Sign in

Manuel Gago

@magago.bsky.social
2.2K followers 134 following 1.7K posts

Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9Q…

PostsRepliesMedia
Manuel Gago @magago.bsky.social · 05/10/2026
Eis a tradicional ilustración anual da 'A Pobra do Caramiñal no tempo'. Desta volta, realizouna Alexandre González Rivas, virtualizador do patrimonio, e amosa a interpretación dos resultados da primeira campaña na Croa de Posmarcos, presentados por Lupe Castro, que foron ben xeitosos.
082
Manuel Gago @magago.bsky.social · 05/10/2026
O vindeiro xoves 15 de outubro ás 19.30 h. terei o pracer de presentar o inspirador (e ademais divertido) novo libro de Carlos Scolari, un dos autores que máis ten explorado a relación entre a tecnoloxía, a cultura e as narrativas. Será na libraría Follas Novas de Santiago.
030
Manuel Gago @magago.bsky.social · 26/09/2026
O Ramón Rozas hoxe no Diario de Pontevedra. Moi agradecido!
150
Manuel Gago @magago.bsky.social · 18/09/2026
Coa conferencia despediremos o cadro 'A derradeira lección do mestre' de Castelao. A expo será clausurada o domingo 27. Tentarei explorar a árbore na arte, na antropoloxía, na historia e na cultura galega ao fío das cortizas de piñeiro que lembran a dramática morte de Bóveda.
151
Manuel Gago @magago.bsky.social · 18/09/2026
Este xoves 24 de setembro ás 19 horas, convidado pola Fundación Alexandre Bóveda, terei o pracer de impartir a conferencia "Irmáns de terra: as árbores como marcos de memoria e identidade na cultura galega", no Museo de Pontevedra. museo.depo.gal/-/actividade...
1202
Manuel Gago @magago.bsky.social · 15/09/2026
Será un pracer abrir a xornada Compostela Histórica o venres, 25 de setembro no IES Rosalía de Castro (Santiago). Tentarei facer o triple salto mortal de contar a Historia de Galicia en 7 obxectos, reivindicando o valor das cousas para explicarnos. www.compostelahistorica.org/programacion...
0113
Manuel Gago @magago.bsky.social · 12/09/2026
E o domingo 27 percorreremos un dos tramos litorais mellor conservados da ría de Arousa na parroquia do Xobre. Isto xa vos aseguro que vai ser unha chulada. Hai prazas limitadas, así que se vos interesa non tardedes: bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com.
020
Manuel Gago @magago.bsky.social · 12/09/2026
Nas conferencias abordaremos temas como Otero Pedrayo e o Barbanza, os resultados das escavacións na Croa de Posmarcos, tres historias abraiantes de mulleres da Pobra entre a Idade Media e o Renacemento e sobre os mariñeiros republicanos nos campos de concentración da URSS.
130
Manuel Gago @magago.bsky.social · 12/09/2026
Xa temos dispoñible o programa das IX Xornadas A Pobra do Caramiñal no tempo. Serán o 26 e 27 de xuño e coma sempre teremos conferencias ben interesantes e un roteiro o domingo pola mañá. Cóntovos. www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
lavozdegalicia.es
A Pobra pone en valor su historia y patrimonio en una ciclo de conferencias
El ciclo de conferencias tendrá lugar los días 26 y 27 de este mes
140
Reposted by Manuel Gago
Dr Toby Driver @drtobydriver.bsky.social · 19/08/2026
#HillfortsWednesday A great opportunity last week for Prof @magago.bsky.social to compare the rocky, liminal coastal promontory forts of his home in Galicia - NW Spain - to those we have studied in Pembrokeshire, including the striking rock 'tower' at Dinas Mawr, Strumble Head 🧐🤩 📷 Last week
311016
Reposted by Manuel Gago
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua @ctnl.gal · 23/08/2026
🎮 Videoxogo "O corvo das Cíes", creado por @magago.bsky.social, dispoñible en varias linguas e que recrea unha historia fantástica sobre un territorio real. #veránlingua☀️ manuelgago.org/cies/
096
Manuel Gago @magago.bsky.social · 18/08/2026
“Nada gustaba máis a un historiador dos séculos XIX e XX que as tumbas e os templos. Un morto co seu bo enxoval de xoias ou armas, ou a figura dun misterioso deus barbado ou unha túrbida deusa coa que poder especular a gusto durante ducias de artigos” www.galiciae.com/blog/manuel-...
galiciae.com
A lenta revolución das pedras
Os avances logrados no coñecemento da Idade do Ferro comezan a facer posible saber que pasou cos dous ámbitos máis misteriosos da cultura dos galaicos.
