Sign in

NON-TOXICNo ads · No shady algorithms

iiinova is part of the Atmosphere — an open, public network where you own your identity.

Jorge Pereira

@jorgepereiraart.eurosky.social
167 followers 134 following 384 posts

He/him. Galicia. Journalism/art School. GZ/ES/EN. Check my galleries at: cara.app/jorgepereira

PostsRepliesMedia
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 28/10/2026
E, xa que estou, un exercicio de 2021 para pór en práctica os 12 principios da animación en Clip Studio. Improvisado e animado en 3s para non volverme tolo.
052 5
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 28/10/2026
Seica é o Día Internacional da Animación? Isto estivo un par de anos nun caixón. Traballo de clase a contrarreloxo e en condicións moi estrictas: en uns, tres segundos e prohibido facelo en folios transparentes (WTF). Liñas esenciais e sen tempo de escanealo. Quizais algún día a remate. 🤡
222 2
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 09/10/2026
A expo xa leva un par de días en marcha! Retratos, bedés, deseños e rarezas eclécticas. No que queda de outubro poderedes admiralas e tomar unha á miña saúde. Algunhas pezas etán á venda! Preguntade en barra ou mandade un mail a jorgepereira.art@gmail.com para consultar prezos.
031 3
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 29/09/2026
A miña primeira (ou segunda?) exposición artística: ilustracións, pinturas e bandas deseñadas firmadas por un servidor. Haberá pezas orixinais á venda e algunha que outra novidade para sorpresa gozo das masas. A partir do martes 7 de outubro tedes esta cita en El Pueblo Café Cultural de Ourense!
Cartel publicitario de exposición de ilustracións e outras obras de Jorge Pereira en El Pueblo Café Cultural de Ourense durante o mes de outubro. O cartel contén unha ilustración dunha enorme nube con cara de bebé máis un queco en primeiro plano que semella un mozo skineto sen camisa e cunhas zapas guapísimas.
1105 10
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/09/2026
010 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 17/08/2026
Non soltei un lapis. Death Threat — Death in Vegas
Un fanart dese xogo de robots lesbianos?
000 0
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 17/08/2026
Collín un lapis. Root Down — Beastie Boys
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 13/08/2026
No recital d'hoxe ilustrei o bardo Bernardo, persoeiro e lobishome creado por Xoán Pedreira. O debuxo final quedou en mans dun fan, pero achego o bosquexo previo que fixen na libreta. Grazas a @autoban.bsky.social , ás asistentes e as artistas por momentos tan agradables.
Ilustración dun lobo con camisa mexando gostosamente nunha fonte de pedra. Ao seu carón un frontal e un perfil do mesmo personaxe, inspirado no poema de Xoán Pedreira. Unha das estrofas di así:

