Sign in

Alberte

@oalberte.bsky.social
18 followers 3 following 23 posts
PostsRepliesMedia
Alberte @oalberte.bsky.social · 11/10/2026
Ribeiro, 2012, grazas a Emilio López, Milucho, tiven a enorme fortuna de coñecer Aristóbulo Quinteiro, Tobo, persoa fundamental das loitas labregas desde finais da ditadura. Descansa en paz Tobo e inmensas grazas polo teu ben facer e compromiso co país. www.nosdiario.gal/articulo/soc...
nosdiario.gal
Falece o histórico militante nacionalista e activista agrario Aristóbulo Quinteiro
Aristóbulo Quinteiro, "O Tobo" para toda a Galiza nacionalista e o movemento agrario, faleceu este domingo aos 88 anos de idade. Os seus restos mortais repou...
151
Reposted by Alberte
Nós Diario @nosdiario.bsky.social · 10/10/2026
A carta do Director | Altri esperando no portal de Feixoo Xosé Manuel Beiras dedicou a súa vida á Galiza, e hai dous planos del centrais: a análise da dependencia económica da Galiza e a defensa do medio ambiente desde os tempos en que cofundou Adega. www.nosdiario.gal/articulo/soc...
033
Alberte @oalberte.bsky.social · 09/10/2026
Rebelión é o que sempre nos ensinou Xosé Manuel Beiras, que nos deixa un legado teórico pioneiro e práctico de loita a favor da causa do pobo galego. No corazón e na memoria da Galiza perdurará Beiras. Editorial de hoxe en @nosdiario.bsky.social www.nosdiario.gal/opinion/edit... 📸 Xan Carballa
000
Alberte @oalberte.bsky.social · 09/10/2026
O 29-N poden reabrirse cuestións que se daban por fechadas. Tamén está: Altri espera a vitoria de Feixoo para implantarse na Ulloa: o plan eléctrico que impediu a celulosa aínda non foi aprobado. www.nosdiario.gal/articulo/soc... www.nosdiario.gal/articulo/soc....
000
Alberte @oalberte.bsky.social · 08/10/2026
Vén de falecer Xosé Manuel Beiras, militante durante toda a súa vida da causa da Galiza, promotor de organizacións políticas desde os anos 60, combatente contra o fascismo e autor dunha obra ensaística chave para analizar as causas da dependencia do país. www.nosdiario.gal/articulo/pol...
nosdiario.gal
Falece o economista e histórico dirixente político Xosé Manuel Beiras Torrado
Beiras Torrado finou esta quinta feira, 8 de outubro, en Compostela.
010
Alberte @oalberte.bsky.social · 07/10/2026
Ollo a isto... Gómez Besteiro deixa Pedro Sánchez nunha difícil situación: O PSdeG comeza a precampaña pactando co PP o plan que mantén a limitación imposta por Núñez Feixoo ao galego na educación. www.nosdiario.gal/articulo/lin...
nosdiario.gal
Besteiro deixa Sánchez nunha difícil situación: O PSdeG comeza a precampaña pactando co PP o plan que mantén a limitación imposta por Feixoo ao galego
O PSdeG dá inicio á precampaña das eleccións estatais votando co PP no Parlamento da Galiza o plan sobre o galego que mantén o límite de 50% no ensino fixado...
000
Alberte @oalberte.bsky.social · 27/09/2026
"Non recoñezo ao meu partido asinando un pacto baleiro e inoportuno co PP sobre o galego”. Contundentes declaracións dun histórico do PSdeG sobre un pacto que non supón ningún problema nas filas populares pero que sentou mal en boa parte das bases socialistas. www.nosdiario.gal/articulo/pol...
nosdiario.gal
Malestar nas filas do PSdeG polo pacto co PP: "Non recoñezo o meu partido asinando un pacto baleiro e inoportuno sobre o galego"
Desde que o PSdeG e o PP fixeron público o acordo que mantén as limitacións ao galego no ensino son varias as voces que publicamente ou privadamente amosan o...
000
Alberte @oalberte.bsky.social · 04/09/2026
Os supostos casos de sarna en militares de Ceuta preocupan no PP. E os casos de sarna case cronificados nas residencias públicas privatizadas na súa xestión pola Xunta non preocupan no Goberno galego? Que dobre vara de medir. www.nosdiario.gal/opinion/edit...
nosdiario.gal
Sarna e a dobre vara de medir
[Alberte Mera] En moitos puntos do Estado as concentracións convocadas en solidariedade con Ceuta tiveron máis de reivindicación da españolid
001
Alberte @oalberte.bsky.social · 12/08/2026
Recomendacións para este 12 de agosto: 🕶️ A eclipse, con óculos homologados 📰 Mercar @nosdiario.bsky.social Hoxe, de obsequio co xornal, o caderno especial de 16 páxinas sobre Moncho Reboiras e as accións desenvolvidas con motivo dos 50 anos do seu asasinato pola ditadura franquista.
