Sign in

NON-TOXICNo ads · No shady algorithms

iiinova is part of the Atmosphere — an open, public network where you own your identity.

Laura M. Castro

@lauramcastro.eurosky.social
515 followers 261 following 782 posts

Professor at Universidade da Coruña. Constant learner, feminist, geek. Supervisor of a little process spawned in 2017. Pronouns: she/her Languages: GL/PT, ES, EN, IT Website: linktr.ee/lauramcastro The personal is political 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

PostsRepliesMedia
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 19/06/2026
Entérome por @janeaustenenfur.bsky.social de que hai un xoguete en kojira.github.io/bluesky-lice... co que se xera esta curiosidade. O que nos gusta aos humanos facer tribu con calquera cousiña non está estudiado... Boh, desculpade, que si, que está, abofé 😜 E ti, xa es do clube? 😎
Fan card mimicking an ID card that reads "Bluesky license" and displays a series of data based on a given ATProto user handle.
061 6
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 26/05/2026
Se non tedes plan para esta quinta feira, vinde falarmos de IA! 🤓
Cartaz que anuncia unha palestra na quinta-feira, 28 de maio, ás 19h30, titulada "Intelixencia Artificial: adaptarse ou...?"
1128 12
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 17/05/2026
Feliz día das Letras Galegas! 💜
Capas das novelas "Circe ou o pracer do azul" e "Morgana en Esmelle", de Begoña Caamaño, a quen se adica o día das Letras Galegas neste 2026.
040 4
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 30/07/2025
Este ano estivo difícil conseguir o #inboxzero para iniciar as ferias. De feito, comezar, comeceinas antonte, pero non foi até agora que conseguín esta paz mental. Non durará, pero agora xa non estarei mirando 😅, e así será logo como a árbore soa no medio do bosque ou o gato de Schrödinger.
Unha captura de pantalla mostra a aplicación de correio electrónico Outlook coa caixa de entrada baleira.
050 5
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 29/07/2025
Despois de agradecer e admirar desde hai tempo o moi necesario traballo que levan feito nos últimos anos, hai unhas semanas animeime a me facer socia de @civio.es E aínda por riba, esta xente vai e mostra ser tan necesaria como bonita 🥺 Mil grazas a vós, @belmonte.bsky.social e todo o equipo.
Unha tarxeta manuscrita na que se le "Para Laura, ¡Mil gracias por tu apoyo de parte de todo el equipo! Un abrazo, Eva". Ao carón, dous colantes, un coas letras e o logotipo de CIVIO (dous puntos, o superior verde, o inferior amarelo) troquelados, outro cadrado simulando tea, coas letras "cosidas" que di "Teje tu propio algoritmo".
2142 14
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 30/06/2025
O único consolo que me queda por non poder achegarme hoxe á presentación de "O clans das Barbies" de @antiay.bsky.social na Coruña é non correr risco de spoilers, que vou pola metade 😅 Se estades preto de Durmideiras, bulide, que aínda chegades!! (é no Club do Mar Sto Amaro)
Capa do libro de Antía Yáñez "O clan das Barbies" editado por Xerais Narrativa. A capa é laranxa e semella ter un pouco de cabelo negro na parte superior, imitando se cadra unha fronte. No centro, tres persoas sen rostro: un home de pel moi branca e pelo curto vestido con camisola gris e pantalón marrón, unha muller de pel negra embarazada cun vestido estampado laranxa, e unha muller de pel clara co cabelo azul-morado cun vestido morado. As tres figuras están cos pés espidos detrás dun coitelo branco com sangue fucsia no gume.
131 3
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 14/06/2025
Segundo día da #AtlanticaConf25, mesa redonda sobre emprendemento con moi sensatas intervencións da nosa vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade, María José Lombardía,e Carlos Rodríguez, presidente de AGASOL. Menos unicornios, máis colaboración e soberanía tecnolóxica (si, tamén na IA).
Salón de actos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, mesa redonda "Tecnoloxía con acento: innovar desde Galicia para o mundo" da Atlántica Conf 2025
020 2
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 13/06/2025
Comeza!! #AtlanticaConf25
Salón de actos da Facultade de Informática da Coruña, a piques de iniciarse a primeira palestra do evento AtlánticaConf 2025.
150 5
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 30/05/2025
Hoxe foi un día de recargar baterías, desfrutar e inspirarse, partillar e sentirse parte. #XUGeX Grazas á OIX da @udc.gal, e ás da @uvigo.bsky.social e USC por facelo posible. Mentres saen as actas, velaquí a presentación do meu último traballo sobre nesgos na IA: speakerdeck.com/lmcastro/dim...
Cartaz da novena edición da Xornada Universitaria Galega en Xénero (XUGeX), titulada "Feminismo en acción: construíndo novos espazos de xustiza e igualdade".Unha muller (eu!) fala diante dun atril branco coas bandeiras galega, española e europea no fondo.
081 8
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 21/05/2025
Exames listos, nesta convocatoria incluíndo un novo punto na lista de instrucións, inspirado pola xenial @antiay.bsky.social 🤓
Primeira folla dun exame de nivel universitario, onde alén do espazo para o nome da/o estudante e a táboa de puntuacións das preguntas, pode lerse unha relación de instrucións.

