaria (Un Cadillac en Xibraltar), Nacho Taibo 🎩 En palabras do noso xurado: "Distopía satírica que colle un episodio case real da guerra civil para percorrer o país cunha troupe circense, ebrios pola súa particular linguaxe irónica e alucinada"
010
Reposted by Premio Trevo
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 01/07/2026
6/15 Premio Trevo 2026 🍀 💬 As palabras de Morfeo, Ramón Beltrán 🎩 En palabras do noso xurado: "Ao fío dun misterio relacionado cunha lingua minoritaria, esta novela conta unha historia que cae no gume exacto entre o verosímil e o extraordinario"

Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 30/06/2026
5/15 Premio Trevo 2026 🍀 🤿 As augas interiores, Blanca Riestra 🎩 En palabras do noso xurado: "As augas interiores comeza como unha novela de viaxes e deriva cara ao thriller psicolóxico. É sobre todo unha novela na que o que pasa dentro é máis importante que o de fóra"
002

Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 29/06/2026
4/15 Premio Trevo 26 🍀 📜 As obras póstumas, Diego Giráldez 🎩 En palabras do noso xurado: "As obras póstumas é unha novela curta con gran impronta autorial, na que Diego Giráldez constrúe unha historia delicada, reflexiva e cun sentido do humor intelixente"

Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 26/06/2026
3/15 Premio Trevo 26 🍀 ⛺️ Ventre de madeira, José Carou 🎩 En palabras do noso xurado: "Nunha Compostela sempre presente, Carou constrúe, a base de lembranzas de xuventude, un suxestivo refuxio"
003

Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 25/06/2026
2/15 Premio Trevo 26 🍀 🌴Tamarindo, Xavier Queipo O xurado dixit 🎩: "Unha aventura no mar Caribe? A cabeza levarate a unha historia de piratas, sexo, barcos e ron. Adaptado á actualidade, atopamos un libro abafante coma o trópico, narrado co pulso firme dun autor consagrado"
024
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 23/06/2026
1/15 Premio Trevo 2026 🍀 🌊 O emisario submarino, Félix Longueira En palabras do noso xurado 🎩: "É unha colección de relatos narrados con sinxeleza, na que se emprega unha linguaxe coidada e que prioriza a creación dunha atmósfera literaria sobre o efectismo de buscar desenlaces sorpresivos"
032
Reposted by Premio Trevo
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 20/06/2026
II Edición Premio Trevo 🍀 📚Publícanse as 15 obras finalistas do premio Trevo 2026 á obra narrativa escrita en galego entre as publicadas en 2025 O xurado está a deliberar 🎩
088

