Sign in

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

@politicasusc.bsky.social
44 followers 8 following 20 posts

🎓Páxina oficial de Bluesky da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. 📢Toda a actualidade da Facultade pódela atopar aquí. Como a ti che interesa e sen voltas! 📲Pódesnos seguir tamén no noso Instagram, Tiktok e Bluesky.

PostsRepliesMedia
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 20/06/2025
🎓 Como é empezar Ciencias Políticas na USC? Laura cóntacho en primeira persoa! 💬 Descubre como viviu o seu primeiro ano na carreira, por que escolleu esta opción e que lle aporta estudar nesta facultade. #PolíticasUSC #GraoEnCienciasPolíticas #USC #AccesoUniversidade #Universidade
021
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 20/06/2025
🎓 Como é empezar Ciencias Políticas na USC? Laura cóntacho en primeira persoa! 💬 Descubre como viviu o seu primeiro ano na carreira, por que escolleu esta opción e que lle aporta estudar nesta facultade. #PolíticasUSC #GraoEnCienciasPolíticas #USC #AccesoUniversidade #Universidade
010
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 24/05/2025
🎤Hoxe temos novo episodio do Voces da polis, e falaremos nesta ocasión de polarización, cos nosos compañeiros e co politólogo Lluís Orriols. Quedade para escoitalo! #Podcast #FacultadePolíticasUSC #VocesdaPolis #Política #Polarización #USC #Universidade
011
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 15/05/2025
Este mércores a equipa do noso podcast 'Voces da polis' entrevistou a Óscar Briones, profesor da Uvigo e investigador do Observatorio de Gobernanza. Con el falaron sobre a Rede de Bosques Atlánticos Antigos, unha iniciativa que conxuga ciencia, xestión, política e participación.
000
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 11/05/2025
Publicadas as táboas de recoñecemento do Grado en Ciencias Políticas entre a USC e a UNED Consulta o PDF na web da facultade! f.mtr.cool/rzqjruiwzu
000
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 07/05/2025
Aquí vos deixamos algunhas fotos do acto de onte 'A ciencia política tamén se fala e escribe en galego', que contou coa participación do Servizo de Normalización Lingüística da USC, ademais de alumnado e profesorado. Terédelo moi pronto en Spotify!! #LinguaGalega #Galego #CienciaPolitica #USC
011
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 05/05/2025
Mañá temos un episodio en directo do noso podcast, Voces da polis. Esta vez farémolo dende a Sala de Xuntas da Facultade. Lembrade! A partir das 12:00 a través da canle de YouTube da USC:
f.mtr.cool
Voces da Polis, A ciencia política tamén se fala e escribe en galego.
Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de PolíticasData: 6 de maio de 2025, 12 horasInterveñen:En primeiro lugar, abre o saúdo institucional a Decana da Faculta...
020
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 30/04/2025
🎙️Este martes imos ter un novo episodio do noso podcast! Nesta ocasión será en directo coa colaboración de alumnado e profesorado. Vémonos para falar e debater sobre 'A ciencia política tamén se fala e escribe en galego'. 📆Data: Martes, 6 de maio 🕓Hora: 12:00 horas 📍Lugar: Sala de Xuntas
011
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 21/04/2025
🏠 O acceso e dereito á vivenda en Galicia: desafíos e solucións 🗓 24 de abril | 🕛 12:00 h | 📍 Salón de Graos (Facultade de CC. Políticas) Únete á mesa redonda sobre o dereito á vivenda en Galicia, un espazo para debater os desafíos actuais e propoñer solucións dende a investigación e o activismo.
002
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 16/04/2025
🎙️Xa está dispoñible o segundo episodio de Voces da polis! Hoxe falamos sobre baixar a idade de voto aos 16 anos. As súas vantaxes políticas e sociais, as súas consecuencias... E falamos tamén con Marta Lois, decana da nosa Facultade e defensora deste cambio 🎧Escóitao xa en Spotify! Link na nosa bio
022
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 10/04/2025
🏠 INAUGURADA a  Exposición Emerxencia Vivenda Dende hoxe e ata o 24 de abril podedes visitar esta exposición impactante que dá voz ás realidades ocultas da exclusión residencial en Galicia. 🗓️ Do 10 ao 24 de abril #EmerxenciaVivenda #ExclusiónResidencial #EAPNGalicia #DereitoAVivenda #PolíticasUSC
001
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 07/04/2025
📢 Conferencia na Facultade! Este xoves 10 de abril ás 12h temos unha charla no Salón de Graos 🎓 💬 “Pobreza en Galicia: Máis pobres, máis desiguais... máis culpables?” 🗣️ Charla da man de Xosé Cuns Traba, director de EAPN Galicia, a Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social.
000
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 06/04/2025
🗣️Así foi a conferencia de Lluís Orriols a pasada semana na Facultade #Conferencia #CuenciasPolíticas #USC #Charla #LluísOrriols
000
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 02/04/2025
🎙️ Estreamos podcast! Xa podes escoitar o primeiro episodio de Voces da polis, o novo podcast da Facultade de Ciencias Políticas. Neste primeiro episodio falamos do consentimento. Conversamos con Clara Serra e recollimos as voces do alumnado! 🔗 open.spotify.com/show/6jbk0Di4vOqQJ…
011
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 21/03/2025
🧠✨ Por que a ciencia política é clave nestes tempos? Este mércores, achégate á conferencia de Lluís Orriols e descúbreo! 📍 Salón de Graos – Fac. de Políticas (USC) 🗓 Mércores, 26 de marzo · 12:30h @lluisorriols.bsky.social  #USC #CienciaPolítica #LluísOrriols
022
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 01/03/2025
🎓Deixámosvos hoxe un pequenoño vídeo da conferencia do pasado día 17 de febreiro de Ángel Puyol González sibre "A ética no servizo público" 📲Síguenos para non perderte ningunha actividade da Facultade!
010
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 22/02/2025
🔊 Sabías que a Facultade de Ciencias Políticas da USC está botando a andar o seu propio podcast? 🎙️✨ Un proxecto feito por alumnado de grao e máster… e no que TI tamén podes participar! 🚀 Únete á conversa e descubre todo o que temos preparado para ti. 🔥 #Podcast #Políticas #USC #Proxecto #Alumnado
010
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 19/02/2025
📢 CONFERENCIA | OS LÍMITES DO CONSENTIMENTO ✨ 🎤 Con Clara Serra – filósofa, escritora e experta en feminismo. 📅 Mércores, 26 de febreiro 🕖 19:00h 📍 Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas 🔍 Non perdas esta oportunidade de escoitala! 💬 Comparte e convida a quen poida interesarlle! 👇
011
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 04/02/2025
📣 Admitid@s en Erasmus 25/26! O acto de asignación de destinos será o 5 de xuño ás 13:00 na Sala de Xuntas. As eleccións faranse por orde de media académica. Consulta a listaxe de destinos e prepárate para a túa experiencia internacional! 🌎✈️ #Erasmus2526 #MobilidadeUSC
000
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais @politicasusc.bsky.social · 03/02/2025
🎓Deixámosvos para abrir as nosas contas unha pequena lembranza do acto de toma de posesión da nova decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, Marta Lois @martalois.bsky.social @usc.gal  #FacultadeCienciasPolíticaseSociais #MartaLois #DecanadePolíticas #USC #Políticas #TomadePosesión
031