Sign in

Praza Pública

@praza.gal
4.4K followers 180 following 12K posts

O xornal da Galicia que vén. 🤗Faite socia, faite socio 🔗 praza.gal/faitedepraza

PostsRepliesMedia
Praza Pública @praza.gal · 4h
🗣️🏢 Foron as deste sábado protestas plurais en moitos sentidos, tamén no xeracional. "Que pasa? Que non temos casa!", "non á especulación" foron algunhas das consignas máis repetidas canda chamadas á folga ao son do bater de chaves 🔗 praza.gal/movementos-s...
020
Praza Pública @praza.gal · 10h
🗣📲Miriam Jiménez Lastra analizou no foro #PrazaNaÁgora o efecto que as redes sociais teñen na sociedade e na democracia: "Internet non é o problema, é o que as grandes corporacións fan con internet" 🔗 praza.gal/movementos-s...
000
Praza Pública @praza.gal · 10h
🎭📢Esther Carrodeguas (ButacaZero) coordina un proxecto impulsado por @50enlibertad.bsky.social e @teatrodelbarrio.bsky.social no que 11 mozos e mozas afondan na histórica mobilización sindical viguesa de 1972 a través das artes escénicas e conversan cos seus protagonistas 🔗 praza.gal/acontece/a-f...
011
Praza Pública @praza.gal · 12h
🏢📉Nos anos en que o actual líder do PP presidiu a Xunta comezaron a construírse en Galicia pouco máis de 5.000 vivendas protexidas, máis da metade no primeiro ano, con diversos proxectos 'herdados' do Goberno de PSdeG e BNG 🔗 praza.gal/politica/fei...
003
Praza Pública @praza.gal · 15h
🔍📊 Unha de cada catro familias que viven de alugueiro deben destinar a este pagamento unha porcentaxe dos seus ingresos por riba do máximo recomendable. A porcentaxe medra nos fogares con menor poder adquisitivo 🔗 praza.gal/economia/500...
001
Praza Pública @praza.gal · 16h
🔊 PODCAST | Comezou Falamos de memoria, a serie documental que recupera a memoria democrática da Coruña 🌺 Primeiro episodio, na península libertaria de Monte Alto e As Atochas 🤝 Con @50enlibertad.bsky.social 🎧 Escoita 🔗 praza.gal/movementos-s...
013
Praza Pública @praza.gal · 16h
💬"Votar non é traizoar o pobo para servir o rendismo", "non calibran o que están facendo", advertiu @pbustinduy.bsky.social 💬O BNG votou "si" para responder á xente "que quere solucións" e non "aos poderosos" ou "aos fondos voitre", sinalou @nestorrego.bsky.social 🔗 praza.gal/politica/pp-...
020
Praza Pública @praza.gal · 17h
❌ PP, Vox e Junts derrogan os decretos de vivenda 💬 "Vainos xulgar a historia antes do que cren", advirte Pedro Sánchez mentres valora un adianto electoral 🔗 praza.gal/politica/pp-...
152
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
🎉 Chegamos á fin de semana 📢 Cunha reportaxe sobre o proxecto '1972', coordinado por Esther Carrodeguas, unha traballo escénico con adolescentes sobre a histórica folga xeral de Vigo 🖼🐙 E cunha ducia de carteis históricos das festas de San Froilán, que comezan este domingo
044
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
🏗️ O PP atribúe a Sánchez en exclusiva o problema da vivenda e asegura que Feijóo pode emendalo promovendo a construción "dun millón" de pisos se goberna en España praza.gal/politica/pp-...
121
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
📺| Pedro Sánchez tomou a palabra para advertir do "dano inmenso" da derrogación dos decretos: "A culpa non será nin da troika, nin dos bancos", dixo, senón dos grupos que votan non: "Vainos xulgar a historia antes do que cren" praza.gal/politica/pp-...
120
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
🗨️ Junts esgrime que as normas agora decaídas ían conseguir "o efecto contrario do que pretenden". As forzas da esquerda lamentan a caída do que consideraban un primeiro paso positivo praza.gal/politica/pp-...
110
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
Aínda que convocadas por sindicatos ou colectivos pola vivenda, formacións políticas como o @obloque.gal amosaron o seu "apoio" ás mobilizacións "diante do grave problema de acceso á vivenda" praza.gal/acontece/a-r...
110
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
🗓️ Haberá manifestacións pola vivenda ás 19 horas en Vigo, A Coruña e Lugo e pola mañá en Santiago e Ourense; o luns terá lugar en Pontevedra praza.gal/acontece/a-r...
131
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
Nun comunicado conxunto, populares, socialistas e nacionalistas censuran "faltas de respecto, insultos, interrupcións e ameazas" do alcalde: "Non pode seguir tolerándose". Jácome esgrime que "levan toda a vida chamándome a min fascista" praza.gal/falase?de=5b...
