tui.gal
Tui acolle a convención anual da literatura fantástica | Concello de Tui
A literatura de xénero fantástico darase cita en Tui do 16 ao 18 de outubro coa celebración da 44ª edición da súa convención anula baixo o título de TuidCon. Durante estes tres días celebraranse preto de 45 actividades. Contarase coa participación de destacados escritores coma Rosa Montero, Mafalda Santos ou Luis Filipe Silva, recente premio europeo de Ciencia Ficción. A escritora tudense Conchi Regueiro presentará a súa nova obra.