Sign in

A Hedreira

@hedreira.bsky.social
112 followers 39 following 461 posts

Centro social autoxestionado en Lugo. Móvenos a cultura alternativa, a creación colectiva, a xustiza social e a defensa do territorio. Podes informarte e afiliarte en: ahedreira.org Rúa Catasol, 17 | Lugo

PostsRepliesMedia
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 30/09/2026
🍂 Avecíñase un outubro cargado de actividades 🥰
001
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 30/09/2026
🥁🥁 Chega a cuarta polbada vegana!! Non perdas o evento do ano 📌🥂 Luns 5 de outubro do 2026 ás 14:30 Deixade tranquilos os polbos e vinde comer ricos cogomelos á feira 🍄‍🟫🍄‍🟫 📝 Apúntate vía redes, no local ou a través do correo electrónico e ven pasar un día divertido
110
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 28/09/2026
Novo obradoiro. Sempre segundo e cuarto sábado de cada mes. Inscrición previa: 603303274
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 23/09/2026
📌 Este venres 25 de setembro ás 19:00 temos a Presentación da Sociedade Agrarista O Campesinhado 🌿
003
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 21/09/2026
Cea vegana setembro: venres 25 ás 21h. Lembra reservar primeiro! 🥦🥗
010
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 21/09/2026
Cineforum de setembro, xoves 24 ás 20h. Peli: born in flames
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 14/09/2026
Este xoves ás 20:30 temos unha cita diante do Concello. Desde A Hedreira apoiamos esta convocatoria cidadá a prol do benestar de TODAS as persoas que se atopan en Ceuta, e facémonos eco deste chamamento a todos os sectores sociais para esixir solucións ao amparo dos DDHH situando a empatía no centro
020
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 08/09/2026
"Renacer ao bailar" conta dun espazo para a reflexión e o movemento con música latina e galega para liberarse do estrés, relacionarse con outras persoas e axudarse do baile como ferramenta terapéutica para o benestar emocional. Mércores e domingos 20:00 - 21:15 Inscríbete: 612491917 (WhatsApp).
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 06/09/2026
Volvemos con forzas!! Actividades e obradoiros de setembro ⬇️
012
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 04/09/2026
En movemento é o tempo e o espazo para deixarnos levar, explorar o movemento individual e colectivo con palabras que se colan polo medio. Actividade mensual que se realiza os primeiros venres de cada mes, para todos os corpos de todas as idades e enerxías, pero con roupa e calzado cómodo.
000
Reposted by A Hedreira
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 25/05/2026
Se hai quórum ofrecemos obradoiro de inglés para os luns o martes pola tarde. Se che interesa apúntate por email indicando cando poderías asistir. Para nivel inicial e medio, enfocado a competencias orais.
001
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 26/08/2026
🤳📱"Fai o teu móbil seguro e privado" impartido por membros de "Enxeñería sen Fronteiras". Necesario inscribirse a través do teléfono do cartaz ou usando o QR. Quorum mínimo de 10 persoas.
122
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 05/08/2026
Cea vegana este sábado. Reserva por correo.
021
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 04/08/2026
Hoxe ás 20:30 cinefórum
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 04/08/2026
📅 Programación agosto 🏖️
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 13/07/2026
A cea de xullo estará chea de comida fresquiña e boa compañía 🥗🌞 Ese mesmo día, o 16, temos o obradoiro de cociña solar, animámoste a apuntarte a ambos e a combater a calor connosco
010
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 08/07/2026