A relación fala dos dispositivos de escritura permitidos, o idioma, o espazo a empregar, a claridade nos razoamentos, e para rematar lembra ao estudantado que está, simplemente, ante unha proba de avaliación máis que non os cualifica como persoas.
3101 10
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 03/02/2025
Grazas por me devolverdes o ánimo. O termo apareceu nun dos exames que puxen este xaneiro. Que a maioría de estudantes confundiran "adiar" con "adiantar" colleume fóra de xogo... Menos mal que non tiña importancia para o que pedía na pregunta! 😔 #queremosGalego #precisamosGalego
Resultados dunha enquisa na que se preguntaba polo significado de "adiar", nos que o 8 persoas galegofalantes indican correctamente que significa "atrasar", unha non galegofalante adiviña tamén o significado correcto, e só unha, malia que se declara galegofalante, erra confundindo "adiar" con "adiantar".
170 7
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 16/01/2025
Había ben de anos que non remataba dous libros en quince días... Claro que con novelas coma está, é ben fácil. Almudena Grandes abre unha xanela á dura realidade dun pasado tan recente como esquencido do único xeito dixeríbel para as adultas: a través dos ollos dun neno.
Portada dun libro en edición branda: "El lector de Julio Verne", de Almudena Grandes, un dos volumes da sua serie "Episodios de una guerra interminable". A cuberta é negra e nela hai unha imaxe dun garda civil nun olivar, cun xeonllo a terra, presignándose coa man dereita mentres sostén o tricornio na esquerda. Fronte a el, tes pequenos con camisas brancas e pantalóns longos, un deles sentado no chan abrazando as pernas, os outros en pé. Dos que están de pé, un deles está máis adiantado e imita ao adulto facendo o xesto da cruz sobre a súa fronte. Completa a cuberta o nome da autora en maiúsculas brancas, e o da obra e colección en verde.
180 8
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 09/01/2025
Colhe o livro que tenhas mais perto, abre-o na página 58. A primeira frase define o teu 2025. "Resultó, sin embargo, que el texto no había sido escrito por el propio Lawrence Summers, sino que era obra de un joven economista que trabajaba para él." Escolhe a tua aventura: o economista existe? >>
Parte superior da página 58 do livro "¿Quién le hacía la cena a Adam Smith?", na que se le: "Resultó, sin embargo, que el texto no había sido escrito por el propio Lawrence Summers, sino que era obra de un joven economista que trabajaba para él."
130 3
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 08/01/2025
Back to work, first item on my list: sharing with you all that I'll be speaking at Functional Conf 2025! 🎤✨ Curious to hear about "12 years supporting Software Architecture teaching with BEAMs" (pun totally intended 🤓)? Go ahead and register! #weBEAMtogether #FunctionalProgramming #FnConf >>
Speaker badge announcing a keynote talk entitled "12 years supporting Software Architecture teaching with BEAMs", to be delivered by Laura M. Castro, professor at Universidade da Coruña, at Functional Conf 2025, upcoming on 24-25 January 2025.
173 7
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 03/01/2025
Pois adiantado a varios títulos pendentes (mesmo xa comezados!), o primeiro que remato de ler neste 2025 é "Nuestra mente nos engaña", de @helenamatute.bsky.social A verdade é que os nesgos xa os coñecía, pero gustoume moito ler sobre os experimentos científicos que os evidencian 🤓