010
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
👉 Sanidade vén sendo condenada de xeito recorrente por demoras no pagamento de facturas a provedores praza.gal/politica/o-s...
001
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
📃 Vén sendo habitual que Sanidade empregue cartos previstos inicialmente para melloras en centros sanitarios en modificacións orzamentarias que o Consello de Contas pide reducir "ás estritamente necesarias" praza.gal/politica/o-s...
100
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
📈 O paro aumentou en máis de 2.700 persoas en setembro, sobre todo no sector servizos e no colectivo sen emprego anterior praza.gal/economia/nin...
001
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
📊 A regularización de persoas migrantes deixou o mellor setembro da historia en España, con 92.300 empregos máis; Galicia destruíu máis de 6.500 praza.gal/economia/nin...
100
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
🔴AO VIVO | Xa está en marcha no Congreso o debate sobre os decretos de vivenda 📺 Pódese seguir en directo aquí praza.gal/politica/jun...
002
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
🏢🗳No caso das deputadas e deputados polas circunscricións galegas, a votación en ambos decretos de vivenda será esta: ❌NON 🔵 PP 13 ✅SI 🟥 PSOE 7 🟪 Sumar 2 🟦 BNG 1 🔗 praza.gal/politica/jun...
153
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
🏘 👥 O dereito á vivenda, no foco de Praza antes, agora e despois ↪️ Velaquí case 15 anos de información 🔗 praza.gal/temas/dereit... 🤗 Faite socia, faite socio 🔗 praza.gal/faitedepraza
001
Praza Pública @praza.gal · 02/10/2026
💬"PP, Vox e Junts deben elixir: ou están coa maioría social ou cos especuladores; o seu voto retrataraos ante xeracións enteiras", advirte Pedro Sánchez mentres medra o ruxerruxe dun adianto electoral 🗳O primeiro domingo legalmente posible, o 29N 🔗 praza.gal/politica/jun...
111
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
📢 PODCAST | Escoita o primeiro episodio de 'Falamos de Memoria', un percorrido pola península libertaria de Monte Alto e As Atochas 🎙 Unha produción da Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos Cincuenta Anos de España en Liberdade 🔗 praza.gal/movementos-s...
161
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
Protección de Datos impuxo inicialmente dúas sancións por 1,55 millóns de euros e agora redúceas a unha de 600.000 euros 🔗 praza.gal/economia/rep...
000
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
🏗️ Allegue acusa o Concello de "irresponsable" por ter pisos municipais baleiros e pide que os ceda á Xunta porque "si que ten capacidade económica para a súa rehabilitación" 🔗 praza.gal/politica/a-x...
010
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
📃 "Non nos atopamos ante unha incidencia de escasa relevancia", di Protección de Datos, que salienta que a empresa non contaba con medidas internas adecuadas que tiveron unha "afectación real dos dereitos" da afectada 🔗 praza.gal/economia/rep...
110
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
💶 A conselleira de Vivenda insiste en rexeitar a intención do Concello de xestionar directamente os 3,6 millóns que lle corresponden dos fondos do Estado 🔗 praza.gal/politica/a-x...
121
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
María Luz Morales conseguiu rachar co teito de cristal e posicionarse en 'La Vanguardia' nunha sección tradicionalmente copada polos redactores masculinos. "Iso si, sen esquecer o seudónimo", destaca Moledo Ucha na súa investigación praza.gal/cultura/mari...
000
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
O Sindicato de Vivenda da Coruña pide medidas máis ambiciosas; Alianza pola Vivenda asegura que son "insuficientes" pero "un comezo acadado grazas á mobilización e a presión social" praza.gal/acontece/man...
020
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
📉 Só a área de Ourense rexistra unha melloría, en consultas externas: hai un ano rexistraba 66 días de demora, fixouse o obxectivo de reducilos a 60 e finalmente baixou a 52 praza.gal/politica/o-s...
100
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
📈 En Santiago o Sergas aspiraba a reducir de 85 a 77 a espera media por unha operación e o resultado foi un aumento a 116 días praza.gal/politica/o-s...
121
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
Sanidade fixou os seus obxectivos para este ano o 4 de febreiro, dous meses despois de que comezasen as folgas contra o Ministerio de Sanidade ás que agora culpa do aumento da demora praza.gal/politica/o-s...
131
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
📽️ Foi a primeira muller en dirixir un xornal ('La Vanguardia,' en 1936) e publicou máis de 400 pezas e críticas cinematográficas baixo o pseudónimo 'Felipe Centeno'. Mesmo traballou na industria, realizando textos e traducións para a Paramount praza.gal/cultura/mari...