O próximo xoves 16 ás 13h faremos unha demostración de cociña solar e ás 18h un obradoiro de construción de forno solar. Precísase reserva por correo. Tamén ese mesmo día teremos a cea vegana do mes ás 21:30, coma sempre con reserva por correo.
020
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 06/07/2026
Programa de xullo 👇
011
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 25/06/2026
Hoxe ás 20h proxección de curtas cuir por Palestina da man de Avante LGBT+
011
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 23/06/2026
Este serán vinde arrimarvos ao lume que parece que vai frío 🥶❄️
010
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 21/06/2026
🐟🔥 Un ano máis, cacharela organizada pola Rede Asociativa de Lugo. Ante a especulación inmobiliaria, que non quede sardiña con cabeza 🔥🗝️ Este martes a partires das 18:00 entre o Paseo dos Estudantes e a Rúa Fonte da Bica 🥕🥪 Opción vegana dispoñible 🪩🕺Trae o teu instrumento e ven cantar e bailar
010
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 10/06/2026
Cea vegana este venres ás 21:30. Reserva por correo
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 05/06/2026
Xuño!
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 25/05/2026
🍋‍🟩🟠 A HEDREIRA CUMPRE CATRO ANOS !!!! 🎉4️⃣🎂 O venres 29 faremos a festa do noso 4 aniversario. Fainos moita ilusión seguir facendo rede, formándonos e resistindo xuntes. Nun mundo rápido e individualista na Hedreira existimos ao noso paso, construíndo a cidade que queremos e o ocio que desexamos.
100
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 25/05/2026
Se hai quórum ofrecemos obradoiro de inglés para os luns o martes pola tarde. Se che interesa apúntate por email indicando cando poderías asistir. Para nivel inicial e medio, enfocado a competencias orais.
001
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 11/05/2026
Este martes ás 20h proxectamos a curtametraxe de ficción Calorcito Vital. Contaremos coa presenza do director, o cineasta e ecoloxista Javi Sánchez-Blanco, acabado de chegar de Madrid. Ao remate da proxección guiará un coloquio que promete non deixar a ninguén indiferente arredor do decrecentismo.
PROXECCIÓNS E COLOQUIOS
CALORCITO VITAL
Unha curtametraxe decrecentista
LUGO
MARTES 12 MAIO 20:00
CSA A Hedreira Rúa Catasol 17
FERROL
MÉRCORES 13 MAIO 19:00
Ateneo Ferrolán Rúa Magdalena, 202-204
A GUARDA
XOVES 14 MAIO 20:00
CS Fuscalho Fronte à Atalaia da Guarda
VIGO
SÁBADO 16 MAIO 18:30
CS A Nubeira Rúa Pizarro 6
ENTRADA LIBRE
001
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 06/05/2026
Xa está aquí o cartaz para maio 🍀🌊💚
021
Reposted by A Hedreira
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 22/04/2026
☕️ Nova edición do Café Filosófico, esta vez falaremos sobre que vida queremos 📚🖖🏼 anímate, comparte con nós, escoita e tómate un cafecito, un te ou o que queiras
Café filosófico
Que vida queremos?
CS A Hedreira
23 de abril de 2026
19 horas
001
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 22/04/2026
Este venres ás 21:30 cea vegana! Apuntádevos: csahedreira@riseup.net
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 22/04/2026
☕️ Nova edición do Café Filosófico, esta vez falaremos sobre que vida queremos 📚🖖🏼 anímate, comparte con nós, escoita e tómate un cafecito, un te ou o que queiras
Café filosófico
Que vida queremos?
CS A Hedreira
23 de abril de 2026
19 horas
001
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 22/04/2026
Este sábado ás 11h acolleremos unha sesión gratuíta de asesoramento sobre o proceso de regularización ao abeiro do decreto que regularización extraordinaria recentemente aprobado. Orientado á poboación estranxeira e persoas que a asistan no proceso de regularización.
Sábado 25 de abril ás 11:00
A Hedreira (Rúa Catasol, 17)

