instagram.com
bioxeofriki on Instagram: "🤍🩵🤍 Non vos pasa que vos preguntades de onde ven a auga? O ciclo da auga que explican na primaria nunca me foi dabondo, pois moi…"
🤍🩵🤍 Non vos pasa que vos preguntades de onde ven a auga? O ciclo da auga que explican na primaria nunca me foi dabondo, pois moitas das pezas non terminan de encaixar... 🧩🤔 Como pode ser que os ríos galegos segan correndo no verán se hai tempo que non chove? 🌧️Durante a miña viaxe polos Alpes dolomitas o pasado xuño estiven en contacto directo coas fontes de nacemento⛲ e almacéns🫙 da auga, e fun quen de conectar as distintas aprendizaxes de xeología e ecoloxía que me levei da UNED para obter unha imaxe clara da vida dos ríos.Foi a primeira vez que vin cos meus propios ollos un manantial xurdir directamente do chan. Terra mollada que, incapaz de conter a humidade que a enchoupa, chorrea e xera unha corrente superficial de agua en escorrentía. Tamén estiven ao carón de linguas de xeo estacional, e puiden comprobar como o seu derretemento producía lagos de auga estancada na proximidade, e regatos máis abaixo.O desnivel empurra a auga cara abaixo, formando correntes superficiais que, cando alcanzan certo caudal, chamamos ríos. Estes ríos non son entidades ailladas, senón que discorren por un terreo no cal se infiltran, e do cal afloran. Todo isto grazas aos poros do solo, que reteñen a auga da choiva e permiten que as plantas poidan beber dela. Así mesmo, os ríos arrancan pedazos do terreo polo que pasan, transportano e depositano, moldeando a paisaxe.En Galicia non atopamos "alta montaña"🏔️ pero os principios que rixen a mobilidade da auga son comúns. O que si temos na nosa terra son exemplos dos distintos tramos no transcurso dun río, cada un gobernado por distintos procesos que o fan característico. No curso alto, a erosión; no medio, o transporte; e no baixo, a sedimentación.Amosovos no post moitos lugares representativos nos que estiven nos últimos meses e que me axudaron a interiorizar estes conceptos. Termino con Ortigueira, a vila á que volto deseguido e humedal exemplar. Podería dicirse que os humedais (e todo tipo de ecosistemas da auga) son os meus hábitats favoritos. Pero me quedo sen tempo, polo que falarei deles noutro capítuloView all comments