Portada da terceira edición do libro "Nuestra mente nos engaña" (subtitulado "Sesgos y errores cognitivos que todos cometemos"), de Helena Matute.
262 6
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 01/01/2025
Para desexarvos o mellor nesta nova volta arredor do Sol que comezamos hoxe, compártovos o meu agasallo natalicio, rematado de montar onte pouquiñas horas antes da cea 🤓 Feliz 2025!
1102 10
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 21/12/2024
Comenzamos as vacacións de Nadal con dúas citas que tiñamos pendentes! Visita á exposición en memoria e homenaxe do Hematocrítico ❤️‍🩹 (en Palexco até o 6 de xaneiro), e revista á iluminación en María Pita 🎄👑🦌
Praza de María Pita decorada con luces de Nadal, que inclúen tres coroas (aludindo aos reis magos da tradición cristiá) de gran tamaño.Nunha parede de fondo verde, a silueta de un home coa cabeza chea de estrelas. Acompaña un título: "Hematocrítico Ilustrado", e un texto de Ledicia Costas que recibe ás persoas que visitan dita exposición.
040 4
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 20/12/2024
Pechando o ano cunha das cousas que máis me gustan: rompendo mitos sobre a tecnoloxía. Falando de software libre, dereitos... filosofía! Grazas ao IES Fernando Blanco de Cee pola invitación e a acollida 💜 www.edu.xunta.gal/centros/iesf... #divulgación #softwarelibre
Un salón de actos cheo de adolescentes asisten a unha presentación. A poñente que fala desde o escenario mira cara unha pantalla onde se le "Software libre: 'Free as in freedom, not as in beer'".Un salón de actos cheo de adolescentes asisten a unha presentación. A poñente que fala desde o escenario mira cara o público. Na pantalla pode lerse "Liberdade: Pode unha 'cousa' (o software) ser libre?".
0100 10
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 26/11/2024
Este venres estarei en Marín, na 23ª edición das Xornadas Blanco Freijeiro. Será unha honra participar e, se che cadra preto e che apetece, contarche unha breve historia da IA, desde hai case dous séculos até, abofé, a irrupción do archicoñecido ChatGPT. #divulgación #intelixenciaartificial
Cartaz das XXIII Xornadas Blanco Freijeiro, que transcorren entre o 25 de novembro e o 1 de decembro na biblioteca pública de Marín (Pontevedra).
021 2
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 17/11/2024
No camiño de volta a casa despois de ser hoxe unha pinga máis lembrando que #QueremosGalego Mañá, e pasado mañá, e ao día seguinte, simplemente seguiremos vivindo #EmGalego 🤍🩵🤍
Un colante da Plataforma Queremos Galego! sobre a parte esquerda do peito dunha persoa que viaxa en automóbil. Só se ve o torso, cunha camisola marrón a raias brancas, o cinto de seguridade, e parte do habitáculo.
0283 28
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 13/11/2024
Pois mañá xoves 14, se vos pilla a mañá pola bonita Pontevedra, podedes achegarvos ao campus na Xunqueira e asistir á sexta edición de "Hackeando o Patriarcado". Estará Patricia Horrillo (#fangirling) e tamén servidora 😊 Pódese seguir online: www.uvigo.gal/universidade...
Cartaz da sexta edición do workshop "Hackeando o Patriarcado", que terá lugar en Pontevedra o 14 de novembro.
042 4
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 30/10/2024
Nova colección de colantes para repartir nas miñas aulas, cortesía de @pablocostass.bsky.social As de Elixir (a linguaxe que nós usamos nas prácticas de programación da materia) case voaron! #weBEAMtogether #elixirLang #elixirMagic #erlangPower #LFE #GleamIsAwesome