"Trousar hei de noxo con este mal cheiro,
teste que lavar que ules a peido!”
Bernardo ofendeuse e marchou oubeando,
mexando na fonte e na rúa cagando.
042 4
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 12/08/2026
hurhurhur monta no mácinguer Xinlli hurhurhur #Lacoruneno
O puto Megazor de Riazord
000 0
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 10/08/2026
Soon... 👁️👁️
O mellor que podes mercar no Panda Bohème por 54,95 €.
010 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 10/08/2026
O vindeiro xoves 13 de agosto participo no recital ilustrado do @autoban.bsky.social . Imos mesturar versos, trazos e manchas nun momento de creatividade e colaboración ao que poderedes acudir de balde e, sobre todo, de chill. Agardámosvos no Circo dos Artesáns ás 19:00. www.autoban.gal/programa
Cartel do recital ilustrado A208, deseñado por Brais Rodríguez. O evento, parte da peogramación do Autobán 2026, terá lugar no Circo de Artesáns d'A Coruña o xoves 13 de agosto ás 19:00 horas.
Reúne nomes de poetas e ilustradorxs participantes: Emma Pedreira, Uxía Fernández, El Gaudo, Lira, Jorge Pereira, Miguel Auria, Miriam Couceiro, Branca Trigo, Nuria Mosqueira, Zulo Azul, Sandroke, Xoán Pedreira e Cuchiflainas.
173 7
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 23/07/2026
Nunca falla. Tan pronto sobes algo a ArtStation xa tes tres ou catro mails destes.🔪
Captura de pantalla dun mail dun puto bot automaticamente interesado nos meus debuxos.
000 0
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 23/07/2026
Moi agradecido a @kalvinger.bsky.social por este encargo, que me sacou dun letargo debuxístico bastante grave. Se estades por Ourense, facédelle unha visita e mercade banda deseñada, que é unha desas actividades sanísimas que deberían facerse máis.
O marcapáxinas facendo o seu propósito entre historietas de 'Croio', antoloxía de BD galega publicada polo selo Baixo Terra.
020 2
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 23/07/2026
Ao principio manexei dúas ideas: a primeira, a definitiva, pasou por poucos cambios; mais a segunda era unha secuela da ilustración do marcapáxinas anterior, deseñado por @praxisstvdio.bsky.social
Bosquexo do marcapáxinas definitivo.Outro deseño para o marcapáxinas: Unha rapaza le un famoso cómic ao tempo que cae nun espazo baleiro. Deixa atrás unha enorme careta de gato e outros elementos como uns auriculares, un zapato, un reprodutor de MP3. Está rodeada de varias bedés bastante coñecidas.
110 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 23/07/2026
Como os marcapáxinas non teñen unha esixencia estrita na súa orientación e tampouco quería darlle maior importancia ningún dos personaxes dos extremos, decidín que a imaxe funcionase do dereito e do revés. Aquí, detalles do conxunto. A ver se alguén recoñece todas as referencias.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 23/07/2026
AUTOBOMBAZO: Xa leva unhas semanas impreso o meu marcapáxinas de cortesía no Sindicato del Cómic, libraría especializada en bedé de Ourense. A idea era introducir o máximo de referencias á BD nacional e internacional nun espazo moi pequeno (50x150 mm) e suxerir a idea dos estantes dunha libraría.
Ilustración en formato marcapáxinas estruturado como tres cadros de banda deseñada que, ao mesmo tempo funcionan como ocos dunha librería e ventás. Os dous extremos están xirados 180º un respecto ao outro, polo que o oco inferior presenta elementos bocabaixo.
Na primeira viñeta e portando un alongado casco colonial, unha rapaciña ao estilo anime eleva a mirada cara ao espectador, interrompendo a súa lectura dun tebeo de Moebius. Tras dela, baixo un ceo estrelado, un enorme paxaro desplumado en pleno voo. Diante dela, no estante, os lombos de cómics bastante coñecidos.