110
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
📣 A Alianza pola Vivenda e o Sindicato de Vivenda convocan manifestacións este sábado en Vigo e na Coruña; reclaman "solucións permanentes" e chaman á "folga xeral" praza.gal/acontece/man...
175
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
📻🚶‍♀ Prado Rúa achéganos ao barrio, onde o equipo do podcast se atopa co escritor Manuel Rivas (@manuelrivas.bsky.social), a investigadora Inés Merayo e os historiadores Daniel Palleiro e Dionisio Pereira, que nos explican a maquinaria do medo ou o papel chave das mulleres 🔗 praza.gal/movementos-s...
000
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
BNG e PSdeG criticaron o "silencio absoluto" da TVG respecto da sanción á adega da familia do conselleiro de Emprego e acusaron a CSAG de "tapar" a información praza.gal/politica/a-c...
010
Praza Pública @praza.gal · 01/10/2026
🤗 A comunidade de socias e socios de Praza está a medrar ⚠️ Pero aínda non é dabondo ↪️ Faite de Praza dende 5€/mes 🔗 praza.gal/faitedepraza ✅ Ata o 80% devólvencho automaticamente na declaración da renda 🔗 praza.gal/axuda/desgra...
000
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
🔊 PODCAST | 'Falamos de Memoria' inicia percorrido sonoro na península libertaria de Monte Alto e As Atochas 🎙 O primeiro episodio xa está en Praza e nas principais plataformas de audio 🤗 Coa colaboración de @50enlibertad.bsky.social 🎧 Escoita 🔗 praza.gal/movementos-s...
062
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
🩺 O plan do Goberno galego para acoutar as baixas médicas laborais conta co apoio da patronal e UGT pero non de CIG e CCOO 🔗 praza.gal/economia/a-x...
021
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
✊ Con Prado Rúa presentando cada episodio, neste primeiro o escritor Manuel Rivas, a investigadora Inés Merayo e os historiadores Daniel Palleiro e Dionisio Pereira explican a maquinaria do medo ou o papel chave das mulleres na organización anarcosindicalista 🔗 praza.gal/movementos-s...
093
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
🏘️ Os caseiros son colectivo definido pola súa heteroxeneidade, pero entre o que gañan peso as persoas de maior idade e pensionistas. E, nos últimos anos, un grupo no que cada vez son máis numerosas as persoas de ingresos elevados 🔗 praza.gal/acontece/que...
010
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
🗳️ O Bloque sinala as sete principais cidades como "clave" para "pensar o país que queremos ser", que "non pode verse lastrado por localismos estériles nin confrontacións inútiles" 🔗 praza.gal/politica/o-b...
000
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
Pontón augura que "como en cada proceso electoral, chegará a ladaíña de que o @obloque.gal tocou teito; igual que cando se negaba a posibilidade" de que Lores e Sanmartín gobernasen, afirma praza.gal/politica/o-b...
100
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
🏥 Nas áreas de Santiago e Pontevedra a espera por unha cirurxía aumentou un mes, ata 116 e 91 días respectivamente, a mesma demora que sumou Lugo nas consultas, cunha media de espera de 112 días praza.gal/politica/a-e...
000
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
📈 A reforma permite os concellos con zonas de mercado residencial tensionado, no caso galego só os municipios coruñés e compostelán, subir o Imposto de Bens Inmobles entre un 50% e un 150% en función do número de inmobles que controle cada propietario praza.gal/politica/o-e...
010
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
📊 As cifras de espera media sanitaria adoitan ser peores na segunda metade do ano, coas vacacións de verán e o Nadal. Desta volta non é así. En xuño do pasado ano a espera media era de 69,3 días, en decembro ascendeu lixeiramente (72,8) e agora dispárase ata os 89,5 praza.gal/politica/a-e...
100
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
📈 Os tempos das cirurxías aumentaron en todas as prioridades e a demora media das consultas medrou de 57 a 70 días, un empeoramento xeral do que o conselleiro de Sanidade culpa ás folgas sanitarias contra o ministerio praza.gal/politica/a-e...
100
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
🏘️📉 O lastre da parálise da vivenda protexida e pública nos gobernos de Feijóo vicepresididos por Rueda limita agora o impacto dos 4.000 pisos públicos que a Xunta ten en diferentes fases de tramitación e polos que agardan 36.000 inscricións no Rexistro de Demandantes praza.gal/politica/a-x...
142
Praza Pública @praza.gal · 30/09/2026
❌ Entre os proxectos de vivenda pública cancelados por Feijóo en Santiago estiveron 40 pisos para mocidade na céntrica avenida de Xoán XXIII, onde a Xunta vén de iniciar o trámite para contratar a obra dos 60 "aloxamentos compartidos" anunciados hai dous anos praza.gal/politica/a-x...
142