Sign in

NON-TOXICNo ads · No shady algorithms

iiinova is part of the Atmosphere — an open, public network where you own your identity.

O Manuel Esteban

@manuelesteban.eurosky.social
455 followers 386 following 1.2K posts

Médico. Profesor. Escritor

PostsRepliesMedia
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 13/10/2026
A chavalada fascista:
Rapaz participante na acampada pola vivenda en Vigo, cunha camiseta do Exército Zapatista de Liberación Nacional.
020 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 12/10/2026
Vigo, agora. Por unha vivenda digna. Mais vale honra sen casa que tenda de campaña sen honra, ou algo así, que diría o prócer que preside a acampada. Moito ánimo! 💪
Foto nocturna dunhas tendas de campaña e un grupo de rapaces ao fondo. Acampada por unha vivenda digna na Alameda de Vigo Foto nocturna dunhas tendas de campaña. Acampada por unha vivenda digna na Alameda de Vigo, a carón da estatua de Méndez Núñez
1296 29
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 11/10/2026
Onte coñecimos uns rapaces riquiñísimos que nos fixeron uns agasallos preciosos. Hai máis de dez anos escribín un libro na mesa da cociña sen saber os sismos que ía provocar aquel bater de alas de bolboreta.
Unha mochila negra sobre a que hai pousados dous chaveiros coa portada dos libros "A ira dos mansos" e "La ira de los mansos"
180 8
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 05/10/2026
"Cumplen con lo esperado" Nótese a sutileza na redacción da campaña de publicidade dunha aseguradora. Mentir non menten.
Fotografía da parte de atrás dun autobús cun anuncio da aseguradora Ocaso e o lema (sacado dunha opinión en redes): "Cumplen con lo esperado cuando hay algún siniestro".
000 0
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 04/10/2026
Por diversos motivos no último ano metinlle ao meu coche, un pequeno Suzuki Alto, máis de 20.000 quilómetros. Esta medalla que lle acabo de poñer é moi merecida.
Fotografía do parachoques traseiro dun coche vermello no que hai un autocolante coa silueta en negro dun burro de raza zamorana e, debaixo, a palabra "Zamora".
020 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 27/09/2026
A lúa ata con fío de prata. Arco de lúa nalgún lugar cerca de Mérida
Foto da lúa chea cun arco de lúa ao seu redor
260 6
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 26/09/2026
🎵🎶Oh, when them cotton bolls get rotten You can't pick very much cotton🎶
Campos de algodón nalgún lugar entre San Fernando e Sanlúcar de Barrameda. Poden verse os vélaros nas plantas. O ceo está azul e ao lonxe p9dem verse unhas torres de alta tensión
140 4
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 25/09/2026
Cruzando a península pola vía da Prata, con Bruce Springsteen a todo o que dá o altofalante. Nin tan mal
Un home (eu) con lentes e barba posando nun selfie diante dun pequeno coche vermello. De fondo, algún punto da meseta entre Salamanca e Cáceres
390 9
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 22/09/2026
Feliz equinoccio de outono, amigas.
Fotografía do pulso esquerdo dun home no que está tatuada unha folla de pradairo.
121 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 21/09/2026
Este xoves andarei pola Casa Galega da Cultura de Vigo, por se queredes pasar saudar, facer o hate ou o que sexa.
MESA REDONDA
Da idea ao libro: as mans invisibles
Paula Merlan
Ana Varela
Manuel Esteban
Tamara Andrés
Catro ventos
Galaxia
Malafera
Coordinadoras e moderadoras
- Carla Figueiras
- Blanca Miranda
24 de setembro de 2026
18.30-2030h
Casa Galega da Cultura
Praza da Princesa, núm. 2
Vigo
UniversidadeVigo
Semana internacional das linguas, as literaturas
132 3
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 17/09/2026
Bo día. Quen dixo medo?
Sábado 26 de septiembre,15:30h, Jerez de la Frontera. FIRMA DE EJEMPLARES HASTA AGOTAR EXISTENCIAS(o el autor, lo que se agote antes)
271 7
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 16/09/2026
Ao respecto disto lembrei os libros de Kásperle, de Josephine Siebe, que lin de neno e forman parte da miña mitoloxía fundacional. Falan, en esencia, da tensión permanente do ser humano entre o desexo de saír buscar aventuras e o de volver ao fogar. Todo moi Shopenhauer, desde a atalaia dos anos.
Sete libros infantís sobre unha mesa de madeira. É a colección completa dos libros de Kásperle, da autora alemá Josephine Siebe.
1. Los viajes de Kásperle
2. Kásperle ha vuelto
3. Kásperle en el castillo de Altocielo
4. Kásperle en la ciudad
5. Kásperle en Suiza
6. Kásperle en Kasperlandia
7. Las funciones y los juegos de Kásperle
120 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 14/09/2026
Cantas Pelicot máis haberá no mundo? Cantos homes que pensan que, se a muller non se decata, é aceptable? Como poden vivir coa súa conciencia? Que mentiras se contarán a si mesmos?
Titular e entrada dun artigo de prensa:
British man admits drugging and raping wife over more than 2 decades. 12 other men, aged 28 to 74, are charged with sexually abusing the victim. They have denied the offences which include rape.
083 8
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 11/09/2026
A partir de agora, cando alguén faga algo absurdamente xeneroso diremos que fixo un Pulido. 💔
Gravado numerado(92/100) de Antón Pulido representando un home tocando un clarinete.

