Komorevi @komorevi.bsky.social · 04/09/2026Teño algún deseño máis por aí gardado, gustaríavos velo? 👀 020
Komorevi @komorevi.bsky.social · 04/09/2026Éste deseño pertence á serie ‘MOODS’ e ten como protagonistas á nena disoci-hada e á anox-hada 🫠😡 120
Komorevi @komorevi.bsky.social · 04/09/2026Hai tempo comecei a xogar coa creación de patróns, xa que nalgún momento me gustaría trasladalos a produtos e a tela. 110
Komorevi @komorevi.bsky.social · 04/09/2026Non sabedes a cantidade de cousas que debuxo e quedan no caixón. O perfeccionismo e a falta de motivación que me causan as redes sociais fai que patróns coma éste queden esquecidos no meu disco duro. 120
Komorevi @komorevi.bsky.social · 13/06/2026Hoxe teño o posto no mercadiño de artesanía das Festas de Fontiñas (Compostela) Estou de 11h a 20h, vinde celebrar, mercar e rexoubar! ✨🤍💜 052
Komorevi @komorevi.bsky.social · 05/06/2026O vindeiro sábado 13 estarei no mercadiño artesanal das festas do meu barrio 🤍❤️ Vinde rexoubar, celebrar e mercar cousiñas feitas por persoas, non por 🤖 022
Komorevi @komorevi.bsky.social · 01/06/2026Chorar, recompoñerte e aceptar esas partes de ti que non che gustan. Pintar de dourado as cicatrices. Es suficiente. 🌿✨ 122
Reposted by KomoreviAGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración @agpilustracion.bsky.social · 28/05/2026Moitas grazas Iria @deica-creacions.bsky.social , Eva @komorevi.bsky.social Laura Caneira por facelo!!!! #CastelaoNonOfarIA #IriaRibadomar #LauraCaneira #EvaAgraKomorevi #StopIAXenerativa 011
Komorevi @komorevi.bsky.social · 25/05/2026⚡️✨🍒Ata a cona 🍒✨⚡️ Láminas A4 e A5 dispoñibles 📩 DM para máis info 032
Reposted by KomoreviAGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración @agpilustracion.bsky.social · 24/04/2026🔥“Castelao non o farIA”, campaña Verkami en marcha 👉Nestes anos informámonos, indagando e investigando sobre a IA xenerativa e as consecuencias que o seu uso carrexa. 11611
Komorevi @komorevi.bsky.social · 25/04/2026Que será en Área Central (Compos) os vindeiros 29 e 30 de abril, e 2 de maio 💜 Estás a tempo de mercar un agasallo feito por persoas, con moito esforzó e agarimo, para o Día da Nai 💫 000
Komorevi @komorevi.bsky.social · 23/04/2026Feliz Día do Libro 📚🌿✨ Ésta é a miña lectura destes días: Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño 💙 Que estades a ler vós? Recomendádesme algún libro? Por certo, fixen marcapáxinas novos 💫🤭 #Díadolibro2026 #Díadellibro2026 #23deabril #marcapáxinas #bookmarks 020
Komorevi @komorevi.bsky.social · 10/04/2026Levarei láminas, orixinais, pegatinas, blocs de notas, marcapáxinas, crebacabezas ilustrados, etc 🌿✨💜 010
Komorevi @komorevi.bsky.social · 10/04/2026Mañá estarei no Mercado da arte en Área Central (Compos) de 11h a 20.30h, vinde facerme unha vistiña! 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 09/04/2026Mañá na libraría Seijas de Pontevedra ás 18.30h haberá unha presentación de ambas antoloxías por @yaminisintilde (poeta e autora) e @a.metztli (editor) Recoméndovos achegarvos e descubrir as voces e trazos que se agochan nas súas páxinas. A súa edición sorprenderavos! 011
Komorevi @komorevi.bsky.social · 09/04/2026💫Tequio | A importancia de nutrir os vínculos, simbiose do traballo e coidados comunitarios. (Re)conectarnos coa natureza, da que formamos parte como animais que somos 🍉Zomalli | Non podía deixar de pensar no pobo palestino, que loita día a día pola súa liberdade e dignidade. 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 09/04/2026Fun convidada por @augustometzli a participar neste proxecto tan fermoso Tras reflexionar que significan para min estes dous termos, sendo eu unha persoa europea e branca, cheguei ao resultado que vedes. 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 09/04/2026🌿✨Tequio/Zomalli - Dúas antoloxías poéticas e ilustradas arredor destes dous conceptos e editada con agarimo e coidado por @tazalunarbooks : 💜 Tequio: Deriva da palabra náhuatl “tequitl”, que significa “traballo” ou “tributo”. 🔥 Zomalli: Significa “coraxe” en náhuatl. 120