0182
Reposted by Manuel Gago
Dr Toby Driver @drtobydriver.bsky.social · 14/08/2026
An excellent day yesterday exploring the stunning prehistoric archaeology of north Pembrokeshire with @magago.bsky.social & finding similarities between the monuments of Wales & Galicia 😊👌 ..and a fabulous battered Iron Age shield at Castell Henllys for #FindsFriday
312921
Manuel Gago @magago.bsky.social · 09/08/2026
Gales e Galicia: nacións irmás. Cámara funeraria de Tinkinswood.
1474
Manuel Gago @magago.bsky.social · 05/08/2026
Gárgolas da catedral de Salisbury
1342
Manuel Gago @magago.bsky.social · 30/07/2026
"Manexo moitas fotos de figuras do galeguismo do século XX (...) boa parte das fotos delas están feitas no verán". www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
lavozdegalicia.es
Fotos e cancións
O verán é a estación máis citada nas letras e a máis retratada en imaxes
040
Manuel Gago @magago.bsky.social · 26/07/2026
Orgullosos propietarios dunha copia do Mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia: habemus gañador da acuarela orixinal de Leandro Lamas! Se tes o número, ponte en contacto con festivalatlantica@gmail.com
050
Reposted by Manuel Gago
Andrés @iusnaufragii.bsky.social · 24/07/2026
«Unha das colonizadoras máis famosas, Aud a Profunda, era unha cristiá tan devota que deu instrucións para ser enterrada na terra salgada de ninguén, entre a marea baixa e a preamar, para non descansar en terra non consagrada, como os pagáns.» Canto me fliparan as historias deste libro.
1111
Manuel Gago @magago.bsky.social · 24/07/2026
A historia completa, os achados atopados nestas cistas de inicio da Idade do Bronce e as súas posibles implicacións, nesta reportaxe: culturagalega.gal/noticia.php?...
culturagalega.gal
As derradeiras palabras dunha cista. Tumbas rescatadas no último momento da erosión mar...
Que o xacemento prehistórico de Riasón (Illa de Arousa) é atípico pódese comprobar con esta historia. Nesta praia da Illa de Arousa existían unhas cistas,...
0100
Manuel Gago @magago.bsky.social · 24/07/2026
Os veciños da Illa recordan ata sete "caixas" na praia de Riasón. Unha señora lembrou como de pequena lle gustaba meterse nunha destas cistas porque a auga do mar quedaba quentiña dentro. A nai berráballe que saíra de aí.
1130
Manuel Gago @magago.bsky.social · 24/07/2026
Davila está tardando en facer unha viñeta con iso! Na foto interior as arqueólogas adaptando a súa xornada laboral aos horarios da marea baixa. E hai outro detalle precioso nesta historia.
140
Manuel Gago @magago.bsky.social · 24/07/2026
"Cando as arqueólogas comezaron a traballar nas cistas na marea baixa as mariscadoras da Arousa achegáronse para advertilas de que o marisqueo libre era ilegal. Non apañaron berberechos, pero si info sobre un fenómeno funerario prehistórico pouco coñecido"
2335
Manuel Gago @magago.bsky.social · 24/07/2026
Hoxe acompañareivos nas vosas casas e móbiles desde a retransmisión dos Fogos do Apóstolo da TVG, nun especial conducido por Arturo Fernández. Contaremos cousas chulas. Menos mal que me piden comentar eventos festivos e non partidos de fútbol!
171
Manuel Gago @magago.bsky.social · 22/07/2026
"O libro nace a partir dunha preocupación: aqueles que nacen agora na cidade posiblemente non consigan vivir nela. Como chegamos a iso?" www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
lavozdegalicia.es
As batallas
Os días da vitoria española no Mundial fíxéronme pensar no importante que é o relato cultural para casar o individual e o colectivo
030
Manuel Gago @magago.bsky.social · 21/07/2026
Esta acuarela de Leandro Lamas, feita en directo durante a presentación do Mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia, sortéase entre todos aqueles que adquiran e paguen o mapa ata o 25 de xullo. Podes adquirilo na tenda do Festival Atlántica: festivalatlantica.gal/tenda/
0103
Manuel Gago @magago.bsky.social · 18/07/2026
Eu asino. E xúntase co macroorganismo da edra, eh?