Na dedicatoria pode lerse:
"Feliz Nadal 2025. Para María e Manuel, con todo o meu afecto".
130 3
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 08/09/2026
O mes pasado o concello de Moaña fixo un cartaz fermosísimo para celebrar os Días de Mar, cunha fotografía de Diego Seixo dun amarre do embarcadoiro vello da illa de Samertolameu e un fragmento do meu libro #aleidomar E, bueno, quería compartilo por aquí.
Cartel dos "Días de Mar" 2026 cunha fotografía en branco e negro dun amarre xunto ao mar e o seguinte texto:
"Escribir tamén é un xeito de naufragar á mantenta coa esperanza de ser rescatado. Non sempre sucede, porque o mar é bravío e desconfiado e, por veces, as súas correntes lévannos a bater contra cantís inesperados da vida. Eu tiven moita sorte. O meu naufraxio persoal arrastroume ata unha fermosa illa con nome de árbore. Non podo pedirlle xa nada máis ao mar."
2173 17
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 08/09/2026
Lectura pasada e vindeira (se a vida me deixa) Hai pouco rematei #asasinatonacasarosa, un noir ao estilo Ágatha Christie para gozar coas desgrazas dunha familia de ricachóns e co estilo pulcro e gorentoso de Arantza Portabales. Lino coa miña parella e foi divertidísimo elucubrar e propoñer hipóteses
Dous libros sobre unha mesa de madeira. O da esquerda é Asasinato na casa rosa, de Arantza Portabales. O da dereita, O país invisible, de Arturo Lezcano.
140 4
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 24/04/2026
Perdón, xa sei que chego tarde ao Día do Libro. Son moitas as lecturas pendentes e poucas as horas.
Unha morea de libros a carón dunha lámpada e dunha cunca con bolígrafos.
Os libros son "Diecisiete instantes de una primavera" e "Diamantes para la dictadura del proletariado" de Yulián Sémionov, As obras completas de Amélie Nothomb, "Orbital" de Samantha Harvey, "A casa grande" de Olaia Sendón, "O teito de pedra" de Álex Alonso e "Onde nacen as bestas" de Pedro Feijoo.
080 8
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 13/04/2026
“¿Sabe de qué está hecha la soledad, señor Manso? De palabras. Palabras que tienen sangre en las uñas de tanto que arañan y terquean por salir” (Me llaman Nadie)
Vista dos tellados do Vigo vello desde o mirador do Paseo de Afonso. En primeiro plano hai unha pomba pousada nun adorno de pedra da varanda do mirador. Ao fondo vese un cruceiro amarrado e a ría, coa península do Morrazo por detrás.
110 1
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 13/04/2026
Dentro dun mes, o 13 de maio, á venda. Un libro que leva dez anos navegando en galego con seis reimpresións e que agora atopa novos mares. Se fregando unha cafeteira máxica se me aparecese un djin para concederme un desexo non sabería que máis pedir.
183 8
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 11/04/2026
“Y gracias a ella había descubierto también que en los salones nobles de mi alma habitaban una multitud de prejuicios, como parásitos indeseables que uno tolera sin darse cuenta, a fuerza de convivir con ellos.” (La ira de los mansos)
Panorámica de Vigo coa ría ao fondo cuberta pola néboa. Por detrás asoma a península do Morrazo e por riba da brétema o ceo é dun azul intenso.
220 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 10/04/2026
Levo toda a vida polas feiras. Teño gardados carteis de 1994, pegatinas de 1996... Igual así pode entenderse mellor a ilusión que me fai.
Pegatina co calendario das feiras do libro de Galicia do ano 1996Cartel anunciando a feira do libro antigo e de ocasión de Vigo de 1994
030 3
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 08/04/2026
“Los chicos con síndrome de Down dan bien en los calendarios, sonriendo al fotógrafo, pero pierden hechizo con la boca partida y los sesos desparramados por el suelo.” (La ira de los mansos)
Vista panorámica de Vigo desde o monte do Castro. Ao fondo poden verse os guindastres da rúa Julián Estévez e o monte da Guía. Por detrás, moi lonxe, asoma a ponte de Rande.
100 1
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 07/04/2026
#Ferrol
"Cerrado por melancolía"
160 6
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 07/04/2026
“Estaba a punto de meterme bajo el agua cuando sonó el teléfono y a un inspector de policía de la unidad de Delitos Violentos solo lo llaman a las cuatro de la madrugada por un motivo; de modo que contesté sin mirar quien llamaba: ―Soy Manso. ¿Algún fiambre?” (La ira de los mansos)
Vista de Vigo desde a terraza dun edificio da rúa Luís Taboada. En primeiro plano destaca a cúpula modernista da Casa Mülder. Ao fondo pode verse parte do peirao, a ría e a costa da península do Morrazo.
120 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 03/04/2026
Ehhhh!! O Trickstar foi seleccionado para a lista da OEPLI 2025! Postais desde as estrelas para todas!
061 6
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 03/04/2026
Fíxome graza ler no libro "As nais non" de Katixa Agirre, como o embarazo da protagonista é obxecto de moita máis atención e celebración que o feito de ser autora dun libro moi vendido e premiado: "Consecuencia da nosa ridícula taxa de natalidade. Os libros, pola contra, multiplícanse sen control."
060 6
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 02/04/2026
En que andaría pensando o traductor!
160 6
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 30/03/2026
O martes 7 de abril andarei, contra as 19h, na biblioteca da EPEF, no Campus de Ferrol, falando d'A lei do mar. Moito navega este libro!
000 0
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 28/03/2026
Magníficos anfitrións, Reme e Eladino, para a presentación do Trickstar, no Carballiño! Pasade polo Zoco, que paga a pena!
Tres persoas. A da esquerda, in home con lentes e os brazos cruzados, de camisa laranxa e pantalón negro (eu, autor do libro "Trickstar, postais desde as estrelas". No medio, unha muller, Reme, de blusa vermella, dona do espazo O Zoco do Carballiño, sostendo un exemplar do libro. Na dereita, Eladino, tamén dono de O Zoco, con barba, camisa laranxa e os brazos ás costas.
120 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 27/03/2026
Sabas limpas e flores frescas, que hoxe chega a casa a primavera!
Un xarrón con flores amarelas e lilas enriba dunha mesa de madeira. Ao fondo, un andel con libros.
As flores amarelas son xirasois e as lilas son lirios.
171 7
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 27/03/2026
Un escritor soña sempre con ser publicado. O que dificilmente pode chegar a imaxinar, nin nas súas fantasías máis salvaxes, é facelo co aval de tres xigantes como Manel Loureiro, @lediciacostas.bsky.social e Pedro Feijoo. Non me queda vida abondo para agradecerlles o agarimo e o apoio.
Capa do libro "La ira de los mansos"
Na faixa poden lerse tres frases, de tres autores: 
"Este thriller es electrizante. Me ha mantenido en vilo hasta la última página" (Manel Loureiro)
"Los personajes de Manuel Esteban tienen una profundidad insólita" (Ledicia Costas)
"Nuestro secreto mejor guardado, un autor noble, intenso, veraz y comprometido como ningún otro" (Pedro Feijoo)
160 6
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 26/03/2026
Tema 7. Sistema endócrino "As paixóns son as viaxes do corazón". Paul Morand
010 1
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 25/03/2026
Hoxe baixei (co meu abono semanal) a Vigodepapel para ver a María Solar presentando "As malas ideas", un libro sobre o éxito, a vellez e as bombas que nunca puxemos (mais quixemos poñer). Magníficamente acompañada por Fran Alonso e Mariana Carballal #asmalasideas
Un grupo de persoas sentadas nas cadeiras dunha libraría. De pé, ao fondo e de esquerda a dereita, está Fran Alonso,o director de Xerais, María Solar, a escritora,periodista e autora do libro "As malas ideas" e Mariana Carballal, actriz.
040 4
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 24/03/2026
Non é por dar envexa, pero se ti queres si que é
Un home con lentes, barba e gorra para o sol posa sorrindo diante do río LagaresUnha foto panorámica co skyline de Vigo ao fondo recortado contra o sol do abrente. En primeiro plano, na sombra, un prado, unha casa e un ciprés.
040 4
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 23/03/2026
O mundo vai para o carallo e eu así de feliz e inconsciente. Hoxe o desencanto está de moda, pero eu sempre dun un pouco punk.
Un home con lentes sentado na mesa dunha cafetería cun café diante. Todo está en branco e negro agás a figura do home, que está en cor. O home sorrí con todo o corpo, como se fose, e talvez así sexa, o home máis feliz do mundo.
060 6
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 21/03/2026
Unha obra magnífica e divertidísima!
010 1
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 21/03/2026
Os señores Esteban imos ver a obra Señores, de De Ste Xeito Produccións, no auditorio de Cangas.
Catro señoras que sosteñen uns bigotes postizos. Son as actrices da obra "Señores"