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria

Sesión gratuíta de asesoramento sobre requisitos e tramitación da solicitude

Gerardo Pardo de Vera

Avogado especializado en Dereito Penal e Estranxeiría e asesor xurídico nas ONGs Aliad-Ultreia e Rescate InternacionalSábado 25 de abril a las 11:00
A Hedreira (Rúa Catasol, 17)

Charla informativa sobre la regularización extraordinaria

Sesión gratuita de asesoría sobre requisitos y tramitación de la solicitud

Gerardo Pardo de Vera

Abogado especializado en Derecho Penal y Extranjería y asesor jurídico en las ONGs Aliad-Ultreia y Rescate Internacional
021
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 16/04/2026
Non foi normal, non é normal e non será normal. O venres 17 ás 19:30 acollemos unha palestra de divulgación enmarcada na xira 'No Normal Tour: por que hai que actuar xa', analizando da man da Rede Galega para o Decrecemento a situación enerxética mundial no contexto da guerra contra Irán.
020
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 08/04/2026
A Hedreira ten nova páxina web!! Grazas ao esforzo e ilusión dalgunhas das socias, temos unha nova páxina web mais completa, sinxela e visual 🤖 ➡️ Amosámosvos aquí un pequeno percorrido de todas as cousas que podedes atopar nela. ⛓️‍💥 ahedreira.org
111
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 06/04/2026
Chegou chegou! O maldito coro da Hedreira está aquí 🎶⛓️🎤 Ven o xoves afinar con nós
010
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 06/04/2026
🌱🌸 Chegou abriiil (e o cartel un pouco máis tarde). Vénse un mes ben divertido e cheo de cousas 🥸
011
Reposted by A Hedreira
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 26/03/2026
O xoves 26 de marzo ás 19h na Hedreira un cinefórum moi primaveral: 'As margaridas' (1966) de Věra Chytilová.
001
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 26/03/2026
O xoves 26 de marzo ás 19h na Hedreira un cinefórum moi primaveral: 'As margaridas' (1966) de Věra Chytilová.
001
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 19/03/2026
Mañá cea vegana ás 21:30. Reserva xa escribindo a csahedreira@riseup.net
020
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 12/03/2026
☕️ Hoxe xoves café filosófico ás 19h. na Hedreira "O auxe do pensamento reaccionario".
010
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 04/03/2026
⛅️Marzo marzán, á mañá cara de rosa e á tarde cara de can. Chegou o marzo e en breves a primavera amigaaas!!! E mentres, todas estas actividades chulísimas...que máis queredes?!
000
Reposted by A Hedreira
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 26/02/2026
🚪O próximo 28 de febreiro desde as 12h temos unhas xornadas de convivencia e vivenda alternativa beeen interesantes 🤩
111
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 26/02/2026
🚪O próximo 28 de febreiro desde as 12h temos unhas xornadas de convivencia e vivenda alternativa beeen interesantes 🤩
111
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 24/02/2026
🍿🎬 Este xoves 26 de febreiro haberá cinefórum especial 50 aniversario da República Árabe Saharauí Democrática. ⏰ Houbo un cambio de hora con respecto ao cartel mensual. Será ás 19:30 !! ✊ Contaremos coa presenza da Comunidade Saharauí en Galiza. ⏳ Duración total das proxeccións: 1h 51 min
Cartel do cinefórum. Fotografía extraída do festival FiSahara 2021.
100
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 22/02/2026
Es venres cea vegana ás 21:30. Reserva no correo csahedreira@riseup.net. Prezo á vontade.
021
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 19/02/2026
Este sábado temos xornada na Hedreira a partir das 12:30. 'Destrución e resistencia: o territorio en disputa'. Organizada polo Seminario de Estudos Libertarios de Galiza, Refuxios da Memoria, Xesta, Bastiana e Ardora. Reserva para xantar: csahedreira@riseup.net.
010
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 18/02/2026
Hoxe 👇 Unha crítica ao turismo moderno a través da mirada dun viaxeiro.
011
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 17/02/2026
☕️🍵🍸 SEGUNDO CAFÉ FILOSÓFICO: ven desbardallar, esta vez edición: arte e política Xoves 19 ás 19:00
071
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 15/02/2026
Mércores 18 ás 20:30 Presentación do libro 'Kapokadas. De Australia a Europa, a dedo'. Un percorrido de 40.000 km que expón as fracturas do mundo, o colonialismo e o turismo moderno.
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 09/02/2026
Este xoves 12 de febreiro ás 19:00 na Hedreira teremos cinefórum especial de entroido. Proxectaremos dúas curtas documentais: 'Os merdeiros. A recuperaçom' (2013) - 28 minutos 'O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao' (2016) - 29 minutos Máis información no texto alternativo das imaxes.
O merdeiro é unha personaxe tradicional de Vigo que xorde da histórica rivalidade entre mariñeiros e campesiños. Extinguida nos anos 20 do século XX por causa de ordenanzas municipais, hoxe volve ser unha figura fundamental do entroido vigués. No documental, as protagonistas da súa recente recuperación explican como foi este proceso e como se adaptou aos tempos actuais.O Entroido Ribeirao é unha celebración moi antiga da Ribeira Sacra en Chantada que resistiu no Moredo a ditadura franquista e o despoboamento das aldeas. No documental falan veciños e veciñas que mantiveron o Entroido nos tempos en que estivo prohibido, a pesar da represión política e relixiosa, do reto do relevo xeneracional e da minusvaloracion da ruralidade e os seus costumes e festividades.
000
A Hedreira @hedreira.bsky.social · 05/02/2026
Mañá retomamos un antigo obradoiro da Hedreira: En movemento. Os primeiros venres de cada mes de 19 a 21h. Un espazo para deixarnos levar, bailar e explorar o movemento individual e colectivo, para todos os corpos e de todas as idades.
012