Na viñeta central, varios personaxes e elementos de clásicos novos e vellos da BD xiran arredor do logotipo do Sindicato del Cómic, un fedora negro con cinta vermella.
No terceiro e último espazo, outra rapaza, debuxada nun estilo máis ben euromanga e favorecida cunha especie de casco de aviador azul, está a ler encantada un manga de Miyazaki Hayao. Fronte a ela, outros títulos de BD internacionais. Ás súas costas, cun ceo azul nubrado ao fondo, unha máquina voadora deixa tras de si unha tenue estela branca.A mesma imaxe, pero xirada 180º.
131 3
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 25/06/2026
... a-HEM!
O Frídom ofspich de Norman Rockwell, fóra de contexto para facer as ha-has.
110 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 16/06/2026
Visto entre a rúa Aragón e a Travesía de Vigo.
Un burato na esquina dun muro branco, onde hai unha pintada, deixa ver parte dunha porta que permanecera tapiada.
020 2
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 15/06/2026
Visto na empinada rúa de Rorís en Vigo. #TeisVibes
Unha furgoneta branca, coas rodas pinchadas, presenta varios graffitis nun lateral.
000 0
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 04/06/2026
Que ten que suceder para que o PP non volva pisar o Parlamento en décadas?
Captura de pantalla da app móbil do Sergas. Unha ventá emerxente avisa: "A axenda do profesional non dispón de ocos libres para pedir citas de Consulta nos vindeiros días. Contacta co teu centro de saúde".
130 3
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 21/05/2026
Visto na contorna da fábrica de Stellantis en Vigo.
Un colante no que está escrito con letras azuis: "FACHAPOBRES ABRID LOS OJOS MALDITOS MILEURISTAS"
000 0
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 13/05/2026
Toca poñerse a mirar como instalar GrapheneOS. Vanme quitar YouTube sen anuncios por riba do meu cadáver!
030 3
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 15/04/2026
Peak COMMUNIST masculinity* [suena la Internacional]
Stalin alza en sus brazos a una loli soviética en un fotomontaje que solo es posible en una era postmoderna donde lo banal se entremezcla con iconografía y propaganda histórica en un ejercicio que nunca sabremos si se trata de jocosa ironía o de otro fruto de la alienación de las clases bajas, empapadas diariamente de una saturación de datos, información y cultura del espectáculo inane y completamente ajena a las realidades sociopolíticas.
000 0
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 15/04/2026
Goals:
Una recua de pornochachas asaltando Berlín en 1945, según algún otaco.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 10/04/2026
Noi 24/7/365:
110 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 09/04/2026
Israel?
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 27/03/2026
010 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 14/03/2026
Mood:
020 2
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 27/02/2026
I didn't know this site existed, and I've been emulating games for DECADES! Now I feel awful about suddenly caring for something great that's doomed. I'm such a fool. Time to relate to a very specific moment in The Simpsons. And plan the downfall of the tech lords, I guess.
A trio of teenage bullies from Springfield realise there's an old-timey titty bar in town. They sing: "We just heard this place existeeeeeeed"
150 5
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 05/02/2026
An article published in 2024 on 404 Media, written by Jason Koebler:
It has been very easy for me, mentally, to leave behind a place where I made money for a Board of Directors who made decisions about my life and my work without thinking about me or my team as human beings, who got paid much more than me, and who are showing at the moment that they do not actually care about journalism at all.