Komorevi @komorevi.bsky.social · 07/04/2026E como non podía ser doutra maneira, aproveitei a ocasión para retratar a miña gata Tambu escachando coa risa 🐈⬛ 😂 (en moitas linguas distintas) #Gálix #LIX #AGPI #humorilustrado #komorevi 020
Komorevi @komorevi.bsky.social · 07/04/2026Na escolma atópase a ilustración que fixen alá polo 2024 para o cartaz dunhas xornadas coa temática central do humor na literatura infantil e xuvenil como instrumento de aprendizaxe e achegamento á lectura. 120
Komorevi @komorevi.bsky.social · 07/04/2026💫 @somosgalix está de estrea! Acaban de presentar a súa nova web: galix.gal No banner de benvida veredes unha selección de ilustracións de carteis de eventos e xornadas que teñen organizado ata o día de hoxe. 131
Reposted by KomoreviAGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración @agpilustracion.bsky.social · 30/01/2026👉 Siro (Ferrol), 1943. O mestre da caricatura. Homenaxeado no Día da Ilustración 2026. 165
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/01/2026Traballamos co alumnado de Primaria e de Secundaria para elaborar unha serie de ilustracións e deseños arredor de diversos poemas da Filla Predilecta de Trazo, Rosalía Morlán, co fin de homenaxear a súa obra e persoa 🌿💙 030
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/01/2026Nesta data tan especial lémbrome dun fermoso proxecto no que nos embarcamos a miña compañeira de pinceis, Festa, e eu da man do @concellodetrazo e do CPI Viaño Pequeno @edlgtrazos o ano pasado polo 8 de marzo. 141
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Deséxovos a todes un 2026 cheo de aprendizaxe, arte e dunha rede de afectos que vos sosteña 💜 010
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Participei en proxectos colectivos de fanzine e autoedición como o de @edicionsmalafera @tazalunarbooks ou @cobrafem Estou segura de que se me queda atrás moita xente á que mencionar e moitas iniciativas e eventos que citar. Grazas de corazón 🫂 110
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Asistín a eventos profesionais onde coñecín compañeires de profesión marabilloses e compartín momentos emocionantes coa equipa da @agpilustracion da que formo parte. 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Ilustrei ‘Bonecas’ de Raquel Castro editado por @galaxiaeditorial e tamén saiu á venda ‘O misterio de Xacarandá’ de @elena_oses editado por @editorial_bululu 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Participei na residencia artística Artistea e iso deume a oportunidade de levar un proxecto de BD á revisión de portafolios de BDra Gráfica e de Viñetas desde o Atlántico. E estou a traballar nun proxecto que verá a luz o ano que vén. 110
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Fun a un bo número de mercados en Vigo, Allariz, Teo, Compos e Pontevedra. 