Denís F. Méndez @denisfmendez.bsky.social · 23/10/2025
Na entrega do @premiotrevo.bsky.social
0113
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 15/10/2025
Acto de entrega do I Premio Trevo a @xabierlopez.bsky.social o vindeiro 23 de outubro, ás 18:30 na Libraría Couceiro de Compostela! Aberto a todas as persoas que queirades vir! 🍀
032
Reposted by Premio Trevo
Praza Pública @praza.gal · 12/10/2025
📕🍀'Contrabiografía', de Xabier López López, é a obra gañadora da primeira edición do @premiotrevo.bsky.social de narrativa 2025
praza.gal
Fálase de Contrabiografía,... - Praza Pública
Contrabiografía, de Xabier López López, é a obra gañadora da p...
1149
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 11/10/2025
Temos veredicto do xurado! 🥁 A obra gañadora da I Edición do Premio Trevo de narrativa 2025 é "Contrabiografía" de Xabier López López de @galaxiaeditorial.bsky.social. Noraboa! 🍀 🔗https://www.instagram.com/p/DPrm28BCKYP/?igsh=MWMwZWtlbDcyaTlmbw==
02116
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 11/10/2025
O PREMIO TREVO 🍀 Hoxe o noso xurado anunciará a obra gañadora da premio Trevo 2025 🙌 O premio? 💰 Dotación de 1.504,80€ (referencia a data de nacemento da homenaxeada María Duro Mansilla) e un prato da colección "Ave do paraíso" da terceira época de Sargadelos (s. XIX) como trofeo 🏆
11610
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 10/10/2025
10/10 🍀 🔱 TRITÓN ✍🏼 Blanca Riestra (@riestrablanca) Editorial: @airaeditorial Nas palabras do noso xurado 🎩: "Se existe un máxico realismo sucio ben podería ser esta intelixente e envolvente fábula mariña, onde os naufraxios se dan navegando en terra firme".
023
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 09/10/2025
9/10 🍀 🦎 SÁBEME A SALAMÁNTIGA O CEO DA BOCA ✍🏼 César Cequeliños Nas palabras do noso xurado 🎩: "Unha novela de longo alento que administra de forma orixinal recursos clásicos e suma a unha razoable pericia narrativa, o emprego do humor e dun léxico vizoso".
023
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 08/10/2025
8/10 🍀 💥 PIROTECNIA ✍🏻 Alberto Ramos Nas palabras do noso xurado 🎩: "O mellor de Pirotecnia non é a traca final senón o ronsel que as personaxes deixan no lector".
023
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 07/10/2025
7/10 🍀 🔥 O INCENDIO ✍🏻 Sara Vila (@saravilaal) Editorial: @edicionsxeraisdegalicia Nas palabras do noso xurado 🎩: "O lector non é quen de apartar a mirada dos lumes que Sara Vila vai plantando ata que xa é tarde para sufocar o incendio".
021
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 06/10/2025
6/10 🍀 🌿EU SON O MONTE ✍🏻 Sara Guerrero 🎩: "Novella" breve pero intensa, cunha visión das comunidades do rural contraria a calquera idealización. Unha voz literaria moi persoal e lírica vida do outro lado do Atlántico
003
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 03/10/2025
5/10 🍀 ✍🏼 CONTRABIOGRAFÍA ✍🏼 Xabier López López 🎩: "Podería falarse de O mapa e o territorio... O mapa? Político, físico, histórico e, sobre todo, persoal. O territorio? O que rega o Mendo, o Mandeo e mais o Eume. E a novela? Das máis ambiciosas na literatura galega dos últimos anos"
022
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 02/10/2025
4/10 🍀 🖤 AS DESPEDIDAS ✍🏼 Cecilia F. Santomé 🎩: "Unha achega á morte cun moi necesario toque de ironía, mesmo, ás veces, de humor negro. Caracterízase por unha linguaxe requintada e unha estrutura narrativa sólida e recoñecíbel, con conexión entre o espacial e o sentimental".
053
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 01/10/2025
3/10 das nosas obras finalistas: 💭 A FERIDA IMAXINARIA ✍🏼 Berta Dávila 🎩:"A novela destaca pola súa prosa musical e intensa, a creación de personaxes complexos e creíbles, e a capacidade de explorar conflitos íntimos dunha forma delicada sen sacrificar tensión narrativa".
024
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 26/09/2025
2/10 🍀 🧳A CAPITAL DO MUNDO ✍🏼Xavier Alcalá 🎩"Xoga con habelencia ao relato dentro do relato e narra con pulcritude e axilidade para tecer, ao redor das personaxes que osixenan a historia persoal da protagonista, o fresco dunha época sen caer no irrelevante, nin no panfletario".
043
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 25/09/2025
1/10 finalistas 🍀 🩸 A BOCA DA SOMBRA ✍🏼Emma Pedreira O noso xurado dixit: "Máis literatura nestas cen páxinas ca en catálogos enteiros. É un artefacto que supera os xéneros e ten ousadía, ambición, gracia e personalidade a rabiar" 🪶
166
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 23/09/2025
Xa temos a lista das 10 obras finalistas do I Edición do Premio Trevo 2025 🎉 Se algo podemos destacar é a calidade e a variedade das obras, felicidades ás autoras e autores e moita sorte! 🍀 🗓️O vindeiro 4 de outubro anunciarase a obra gañadora 🥁🥁🥁
0148
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 11/09/2025
O xurado do Premio Trevo 🎩 Formado polos membros da Confraría da Ínfima Plebe, impulsora do premio. Os seus integrantes son 10 así que tivemos que dividir as presentacións en dúas partes 🙈 ⬇️: 🔗Volume I: instagram.com/p/DOad5Z2iHO... 🔗 Volume II: instagram.com/p/DOafKHMiOKW/
media.tenor.com
a black and white photo of a group of people sitting on a bench
ALT: a black and white photo of a group of people sitting on a bench
142
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 06/09/2025
Por que O Trevo? 🔗https://bit.ly/3JQm4Nd "Pénsase que unha mutación xenética é a responsable de que algúns trevos teñan catro follas por vez de tres, mais as causas desa mutación son un misterio. [...] O carcinoma que está no meu peito esquerdo tamén ten orixe descoñecida" 📗O trevo de catro follas
032
Reposted by Premio Trevo
Daniel Ugarte @condedecotobade.bsky.social · 03/09/2025
Non sei se haberá outros exemplos de libros que en lugar de gañar premios literarios os conceden... En calquera caso, estou moi ilusionado coa idea. premiotrevo.gal Se vos presta, seguide o @premiotrevo.bsky.social de narrativa. Iranse anunciando finalistas e obra gañadora.
premiotrevo.gal
Premio Trevo
11612
Premio Trevo @premiotrevo.bsky.social · 03/09/2025
Convócase a primeira edición do premio Trevo para escoller, a criterio do xurado, á mellor obra narrativa escrita orixinalmente en lingua galega entre as publicadas en 2024📝 Promovido pola Confraría da Ínfima Plebe en homenaxe a María Duro Mansilla, outorgarase en outubro. 🍀
11011