Sign in

Partido Comunista de Galicia - PCG

@pcgalicia.bsky.social
146 followers 45 following 225 posts

PCG. Partido Comunista de Galicia. Construíndo unha alternativa para a clase obreira. Le, coñece e participa connosco.

PostsRepliesMedia
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 10/10/2026
Hoxe temos a fonda tristura de despedir fisicamente a Olimpia Barcia, pero imos lembrar sempre a pegada fonda, digna e valente que deixa entre nós e na memoria do noso pobo. Foi muller de firmes conviccións, desas que souberon manter ergueita a cabeza mesmo nos tempos máis escuros da nosa historia.
pcgalicia.org
Ferrolterra | Olimpia Barcia, exemplo de conviccións, resistencia e dignidade
Olimpia é unha peza fundamental para entender a historia da resistencia e a loita contra o franquismo na nosa comarca
011
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 08/10/2026
Comité Comarcal do @pcgalicia.bsky.social en #Ferrol: Os ataques fascistas na comsrca non son feitos illados. A Cruz Vermella foi atacada por segunda vez con militantes e locais da esquerda tamén atacados ou no punto de mira. Basta de estar á defensiva. Contra o fascismo, o primeiro paso dáse na rúa
pcgalicia.org
Ferrolterra | Mobilización Antifascista: Fascismo nunca máis
É hora de deixar de estar á defensiva. Os fascistas retroceden se teñen diante á clase traballadora organizada e unida
012
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 30/09/2026
Bo día, camaradas Lamentamos comunicar que Xesús Redondo Abuín, o camarada Abuín, foi durmir fora. Rebelouse contra a fame, contra a ditadura e sufriu cárcere e exilio. Rebelouse contra a felonía e elixiu a dignidade e a coherencia. Despedimos a un espírito indomable, sempre en rebelión constante
pcgalicia.org
O camarada Abuín, un espírito indomable, foi durmir fóra.
Despedidmos a un camarada de espírito indomable, sempre en rebelión constante.
012
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 12/02/2026
pcgalicia.org/o-pcg-expres...
pcgalicia.org
Fonda tristura no PCG polo pasamento do camarada profesor Xesús Alonso Montero
O Partido Comunista de Galicia (PCG) comunica e lamenta fondamente o pasamento do noso querido camarada profesor Xesús Alonso Montero, militante histórico do noso Partido dende 1962
021
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/11/2025
Mañá, 25N, enchemos as rúas de Galicia. Contra os feminicidios, contra a desprotección, contra a reacción machista que avanza. Busca a convocatoria da túa localidade e sae á rúa con nós. Este 25N non calamos. Estamos fartas de que nos neguen.
001
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/11/2025
Este 25N saímos á rúa. Máis de 70 feminicidios en España, 6 en Galicia. Pulseiras que fallan. Proteccións que non chegan. Dereitos que recortan. A reacción machista medra. Contra as violencias machistas, organizámonos.
f.mtr.cool
25N en Galicia: Manifesto do PCG contra a violencia machista
O PCG mobilízase este 25N contra a violencia machista: feminicidios, desprotección institucional, explotación reprodutiva e ataque aos dereitos das mulleres.
000
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 29/10/2025
Ante a proposta de crear a Empresa Municipal de Vivenda de Ferrol, o Comité Comarcal de #Ferrolterra do Partido Comunista de Galicia reta ó PSdeG a que presenten e aproben a creación de Empresas Municipais de Vivenda nos concellos da comarca onde xa gobernan Máis info: pcgalicia.org/retamos-ao-p...
pcgalicia.org
Retamos ao PSdeG-PSOE a accións reais, e se deixe de anuncios vácuos co problema da vivenda
O PCG reta ao PSdeG a que demostren con feitos que a súa proposta é real. Que en Neda, en Ares, en Mugardos, en Valdoviño, en Cedeira, en As Pontes e en A Capela poñan en marcha, xa, instrumentos públ...
