Sign in

OU ké!

@ouke.gal
99 followers 15 following 14 posts

Un medio novo, un xornalismo que fai cousas 💜 Apoia o noso traballo 👉 biolinky.co/ouke (𝘊𝘰 𝘢𝘱𝘰𝘪𝘰 𝘥𝘦 Openhost)

PostsRepliesMedia
OU ké! @ouke.gal · 15/09/2026
💜 "El error es escribirlo en gallego"... teimas de cada un, supoñemos... A conclusión de todo isto? Que xa temos as nosas webs dispoñibles! Bótalles unha ollada.  👉 Entras en ouke.gal e logo xa buceas por todas. 😌
110
OU ké! @ouke.gal · 13/08/2026
📸🔥 A exposición LUME, que se inaugurou no Parlamento Europeo da man de Ana Miranda e o grupo Verdes/ALE, chega agora a Galicia da man do Concello da Rúa. Alí estivo Brais Lorenzo, autor das fotografías, para presentala.
000
OU ké! @ouke.gal · 12/08/2026
😰 Foi un pouco así a verdade jeje  A vós puidovos a histeria colectiva?
000
OU ké! @ouke.gal · 12/08/2026
☀️🌕 A totalidade do eclipse non se viviu en Ourense, pero si moi pretiño cara o norte. Estas imaxes son da Capela da Virxe de Guadalupe, no concello lucense do Saviñao. Coa escuridade do fenómeno astronómico percibíanse mellor as lapas do lume en Taboada
000
OU ké! @ouke.gal · 10/06/2026
❌ Bloqueados por aceptar o reto! Un anaco previo á entrevista cos The Rapants cun tema que tamén comentaron no concerto. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, retou a unha carreira en skate a todo Ourense estando el aínda na oposición como concelleiro non ano 2017.
000
OU ké! @ouke.gal · 21/05/2026
😅 Quixemos montar, un ano antes das municipais, unhas eleccións que nos permitisen palpar a opinión da cidade de Ourense. O Concello negounos poñer tres míseras carpas.  Nós buscamos a maneira de facelo igual.  youtu.be/kl5Pp20K6Hg Agardamos o teu voto!
000
OU ké! @ouke.gal · 21/05/2026
✨ Xa viches a axenda que Marta prepara semanalmente? Pois xa estás tardando, tela no noso perfil. Mentres tanto, como non vai estar este domingo e agradecéndolle a súa labor cultural permitímoslle votar anticipadamente nas Falsas Eleccións de OU ké! deste domingo. Se non estas manda a alguén! 😄
010
OU ké! @ouke.gal · 19/05/2026
✨ Ana de Amodo Tenda emite o primeiro voto das Falsas Eleccións de OU ké! e ensínanos o lote de produtos que van sortear! Que vos parecen?  Para participar no sorteo só tedes que vir votar o domingo 24, por exemplo, no local de Amodo na Rúa Santo Domingo, de 10:00h a 14:00h
000
OU ké! @ouke.gal · 17/05/2026
🤍🩵🤍 Sen Raigame non hai Letras · Un ano máis Vilanova dos Infantes acolle a milleiros de visitantes nunha xornada de contínua música e baile en galego, boa comida e bo ambiente. Decenas de agrupacións amenizaron mañá e tarde cunha necesaria parada no medio para meterlle algo ao bandullo.
000
OU ké! @ouke.gal · 17/05/2026
O Memorial dos Calcetíns é unha homenaxe doce e dolorosa á vez: centos de calcetíns infantís doados pola veciñanza de Ourense para lembrar as nenas e nenos asasinados ou feridos en Gaza. 🇵🇸💔 🚫 O Concello de Ourense prohibiu arbitrariamente a instalación na Praza Bispo Cesáreo.
021
OU ké! @ouke.gal · 01/05/2026
🇵🇸 Teatro del Barrio é parte, unha vez máis, da Miteu e desta vez cunha obra que é a vivencia dun cidadán palestino. "Preso na Esperanza" pasou por Ourense!  Aínda tes tempo de desfrutar da Miteu, consulta a programación ata o 8 de maio.
000
OU ké! @ouke.gal · 14/04/2026
🔴 Imputado o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, por un presunto delito continuado de prevaricación.  O xuíz considera que existen indicios suficientes ao non solicitar a compatibilidade entre o seu cargo de dedicación exclusiva e a súa dirección en Auria TV.
012
OU ké! @ouke.gal · 09/04/2026
🩵 Nós xa sabemos que o noso Brais Lorenzo é 🔝, pero non deixan de confirmarllo con premios ao seu traballo! Os Worl Press Photo seleccionaron 42 historias de todo o mundo contadas a través da fotografía e, por sorte ou por desgraza, a traxedia dos lumes do pasado agosto en Ourense estivo presente.
142