120
Alberte @oalberte.bsky.social · 12/08/2026
Hoxe, 12 de agosto, hai 51 anos, a policía da ditadura franquista asasinaba #MonchoReboiras. Se queres saber máis sobre o pensamento e acción do emblemático dirixente nacionalista podes ver 'Reboiras. Acción e corazón' na plataforma AGalega @TVGalicia www.agalega.gal/videos/detai...
agalega.gal
Reboiras. Acción e corazón.
Un retrato fiel que construe a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política
022
Alberte @oalberte.bsky.social · 12/08/2025
"É duro recordar ese sufrimento," confesan Manuel Reboiras e Xosé María Brañas, que acceden a facer públicas mediante esta entrevista as torturas que sufriron na ditadura e na transición. #MonchoReboiras www.nosdiario.gal/articulo/mem...
nosdiario.gal
Manuel Reboiras e Xosé María Brañas desvelan as torturas que sufriron na ditadura e na transición
"É duro recordar ese sufrimento," confesan Manuel Reboiras e Xosé María Brañas, que acceden a facer públicas mediante esta entrevista as torturas que sufriron na ditadura e na transición. Manteñen a f...
011
Alberte @oalberte.bsky.social · 17/07/2025
A Comisión Europea defende un recorte de, como mínimo, 20% da asignación dos fondos da Política Agraria Común para cumprir coa suba de gasto militar que exixen Trump e a OTAN. Que imos comer? www.nosdiario.gal/opinion/edit...
nosdiario.gal
Comer armas
[Alberte Mera] Lembra Emilio López Milucho –home aprezado entre os labregos e as labregas polo seu incansábel traballo
000
Alberte @oalberte.bsky.social · 06/07/2025
Feixoo, na calor dos aplausos no Congreso do PP , berra "Non imos facer cordóns sanitarios a Vox" e pide "vixiar" aos nacionalistas... e iso mentres se investigan que ordes houbo do Goberno do PP para mandar a Policía "vixiar" os nacionalistas e crear falsas noticias. Vaia...
020
Alberte @oalberte.bsky.social · 05/07/2025
Datos moi interesantes os que achega hoxe o estudo de EM Analytics para @nosdiario.bsky.social: Maioritario rexeitamento a Altri na poboación galega e división a partes case iguais no electorado do PP a favor e en contra do proxecto de celulosa na Ulloa www.nosdiario.gal/articulo/soc...
nosdiario.gal
Sondaxe de EM-Analytics: A maioría da poboación galega rexeita a celulosa de Altri na Ulloa
O instituto demoscópico EM-Analytics elaborou unha enquisa de opinión pública en exclusiva para Nós Diario, con entrevistas realizadas entre o 11 e o 16 de xuño, na que estuda a posición da cidadanía ...
010
Alberte @oalberte.bsky.social · 04/07/2025
Hoxe en @nosdiario.bsky.social pódese ler a entrevista a Pedro Blanco, o delegado do Goberno español na Galiza, que nos visitou onte na redacción para participar do'Café con Nós'. Fotos: Arxina www.nosdiario.gal/articulo/pol...
000
Alberte @oalberte.bsky.social · 03/07/2025
En @nosdiario sobre a designación de Tellado: "Ante o congreso estatal do PP semella que é o momento de blindarse co núcleo de confianza, non vaia pasar un Pablo Casado II..." www.nosdiario.gal/opinion/edit...
nosdiario.gal
O núcleo duro de Feixoo
[Alberte Mera] Alberto Núñez Feixoo abandonou o Goberno galego para liderar o PP español -tras guillotinaren Pablo Casado log
000
Alberte @oalberte.bsky.social · 01/07/2025
Os Cines Holywood de Monforte acolleron a exhibición do filme ‘Reboiras. Acción e corazón’ e un coloquio sobre #MonchoReboiras no que tiven o pracer de participar xunto a Xosé Manuel Pavón e Marisa Canto, camaradas de Reboiras
010
Reposted by Alberte
Pablo @cavepaulum.eurosky.social · 29/06/2025
Insoladas e insolentes @oalberte.bsky.social
0231
Alberte @oalberte.bsky.social · 13/06/2025
Toca gardar uns días de recuperación tras pasar unha semana ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro. Ás veces pasan cousas coas que un non conta, pero para iso temos un persoal sanitario de primeira, amante da súa profesión, que coida, protexe e investiga para que todas e todos esteamos ben.
250
Alberte @oalberte.bsky.social · 23/05/2025
Lembras onde estabas hai 7 anos? #VenresNegro
000
Alberte @oalberte.bsky.social · 17/05/2025
Así está a Praza do Obradoiro na manifestación de @queremosgalego.gal deste #17deMaio
032
Alberte @oalberte.bsky.social · 17/05/2025
Hoxe os xornais en español fan a capa en galego como un ritualismo... Para sorpresa de ninguén, no 17 de maio @nosdiario.bsky.social non muda de idioma, hoxe e cada día facemos xornalismo en galego, prestixiamos o idioma. Ademais, hoxe #SermosGaliza das #cantareiras #DíaDasLetrasGalegas
031