011
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 21/10/2025
🏠 A vivenda non é un negocio. É un dereito que o capital converteu en mercadoría. Expropiación de grandes propietarios e vivenda pública xa!
010
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 21/10/2025
Esta non é unha “oportunidade de investimento”, é unha invasión especulativa avalada por gobernos cómplices. O solo e a vivenda deben planificarse colectivamente, non deixarse ao mercado.
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 21/10/2025
Mentres, en 2024 só se construíron 5 vivendas protexidas en toda Galicia. Cinco. A resposta institucional? Ningunha.
f.mtr.cool
En Galicia se entregaron en 2024 solo cinco viviendas protegidas de las 14.371 de toda España
La construcción de este tipo de inmuebles se disparó en todo el país un 60%, pero la producción sigue en mínimos históricos
100
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 21/10/2025
O 85% das vivendas en alugueiro en Galicia pertencen a persoas físicas, pero cada vez máis fondos, non residentes e empresas compran inmobles para especular.
f.mtr.cool
Quen aluga en Galicia? Inquilinos de 42 anos fronte a caseiros de 61, máis dun terzo pensionistas - Praza Pública
O IGE publicou unha serie de indicadores sobre os propietarios das vivendas de alugueiro e os arrendatarios que permiten trazar un perfil sobre un e outro colectivo, con grandes diferenzas entre si. O 76% dos inquilinos son traballadores en activo, mentres que entre os arrendadores a porcentaxe baixa ao 47%. Cada caseiro aluga unha media de 1,5 vivendas.
100
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 21/10/2025
O capital global actúa igual aquí que en Lisboa, Barcelona ou Berlín: transforma o dereito a un fogar en valor de cambio, multiplicando beneficios a costa da clase traballadora.
100
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 21/10/2025
📉 Mentres tanto, os salarios galegos son dos máis baixos do Estado. O salario mediano apenas supera os 1.300 €. E o alugueiro en Vigo ou A Coruña roza os 700 €.
f.mtr.cool
El alquiler en Galicia sube un 7,6 % en el último año, con Orense a la cabeza del encarecimiento
Todas las provincias gallegas registraron incrementos en el precio del alquiler durante el último año
100
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 21/10/2025
No primeiro semestre de 2025 mercáronse 1.072 vivendas por estranxeiros en Galicia. O 39% por non residentes: para vacacións, especulación ou alugueiro turístico. Non para vivir nelas. É investimento inmobiliario: comprar barato, vender caro, chuchar os cartos á clase obreira; nativa e estranxeira.
100
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 21/10/2025
📈 A compra de vivendas por estranxeiros en Galicia duplicouse dende 2019. Un 14% máis só no último ano. E mentres tanto, a clase traballadora sofre a crise habitacional. 🧵👇
121
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 18/10/2025
🕓 Galicia é das comunidades onde máis se traballa… e máis gratis. É plusvalía en bruto: tempo de vida roubado á clase traballadora. O capital acumula, a obreira esgota. ⏰ O noso tempo non é mercadoría.  As horas extra páganse! f.mtr.cool/xchlgjbqjp
011
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 16/10/2025
🇵🇸 Máis de 40 sancións e ata 200.000 € en multas pola protesta da Vuelta en Galicia. Por denunciar o xenocidio en Gaza. Por solidariedade. O Estado castiga o internacionalismo, non a violencia. ✊ A solidariedade non se multa. Palestina libre. f.mtr.cool/aatsulassl
001
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 15/10/2025
Concentración hoxe en #Ferrol as portas dos asteleiros de #Navantia. 🇵🇸 15 de outubro: paros e folga polos dereitos do pobo palestino.
011
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 14/10/2025
🇵🇸 15 de outubro: paro e mobilización por Palestina Mañá o traballo párase e as rúas énchense de solidariedade. A paz non existe mentres continúe a ocupación. ✊ Participa nas mobilizacións e convocatorias. A solidariedade é internacionalista. Palestina libre!