120
Manuel Gago @magago.bsky.social · 15/07/2026
"Fun perfeccionando a técnica de ignorar a información deportiva. Poden pasar un Xogos Olímpicos enteiros ou un Mundial de fútbol como o que agora padecemos e eu non enterarme de ren. Como son capaz? Non o sei" www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
lavozdegalicia.es
O fútbol
A primeira vez que fixen prácticas nun xornal non se lles ocorreu outra cousa que mandarme directamente á sección de Deportes, ante o cachondeo xeral dos amigos
171
Manuel Gago @magago.bsky.social · 09/07/2026
Podedes ler a historia aquí: culturagalega.gal/noticia.php?...
culturagalega.gal
Ouro para se facer respectar. Os arqueólogos identifican a posible localización dunha d...
Unha nova campaña no Penedo Xudío (Casaio, Carballeda de Valdeorras) permitiu exhumar unha estrutura doméstica de moi boa factura e unha fragua. A...
020
Manuel Gago @magago.bsky.social · 09/07/2026
O Penedo Xudío en Casaio parece rexistrar unha secuencia temporal do máis interesante: un poboado fundado en época sueva, abandonado e reocupado de xeito breve e un tanto chapuzas durante a dominación visigoda. Pero só esta historia de como comezou todo é digna do Far East.
2122
Manuel Gago @magago.bsky.social · 09/07/2026
Podedes xogalo aquí: manuelgago.org/cies/
manuelgago.org
O Corvo das Cíes — Simulador de voo
010
Reposted by Manuel Gago
Bea @chucheria.eurosky.social · 09/07/2026
Y ESTA COSA TAN BONITA?
032
Reposted by Manuel Gago
Faro de Vigo @farodevigo.es · 09/07/2026
🎮🏝️ Un videoxogo galego ambientado nas Cíes e en Cabo Home plasma a súa fantasía en sete linguas, entre elas o bretón e gaélico 📌 O seu autor é o xornalista, escritor e creador multimedia @magago.bsky.social
farodevigo.es
Un videoxogo galego ambientado nas Cíes e en Cabo Home plasma a súa fantasía en sete linguas, entre elas o bretón e gaélico
Pódese xogar gratis tamén en galego, castelán, inglés, francés e no idioma galés
193
Reposted by Manuel Gago
Daniel Ugarte @condedecotobade.bsky.social · 09/07/2026
Lendo "Até que os mares sequen" de @magago.bsky.social aprendo que "Chester" significa "castro". E de súpeto ten todo o sentido o que me contara o meu primo, antigo traballador de Philip Morris, de que o 80% da facturación de Chesterfield en España viña de Galicia #eravisto.
281
Manuel Gago @magago.bsky.social · 09/07/2026
Lembrade que podedes xogar aquí: manuelgago.org/cies/
manuelgago.org
O Corvo das Cíes — Simulador de voo
052
Manuel Gago @magago.bsky.social · 09/07/2026
"Roi Gago é un bebé galego; vén de nacer. Entre o seu axuar de benvida, un elemento chama a atención: "Hai xente que tece patucos para os seus sobriños, eu prepareille un videoxogo". www.farodevigo.es/sociedad/202...
farodevigo.es
Un vídeoxogo galego ambientado nas Cíes e en Cabo Home plasma a súa fantasía en sete linguas, entre elas o bretón e gaélico
Pódese xogar gratis tamén en galego, castelán, inglés, francés e no idioma galés
1144
Manuel Gago @magago.bsky.social · 08/07/2026
Pégalle.