The Washington Post is probably not going anywhere and on some level we need large journalistic institutions to continue to exist. But even well-run large outlets are surely full of waste and bloat that are funded on the backs of and at the expense of the actual journalism. The “wealth and business interests” of billionaire owners, as Bezos writes, are not a “bulwark against intimidation” for journalism. They are, themselves, the biggest threat.
000 0
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 04/02/2026
Xa hai unhas cousas que me permiten acceder a unha infinidade de mentes. Unhas son low-tech: as bibliotecas. Outras, high-tech: a internet. Estes timadores están a queimar cartos en reinventar a roda da maneira máis ineficiente e innecesaria. www.pcgamer.com/software/ai/...
042 4
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 31/01/2026
Tanto creativos como espectadores/lectores/aficionados debemos dejar claro que ceder a la industria de la IA (engaños, abusos, crímenes, insostenibilidad, especulación, avaricia...) es una condena a nuestra humanidad. Hacédselo saber al gobierno. Mi carta al Ministerio de Trabajo y Economía Social:
Texto:
"En respuesta al Real Decreto XXX/2025, de XX de XXX, por el que se regula la relación laboral especial de las personas artistas que desarrollan su actividad en las artes escénicas, audiovisuales y musicales, así como de las personas que realizan actividades técnicas o auxiliares necesarias para el desarrollo de dicha actividad, yo, Jorge Pereira Vila, con número de DNI 53170794S, declaro a nivel personal e individual:
Como profesional de la ilustración, veo que este Real Decreto puede legitimar y dar
lugar a un mayor número de ofertas de trabajo en las que es requisito obligatorio
emplear terminales de inteligencia artificial generativa (IAG) incluso si esto va en
contra de la deontología del profesional y, además, supone precarizar su oficio,
menospreciar el esfuerzo, los recursos, la formación y las técnicas detrás de cada
producto, y, también, minar aún más la integridad profesional del gremio.
Esto acabaría por imponer dinámicas y requisitos laborales en contra de los
intereses de artistas y otros profesionales de artes gráficas, audiovisuales, escénicas,
musicales, etc. Lo estamos viendo en ofertas de trabajo en las que, para tener la
mínima posibilidad de firmar el contrato, es requisito necesario conocer y emplear
aplicaciones de IAG. Para muchos, aceptar estas condiciones supone dejar de lado
ciertas habilidades y degradar el valor de estas. Muchos miramos esta nueva realidad
como un preámbulo a la completa exclusión de los profesionales de los procesos de
producción de empresas que hasta ahora basaban su negocio en la creatividad. Por
tanto, de seguir con esta dinámica, los artistas quedaríamos completamente solos
frente a la producción en masa de la IAG.
Si no fuera suficiente con hacer peligrar la economía de miles de personas, cabe
tener en cuenta que los modelos de IA que ofrecen las grandes corporaciones
estadounidenses se alimentan, sin permiso alguno, de una infinidad de trabajos
publicados en internet. Este saqueo y el consecuente plagio vul…
1137 13
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 28/01/2026
Yasuhiko, Y. (Dir.) (1989). Venus Senki (Filme). Kugatsusha, Triangle Staff. Clasicazo. Seica o realizador e creador dirixiu a serie orixinal de Mobile Suit Gundam aló polo 79, polo que ten experiencia en explorar enfoques sobre a guerra en escenarios de ciencia ficción.
Poster da película 'Venus Wars' (1989), dirixida por Yasuhiko Yoshikazu.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 28/01/2026
Seguramente requira un repaso para, xa coñecidos todos os elementos, saborear mellor as metáforas e identificar as referencias na hipertextualidade da obra, así como os eventos históricos que matizan as personalidades dos personaxes. Contento polo recoñecemento internacional ben merecido.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 28/01/2026
Trier, J. (Dir.) (2025). Affeksjonsverdi (Filme). Mer Film, Eye Eye Pictures. Emotivo e elaborado drama que, lonxe de ser un culebrón de a granel, emprega recursos narrativos e visuais que fan referencia ao propio cinema nunha reflexión sobre a idade, o trauma (xeracional) e a arte colectiva.
Cartaz noruegués  da película 'Valor sentimental' (2025), dirixida por Joachim Trier.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 25/01/2026
Cunningham, C. (Dir.) (2005). Rubber Johnny (Filme). Chris Cunningham. Curta experimental ao son de Aphex Twin. En materia de efectos especiais, sobresaínte. Segundo como teñas o día, pode parecerche impresionante ou unha cousa moi desagradable e innecesaria. Eu creo que mola cantidubi.
Carátula do DVD de Rubber Johnny (2005), unha curtametraxe experiemntal de Chris Cunningham.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 23/01/2026
Artigo de Ars Technica:
Currently, St. Clair is seeking a temporary injunction that would block Grok from generating harmful images of her. But before she can get that order, if she wants a fair shot at winning the case, St. Clair must fight an xAI push counter-suing her and trying to move her lawsuit into Musk’s preferred Texas court, a recent court filing suggests.