011
Reposted by Partido Comunista de Galicia - PCG
Partido Comunista de España @pce.es · 11/10/2025
🙋‍♀️ Llamamos a la movilización de la clase obrera para el éxito de la jornada de huelga y lucha del #15O por Palestina. Aunque haya un alto al fuego, hay que mantener la movilización para garantizar el fin del genocidio, el apartheid y la ocupación. 🇵🇸✌️ 📄 pce.es/llamamos-a-o...
01713
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 04/10/2025
O curso 25-26 será de loita e organización: 🏠 Vivenda 💶 Salarios 🌱 Ecoloxía ♀️ Feminismo 🌍 Internacionalismo 🔴 Só así construiremos un país ao servizo da clase traballadora galega.
f.mtr.cool
Partido Comunista de Galicia
Somos o PCG, o Partido das traballadoras e traballadores de todas as nacionalidades que conviven no noso país. Aspiramos a organizar a Revolución que derroque á burguesía e á súa monarquía, para construír o socialismo coa forza da unidade popular.
011
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 04/10/2025
“Trátase de visibilizar que os nosos dereitos laborais e a loita contra o xenocidio están conectados. A solidariedade debe continuar ata rematar coa ocupación israelí.” – Jorge Crego
101
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 04/10/2025
O PCG insta á militancia a: ✅ Apoiar os paros e folgas ✅ Promover declaracións nos comités de empresa ✅ Denunciar vínculos das empresas co capital israelí en liña co movemento BDS
100
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 04/10/2025
Jorge Crego, Secretario Nacional do PCG: “O 15 de outubro temos unha oportunidade histórica de demostrar que a solidariedade co pobo palestino tamén se expresa nos centros de traballo galegos.”
100
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 04/10/2025
A primeira gran cita do curso é o 15 de outubro: xornada de loita por Palestina convocada polo sindicalismo galego e estatal. ✊ Chamamos á participación activa da clase traballadora galega.
f.mtr.cool
Gran paro laboral por Gaza: cuándo es y detalles de la convocatoria
Los sindicatos CCOO y UGT han convocado una huelga general con el fin de apoyar al pueblo palestino.
100
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 04/10/2025
🔴 O PCG abre o curso político cun Comité Nacional no que aprobamos o Informe Político e o Plan de Traballo 2025-2026. 👉 Prioridades: vivenda, salarios, ecoloxía e feminismo.
101
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 28/09/2025
O alcalde Rey Varela quere que ó pobo pague a débeda de 8 millóns de € (máis de 1.300 millóns de pesetas) xerada pola nefasta xestión da empresa mixta #EMAFESA. É o roubo neoliberal: privatización de beneficios, socialización das perdas. Máis aló da auga: o PCG está por un #Ferrol 100% público
pcgalicia.org
Ferrol | En defensa do patrimonio e o sector público, contra o espolio neoliberal
O alcalde do PP Rey Varela quere endosarlle á poboación de Ferrol unha débeda de 8 millóns de euros da nefasta xestión de EMAFESA
011
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 10/09/2025
A etapa da Volta non chegou a Mos. A presión popular contra a participación do equipo Israel-Premier Tech logrou paralizar a carreira. Desde o PCG, felicitamos ás persoas mobilizadas. Galicia non é cómplice do xenocidio. 🇵🇸 Palestina libre.
010
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/08/2025
“Lumes nunca máis” significa: ✊ Servizo público único e permanente. 🌱 Política forestal baseada na prevención. 📢 Medios públicos con transparencia.
f.mtr.cool
Lumes en Galicia: terra que arde, sistema que falla
Somos o PCG, o Partido das traballadoras e traballadores de todas as nacionalidades que conviven no noso país. Aspiramos a organizar a Revolución que derroque á burguesía e á súa monarquía, para construír o socialismo coa forza da unidade popular.