020
Manuel Gago @magago.bsky.social · 08/07/2026
"Xente do sur de España preguntounos como lle chamabamos á sesta de antes de xantar. En Andalucía, por exemplo, chámase a «siesta del carnero». Nós mirabámolas como marcianos. Durmir antes de xantar?" www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
lavozdegalicia.es
A calor
Todo parece indicar que estas vagas serán cada vez máis frecuentes e teremos que prepararnos para algo que non nos gusta nada: cambiar os hábitos
5123
Manuel Gago @magago.bsky.social · 04/07/2026
"Manuel Gago subliña a dualidade inseparábel entre personaxes e lugares. "É unha invitación a recrear as historias desde cada propia mirada", afirma, defendendo que o mapa funciona como porta de entrada a un coñecemento profundo do país". www.nosdiario.gal/articulo/cul...
nosdiario.gal
O Festival Atlántica cartografa a memoria invisíbel do país
Onte presentouse en Santiago 'Lugares míticos do reino de Galicia'
0101
Manuel Gago @magago.bsky.social · 03/07/2026
Hoxe tocan dous eventos: 19.15. Presentación do Mapa dos Seres Míticos de Galicia, con Leandro Lamas. CSC Maruxa Coralia / Santiago. @FestAtlantica 21.15. Mesa redonda con @guerraenlauni.bsky.social, Xurxo Ayán e Olga Novo . Festa dos Libros. Pontevedra. Praza da Ferraría.
082
Manuel Gago @magago.bsky.social · 02/07/2026
Na tradición galega, as almas atravesan o mar cara repousar eternamente nas illas. Pero un día, un andazo de monstros encheu o mar, devorando aquelas amiñas. O deus Berobreo encargou o seu corvo sagrado protexer o lugar. Preséntovos un xogo especial: O corvo das Cíes.
02915
Manuel Gago @magago.bsky.social · 30/06/2026
Podedes descargar o programa do web de Radio Voz: radiovoz.com/download/10/...
radiovoz.com
030
Manuel Gago @magago.bsky.social · 30/06/2026
Esta semana Bieito Romero dedicou o seu histórico programa radiofónico "Un mundo de músicas" a 'Ata que os mares sequen', o meu libro sobre Escocia e Galicia. E aderezou a conversa con músicas galegas e escocesas influídas entre si. Unha chulada.
1164
Manuel Gago @magago.bsky.social · 29/06/2026
Nas #cousasdegago do #tardepiaches, o Santi Estévez e máis eu manexamos a gravación musical máis antiga do Arquivo Sonoro de Galicia do CCG: unha Alborada de Veiga de 1904 e unha marabillosa historia que demostra o poder dunha canción. @tvgalicia.bsky.social Vídeo: www.instagram.com/p/DaLdgvstUeC/
instagram.com
Instagram
Create an account or log in to Instagram - Share what you're into with the people who get you.
070
Manuel Gago @magago.bsky.social · 29/06/2026
Para mercar o mapa tes toda a info aquí: festivalatlantica.gal/tenda/
festivalatlantica.gal
Tenda – Festival Atlántica
020
Manuel Gago @magago.bsky.social · 29/06/2026
Entre toda a xente que merque o mapa durante o festival (ata o 10 de xullo) sortearase o orixinal que Leandro prepare ese día, e que será unha das escenas do propio mapa. Non está mal, non?
110
Manuel Gago @magago.bsky.social · 29/06/2026
Este venres 3 de xullo ás 19.15 presento, xunto con Leandro Lamas, o mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia. Será no CSC Maruxa e Coralia de Santiago. Leandro debuxará en directo unha das escenas do mapa. E hai un bonus que che interesa ☝️
1185
Manuel Gago @magago.bsky.social · 28/06/2026
Podes escoitar o episodio aquí: Spotify: open.spotify.com/episode/5tA7... Ivoox: go.ivoox.com/rf/176400883 Youtube: youtu.be/__2jXgChoDI
open.spotify.com
Sole Felloza, o Festival Atlántica e o futuro da narración oral
Na volta da folla · Episode
120
Manuel Gago @magago.bsky.social · 28/06/2026
Novo episodio no meu podcast Na volta da Folla. Falamos con @solefelloza.bsky.social da nova edición do Festival Atlántica de Narración Oral, das relacións entre festivais e comunidades locais, a remuda xeracional da narración oral galego ou o traballo cos nenos ao redor da tradición oral.
282
Manuel Gago @magago.bsky.social · 26/06/2026
The Santiaguest.
0180
Manuel Gago @magago.bsky.social · 26/06/2026
Esta cartografía percorre a inmensa diversidade de lugares encantados de Galicia, onde o recordo de culturas pasadas se preservou grazas ao poder da narración oral e dos relatos transmitidos de xeración en xeración. ⚓️Xa dispoñible en festivalatlantica.gal/tenda/
festivalatlantica.gal
Tenda – Festival Atlántica
083