In that fight, xAI is arguing that St. Clair is bound by xAI’s terms of service, which were updated the day after she notified the company of her intent to sue.

Alarmingly, xAI argued that St. Clair effectively agreed to the TOS when she started prompting Grok to delete her nonconsensual images—which is the only way X users had to get images removed quickly, St. Clair alleged. It seems xAI is hoping to turn moments of desperation, where victims beg Grok to remove images, into a legal shield.
010 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 21/01/2026
O algoritmo de YouTube sempre ao rebufo do zeitgeist estadounidense. Isto apareceu nas miñas recomendacións. 🤷‍♀️
Preview dun vídeo de YouTube titulado 'If the cops are unlawfully shooting at me, can I shoot back?" (Se os polis me disparan ilegalmente, podo dispararlles eu?), da canle Washington Gun Law. O vídeo foi publicado hai cousa dun ano e ten 2,6 millóns de visualizacións.
210 2
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
Linklater, R. (Dir.) (2025). Nouvelle Vague (Filme). ARP Sélection; Detour Filmproduction. Correcta. Exposición da filosofía da vella nova onda, pasada (sospeito) por un filtro nostálxico e revisionista. Ambientación humilde pero lograda. Creo que non é nada máis nin nada menos ca unha homenaxe.
Cartaz da película Nouvelle Vague (2025), dirixoda por Richard Linklater.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
Finalmente, podo recomendar The Midnight Gospel se che gustaron os episodios máis lisérxicos e densos de Adventure Time. Iso si, mantén unha actitude aberta e crítica cara aos discursos e as personalidades que, co pouco criterio que pode ter un podcast dunha celebrity ianqui, aparecen destacadas.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
Por outra banda, a dirección artística é sinxela pero densa e vibrante, cunha animación tecnicamente rica e minimalista no número de debuxos por segundo. A parte visual non sempre complementa á discursiva, e incluso creo que ás veces distrae do diálogo á mantenta, esixindo que prestemos atención.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
Porén, si creo que hai unha utilidade real no "mindfulness" como ferramenta para ser capaz de concentrarse no momento e no lugar presentes e, por dicilo dalgún xeito, saír das nosas cabezas. Tamén axuda ser conscientes de que nalgún momento habemos morrer e que o noso tempo é limitado.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
4) Pensamento New Age: popurrí de orientalismo, disciplinas budistas, pseudociencias, filosofía de autoaxuda, metafísica, medicina alternativa... Aparecen idearios contraditorios, dogmáticos e esotéricos que, máis aló de presentar ideas sesudas, non son máis ca lore, parábolas e reflexións.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
3) Desinterese pola realidade material inmediata. Actitude propia da clase media-alta californiana para buscar as causas das desigualdades e as inxustizas sociais nos defectos individuais antes ca nos sistemas político e económico. Algúns parecen estar a piques de venderche unha sesión de coaching.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
2) Pensamento máxico e baseado en vibes, carente de observacións científicas, variadas e escépticas :"Trust me, bro" e anécdotas persoais cunha gran carga emocional. Por suposto, hai testemuños interesantes (Lamott e Echols), que semellan empregar a relixión como unha vía para lidiar co trauma.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
Como xornalista preocupado polos espazos mediáticos "alternativos" da internet e o empobrecemento da alfabetización mediática, as miñas alarmas saltaron cando identifiquei elementos da "conspiritualidade": 1) Tertuliáns cun interese económico en defender certas disciplinas, servizos ou produtos.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
Ward, P. et al. (Produtores) (2020). The Midnight Gospel (Serie de TV). Oatmeal Maiden; Titmouse; Netflix Animation. Acompañamento visualmente impresionante para un podcast que trata os tópicos e as temáticas dos gremios "alternativos" do benestar: espiritualidade, pseudo-relixión e new age.
Poster da serie de animación The Midnight Gospel (2020), producida e emitida por Netflix.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 18/01/2026
Cary, D. & Guterman, D. (Produtores) (2023). Carol & the End of the World (Serie de TV). Netflix Animation. Premisa interesante pero irrelevante. contén mensaxes de solidariedade, comunidade e liberación. A animación é "meh", mais o deseño de personaxes e os fondos son xeniais. ta ben, sen mais :/
Cartel da serie Carol & the End of the World (2023), serie de animación de Netflix.
100 1
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 16/01/2026
Quizais esta debilidade sexa froito do propio proceso de Miyazaki: traballar directamente sobre o storyboard, sen guión previo. Iso si, preciosísima animación e, sobre todo, imprescindible polas paisaxes oníricas que beben (creo) do impresionismo e do simbolismo europeos de finais do s. XIX.
310 3
Jorge Pereira @jorgepereiraart.eurosky.social · 16/01/2026
Miyazaki, H. (Dir.) (2023). Kimitachi wa Dō Ikiru ka (Filme). Studio Ghibli. A.k.a. 'El guaje y el avechucho'. Paréceme unha das obras de Miyazaki máis febles por un guión que semella improvisado: subtramas inconclusas ou desaproveitadas, personaxes irrelevantes e/ou con motivacións sen fundamento.
100 1