010
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/08/2025
Mentres, a Xunta oculta datos: en agosto houbo 492 incendios rexistrados, pero só informou de 45. A manipulación informativa é tamén parte da emerxencia.
f.mtr.cool
A Xunta ocultou 447 incendios no que vai de agosto - Praza Pública
A conselleira de Medio Rural revela que ata este luns "levamos rexistrados 492 incendios só no mes de agosto", pero o seu departamento só divulgou información de 45 nese mesmo período
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/08/2025
Brigadas con contratos precarios e sen recoñecemento como bombeiros forestais. Sen pluses de perigosidade, sen dereitos básicos. Precariedade contra o lume.
f.mtr.cool
Privatización, sueldos bajos y contratos temporales: los incendios destapan la precariedad de los bomberos forestales
Una ley aprobada en noviembre en el Congreso busca poner orden al caos y establece como "preferente" la contratación pública de los efectivos, que en muchos territorios están secundando protestas y huelgas
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/08/2025
O 75% dos incendios son intencionados. A fragmentación da terra, o abandono rural e o monocultivo de eucalipto e piñeiro converten cada chispa en catástrofe.
f.mtr.cool
Da política errada á propiedade da terra: nin rastro de 'terrorismo' no plan oficial contra incendios - Praza Pública
O pasado 2024 foi, con  2.644 hectáreas, o terceiro ano con menor superficie ardida en incendios forestais nos montes galegos dende que hai datos comparables. O Pladiga subliña que a factores como "abandono do poboamento rural" ou unha propiedade da terra maioritariamente privada e disgregada se suma "a herdanza do resultado dunha política de (re)forestación non dotada en ocasións dunha conveniencia propia"
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/08/2025
🔥 O incendio de Larouco, con 20.000 hectáreas, convértese no maior da historia de Galicia. Súmanse Chandrexa (17.500 ha), Oímbra (15.000 ha) e A Mezquita (10.000 ha).  2025 é o ano dos 4 maiores lumes da historia do país.
f.mtr.cool
O incendio de Larouco convértese no máis grande da historia de Galicia con 20.000 hectáreas calcinadas
O lume, que se propagou por numerosos concellos ourensáns e afecta tamén ao municipio de Quiroga, supera xa ao de Chandrexa de Queixa, que leva arrasadas 17.500 hectáreas, mentres que o do Oímbra convértese no terceiro maior da historia da comunidade, afectando a 15.000 hectáreas
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/08/2025
🔥 Galicia sofre unha das maiores vagas de lumes da súa historia: máis de 70.000 hectáreas queimadas en dúas semanas, a maior parte en Ourense.
f.mtr.cool
Lumes en Galicia: terra que arde, sistema que falla
Somos o PCG, o Partido das traballadoras e traballadores de todas as nacionalidades que conviven no noso país. Aspiramos a organizar a Revolución que derroque á burguesía e á súa monarquía, para construír o socialismo coa forza da unidade popular.
111
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 20/08/2025
🔥 Galicia arde: máis de 70.000 hectáreas calcinadas e pobos abandonados. 🚨 Non é un desastre natural: é o fracaso dun sistema que desmantelou servizos públicos e precarizou brigadas. 📢 O xoves 21 de agosto: mobilización masiva co PCG!
020
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 19/08/2025
🔴 Máis de 70.000 hectáreas queimadas en Galicia en apenas dez días. ⚠️ Case o 9% da provincia de Ourense xa foi arrasado polas lapas. 🔥 Terra que arde, sistema que falla.
001
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 16/08/2025
📢 Este sábado 16 de agosto ás 20:30 h en Alfoz (Lugo) celebramos o acto político central da VIII #UJM, Contaremos con @Crego89, @martagaznar y @mrfurelos. Unidade e loita polo socialismo! 🚩
011
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 15/08/2025
📲 Mira máis sobre o comezo da VIII #UJM: 🔗 f.mtr.cool/iwdbenfjbr 📡 E segue tamén en X á @UJCE_cc
f.mtr.cool
001
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 15/08/2025
Nun contexto de crise e guerra imperialista, a mocidade e a clase obreira debemos aprender das loitas presentes para conquistar un futuro socialista. Soldemos o presente co porvir. 
f.mtr.cool
Juventud Comunista on Instagram: "🚩 Damos inicio a la VIII Universidad de Jóvenes Marxistas. Un espacio de cultura comunista que un año más vuelve con un objetivo claro: trabajar por la unidad de la clase trabajadora. Frente a un contexto de...