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Especial mención ao Centro Xove de Creación Cultural do Concello de Santiago, que confía no noso traballo e xa é un segundo fogar para nós. As dúas tamén participamos no proxecto de realidade aumentada #ARRUAR grazas a @despunte.makers 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Este ano desenvolvín obradoiros de ilustración e sinalética feministas, de upcycling textil e de creación de adornos de Nadal con materiais reutilizados xunto á miña compa Festa de As Paxaras, ademais de varios murais. Traballamos en Touro, Baiona, Trazo, Vilaboa, Allariz e Compostela 🐦⬛ 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025Dedicarte á arte e á cultura non é sinxelo neste país. Porén síntome afortunada de poder seguir traballando e achegando a creación artística á miña comunidade. Isto só é posible grazas a vós, ás mecenas do meu #Kofi aos meus clientes, á miña familia, amigues e parella 🫶🏻🌿✨ 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/12/2025É imposible resumir o paso dun ano en fotos, pero aquí vai un breve resumo dos momentos ‘bonitos’ que vivín en 2025 como ilustradora, muralista e educadora artística. Afortunadamente foron moitos máis numerosos que os momentos difíciles. 131
Reposted by KomoreviAGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración @agpilustracion.bsky.social · 13/11/2025🔸Rematamos a xornada co habitual xantar de confraternización @lachicadelacinta.bsky.social @deica-creacions.bsky.social @oictioscopio.bsky.social @komorevi.bsky.social Laura Caneira Dicus Rodrigues Augusto Metzli Laura Romero Bruno Elerre Luis Sendón 143
Komorevi @komorevi.bsky.social · 06/10/2025Non prometo continuar co reto, pero polo menos esta ilustración desfruteina moito 💜 #cursedrelics #Komorevi #moonlightscythe #necromancer #jester #agpi #octoberchallemge #illustrationchallenge 010
Komorevi @komorevi.bsky.social · 06/10/2025Este ano decidín non atarme a ningún reto de outubro porque a cabeciña non me dá para máis, peeeero… hai un reto que me gustou especialmente e non me puiden resistir, o #CursedRelics2025 de @albabbgg.bsky.social g 🌿✨ Así que ésta é a miña contribución ao prompt ‘Moonlight Scythe’ 🌙💀 1111
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/09/2025Por 1€ podes descargarte estas recompensas en alta calidade e de paso axudas a esta pequena artista a sobrelevar a suba da cota de autónomos que vén o próximo mes 👉 ko-fi.com/komorevi Coidádevos moito queridiñxs! 💜ko-fi.comSupport KomoreviSupport Komorevi 000
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/09/2025Para celebrar este mes subín a #Ko-fi dúas recompensas: ilustración do mes de setembro do meu calendario 2025 para honrar o espírito de vivir paseniño e unha pegatina para usar en WhatsApp ou onde queiras que nos lembra que 'emosido engañado' na nosa vida adulta. 👇 100
Komorevi @komorevi.bsky.social · 30/09/2025Alá foi setembro! 🍂✨ Para min sempre foi un mes de vertixe e contradicións. Comeza o outono e o único que quero é estar en casa cunha mantiña, as miñas gatas e ler, debuxar, ver series e pelis... Pero tamén comeza o curso, o traballo volve agromar e voltamos ao ritmo frenético. 👇 151
Reposted by Komorevi𝑨𝒏𝒅𝒓𝒆𝒔 𝑺𝒂𝒏𝒄𝒉𝒊𝒔 🦑 @andressanchis.bsky.social · 29/09/2025Un resumen bastante interesante de la San Diego Comic Con Malaga, de mano y voz de Paco: 0101
Komorevi @komorevi.bsky.social · 24/09/2025Mochila feita para a visita fugaz á San Diego Comic-Con Málaga 🌿✨ 000
Komorevi @komorevi.bsky.social · 18/09/2025📍Onde? @centroxove Rúa Proxecto Vagalume, 2 📩 Máis info e inscricións en info@centroxove.com Non o penses máis, que as prazas voan! 000
Komorevi @komorevi.bsky.social · 18/09/2025✏️ Curso de Cómic e Deseño de Personaxes | Todos os martes de outubro a xuño | 13.00h a 14.00h 🎵 Curso de Deseño Gráfico para Proxectos Musicais | Todos os xoves de outubro a xuño | 13.00h a 14.00h 🎨 Clube de Upcycling Téxtil terceiro xoves do mes | 19.00h a 20.30h 121
Komorevi @komorevi.bsky.social · 18/09/2025En outubro as paxaras volvemos coas pilas cargadas! ⚡ Ollo ao que vos traemos 👇👀 152