Escritorio con montes de colantes de linguaxes de programación da BEAM.
162 6
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 02/10/2024
Este libro é un dos poucos que nunca conseguín rematar, e non desde que son nai, que... en fin... senón nos tempos nos que eu devoraba libros. A ver se grazas ao #RetoSilmaril quito esa espiniña. Polo de agora van os capítulos un e dous (Ainulindäle e Valaquenta) ✅✅ P.S. Si, estou tomando notas.
Unha man sostén un libro do que só se ve o lombo. A capa é gris e pon "El Silmarillion / J.R.R. Tolkien".
290 9
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 19/09/2024
I first migrated to Mastodon when I decided to leave the-social-network-formerly-known-as-Twitter, so I kind of resisted the call from Bluesky. Time has shown me that they are two rather different environments in terms of community, so I still use both. I was Bluesky's #1,855,739 user!
A Bluesky celebration image depicting the number 1,855,739.
041 4
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 21/08/2024
La Agencia Tributaria mantiene una lista de estafas por SMS. Consultadlo inmediatamente si recibís algo extraño, o lo recibe alguien próximo. P.S. No tienen perdón quienes se dedican a enviar esto a la tercera edad. Años de vida quitan del susto 🤬 sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/ayuda/c...
Captura de pantalla de la web de la Agencia Tributaria explicando las estafas por SMS conocidas. Se mantiene actualizada y clasificada por ejercicios.
0107 10
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 03/07/2024
Informática: hai que querela como é. (spoiler: non!) 🤦🏻‍♀️
Mensagem do servidor de impressão CUPS com o texto: "There was an error during the CUPS operation: 'Éxito'.”
030 3
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 07/04/2024
... tradúcese nunha inxección de bo ánimo e enerxía, pero moitas veces, moitas, é xusto ao revés. Nun mes, estarei en Santiago de Compostela presentando "Das risas enlatadas ás risas sinteticas: explorando o humor das IAs xerativas" no I Congreso Internacional Feminismos e Humor: Humor-Sofías". 🤓
Cartaz do I Congreso Internacional Feminismos e humor: Humor-Sofias.
030 3
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 23/03/2024
As operadoras bloqueando Telegram.
A bunch of red-shirt Star Trek characters, infamously known for being easily dispensable, saying "You go first", "No, you go first", "I'm not going first", "I went first last time".
030 3
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 09/01/2024
If you see this, post a robot.
A snapshot of the motion picture Wall-e featuring the protagonist robot on its way home.
220 2
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 15/12/2023
Poucas cousas debe haber máis doadas e efectivas para o futuro de todas que apoiarmos a literatura infantil. Apoiemos, aínda máis, ás nosas escritoras. En Correos da Coruña póñeno aínda máis fácil 💜📚
Nunha oficina de correos, un feixe de libros infantiles nun stand, varios deles en galego, da escritora galega Ledicia Costas.
186 8
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 09/11/2023
Viggo Mortensen as Aragorn, with a bold look on his face, blown by the wind, and a caption that reads: "I do not fear this"
010 1
Laura M. Castro @lauramcastro.eurosky.social · 09/11/2023
Oh, my. Aren't the stakes high around here, huh? 😶😶‍🌫️ #holymolly #skyisthelimit #badpunsintended
A screenshot from the Bluesky app showing the text "Satan and 2 others followed you".
120 2