63 likes, 4 comments - juventud_comunista on August 15, 2025: "🚩 Damos inicio a la VIII Universidad de Jóvenes Marxistas. Un espacio de cultura comunista que un año más vuelve con un objetivo claro: trabajar por la unidad de la clase trabajadora. Frente a un contexto de crisis y guerra imperia...
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 15/08/2025
🚩 O Partido Comunista de Galicia participa esta fin de semana na VIII Universidad de Jóvenes Marxistas da Juventud Comunista, que comezou hoxe. Un espazo de formación e cultura comunista para fortalecer a unidade da clase traballadora. f.mtr.cool/pegseravxz
101
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/07/2025
📢 Neste #25DeXullo, o noso Secretario Nacional, @Crego89, lanza unha mensaxe clara: Galicia segue a ser terra de loita obreira.  Non hai patria sen dereitos. Non hai soberanía sen traballo digno.  👇 
f.mtr.cool
Galicia segue a ser terra de loita obreira: sen dereitos, non hai país
Somos o PCG, o Partido das traballadoras e traballadores de todas as nacionalidades que conviven no noso país. Aspiramos a organizar a Revolución que derroque á burguesía e á súa monarquía, para construír o socialismo coa forza da unidade popular.
011
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/07/2025
O galego será da clase traballadora ou non será. A súa defensa é parte da loita por unha Galicia soberana, digna e socialista.
010
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/07/2025
✊ Loitamos por: 🔻 Ensino integramente en galego 🔻 Derrogación do Decreto de Plurilingüismo 🔻 Medios públicos galegofalantes 🔻 Apoio á cultura de base
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/07/2025
Institucións e elites promoven un galego sen conflito, folclórico, domesticado. Pero a nosa lingua naceu na aldea e no obradoiro, non no escenario.
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/07/2025
A lingua é vítima da precariedade. Sen traballo digno, sen vivenda, sen futuro… a lingua non se transmite. A desposesión lingüística vai da man coa social e coa económica.
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/07/2025
📉 1 de cada 3 mozos non fala galego ou faino con dificultade. 🏙 Nas cidades practicamente desapareceu. 🎓 O ensino limita a súa presenza co Decreto de Plurilingüismo.
110
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 24/07/2025
Este #25DeXullo tamén defendemos o galego como ferramenta de loita. A lingua non é só cultura: é identidade, é resistencia, é clase. Sen dereitos materiais, non hai lingua viva.
f.mtr.cool
25 de xullo: A lingua galega tamén é unha loita de clase
Somos o PCG, o Partido das traballadoras e traballadores de todas as nacionalidades que conviven no noso país. Aspiramos a organizar a Revolución que derroque á burguesía e á súa monarquía, para construír o socialismo coa forza da unidade popular.
101
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 23/07/2025
Unha charla que nos anima a seguir formándonos e organizándonos.
010
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 23/07/2025
Onte en #Vigo contamos coa presenza de David Fuente para axudarnos a coñecer a China desde unha perspectiva comunista e crítica.
101
Partido Comunista de Galicia - PCG @pcgalicia.bsky.social · 23/07/2025
Fronte ao racismo, solidariedade. Fronte á división, unidade. A clase traballadora é unha, sen importar a súa orixe.
f.mtr.cool
Vigo | O PCG fronte ao odio e o fascismo, solidariedade de clase
Somos unha mesma clase con intereses comúns. Novamente, reafirmamos que a inmigración non é o problema; o problema é o capitalismo e as súas consecuencias: a precariedade laboral, os baixos salarios, a falta de vivenda digna e a privatización dos servizos públicos.
010