De esquerda a dereita: Ana San Fernando, Nadia Doménech, Stephy Llaryora y Pepa Barreiro.
141 4
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 21/03/2026
Os nosos libros queren tamén desexarvos un moi feliz día da poesía, desa salvaxe e tenra, amotinada, da que non se conforma, da que doe.
020 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 21/03/2026
Que curioso, hay otro con el mismo título, pero diferente forense, por lo que veo
110 1
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 21/03/2026
O 21 de marzo celébrase o día da síndrome de Down e o día mundial da poesía. Seguindo a tradición anual, Antón celebra a feliz coincidencia lendo un poema. Este ano é a Canción das tres cucharas, de Luís Pimentel. Bicos e poesía para todos!
3247 24
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 17/03/2026
Xa case está enriba da ducha
O sol bate na parede do meu baño, moi preto da ducha
020 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 17/03/2026
Agora ben, postos a escoller un libro do amigo Hans, eu prefiro estoutro:
Unha man suxeita un libro de Hans Magnus Enzensberger titulado "El corto verano de la anarquía: Vida y muerte de Durruti"
000 0
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 16/03/2026
O capitán Reimunde, si señor
110 1
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 16/03/2026
Recomendadísimo!
230 3
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 12/03/2026
Hai, no recoñecemento mútuo entre o escritor e o lector, unha camaradaría vella e forte. A sensación de compartir algo que existe desde antes. Desde sempre. "Cando bebas auga, lembra a fonte".
Escolma de tres opinións en Goodreads do libro A lei do mar:

"A lei do mar non é un thriller nin unha novela de misterio, pero a historia que conta o protagonista mantente en vilo toda a novela."

"Que prosa tan bonita e delicada para contar unha historia tan ruda. O corazón nun puño"

"Historia que te fai anacos. Que ben escribe o
autor!"
020 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 12/03/2026
Tema 6.2 Nutrición e metabolismo "O único xeito de conservar a saúde é comer o que non queres, beber o que non che gusta e facer o que preferirías non facer". Mark Twain
110 1
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 10/03/2026
Ei, con tanta novidade pensabades que Julie Alban estaba morta, non si? Pois non, que andaba comendo polbo, leré! Vémonos o 28 no Carballiño, no Espazo O Zoco!
Cartel anunciando a charla do escritor Manuel Esteban (eu) no Espazo O Zoco do Carballiño sobre o seu libro "Trickstar postais desde as estrelas".
No cartel vense dúas naves espaciais á dereita e unha foto de fronte do autor coa capa do libro sobreimpresa no peito.
021 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 08/03/2026
Esquecera mencionar o agasallo que me fixeron: un cadro de Irene Silva, pintora de Baiona, que agora loce así de ben acompañado.
Cadro da pintora Irene Silva a carón duns libros, nun andel da nosa biblioteca.
020 2
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 03/03/2026
Onte no club de lectura do IES San Paio tomamos rosca, rimos e falamos de libros e do mar. Sempre as mulleres termando do mundo!
Nunha sala da biblioteca do instituto San Paio de Tui un grupo de mulleres sentadas arredor dunha mesa xunto ao escritor Manuel Esteban. Na mesa hai auga, libros, sidra e unha rosca.Unha mesa branca. Sobre ela unha pucha, unha rosca caseira (mágoa que non poidades ulir o seu arrecendo) e varios libros do escritor Manuel Esteban (eu): A vinganza dos homes bos, O meu nome é Ninguén, A ira dos mansos e A leí do mar.
050 5
O Manuel Esteban @manuelesteban.eurosky.social · 02/03/2026
A educación pública a ser esborrallada. E non é unha metáfora.
Aula dun centro público de formación profesional na que se poden ver restos do teito a caer por todas partes.
083 8